B R É T E M A SB R É T E M A SREVISTA ESCOLAR DO CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI. LAVACOLLA - SANTIAGO
N º 2 1 - X U Ñ O D E 2 0 1 3N º 2 1 - X U Ñ O D E 2 0 1 3
L I M I A R
UU n ano máis, a comunidade educativa do CEIP MestreRodríguez Xixirei dámosvos a benvida a unha nova edición da
nosa revista escolar “BRÉTEMAS”.
A finalidade non é outra que a de deixar constancia dasvivencias, actividades, traballos …, que durante o presente cursoviñeron desenvolvéronse con alumnos,pais e profesores no seulabor diario.
Dicirvos en primeiro lugar que o que vedes publicado non émáis que unha pequena mostra do traballo realizado e en segundolugar queremos comunicarvos que ademais de en formato impresoa presente edición da revista así como mostras das ediciónsanteriores, están publicadas na nosa páxina WEB.
Aconsellámosvos que non deixedes de visitala xa que dende asúa posta en marcha e grazas ao esforzo de todos está sendoactualizada continuamente e que podedes ver de xeito máis amploas actividades realizadas durante este curso curso.
Non queremos finalizar sen desexarlles aos alumnos/as de 6ºque nos deixan para vivir unha nova andaina no IES de SAR, moiboa sorte e pedirlles que non esquezan aos que día a día puxemoso noso gran de area para facer de vos homes e mulleres de ben.
FELICES VACACIÓNS!!!!!!
Podes atopar esta revista e a dos cursos anteriores,a toda cor, na páxina web do colexio.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipmestrerodriguezxixirei/
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
45
B R É T E M A S B R É T E M A S
Aida - 4º curso Lía - 4º curso
Alejandra - 4º curso Hugo - 4º curso
46
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
Iolanda - 4º curso Tania - 4º curso
Alba - 4º curso Antón - 4º curso
62
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
LLEETTRRAASS
GGAALLEEGGAASS
22001133
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
65
B R É T E M A S B R É T E M A S
Os días 6, 7 e 8 de maio os alumnos de 5º e 6º fomos de excursión aManzaneda. O día 6 as 9:30, marchamos en autobús cara Ourense.Na cidade de Ourense, paseamos polo casco vello; visitando a cate-
dral e algunha praza. Tamén estivemos nas Burgas onde fixemos algunha fotobaixo a choiva.
Marchamos cara Castrocaldelas. Alí paramos a comer na praza do Pobo. Ondealgúns volvéronse tolos comendo pringles. Visitamos o castelo onde fixemosalgunhas fotos. A mala sorte foi que non puidemos facer unha visita guiadaporque xa pechara.
Logo recolleunos o autobús para levarnos á Estación de Manzaneda. Alí repar-tímonos por habitacións na zona de apartamentos. Deixáronnos un tempo paraacomodarnos. As cinco e media fomos a merendar. Despois de merendarfomos a piscina de seis a oito. Pasámolo moi ben. A auga estaba moi boa.
Despois da piscina, ceamos. A cea estaba moi boa, xa que había patacas fritascon lomo. De seguido tivemos un tempo libre: ver a tele, lavar os dentes,ducharse... Para ir a discoteca!!! Pasámolo moi ben !!! Cando acabamos fomospara as nosas habitacións. Ao día seguinte levantámonos, e dirixímonos cafe-tería onde almorzamos. A primeira actividade, foron os vívacs. Aínda que cho-vía, podemos facela igual. A continuación practicamos escalada, pero comoseguía chovendo!!!
Non puidemos escalar cara arriba aínda que si fixemos a travesía. Despois amonitora ensinounos a facer os principais nós de escalada. Esta vez comemosmacarróns a boloñesa e arroz con leite. Despois tocábanos equitación. Oscabalos eran Flash e Molly. Fixemos arredor da valla e zigzag. O monitor man-doulle a un dos rapaces que se puxera de pe, e el fíxoo!!! A seguinte activida-de foi sendeirismo. Estivemos camiñando unha hora e media pola montaña,
66
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
onde visitamos unha casa dun pastor. Pola tarde practicamos tiro con arco. Amonitora ensinounos as partes da frecha, do arco e a montalo. Logo cada untiramos 2 frechas á diana, aínda que moitos non acertaron, e outros mandaronas frechas moi lonxe e, que por certo, nos custou moito encontralas.
Despois de tiro con arco, fomos a cear. A continuación, cada un foi ao respecti-vo cuarto pra prepararse para a velada desa noite.
A velada realizouse no polideportivo. A monitora, Sabela, foi a guía dos xogos:a mímica, o brilé, o gusano, director d orquestra... Foi moi entretido!
Despois dirixímonos os cuartos de durmir, logo dun día moi cansino.
Ao día seguinte algúns levantáronse a diversas horas para asearse, e organiza-ron a súa equipaxe. As 9:30 fomos almorzar.
Despois fomos aos karts onde houbo algúns accidentes e atropelos , Quiqueatropelando a Anxo Rouco(rompeulle o zapato), a Noa saíulle o casco dispara-do ao chocar cos neumáticos. O máis gracioso foi Ignacio cando se estampou aonon dar pisado o freo.
A última actividade foi béisbol. Ensináronnos regras e pasámolo de bomba.
O malo foi que cando marchamos no autobús, parou de chover!!!
Aínda así, pasámolo moi ben.
Alumnado de 5º e 6º curso
CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
73
B R É T E M A S B R É T E M A S
Asociación de pais de alumnos
“ANPA Landras”
Mestre Rodríguez Xixirei
Labacolla
MEMORIA ANUAL 2012/2013Hola amig@s:
X a rematamos o curso un ano mais, parecía longo, pero xa estamosoutra vez a despedir os alumnos de sexto de primaria, e como non,a esperar novos alumnos para o próximo curso, no que aumenta a
matricula considerablemente.
Neste curso que remata tivemos algunha que outra novidade, coma oseguro extraescolar, o cal nos consideramos que e moi necesario nostempos que corren. Tamén puxemos en marcha un banco de libros de texto,necesario tamén, xa que moitos dos libros , por non dicir todos, acabanmorrendo novos nos faiados das casas, en caixas etc, etc, etc, e realmentee unha pena, porque por ter libros novos, ningún rapaz vai ser mellorestudante, e mentres os libros teñan unha vida útil… en fin.
Tamén, coincidindo coas festas de Nadal, promovimos unha exitosacampaña de recollida de alimentos para as familias máis defavorecidas encolaboración con “Cáritas”, polo que dende aquí queremos agradecer atodas as familias as súas aportacións.
Ben, este curso tivemos novas actividades moi relacionadas coa nosacultura, como son BAILE GALEGO E PANDEIRETA, ademais das xaclásicas e de moita aceptación, PATINAXE, MANUALIDADES EPINTURA.
A participación foi de unha media de 45 alumnos ,repartidos nasdistintas actividades, e algúns participaron en mais de unha ou incluso entodas.
O pasado 7 de xuño tivemos a festa de fin de actividades,na que @snen@s fixeron unha demostración do que aprenderon o longo do curso.
74
B R É T E M A S B R É T E M A S CEIP MESTRE RODRÍGUEZ XIXIREI
@s nen@s,ademais,disfrutaron do seu día,con hinchables,coas monitorasde maquillaxe e globoflexia,e como non da merenda que lles tiñamospreparada.
O longo do curso tamén tivemos outros festexos como foi OMAGOSTO,O NADAL E O ENTROIDO.Nesta ultima o persoal da ANPA,ealgúns pais e profesores tamén se disfrazaron e a verdade,pasámolo moiben.Todos estes festexos foron posible grazas a inestimable axuda depais e profesores,que vos recordo amig@s que o que se fai neste colexionon se fai en ningún outro.
Xa pa despedir,darvos as grazas a todos, PAIS, NAIS E PROFESORES,que vos volvo recordar,que todos xuntos podemos facer moito,que nosesperan tempos moi duros e que polos nosos fillos debemos de loitar portentar manter este modelo de convivencia.
Agradecementos;
Panadería Berdia
Ruta Jacobea
Pais/Nais
Profesores
Un saúdo e bo verán a tod@s
A ANPA