Download - ALFREDO VICENTI

Transcript
Page 1: ALFREDO VICENTI

ALFREDO VICENTI

Alfredo Vicenti Rey naceu en Santiago o 20 de novembro de

1.850. Estudou medicina e filosofía e adicouse dende mozo ao

periodismo e á política. Xa era redactor xefe do Diario de

Santiago en 1.872, e en 1.875 comeza a publicar “A orillas del

Ulla” en El Heraldo Gallego, xornal ourensán dirixido por Lamas

Carvajal. En 1.878 é director do Diario de Santiago e en 1.880 en

El Globo, diario madrileño que logo dirixiría. Despois pasou a

traballar en El Liberal do que foi director dende 1.907 ata a súa

morte en 1.916, xornal sensible aos problemas de Galicia e, por

suposto, ao agrarismo. Deste xeito Alfredo Vicenti achégase ao

movemento agrario galego de principios de século; dende Madrid

apoia campañas antiforais e en 1.910 participa en mitins agrarios

en Galicia xunto con outros ilustres galegos. Foi tamén un dos

líderes de “Acción Galega”, con Portela Valladares,

distanciándose do radicalisomo de Basilio Álvarez.