NOVIDADE ISBN: 978-84-9871-286-5
TÍTULO: AS MANOPLAS DE CARAPUCHIÑA AUTOR: INÉS ALMAGRO // MIKEL MARDONES EDITORIAL: OQO editora COLECCIÓN: O
LUGAR, DATA E Nº DE EDICIÓN: PONTEVEDRA, OUTUBRO 10, 1ª
PÁXINAS: 36
ENCADERNACIÓN: CARTONÉ
TAMAÑO: 25X23 cm.
PECIO C/IVE: 12,50€
TEMÁTICA: INFANTIL IDIOMAS: GALEGO, CASTELÁN
OQO editoraQ
Inés Almagro & Mikel Mardones
As
man
opla
s d
e C
arap
uch
iña
As manoplas de
Carapuchiña
-
OQOeditora
Edición orixinal: OQO editora
© do texto© das ilustracións
© da tradución do castelán© desta edición
Alemaña 72T 986 109 270
DeseñoImpresión
Primeira ediciónISBN
DL
Inés Almagro 2010Mikel Mardones 2010Marisa Núñez 2010OQO editora 2010
36162 PontevedraF 986 109 356www.OQO.es
OqomaniaTilgráfica
outubro 2010978-84-9871-286-5PO 522-2010
Reservados todos os dereitos
OQO editora
texto de Inés Almagro ilustracións de Mikel Mardones
As manoplas deCarapuchiña
Ía un frío espantoso.
Carapuchiña fora buscar un xersei de la
e unha bufanda vermella.
E as manoplas: unha para cada man.
Tapou ben as orellas
e saíu brincando cara ao bosque.
Blam!
Ao pouco parou de brincar.
Un vento feroz empurrouna tan forte
que foi a rolos pola neve…
—Como doe!
Carapu ergueuse dun salto e sen chorar,
como as cativas valentes.
Blam!
Blam!
—Veña, Carapu! Que a avoa está agardando!
Estaba acabando de dicilo cando… plin!,unha folerpa lle bicou o nariz.
Levantou a cabeza amodiño e plin!… plin!… plin!…unha chea de bicos de neve molláronlle a fronte.
Un caeulle nun ollo.—Que raro! –dixo Carapu, mentres poñía a carapucha–. No meu conto nunca neva!
Cris! Cris! Cris!…triscaban as botas vermellas de Carapu na neve,
que xa case lle daba polos xeonllos.
Así era imposible brincar.
E apañar flores, aínda máis difícil:
non había ningunha!Só neve por todas as partes.
—Que raro! –dixo–.
Nunca esquecín a cesta… E agora que lle vou levar á avoa?
Entón Carapu decatouse dunha cousa:
esquecera a cesta co mel e os bolos!
Corre que corre, a saltiños pequechos,
Carapu deixou atrás unha árbore,
dúas árbores,
tres árbores…
e cando chegou á cuarta,
quedou quieta coma un boneco de neve.
Era a árbore do lobo!
En calquera momento
saltaría enriba dela…
Carapu pechou os ollos moi forte
e, con vociña de rato, contou:
—Un, dous, tres…
Abriu un ollo un chisquiño e, como non viu nada,
seguiu contando:
—… catro, cinco, seis…
… E sete!
Vaia chasco!
Onde se metera o lobo?
Non había nin rastro del:
nin detrás da cuarta árbore,
nin enriba das pólas brancas,
nin debaixo das botas vermellas…
—Que raro! –dixo–.
O lobo sempre me viña asustar!
Aos brincos,
Carapu chegou
á casa da avoa.
Toc! Toc! Toc!…
Sen flores, sen cesta, sen lobo
e co nariz tan frío coma un xeado, petou:
—Avoa, son Carapuchiña! Estás na casa?
Toc! Toc! Toc!…Non se oía nada.
—Avoíña!… Podo entrar? Que raro! A avoa sempre contesta.
Carapu achegouse á xanela,
arrimou o nariz ao cristal e…
o que viu foi tan raro, tan raro
que case lle saíron os ollos das cuncas
e, sen querer, abriu a boca coma un hipopótamo.
Estaban todos alí dentro:
a avoa, o lobo, o leñador, as flores…e ata a cesta co mel e os bolos!
—Veña, Carapuchiña!
Estabamos esperando por ti!
–dixo o lobo
mentres sorbía unha cunca de chocolate.
—Pero… que facedes aquí? Moito cambiou o conto!
—E logo non te decataches? Chegou o inverno! Con este frío, non hai xeito de contar o noso conto de sempre. E a casa da avoa é a única que ten cheminea.
—Que raro! –dixo Carapu–. Nunca tanto me apetecera unha cunca de chocolate ben quente!
Top Related