cantusBOLETÍN ESCOLAR
Nº 3 - ABRIL DE 2010 - ANO I ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOS
1ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS
CONTIDOS
Administración - Pax. 1Os nosos músicos - Pax. 2
Xeneralidades - Pax. 3Reflexións - Pax. 4Pedagoxía - Pax. 4
Sala de concertos - Pax. 4
ADMINISTRACIÓN
A Escola Municipal de Música Magariños abre o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso 2010/2011 para os alumnos matriculados no presente curso 2009/2010. Dende o día 12 ata o 30 de abril ámbolos dous inclusive, quedará aberto o prazo para a formalización da reserva de praza.
Os impresos e demáis documentación informativa para a formalización da reserva de praza estarán a disposición dos interesados en horario de secretaría (os luns e venres en horario de 10´00-11´00 horas) e solicitándose ós profesores en horario de clase polas tardes.
A omisión de datos ou a non realización da reserva de praza se subsanarán no prazo
establecido para tal efecto. No caso contrario, inmediatamente o alumno perderá a praza para o vindeiro curso 2010/2011.
Unha vez formalizada a reserva de praza, os alumnos non terán que realizar ningún tipo de matriculación é únicamente terán que aboar as taxas no período correspondente. Non se prestará ó servizo a aqueles usuarios ou beneficiarios que ó comenzo do curso non aboarán as taxas de matrícula, causando baixa automática no mesmo, e que se lles comunicará mediante resolución do Ilmo. Sr. Alcalde ou Concelleiro Delegado.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Impreso de solicitude de reserva de praza. - Fotocopia do libro de Familia Numerosa ou certificado de pertencer como membro
á Banda Municipal de Música de Brión, no caso de acollerse algunha das reduccións ou descontos según a Ordenanza Fiscal 20-PP reguladora do prezo público polos servizos culturais e deportivos.
Tódala información sobre a reserva de praza para o vindeiro curso 2010/2011 na Escola Municipal de Música Magariños a podedes atopar nas seguintes canles:
- Web: www.infobrion.com /escolasemuseos/escolamusica.php- Teléfono: 981509908 Ext. 31 en horario de atención ó público do centro. - Correo: [email protected]
Textos:Departamento de
Coordinación Pedagóxica
Deseño e Maquetación:Julio Mallo.
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA MAGARIÑOSAvenida de Santa Minia, nº 70
15865-Brión - A CoruñaTeléfono: 981509908 Ext. 31
Reserva de praza para o vindeirocurso 2010/2011
ADMINISTRACIÓN
Regulamento de Réxime Interno
O pasado 24 de marzo de 2010 o Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba á aprobación definitiva do Regulamento de Organización e Funcionamento da Escola Municipal de Música “Magariños” quedando así aprobado, ao non terse presentado ningunha reclamación durante o período de exposición pública e aprobado inicialmente en sesión de 16 de decembro de 2009.
Recolle 40 artigos repartidos nos capítulos:
I. Obxecto, ámbito de aplicación e beneficiarios do servizo. II. Admisión, permanencia e adxudicación de prazas. III. Organización das ensinanzas. IV. Estructura organizativa do centro. V. Dereitos e deberes dos usuarios.VI. Dos recursos materiales. VII. Réxime de cobranza. VIII. Réxime sancionador. Outras disposicións
2 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS
BIBLIOTECA
Doación do Centro de Documentación de Música e Danza
Recentemente o Centro de Documentación de Música e Danza ven de realizar unha doación para os fondos da Biblioteca da Escola Municipal de Música Magariños. A doación consistiu en libros, catálogos, partituras, discografía, etc.
O Centro de Documentación de Música e Danza é un centro integrante do INAEM do Ministerio de Cultura. As súas funcións principais son recopilar, sistematizar e difundir a información relativa tanto á música como a danza. Tradúcese básicamente na elaboración das bases de datos é que permanezcan actualizadas. Ademáis, proporciona atención directa ós usuarios: consultas, orientación bibliográfica, búsquedas especializadas, etc.
O Centro de Documentación de Música e Danza colabora habitualmente coas máis importantes institucións nacionais e internacionais dentro do ámbito dos servizos de información e documentación musicais, sendo membro do MIC (Music Information Centres) e da AIBM (Asociación Internacional de Bibliotecas, Arquivos e Centros de Documentación Musical) de cuxa sección española AEDOM (Asociación Española de Documentación Musical), é membro fundador.
Con esta doación, a biblioteca da Escola aumenta considerablemente os seus fondos adquirindo protagonismo na vida cotiá do centro ó convertirse a biblioteca nun espazo diferenciado dentro do funcionamento da Escola.
PEDAGOXÍA
As escalas nos estudos de Chopin
Pódese considerar a F. Chopin un profundo e coñecedor do teclado, e en certo xeito, non entendido todavía nos nosos días. Existiron compositores importantes que propuxeron fórmulas posiblemente máis atrevidas musicalmente falando, sen embargo mecánicamente, o espectro de posibilidades que aporta para o seu estudo técnico, está moi por enriba do que se puidera sospeitar nun principio. A aplicación de tódolos recursos que proporciona a técnica pianística aproveitase íntegramente, dada a dificultade da obra. Necesita vantaxes máximas que brinda a articulación e o peso; e o uso exclusivo de calqueira destos plantexamentos separadamente, nos levaría a solución ineficaces ou pobres mecánicamente.
Chopin dedicalle á escala un capítulo importante da súa obra, o sistema máis elemental a través da morfoloxía do teclado de encher os vacíos entre sons e de enlazar progresivamente distintas alturas.
Se ben moito máis evolucionada que na época anterior, a fórmula da escala, aparece completa ou fragmentada interrumpindo o seu discurso a instancias da conveniencia da música; con frecuencia é combinada con arpexios, acordes ou notas dobres.
Tres son os estudos que abordan dita dificultad de maneira máis aislada: Op. 10 nº 2 e nº 4, Op, 25 nº 11. No estudio nº 4, as notas se suceden por grados conxuntos fragmentariamente en ocasións, e combinadas cunha nota de reforzo na fracción forte do grupo, outras; con carácter esporádico, aparece o arpexio separando seccións.
O estudio nº 2 da Op. 10, plantexa a escala cromática e a súa regularidade como contido a desenvolver polos dedos extremos do borde externo da man dereita. O artificio empregado para conseguir aillar os mencionados dedos, é o apoio sistemático nos comenzos de cada parte mediante un bloque de notas dobres, encargadas de anular calqueira intento de uso dos primeiros dedos, ocupándoos xa previamente.
Outro estudo que emprega a escala coma procedemento mecánico é o nº 11 da Op. 25. A escala móvese cromáticamente a man dereita, a excepción de algunhas aparicións diatónicas, alternada con notas intecaladas dun acorde, que é a referencia harmónica. As notas dobres en algúns casos empréganse en forma arpexiada.
3ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS
PEDAGOXÍAA orquestra
A orquestra sinfónica, esta formada por tres grupos ou (familias ) instrumentais: os instrumentos de corda (arco) instrumentos de vento e percusión.
No Barroco, a corda constituía a base fundamental da orquestra, e a esta fóronse incorporando os instrumentos de vento (frautas , oboes, fagotes, trompas e trompetas).
No período clásico, a formación orquestal (orquestra a 2 ), esta constaba de 2 frautas, 2 oboes, 2 clarinetes, 2 fagotes, 2 trompas, 2 trompetas, máis a corda cos timbais.
No período Romántico, debido o perfeccionamento dos instrumentos de vento, a orquestra triplícase con respecto o vento, (as trompas pasan a ser 4 ou máis), consolídanse os trombóns, e incorpórase a tuba.
Con tanto vento, ten que ampliarse a corda para que se compense a sonoridade da orquesta. Tamén se amplia a percusión (triángulo, platillos, bombo,etc). Ademáis inclúense outros instrumentos coma o frautín, clarinete, contrafagot, arpa etc…
No seculo XX e o auxe dos instrumentos de vento, e sobre todo da percusión. Sen embargo na metade do seculo as grandes formacións québranse xurdindo novos conceptos tímbricos expresivos (electroacusticos) os cales impediron por agora o establecemento dun prototipo de formación orquestal.
PEDAGOXÍAOidos para oir
Pretendo simplificar neste artigo a anatomía do oído e relatar os aspectos musicais que dependen del.
O oído está formado por tres partes: oído externo, oído medio e oído interno (cóclea). O oído externo encárgase da captación das ondas vibratorias (sons) ou variacións de presión, o medio encargase de amplificar debidamente as ondas mediante un sistema sinxelo formado por unha cadea de osiños e unha membrana transductora (tímpano), o interno ten como fución transformar o fenómeno físico das ondas nun fenómeno de pulsos eléctricos que o noso córtex (cerebro) pode interpretar, aquí é onde estás a verdadeira complexidade do sistema auditivo.
De forma resumida queda clara a parte anatómica pero non o sentido completo da audición.
No oído interno as ondas moven un líquido e este movemento é captado por unhas células detectoras que se encontran na membrana basilar da cóclea, é neste momento onde se produce a tansformación do fenómeno ondulatorio ao fenómeno eléctrico.
Así o oído ten dúas maneiras de estimar a altura dos sons: unha é polo punto de excitación ao longo da membrana basilar (frecuencias parciais) e outro é pola periodicidade coa que se envían ao cerebro impulsos eléctricos. Isto é facilmente entendible se interpretamos de forma matemática o fenómeno das oitavas e as súas respectivas frecuencias asignadas.
Para a detección do timbre utilízase un mecanismo de posición e determinación harmónica analizando as frecuencias dos formantes (harmónicos que acompañan á onda sonora).
A intensidade é detectada mediante o cálculo de neuronas que responden a un impulso, así cantas menos respondan menor será a intensidade da onda e viceversa.
En resumo, o oído subministra tres tipos de información importante ao cerebro: datos de “on”- “off” (intensidade), datos de tempo e taxa de repetición (altura), datos da distancia de vibración (timbre).
Resalte a importancia de ter dous oídos para poder comparar informacións e así detectar a dirección de emisión do son.
4 ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA MAGARIÑOS
SALA DE CONCERTOS¿Nervos antes dun concerto?
En música, e en calquer actividade que requira un desenvolvemento de destrezas en público, o corpo sufre unha serie de modificacións fisiolóxicas que desenvocan no que coñecemos como nervos.
Os nervos son algo moi persoal, son difíclies de controlar e dependen de tantas cousas que sería imposible vivir sen eles; existen técnicas de relaxación que se poden levar a cabo antes dun concerto e soen ser bastante efectivas pero é importante o aspecto psicolóxico do estado nervioso.
A un estudiante de música débeselle ensinar o gusto por mostrar as súas destrezas, por mostrar todo o que sabe. O que maior medo dá sempre é o de equivocarse, neste punto é fundamental o pensamento e a seguridade nun mesmo, o pensamento negativo implica nun porcentaxe moi alto o desenrolo fallido, é importante ser moi optimista ó mesmo tempo que confiar nas propias habilidades.
O primordial, disfrutar do que se está a facer, non hai nada mellor que situarse diante do público e disfrutar do que estás a facer transmitindo así este sentimento logrando que o público disfrute da peza.
Por último, nunca tratedes de deixar de sentir nervos, é imposible e para un músico non é recomendable, os nervos aparecen antes e despóis pero seguindo algún consello anterior nunca deberían aparecer durante; tratar de canalizar os nervos hacia unha emoción positiva evita temblores molestos.
Disfrutar do público é algo que leva moito tempo e algún esforzo, pero recompensa o ego como moi poucas cousas ó longo da vida.
CURIOSIDADESO nacemento da notación musical
Coma hipótese non suficientemente verificada, o primeiro documento con notación musical sería o gran poema religioso dos sumerios sobre “A creación do home”. Nunha tablilla do século IX antes de Cristo existe un fragmento deste poema que foi descifrado en 1915 por Ebeling. A esquerda de cada línea existen algúns signos cuneiformes que resistiron a toda traducción, e deste feito se deduxo nalgúns sabios que se trataba de signos musicais.
Un dos pais da musicoloxía contemporánea, Curt Sachs, realizou a súa hipotética transcrición musical, con vivas protestas dos filólogos. Pero como sexa que no British Museum conservase un documento análogo do século XVI antes de Cristo, dito documento estudouno o famoso anticuario F. W. Galpin chegando á mesma conclusión: que se trataba de signos musicais. Según este investigador, conservando as consoantes ou sons esencias destas sílabas, e tendo en conta que o segundo milenio antes de Cristo circulaba por Mesopotamia un alfabeto semítico primitivo, tales signos intraducibles non son outra cousa que as letras deste alfabeto, e supón que elas poderán designar a serie de notas dun arpa de 20 ou 22 cordas que xa na época se atopaba en Exipto e algúns lugares de Asia. Se con tempo e con novos documentos se confirmara esta hipótese, resultaría que a máis antiga forma de notación musical serían os signos de escritura corrente dunha lingua, e a súa tradición remontaríase a uns 2.000 anos antes de Cristo.
A civilización dos sumerios extendeuse por Asia anterior, ou sexa Asia cercana a Europa, especialmente por Anatolia e o país de Fenicia que a propagou por toda a área do Mediterráneo ata as costas occidentais de España. Non obstante, a cultura exipcia, a pesar da riqueza instrumental que apareceu nas súas pinturas e monumentos, non se coñece ata o momento ningún documento con notación musical.
Top Related