TRABALLO REALIZADO EN
CONMEMORACIÓN DO
DÍA DA ÁRBORE
21 DE MARZO DE 2012
Bidueiro –Abedul – Betula pendula
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca.
As súas follas son dentadas e con forma de
corazón.
Necesita moita auga; crece moi ben preto dos ríos.
Acacia
CARACTERÍSTICAS:
De orixe australiano e africano.
Árbore leguminoso, de folla perenne.
As follas lanceoladas son de cor verde claro e
delgadas.
As follas en forma de racimo son de cor
amarelo.
Adáptase a todo tipo d chan.
Acivro – Acebo – Ilex aquifolium
CARACTERÍSTICAS:
Ten follas duras de cor verde oscuro, enceradas
e dentadas. Folla perenne.
O seu froito son boliñas de cor vermella brillante
. Poden chegar a ser peligrosos.
Danse en zonas frías.
É unha especie protexida.
Aciñeira – Encina – Quercus ilex
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca, moi resistente ao vento e a
contaminación.
O seu tronco é curto e as polas son rectas e
ascendentes.
As súas follas son coriáceas; ovaladas e, nas beiras,
onduladas con dentes. O seu froito son as landras.
A súa madeira é moi resistente.
Ameneiro – Alisio – Alnus glutinosa
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca , arredondeada de base
puntiaguda e as beiras onduladas e dentadas.
Ten flores brancas formando espigas.
Vive preto dos ríos.
Buxo – Boj - Buxus microphila
japónica
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto de folla perenne. De crecemento lento que
pode durar varios séculos.
As súas follas son pequenas, ovaladas e moi
brillantes.
As flores son de pequeño tamaño e os froitos son
unhas boliñas vermellas tóxicas.
A súa madeira era típica para facer as gaitas.
Camelia – Camellia japónica
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla perenne, de crecemento lento.
Ten orixe xaponés. Moi corriente nos xardíns galegos.
As súas follas son pecioladas, coriáceas, brillantes e de
cor verde oscuro.
Ten flores solitarias de distintas cores
Carballo – Roble – Quercus robus
CARACTERÍSTICAS:
Árbore mitolóxica de Galicia. Pode vivir mil anos.
Árbore de folla caduca.
As follas son simples, ovais e lobuladas ( entre tres e cinco
lóbulos por banda). Rematan por riba de forma redondeada.
Carqueixa – Carquesa -
Chamaespartatumtridentatum
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto de moito ramallo. Non ten follas. Ten unha
especie de dentes. Sen talo, é correoso.
As súas flores son amarelas.
Dase nas zonas altas e frías.
Sirve de comida para o gando e para encender o lume.
Carrasca – Brezo – Calluna
vulgaris
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto típico dos montes atlánticos.
Resistente ao vento e ao frío. De pequena altura, pode
chegar a medir un metro.
Ten flores pequeniñas de cor púrpura.
Da ao monte unha cor sensacional.
Castiñeiro – Castaño – Castanea
sativa
CARACTERÍSTICAS:
Árbore cultivada dende moi antigo.
Árbore de folla caduca, alongada e dentada.
É tipico do clima atlántico.
O seu froito é a castaña.
Choupo Branco – Álamo Blanco –
Populus alba
CARACTERÍSTICAS:
As follas teñen forma variada. Distínguense porque nun
lado son de cor verde e no outro de cor blanca
tormentosa . Folla caduca.
Chámanlle a “ dama do bosque “.
A súa madeira é lixeira e porosa.
Espiñeiro–Espino albar –Crataegus
oxyacantha
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto de folla caduca. Pode chegar a medir ata 10
metros de altura.
Ten o tronco grisestriado.
As súas follas son lobuladas, cos extremos redondeados.
As súas flores son de cor branca. Os seus froitos son
boliñas de cor vermella forte.
Eucalipto – Eucaliptus globulus
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca, que pode chegar a ser
altísimo. A súa orixe é australiana.
Ten o tronco dereito e liso.
As follas son alongadas, duras, de bordes lisos e en
forma de fouce. O cheiro das súas follas é moi
coñecido.
Úsase en medicina.
Freixo –Fresno – Fraxinus excelsior
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca.
As súas follas son compostas, lanceoladas e aserradas.
Teñen propiedades medicinais.
A súa madeira é fácil de traballar.
Vive preto dos ríos.
Loureiro – Laurel – Laurus nobilis
CARACTERÍSTICAS:
Árbores de folla perenne.
As follas son coriáceas, lanceoladas e cor verde
escuro moi pálida no envés. O rompelas e rozalas na
man dan un cheiro característico.
Utilízanse na cociña.
Limoeiro – Limonero – Citrus limón
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla perenne, de pequeño tamaño (3-6
metros).
Non soporta condicións extremas.
Ten moitas ramas de espiñas duras. As súas follas son
simples; de cor verde brillante, de forma ovalada.
Ten flores blancas ( azahar) cun cheiro moi agradable.
O seu froito é o limón e é comestible.
Maceira – Manzano – Pyrus malus
CARACTERÍSTICAS:
Non se coñece a súa orixe. Árbore de folla caduca.
Pode chegar ata os 10 metros de altura.
As súas follas son ovaladas, lixeiramente dentadas,
con peliños no envés.
Ten flores de cor branca, aromáticas. O seu froito é a
mazá; é comestible.
Non resiste os climas extremos; de clima templado.
Nogueira – Nogal – Junglans regia
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca. Pode chegar ata os 25m de altura.
Necesitan humidade.
O seu tronco é grisáceo e liso.
As follas son lanceoladas e ovaladas. Teñen o borde
enteiro.
Os seus froitos son os conchos ou noces e son
comestibles. Teñen unha cuberta leñosa.
Oliveira – Olivo – Olea europaea
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla perenne; de tamaño mediano, moi ramoso
e con tronco nudoso.
Pode vivir moitisimo tempo.
O seu froito é a oliva.
Olmo - Olmo - Ulmus
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca, acorazonadas e asimétricas.
O seu tronco é dereito e robusto. A cortiza é lisa e
marrón tirando a gris.
Vive na montaña, preto dos ríos e correntes de auga.
A súa madeira foi moi apreciada. Ten e tivo moita
importancia en medicina.
Pereira – Peral – Pyrus communis
CARACTERÍSTICAS:
Existen moitas variedades.
Árbore de folla caduca e redondeada.
O seu froito é a pera.
Coa súa madeira pódese facer carbón.
Necesita auga e sol moderado.
Piñeiro – Pino – Pinus pinaster
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla perenne ; tronco dereito e algo flexuoso.
As súas follas son aciculares , moi longas e duras , verdes ,
punzantes . Sempre reunidas en grupos .
O seu froito é a piña . Cómese a semente que se chama
piñón.
Plátano – Plátano de paseo –
Platanus hispánica
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca que pode chegar a medir 50
metros.
Son árbores de xardín.
O seu tronco é groso e dereito .
As follas son moi grandes. Teñen de tres a cinco lóbulos
triangulares con incisións pouco profundas.
O seu froito é unha bola rodeada de pelos.
Pradairo – Arce – Acer
pseudoplatanus
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca. As follas teñen cinco lóbulos ,
tres lóbulos principais grandes e dous laterais.
O seu tronco é moi recto e pode chegar ata 35 metros.
Vive en solos fértiles profundos dos bosques atlánticos.
Sabugeiro – Sauco – Sambucus
nigra.
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto que crece onde hay moita humidade . É unha
planta medicinal.
As follas son compostas, opostas, lanceoladas e
aserradas.
Folla caduca .Tronco moi mol. Flores blancas e compostas.
O seu froito son boliñas negras.
Salgueiro –Sauce – Salís atronicera
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca.
As súas follas son alongadas, máis anchas arriba que
abaixo.
O seu tronco é pardo e grisáceo.
Crece nas beiras dos ríos.
Sauce Chorón – Sauce Llorón – Solix
babylónica
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca. Follas estreitamente lanceoladas.
As ramas son delgadas, verdes pálidas e moi longas.
Necesitan moita auga.
Utilízanse en medicina.
Sobreira – Alcornoque- Quercus
suber.
CARACTERÍSTICAS:
Árbore de folla caduca, tronco groso e dereito. Produce
a cortiza.
As súas follas son ovais, ríxidas, con espiñas na beira.
O seu froito son as landras.
Vive en sitios frescos. Pode durar ata 500 anos.
Toxo – Tojo – Ulex europeaus
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto moi espiñento. Carece de verdadeiras follas. Ten
espiñas moi longas.
As súas flores son de cor amarelo, olorosas e con peliños.
É típico do clima atlántico.
Xesta – Retama – Cytisus
scoparius
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto sagrado para os galegos; florece en Maio, por
iso tamén se lle chama “ maio”.
Formado por ramiñas alongadas, inclinadas e tumbadas.
As flores son grandes e de cor amarela, pero hainas
tamén de cor blanca.
O seu froito é oblongo con pelos pardos.
Dase nos claros do bosque.
Xilbardeira – Arrayán – Ruscus
aculeatus
CARACTERÍSTICAS:
Arbusto de folla perenne, sempre verde. Pode chegar a
medir 1,5 metros de altura.
As súas follas son ovais, lanceoladas e duras.
Os seus froitos son unhas boliñas vermellas.
É típico dos bosques galegos. Úsase en medicina como
diurético.
TRABALLO REALIZADO NA
BIBLIOTECA DO
CEIP ANTONIO PEDROSA
LATAS
“BIBLIOSOÑOS”
DÍA DA ÁRBORE
21 DE MARZO DE 2012
Top Related