1
- Historia da Igrexa -
As Reformas Protestante e Católica
(ss. XVI e XVII)
Unha nova división se desencadea no seo da Igrexa de Occidente. O fraile
agustino Martiño Lutero rompe coa Igrexa de Roma; en 1517 cravou nas portas da
igrexa do Castelo de Wittenberg as súas 95 Teses, ideas críticas sobre a venda de
indulxencias promulgadas polo papa León X para poder realizar a construcción da
Basílica de San Pedro de Roma, cuestionando a súa honorabilidade e a validez
espiritual dos seus discursos, o que lle valeu a excomuñón por parte de Roma o 3 de
xaneiro de 1521. Pronto se extendeu polo centro e norte de Europa, por causas tamén
políticas.
As principais características da doctrina Protestante son:
a) Autoridade soberana da Biblia en materia de fe; recházase todo aquelo que
pertenza á Tradición e o Maxisterio da Igrexa.
2
b) A salvación do ser humano so a través da fe. As boas obras non son a causa da
salvación, senón a súa consecuencia.
c) A forza interior do Espírito Santo, pola cal o crente comprende o espírito da
palabra de Deus, que se expresa nos libros sagrados (Biblia) e non nos mandatos da
Igrexa (rechaza, por tanto, a autoridade do papa).
d) Non teñen devoción polos santos nin pola Virxe María (a quen si recoñecen
como nai de Xesús), mentres que os católicos si cren na súa intercesión nas pregarias
ante Deus (culto de veneración).
Resúmese dita doctrina nas Cinco “Sola”: So a Escritura, So a Fe, So a Gracia, So
Cristo e So a Deus a Gloria.
O Protestantismo foise ramificando en diversas igrexas protestantes: Luteranismo,
Calvinismo, Anglicanismo, Zwinglio, Evanxélicos, Baptistas, Anabaptistas, Metodistas,
Pentecostais, etc.
Anglicanismo en Inglaterra: Enrique VIII, rei de Inglaterra,
pide o divorcio de Catalina de Aragón, filla dos Reis Católicos,
coa fin de casarse con Ana Bolena. Ó non serlle concedido
polo papa, decide crear unha nova Igrexa, a Anglicana (froito,
máis dos seus antoxos persoais ca das crenzas relixiosas), da
cal será el a súa cabeza visible relixiosa e política.
Calvinismo (Francia, Suiza): Na mesma época, Xoán
Calvino creou unha nova relixión en Francia, na cal, en termos resumidos, a lonxanía ou
cercanía de Deus víase influenciada polo progreso social e económico, con poucas
regras de moralidade. A aparición desta nova igrexa protestante protagonizou a
guerra relixiosa en Francia e no resto de Europa, a Guerra dos Trinta Anos, con
acontecementos tan tristes como a noite de san Bartolomeu, 1572.
A REFORMA CATÓLICA OU CONTRARREFORMA
O protestantismo foi desautorizado e rechazado pola Igrexa e rebatido
principalmente a través do Concilio de Trento (1545-1563), dando lugar así á
Reforma Católica ou Contrarreforma; neste concilio fixáronse algúns aspectos da
doctrina católica e da misión da Igrexa naquel tempo:
1) a salvación da persoa vén tanto pola fe coma polas obras;
2) reafírmase a presenza real de Cristo na Eucaristía;
3
3) a interpretación autorizada das Sagradas Escrituras por parte do Maxisterio
da Igrexa;
4) a veneración (que non é adoración; esta so a Deus) da Virxe e os santos;
5) a creación de novos seminarios diocesanos para unha completa formación dos
futuros sacerdotes.
6) a reforma das ordes relixiosas tradicionais e fundación de novas ordes que
levasen a evanxelización ó medio do pobo coas súas necesidades concretas.
Así, destacan:
A fundación da Compañía de Xesús (os Xesuitas), por San Ignacio de Loiola
(Guipúzcoa, 1491-1556), en 1540, coa finalidade evanxelizadora, propagando a fe,
sendo pioneiros nos métodos de inculturación, educando á xuventude, traballando en
tódolos campos do saber, enfrentándose ás inxustizas e defendendo os dereitos
humáns. Cabe destacar o seu gran labor apostólico e de promoción social
especialmente nos territorios recentemente descubertos e colonizados (Latinoamérica,
Extremo Oriente).
En 1773 o papa Clemente XIV viuse forzado a extinguir a Compañía e outro papa,
Pío VII, restaurouna en 1814.
Xa no s. XX os Xesuitas desenrolan a súa misión evanxelizadora seguindo os
principios fundamentais do Concilio Vaticano II (1962-1965), que afirma que existe un
vínculo inseparable entre a fe e a promoción da xustiza. Esto levaríaos en moitas
ocasións a poñerse do lado das víctimas e a denunciar as estructuras inxustas que
xeran as desigualdades, abusos, discriminacións, etc, implicándose sempre na
construcción dun mundo máis xusto.
Pero esta Reforma Católica non so se dá na institución da Igrexa, senón tamén a
través de moitos cristiáns, co seu gran compromiso de vida, de evanxelización e de
solidariedade social, especialmente entre os máis pobres da sociedade:
- San Felipe Neri (Italia, 1515-1559) funda en 1552 a Congregación do Oratorio
que, con novos métodos evanxelizadores e pastorais, de acollida a todos, etc., soubo
transmitir o Evanxeo ás xentes de Roma. Patrono dos educadores e humoristas.
Festividade: 26 maio.
- San Carlos Borromeo, arcebispo de Milán (Italia, 1538-1584). Fundou centos de
escolas de catecismos, seis seminarios, para unha óptima formación dos sacerdotes,
etc. Festividade, 4 novembro.
- San Camilo de Lellis (Italia, 1550-1614), fundador da Comunidade dos Servos
dos Enfermos, agora chamados Padres Camilos (1584), para a asistencia ós enfermos
graves e ós moribundos; patrono dos enfermos e precursor da Cruz Vermella.
Festividade, 14 xullo.
4
- Destaca tamén nesta época San Vicente de Paúl
(Francia, 1581-1660), quen (axudado por Louise de
Marillac) fundou: a Congregación da Misión (C.M.),
coñecidos tamén como Padres Paúles, 1625.
O seu lema é “Evangelizare pauperibus misit me
Dominus”, “O Señor envioume para evanxelizar ós
pobres”, as Conferencias de Caridade e a Asociación
relixiosa Compañía das Fillas da Caridade, adicadas ó
coidado dos pobres e os enfermos. Festividade, 27
setembro
- Jeanne-Françoise de Chantal (Francia, 1572-
1641), coa fundación da Congregación da Visitación da
Nosa Señora (1610), para a asistencia de enfermos e a educación das nenas.
Festividade, 3 agosto.
- Nesta misión foi axudada por Francisco de Sales (Francia, 1567-1622), bispo de
Xenebra, onde sentía unha suma preocupación polos pobres e pola formación dos
seus fregueses. Por elo empezou a escribir libros de maneira sinxela que gustaron a
todos.
Considerado patrono dos periodistas (“Non nos alporicemos no camiño uns contra
outros; camiñemos cos nosos irmáns e compañeiros con dozura, paz e amor”).
Festividade, 24 xaneiro.
- Juan Francisco de Régis (Francia, 1597- 1640): xesuita discípolo de Francisco
Xabier. Adicou a súa misión apostólica entre os máis pobres, humildes, enfermos.
Festividade, 14 xuño.
- Máis tarde, en 1681, Jean-Baptiste de La Salle (Francia, 1651-1719) funda a
Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás (os colexios la Salle) para a educación de
nenos pobres ou abandoados; nomeado por Pío XII patrón dos educadores cristiáns.
Festividade: 7 abril.
- En España, Santa Tereixa de Xesús (Ávila, 1515-Alba de Tormes, 1582), que
reformou a orde das Carmelitas e influiu decisivamente na renovación espiritual.
Festividade, 15 outubro.
Vinculado a ela na reforma da Orde Carmelita hai que mencionar ó fraile
carmelita, asceta e poeta español San Xoán da Cruz (Ávila, 1542- Xaén, 1591).
Festividade: 14 decembro.
San Francisco Xabier (Navarra, 1506- China, 1552), relixioso xesuita, que se uniu ó
grupo de Ignacio de Loiola e anunciou o Evanxeo como misioneiro no Extremo
Oriente. Festividade, 3 decembro.
San Francisco Blanco (A Gudiña, 1570-Xapón 1597): misioneiro franciscano
mártir, xunto con outros vintecinco misioneiros, en Xapón. Festividade, 6 febreiro.
San Xosé de Calasanz (Huesca 1556-Roma 1648): pioneiro da educación colectiva
e gratuita, ó alcance de todos, non so dos privilexiados. Funda en Roma a Orde dos
Escolapios para a educación de nenos pobres; agora extendidos por todo o mundo.
5
Festividade, 25 agosto. En España celébrase o 27 de novembro o Día dos Mestres, en
memoria deste santo, declarado por Pío XII patrón das Escolas Cristiás dende 1948.
San Pedro Claver (Lleida, 1580-Cartaxena de Indias, 1654): misioniero e sacerdote
xesuita español, entregado a aliviar o sufrimento dos escravos do porto negreiro de
Cartaxena de Indias, onde viviu a maior parte da súa vida. Modelo da praxis cristiá da
caridade e a defensa dos dereitos humáns.
- San Xoán de Deus (Portugal, 1495-España, 1550), funda a Comunidade dos
Irmáns Hospitalarios, que actualmente levan o seu nome. Festividade, 8 marzo.
O Ecumenismo
A comezos do s. XX iniciouse o chamado movemento
ecuménico ou ecumenismo, un intento de diálogo, reflexión,
oración, etc. entre as principais Igrexas cristiás co obxecto de
encontrar elementos comúns que nos poidan conducir á
desexada unión de todos os cristiáns na única Igrexa que Cristo
quere. Así, acordouse que tódolos anos, entre o 18 (festividade da confesión de san
Pedro) e o 25 (festividade da Conversión de san Paulo) de xaneiro, se celebraría en
tódalas Igrexas cristiás do mundo (católicos, ortodoxos, protestantes) o Octavario de
Oración pola Unidade dos Cristiáns.
A Renovación da Igrexa Católica
a través dos cristiáns comprometidos
(ss. XVI e XVII)
Nesta época (descubrimento e evanxelización do Novo Mundo, a Reforma Protestante, a Reforma
Católica ou Contrarreforma, o Concilio de Trento, etc.) a Igrexa tamén precisou dunha profunda
renovación para dar unha resposta coherente ás novas realidades.
Esta renovación veu en gran parte, a través do dobre compromiso, humanitario cos máis
desfavorecidos da sociedade, e evanxelizador, de moitas persoas profundamente cristiáns que se
implicaron na atención, acollida, servizo, caridade, educación, sanidade, etc. nos lugares nos que
vivían. As súas obras permanecen hoxe, cinco séculos despois, como mostra do compromiso da Igrexa
cos máis necesitados do noso mundo.
Investiga e RELACIONA (anota o número do personaxe nas casiñas que correspondan):
Festividade no
Santoral
Funda en Roma a Orde dos Escolapios, para a educación dos nenos
máis pobres. 1. Camilo de Lelis 24 xaneiro
Fraile carmelita, asceta e poeta español, que axudará a Tereixa de
Xesús na renovación e reforma de dita orde relixiosa. Autor de La
Noche oscura e de Cántico Espiritual.
2. Tereixa de Xesús 6 febreiro
Funda a comunidade relixiosa dos Servos dos Enfermos (Padres
Camilos). Patrono dos enfermos e precursor da Cruz Vermella
3. Jean-Baptiste de La
Salle 8 marzo
Funda a Congregación dos Irmáns das Escolas Cristiás (os colexios
La Salle) para a educación de nenos pobres e abandoados. 4. Carlos Borromeo 7 abril
Bispo de Xenebra, preocupado pola formación dos seus fregueses.
Patrono dos periodistas. 5. Felipe Neri 26 maio
Misioneiro franciscano ourensán, mártir, xunto con outros 25
misioneiros, en Xapón. 6. Vicente de Paúl 14 xullo
Funda a Comunidade dos Irmáns Hospitalarios (que levan o seu
nome) para o coidado de enfermos pobres. 7. Ignacio de Loiola 7 31 xullo
Arcebispo de Milán. Fundou escolas de catecismos e seminarios,
preocupado pola formación humana e cristiá. 8. Xoán da Cruz 25 agosto
Relixioso xesuita navarro, misioneiro no Extremo Oriente. 9. Xosé de Calasanz 27 setembro
Relixiosa de Ávila que reforma a Orde das Carmelitas e inflúe na
renovación espiritual da Igrexa do seu tempo.
Mística na súa experiencia relixiosa, escribiu Camino de perfección
para dirixir ás relixiosas e Castillo interior para instruir ós cristiáns.
10. Francisco de Sales 15 outubro
Sacerdote francés (s.XVII). Fundou a Congregación da Misión (os
Padres Paúles) e (xunto a Louise de Marillac) as Fillas da Caridade,
para o coidado dos pobres e enfermos
11. Xoán de Deus 4 novembro
Funda a Congregación do Oratorio en Roma, para a acollida a
todos e a re-evanxelización da cidade.
Patrono de educadores e humoristas, polo seu grande sentido do
humor e humildade.
12. Francisco Xabier 3 decembro
7
Relixioso guipuzcoano fundador da Compañía de Xesús (Xesuitas),
para a evanxelización, a aposta pola formación integral (humana e
relixiosa) das persoas, a defensa dos dereitos humáns, etc.
13. Francisco Blanco 14 decembro
Top Related