Download - Cata de queixo

Transcript
Page 1: Cata de queixo

Lidia López Pérez

1º C.S.A. (T.E.A.)

Cata de queixo Arzúa-Ulloa.

O día 25 de febreiro de 2013 asistimos a unha cata de queixos proposta pola denominación de orixe Arzúa-Ulloa no I.E.S. de Arzúa.

Comezouse cun video onde se mostraba o proceso da elaboración dos seus queixos, dende a recollida de leite ata a súa venda como queixo perfectamente etiquetado.

Logo foisenos explicando distintos puntos do mesmo video en profundidade, e comezaron a xurdir dúbidas e cuestión sobre temas relacionados co queixo que o señor que deu a charla respondeu con gusto e con total claridade. Por exemplo agora sabemos que os productos que non estan etiquetados nas feiras non teñen uns controis que garantan a súa calidade (aínda que a teñan), que verdadeiramente as proteínas do leite se atopan nas graxas e por iso ó leite semidesnatado teñen que engadirllas logo, etc.

Por último deu lugar a cata de queixo propiamente dita, primeiro vendo o que se tiña que ter en conta para realixala e logo catando e vendo as diferencias entre queixo dunhas semanas e queixos duns meses.

Podemos dicir que foi unha charla amena e didáctica, onde saímos sabendo bastante máis do tema e onde se nos mostrou directamente os criterios e valoracións á hora de escoller un bo queixo.