1
2
3
CARTEL e LEMA
Querido catequista: saúdos ó comezo deste novo ano de catequese. Neste curso 2019-2020, á luz da Exhortación Apostólica postsinodal sobre os xóvenes, Christus Vivit (Vive Cristo), os Secretariados de Catequese de Galicia propoñemos como obxectivo construír unha catequese máis comunitaria e viva, tal e como reflicte o lema escollido: “Xuntos por unha catequese máis viva”.
O lema evidencia, unha vez máis, que Cristo resucitado está vivo e a súa vida revitaliza á Igrexa e a súa misión. El congrega e faise presente no medio da comunidade, que é a primeira responsable da catequese; El é ademais o centro dunha catequese que quere ser vida para as comunidades e para os que fan un camiño de fe. Por este motivo, no cartel que nos vai acompañar todo o ano, o protagonista central da imaxe é Xesús.
Compartimos contigo algunhas claves para axudarche a descubrir a dirección na que camiñaremos neste curso pastoral.
Cristo vive no medio da comunidade, porque onde dous ou máis están reunidos no Seu nome, alí está El (Mt 18, 20).
Todos –sacerdotes, diáconos, relixiosos e relixiosas, leigos, mozos e mozas, nenos e nenas–, nos atopamos ó redor de Xesús, tal como se pode ver no centro do cartel.
A catequese é, por tanto, responsabilidade de todos e cada un dos membros que formamos a comunidade: ela é “orixe, lugar e meta da catequese” (DXC 254)1. E é preciso que dende a catequese medremos nesta conciencia de que, aínda que con tarefas diversas e en ámbitos distintos –familia, parroquia e escola– todos contribuímos a facer a catequese.
O fondo azul do cartel alude ó sacramento do bautismo. Lémbranos ós catequistas, en primeiro lugar, a nosa común vocación coma crentes de transmitir e educar ás novas xeracións na fe; pero, por outra banda, reafirma unha vez máis a tarefa da catequese nas parroquias e comunidades, xa que tras o bautismo dos nenos, "a catequese de iniciación é, por tanto, unha acción [...] básica e fundamental na
1 DXC = Directorio Xeral para a Catequese, 1997.
No centro, Cristo. El é quen nos chama e nos reúne en comunidade
para realizar a tarefa da catequese
1
4
construción da personalidade do discípulo e da comunidade. Sen ela a acción misional non tería continuidade e sería estéril. Sen ela, a acción pastoral non tería raíces e sería superficial e confusa "(DXC 64).
Promover o encontro, a comuñón e a intimidade con Cristo, que está vivo no medio da comunidade, é a principal finalidade da catequese (DXC 80). A nosa mediación como catequistas pode axudar a facer medrar e madurar a fe das persoas grazas a ese encontro. Pero para logralo é preciso que cada un de nós, catequistas, renovemos de día en día o noso encontro persoal co Señor, a través da lectura da Palabra, a celebración da fe nos sacramentos, a oración e a vida comunitaria e de caridade.
É dende Cristo, por tanto, que as nosas catequeses están vivas; so dende El se poden renovar e revitalizar. Como se ve no cartel, de El flúe a luz, signo da vida que desprende.
A revitalización da catequese parroquial renova tamén as nosas comunidades, porque os que percorren o camiño da catequese, están chamados a incorporarse á comunidade como membros vivos e comprometidos.
Configurarse comunitariamente con Cristo lévanos a vivir na dinámica do máis: darnos máis; vivir máis con e para El; comprometernos máis, ser unha comunidade máis viva.
A catequese tamén ten as súas propias cruces: falta de recursos, perda da esperanza nos catequistas, falta de relevo xeracional, poucos nenos, escaso apoio das familias e comunidades,...
A letra “X” de “xuntos” e o signo “+” de “máis”, lémbrannos ese viacrucis que tantas veces percorremos coa catequese. Pero non debemos esquecer que a cruz é tamén o camiño que leva á vida e a resurrección. As cruces diarias da catequese, pola fe, están chamadas a dar froitos de vida.
A catequese renóvase e está viva
cando Cristo está no centro
2
Unha catequese “má+s” viva
renova as nosas comunidades
3
A cruz da catequese
pascua para as comunidades
4
5
XUNTOS PARA UNHA CATEQUESE MÁIS VIVA
Decálogo
1. Xuntos… somos testemuñas máis que mestres.
Só se escoita aos que dan testemuño coa vida.
2. Xuntos… colaboramos con Xesús, único Catequista.
El é o verdadeiro mestre: Camiño, Verdade e Vida.
3. Xuntos… iniciamos no coñecemento de Cristo.
Coñécese de verdade o que se acepta desde o corazón.
4. Xuntos…iniciamos nun estilo de vida evanxélico.
Vivir as actitudes e valores que Xesús nos ensina.
5. Xuntos… iniciamos no encontro con Deus.
Realizado a través da oración e os sacramentos.
6. Xuntos… iniciamos no compromiso cristián.
Dando testemuño da fe e servindo aos demais.
7. Xuntos… iniciamos na vida comunitaria.
A fe vívese e celébrase na comunidade.
8. Xuntos… traballamos familia e catequese.
Unha catequese sen familia é unha tarefa sen futuro.
9. Xuntos… facemos unha catequese activa.
Unha pedagoxía activa, festiva e participativa.
10. Xuntos… na vida, no traballo, na oración.
Colaboramos sacerdotes, familia e catequistas.
6
CELEBRACIÓN
.
MONICION DE ENTRADA
Iniciamos una nova andaina na catequese parroquial, sempre nova, porque cada ano
imos mudando, crecendo os nosos nenos, adolescentes, xoves e adultos, aínda que
o contido é sempre o mesmo:
Este é o primeiro anuncio da catequese –o kerigma- o principal, o que hai que volver
a escoitar a anunciar en todas as etapas e momentos da catequese. Pero queremos
facelo como unha novidade constante, con una linguaxe e maneiras sempre novas,
XUNTOS POR UNHA CATEQUESE MÁIS VIVA.
Pidámoslle ao Señor da eucaristía a autoridade da súa palabra que acendía o corazón,
a novidade do seu anuncio, da creatividade das súas imaxes para falarnos de
Deus, unha nova linguaxe para anunciar a eterna noticia de que Deus nos ama.
LECTURAS
As do domingo que corresponda, ou esta proposta:
Feitos 2, 42-47 (Asiduos no ensino dos apóstolos e na fracción do pan)
Salmo 112 (A súa caridade é constante)
Evanxeo: Mateo 13, 44–46 (Parábola do tesouro escondido e da perla)
Nesta celebración de inicio sería bo colocar un mural ben visible co kerigma da
catequese, e que logo permanecese nalgún lugar que o lembrase todo o ano:
(Evangelii Gaudium 164)
Tamén debería ser visible, en gran formato, o cartel deste ano e o lema:
7
PRECES
Baseadas nos seis consellos do Papa Francisco aos catequistas.
Coa confianza de que Deus sempre nos escoita e nos auxilia co seu
Espírito, oramos con confianza dicindo: MANDA SEÑOR O TEU ESPIRITO.
1º.- Pola Igrexa; para que anuncie sen acougo a ledicia do evanxeo, con audacia e
creatividade, saíndo ó encontro dos famentos e sedentos de Deus, para sanalos e
salvalos. Oremos.
2º.- Polos catequistas; para que vivan o seu ministerio como unha misión que
configura a vida enteira, camiñando con e desde Xesucristo. Oremos.
3º.- Polos catequizandos: nenos, xoves e adultos; para que redescubran sempre o
amor de Deus como primeiro anuncio e esencia da catequese. Oremos.
4º.- Por todos os cristiáns; para que nos deixemos mirar por Xesucristo, e nos
vaiamos transformando á súa imaxe. Oremos.
5º.- Por todos nós; para que, sentíndonos evanxelizadores, saibamos buscar
diferentes medios e formas de anunciar a Xesucristo. Oremos.
6º.- Por esta comunidade parroquial de N..., reunida en domingo para celebrar
a Eucaristía; para que saibamos que Xesús nos antecede nos homes e mulleres de
hoxe, e que neles nos espera. Oremos.
Grazas Pai bo, porque ti nos auxilias sempre e contas con nós para
mostrar o teu amor ao mundo. PXNS.
OFRENDAS
Propomos facer a colecta mentres se recita o Credo
para incorporala ás ofrendas ou agardar a que se faga para ofrecela logo.
A Eucaristía é fonte e cume da vida cristiá. Sen ela non podemos vivir, proclamaban
os primeiros cristiáns. Hoxe queremos subliñar que un dos fins da catequese e
integrarnos nela, para sermos verdadeiramente familia de Xesús.
Traemos a este altar o cartel deste ano que quer ser para todos un estímulo para unha
catequese viva e creativa, cunha nova linguaxe, visual e narrativa, que transmita a
fe con nova forza, imaxinación e audacia.
Sobre todo ofrecemos o pan e o viño, feitos de graos e uvas, que xuntos fan o
alimento e o zume da vida, pan e viño no que Xesús se fai presente no altar, que se
nos dá en alimento e ven a nós, para quedarse. Dispoñámoslle sitio nas nosas vidas.
A Eucaristía é comuñón e caridade; por iso presentamos a ofrenda da comunidade
para as necesidades do noso templo e dos pobres. Que con ela vaia tamén a nosa
vida toda como ofrenda agradable.
8
Xesto de envío
Poderiamos chamar aos catequistas polo nome a situarse fronte ó altar.
O sacerdote, coas mans estendidas, pronunciará sobre eles unha bendición:
9
Materiais catequéticos
NENOS/AS 6-7 anos
Catecismo “Los primeros pasos en la fe”
CEE
Castelán
Libro de actividades “Espertamos á fe” Secret. Galicia Galego/Castelán
Guía pedagóxica “Despertamos a la fe” Secret. Galicia Castelán
NENOS/AS 7-9 anos
Catecismo “Xesús é o Señor”
CEE
Galego/Castelán
Libro de actividades 1º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán
Libro de actividades 2º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán
Guía pedagóxica 1º e 2º ano “Creo en Xesús” Sc. Galicia/PPC Castelán
PREPARACIÓN INTENSIVA 1ª COMUÑÓN
Carpeta de actividades “Camiñamos ó encontro de Xesús”
Secret. Galicia
Galego/Castelán
Guía pedagóxica “Camiñamos ó encontro de Xesús” Secret. Galicia Galego/Castelán
POSTCOMUÑÓN (10-14 anos)
Catecismo “Testigos del Señor”
CEE
Castelán
Libro de activ. 1º “La Verdad que nos hace libres” Sc. Galicia/PPC Castelán
Guía pedagóxica 1º Sc. Galicia/PPC Castelán
Libro de activ. 2º “El Camino que conduce al Padre” Sc. Galicia/PPC
Castelán
Guía pedagóxica 2º Sc. Galicia/PPC Castelán
Libro de activ. 3º “La Vida que nos colma de alegría” Sc. Galicia/PPC Castelán
Guía pedagóxica 3º Sc. Galicia/PPC Castelán
10
Libro de activ. 4º “Somos testigos del Señor” Sc. Galicia/PPC
Castelán
Guía pedagóxica 4º Sc. Galicia/PPC Castelán
Libro 1: “A Alianza de Deus connosco” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán
Libro 2: “Deus dános unha nova vida” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán
Libro 3: “O Reino de Deus” Sc. Galicia/PPC Galego/Castelán
Guía Pedagóxica dos libros 1, 2 e 3 Sc. Galicia/PPC Castelán
CONFIRMACIÓN
“El don del Espíritu” (preparación para la Confirm.) Sc.Galicia/PPC Castelán
Guía pedagóxica Sc.Galicia/PPC Castelán
“Confirmados na fe” 1 e 2 Sc.Galicia/PPC Galego/Castelán
Guía pedagóxica Sc.Galicia/PPC Castelán
“Camino de fe” (para a confirmación de adultos) Sc.Galicia/PPC Castelán
CATEQUISTAS
“Escola de catequistas 1” (12 temas Cat. Fundamental) Secret. Galicia Galego/castelán
FAMILIA
“O bautismo do noso fillo” (5 temas prebautismais) Secret. Galicia Galego/castelán
Guía pedagóxica “O bautismo do noso fi l lo” Secret. Galicia Galego/castelán
“O espertar relixioso” (3 temas para a familia) Secret. Galicia Galego/castelán
“Iniciación na fe” (3 temas para pais dos nenos 6-7 anos) Secret. Galicia Galego/castelán
“Encontro con Xesús” (3 temas pais nenos 7-9 anos) Secret. Galicia Galego/castelán
“Iniciación sacramental” (5 temas pais de 1ªComuñón) Secret. Galicia Galego/castelán
Guía pedagóxica dos folletos anteriores Secret. Galicia Castelán
11
COLECCIÓN “EN FAMILIA”
“Para orar… en familia” Secret. Galicia Galego/castelán
“O Credo… en familia” Secret. Galicia Galego
“A Misa… en familia” Secret. Galicia Galego
“A Iniciación Cristiá… en familia” Secret. Galicia Galego
“A Biblia… en familia” Secret. Galicia Galego
“Os Mandamentos… en familia” Secret. Galicia Galego
AUDIOVISUAIS
Vídeos e outros materiais en recursos.catequesisdegalicia.com