As Irmás Touza
As irmás Touza (Lola, Amparo e
Julia) foron tres galegas
que axudaron aos xudeus (dende 1943 ata 1945) durante a II Guerra Mundial cando eran amenazados e perseguidos polos
nazis.
Vivían nun casino no que nos duros anos da posguerra daban de comer e
ofrecían roupa á xente que se vía obrigada a emigrar en busca de traballo. Tamén levaban
comida aos presos, polo que foron encarceladas durante a Guerra Civil.
Dirixían a cantina da estación do tren en Ribadavia, o que lles permitía estar ao tanto
da clandestinidade acaecida tras a guerra. Nela había unha excavación que, ao igual que
un soto situado na súa casa, permitía esconder aos xudeus.
Todo comezou cando un xudeu-alemán, chegado de Lyon, (de onde escapara do campo de
concentración) chegou a Ribadavia. Unha mañá, Lola achegouse a Francisco
Estévez mentres descargaba un vagón de ladrillos, xunto ao seu fillo e preguntoulle:
"cando ides de pesca?, necesito que me fagades un favor. Teño aquí unha persoa que quere pasar a Portugal, pero non quere facelo en tren nin por
estrada." Esa mesma madrugada, Francisco e Ramón Estévez acudiron á casa de Lola armados
coas súas canas de pescar. Déronlle unha cana ao home, e dixéronlle que non falase. Foron directos á beira do Miño, e botaron a
andar toda a noite. Horas máis tarde chegaron a Frieira, aldea galega que
linda con Portugal. O alemán díxolle a Ramón: “recordareite toda a vida, amigo” mentres lle daba un
duro de prata alfonsino, e botouse á auga, alcanzando pouco despois a beira portuguesa. No
antebrazo levaba tatuado o número 451, e dixo que se chamaba Abraham Bendayem.
As irmás Touza empezaron entón a tecer unha rede de fuga (din que a máis importante da península) que se iniciaba en Xirona, e nun primeiro tramo chegaba ata
Medina do Campo, e dende alí continuaba ata Monforte e
Rivadavia, onde adoitaban chegar os xudeus perseguidos. Na fase final, eran levados á fronteira portuguesa,
e dende o país veciño embarcaban rumbo a América ou África do norte, xa que o Cantábrico
era perigoso por estar máis controlado polos alemáns. Para este labor, rodeáronse de colaboradores: José
Rocha Freijedo e Javier Míguez Fernández (O Caveira), ambos os dous taxistas, Ricardo Pérez Parada
(O Evanxelista) que facía de tradutor, e o barqueiro Ramón Estévez. Segundo a ruta que elixira Lola (por sendeiros, por estradas
de terceira ou cruzando o Miño), actuaban os seus cómplices, héroes anónimos tamén.
O proceso empezaba coa chegada dun convoi sinalado á estación de Ribadavia. Lola esperaba coa súa cesta,
chea de rosquillas, caramelos e doces de améndoa, cando se encontraba
con alguén que lle anunciaba a chegada inminente dunha nova quenda de
xudeus. Os días de chegada, ela era a primeira en abandonar o quiosco
para auxilialos. Escondíaos na súa casa e dáballes aloxamento e manutención
coa complicidade das súas irmás. A mensaxe de que uns xudeus estaban a punto
de chegar corría aos oídos do Caveira, e no silencio da noite elixida consumábase a fuga a
bordo do seu taxi.
As tres irmás nunca comentaron aquela operación tan
arriscada a ninguén que non foran elas e os que formaban a
rede que teceran para evitar a morte de xudeus.
De feito, foi un vello xudeu neoiorquino o que a descubriu cando quixo saber
qué fora daquela muller que o levou ao outro lado da fronteira. Chamábase Isaac Retzmann e, como
tantos outros salvados pola cantineira ribadaviense,
puido alcanzar América. Retzmann coñecera un emigrante galego na Gran Mazá, Amancio Vázquez,
e, sabendo que este volvía ao seu país natal de vacacións, pediulle encarecidamente que
preguntase polas irmás Touza. O encargo rematou chegando aos oídos dun libreiro de
Vigo, Antón Patiño Regueira, e foi nese momento cando empezou a iluminarse esta historia oculta que
Antón deixou escrita antes de morrer no seu libro Memoria de ferro.
O 7 de setembro de 2008 a labor humanitaria
das irmás Touza foi conmenorada na súa
Ribadavia natal, cunha sinxela e emotiva homenaxe
póstuma brindada por amigos e veciños. Unha placa
gravada no seu nome co enunciado "Loitadoras pola liberdade"
mantén viva a xesta das irmás na fachada
da que fora a súa casa.
Nun outeiro de Xerusalén hai unha árbore plantada en
honor a Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez, as de Ribadavia, plantado por El Centro Peres pola Paz. O
Centro de Estudos Medievais de
Ribadavia solicitou a Israel a
declaración de Xustas das Nacións para
as irmás.
Bibliografía http://casa-de-israel.blogspot.com.es
http://www.laopinioncoruna.es
http://holocaustoenespanol.blogspot.com.es
Realizado por:
Margot BlaiteauMarta Sanabria
Alumnas de 1º BAC IES Xelmirez I
Top Related