Marta Mariño – abril/2019
1
ASPECTOS MÉDICO-LEGAIS DA ADOLESCENCIA
Dáse unha circunstancia ben curiosa con respecto aos cambios de hora: todos temos
serias dúbidas sobre cal é o fin de semana exacto no que se cambia... ¡Xa non digamos
se pretendemos acertar sobre se a hora se adianta ou se retrasa! Sen embargo, non
nos queda máis remedio que adaptarnos e xogar con esas novas normas. O mesmo
acontece coa medicina legal: sabemos que van producíndose cambios, sen embargo
poucos médicos saberían referenciar cales e recollidos en que leis... Aínda así, o marco
legal afecta ao noso día a día nas consultas: de aí a pertinencia deste breve paseo pola
lexislación relativa ao adolescente no ámbito sanitario.
Se ben é certo que a medicina legal supón sempre un reto para o clínico, a lexislación
sobre adolescentes supón aínda outra volta de tuerca máis. Para ilustrar o por que
imos definir primeiro, de forma xenérica, os conceptos de madurez e de autonomía. A
madurez faría referencia á capacidade moral de toma de decisións mentres que a
autonomía sería a capacidade legal para exercer esa toma de decisións.
Aínda que a lexislación, por unha simple de pragmatismo, ten que recoller unha cifra
de idade cronolóxica para a adquisición desa capacidade legal, o certo é que a
capacidade moral dista de ser unha cuestión de todo ou nada, máis ben todo o
contrario: trátase dun proceso longo e complexo, así como bastante descoñecido.
A propia palabra adolescencia significa etimoloxicamente crecer, desarrollarse; hoxe
en día definiriámola como o proceso psíquico que acompaña o desenvolvemento
puberal.
Kolhberg, psicólogo evolutivo estadounidente do século XX, obxectivou nos seus
estudos que o desenvolvemento de madurez pasaba por unha serie de fases
universais, independentes da cultura e do entorno:
Marta Mariño – abril/2019
2
Así pois, a fase preconvencional faría referencia á fase chamada de heteronomía, na
que as normas se asumen como impostas e o pensamento é puramente conceptual;
en contraposición coas fases seguintes nas que xa se asume capacidade para o
pensamento abstracto e unha certa autonomía moral: coñezo as normas, elaboro os
meus criterios e tomo decisións.
Así, este psicólogo acuñou o popular concepto de menor maduro, que sen embargo
hoxe en día está en desuso: ¿por que? Pois ben, se como dixemos antes, definimos a
madurez como capacidade para, agora recoméndase falar sempre de decisión madura
ou de madurez suficiente para a toma desa decisión en concreto.
Asúmese que para que para que un adolescente poida madurar teñen que estar
presentes os seguintes elementos:
1. Incorporar valores e principios mediante a educación.
2. Ter a posibilidade de exercitar a liberdade progresivamente.
3. Identificar conflitos entre os valores e os deberes de forma explícita, afrontalos,
elixir e resolvelos.
Daquela, de momento sabemos que a madurez moral é un proceso fronte ao cal
contrapoñemos unha idade biolóxica concreta establecida para adquirir a autonomía
legal. ¿E todo isto é importante para que? Para que se garanta que os individuos son
autónomos nas súas decisións, neste caso, sanitarias.
Non hai tantos anos, a medicina desenvolvíase dentro dun modelo paternalista no que
pouco importaban as opinións dos pacientes. Hoxe en día, inmersos cada vez máis no
paradigma de respecto á autonomía do paciente, ter en conta a capacidade para a
toma de decisións é fundamental. É aquí onde nace a bioética, ámbito de
Marta Mariño – abril/2019
3
coñecemento onde quedaría abarcada esta sesión: xorde cando a sociedade reclama
para si a xestión persoal da vida, o corpo ou a sexualidade, clasicamente cedidos ao
médico, relixión ou aos pais. E para iso actúa mediando entre o ámbito privado da
moral e o espazo público das leis.
Empecemos pois a analizar a nosa lexislación actual:
Durante a ditadura de Franco, a maioría de idade estaba fixada nos 21 anos.
Previamente ao referendum constitucional de 1978 en España había en torno á 1
millón e medio de persoas entre os 18 e 21 anos, precisamente a franxa etaria na que
máis se estaba detectando apoio ao proxecto democrático e constitucional. Por ese
motivo, o goberno de UCD aproba un Real Decreto lei polo que a maioría de idade
pasa a ser os 18 anos, e todas esas persoas poderán exercer o voto no referendum
constitucional. Como sabemos, esta carta magna foi aprobada o 6 de decembro de
1978, e efectivamente recolle no seu artigo 12 a maioría de idade no noso pais. Isto
constitúe unha anomalía lexislativa, é dicir, nos países do noso entorno non é
frecuente que a maioría de idade veña recollida na Constitución; implica que en caso
de ser necesario modificar esa idade, requiriríase unha reforma constitucional, o que
lexislativamente é un trámite moito máis complexo.
A resposta correcta é por tanto a B.
Marta Mariño – abril/2019
4
Sigamos avanzando:
Podemos resumir a pregunta anterior do seguinte xeito: ¿sobre quen recae o
consentimento legal nun paciente de 12 anos? Pois ben, de forma xenérica, o que está
vixente a día de hoxe no noso país (lei orgánica 1/1996) sería o seguinte:
Por tanto, a resposta correcta sería a C. En todo caso, é un caso complexo, xa que
parece que os intereses do menor e da súa representante legal non son converxentes.
Daquela: ¿ata os 16 anos ten que prevalecer sempre a opinión dos titulares da patria
potestade? ¿Sexa cal sexa a natureza desta decisión?
Analizarémolo da man da seguinte pregunta:
Marta Mariño – abril/2019
5
É certo que en todo consentimento por representación legal deben prevalecer os bens
xurídicos de saúde e vida do menor. Así mesmo, tamén se deberá respectar a
dignidade persoal do paciente. Derivado destas dúas, dedúcese facilmente que en caso
de estar ante un consentimento que non consinta en beneficio da vida ou a saúde do
menor, o profesional sanitario estaría obrigado a xudicializar o proceso para
protección deste.
Daquela a falsa é a opción B: o paciente non pode participar na toma de decisións ata
os 12 anos. Pero, ¿por que é falsa? En primeiro lugar porque, tal como ven recollido no
propio Código Civil, o menor sempre vai ser autónomo nos actos relativos aos dereitos
da súa propia personalidade, sempre que teña capacidade moral e biolóxica para
exercitalos por si mesmo. Por outro lado, se ben ata os 12 anos a lei non obriga a
escoitar ao menor, si se recomenda buscar o asentimento de este, facéndoo
copartícipe da toma de decisións. O asentimento é o único mecanismo que nos
permite en consulta involucrar ao neno ao longo da toma de decisións de acordo co
seu proceso madurativo, é dicir: ábrenos a posibilidade de respectar esa característica
progresiva do desarrollo madurativo.
¿E que pasa cos pacientes de 16 anos? ¿Son totalmente autónomonos?
Marta Mariño – abril/2019
6
Efectivamente unha adolescente de 16 anos pode, desde esa mesma idade, traballar
e/ou contraer matrimonio. Tamén pode disparar armas de fogo (¡atención: desde os
13 anos! Iso si, sempre acompañada por un maior de idade); pero esa mesma
adolescente non pode dar consentimento en todos os temas relativos á súa saúde.
No noso país de feito as persoas de 16 a 18 anos nunca puideron nin dar
consentimento para participar en ensaios clínicos nin para someterse a técnicas de
reprodución asistida: en ambos casos deben esperar aos 18 anos, é dicir, á maioría de
idade legal.
Ademais, desde a modificación da lei de autonomía do paciente, 26/2015; os
adolescentes entre 16 e 18 anos requirirán consentimento por representación legal en
todos os casos de interrupción voluntaria do embarazo e sempre que a situación
supoña un risco grave para a saúde ou para a vida. Estas dúas situacións, antes desta
última modificación obrigaban exclusivamente a informar aos proxenitores, pero o
menor podía dar o seu consentimento autónomo.
Para o profesional sanitario por tanto o reto é establecer o criterio para definir esas
situacións de risco grave para a vida ou á saúde (xa que a lei non o especifica).
O outro posible reto é detectar ao menor como non maduro para a decisión en
concreto que se debe tomar: nese caso, dado que legalmente se asume maioría de
idade sanitaria, invértese a carga da proba e recaerá sobre o propio profesional a
responsabilidade de demostrar que o menor non ten madurez suficiente.
Marta Mariño – abril/2019
7
Por último, un caso tal vez dos máis complexos: ¿estamos ante un paciente con
madurez suficiente? ¿Como podemos valorar iso? ¿Como o reflexamos na historia
clínica?
Efectivamente a lei recolle a opción de valorar a un paciente como con madurez
suficiente para a toma dunha decisión concreta (coas mesmas excepcións que o
consentimento a partir dos 16 anos: IVE, situacións de grave risco para a saúde/vida,
ensaios clínicos, técnicas de reprodución asistida); o problema é que non indica como.
Esta é unha proposta do Programa de Salud Infantil y Adolescente de Andalucía onde
se recollen os principais aspectos a valorar:
Marta Mariño – abril/2019
8
O ideal sería que existirá unha escala que nos permitirá avaliar o grao de madurez:
embarcados nese proxecto están os da Escala de competencia de Lleida, que
desgraciadamente aínda non está dispoñible.
Por tanto, e coas ferramentas actuais, nos quedaría recoller na historia clínica algo
parecido a isto:
Paula, paciente muller de 14 anos, é unha menor sen AP de interese. Acude sola a
consulta relatando síntomas de fobia social polos que solicita ser derivada a Psicoloxía.
Durante a entrevista clínica móstrase tranquila, orientada e colaboradora. Expresa as
súas ideas con claridade e coherencia. É quen de razoar a súa decisión e comprende as
implicacións da mesma.
De acordo coa lexislación vixente, e tras a valoración pertinente, estimo que a paciente
ten madurez suficiente para a toma desta decisión.
En calquera caso, e tal e como recolle a resposta correcta (D) sempre debemos
ofrecernos a axudar á menor a informar a seus país da decisión tomada.
Marta Mariño – abril/2019
9
En definitiva, a pesar de que como comentábamos ao principio a bioética ten como
obxectivo mediar entre o ámbito privado da moral e a lexislación pública, en realidade
a propia lexislación ten sempre un compoñente moral: o de protexer valores mínimos
consensuados pola sociedade onde xorden estas leis. Cada sociedade, no seu
momento histórico, ten o seu sistema de valores, que desenvolve e expresa nos
diferentes contextos socializadores: familia, escola, grupos de pares… Xa o dixo Weber
no século XIX: os homes parécense máis ao seu tempo que aos seus país. É por iso que
o dereito é unha disciplina en continuo cambio: ten a obrigación de ir adaptándose de
acordo coas modificacións deses valores mínimos.
Entender isto é comprender que as leis, igual que os protocolos clínicos, sempre van
ser máis simples que a propia realidade. Sen embargo, aínda que en moitas situacións
cumprir as leis poida resultar algo insuficiente, pola propia complexidade das
realidades, antóxase desde logo como algo obrigado.
Para finalizar, recordamos as diferentes idades recollidas na lexislación do noso país e
a as diferentes implicacións:
Top Related