BASES CERTAME FOTOGRAFÍA
“Dumbría, 12 olladas”
Concello de Dumbría
1. Obxectivo:
O certame de fotografía “Dumbría, 12 olladas” é unha actuación promovida polas Consellarías
de Cultura e Turismo do Concello de Dumbría, que pretenden fomentar a participación da
cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe.
Coas obras seleccionadas, confeccionarase un calendario para o ano 2.015, figurando nelas o
nome do/a autor/a.
Ademais, as fotografías participantes pasarán a formar parte do Banco de Imaxes Municipal,
para poder ter unha memoria gráfica de Dumbría por temáticas, e poderán ser utilizadas para
fins promocinais do Concello.
2. Participantes:
Poderá participar calquera persoa física, autor/a do tipo de obras que cumpran coas
condicións establecidas nas Bases da presente Convocatoria de Premios.
Se os promotores deste certame, se decatan de que hai usuarios con perfís falsos votando ou
participando, serán expulsados do certame.
3. Temática:
O certame versará sobre varias temáticas; de feito, cada mes responderá a unha temática en
concreto.
Xaneiro: DumbríaéAuga
Febreiro: DumbríaéVerde
Marzo: DumbríaéCultura
Abril: DumbríaéB/N*
Maio: DumbríaéCamiño
Xuño: DumbríaéDeporte
Xullo: DumbríaéSolpor
Agosto: DumbríaéÚnica
Setembro: DumbríaéTradición
Outubro: DumbríaéArquitectura
Novembro: DumbríéPedra
Decembro: DumbríéNadal
*No caso concreto de DumbríaéB/N, trátase de obter fotografías en Branco e Negro,
fotografías antigas do Concello, da súa xente, de oficios, de todo o relacionado coa historia de
Dumbría. O ideal sería que fosen escaneadas, de non ser así, nun principio aceptaranse
fotografadas co móbil ou cámara. Pero posteriormente, de seren aceptadas a certame deberán
ser entregadas co fin de que o Concello as poida escanear e, posteriormente serán devoltas aos
seus propietarios.
4. Número de obras:
Esta Convocatoria de Premios configúrase en 12 fases, que coinciden cos 12 meses do ano.
Cada participante poderá presentar un máximo de 3 obras por cada fase do certame,
realizadas en cor ou en branco e negro. Deberán ser orixinais e inéditas; non se admitirán
obras que foran premiadas noutros certames ou exhibidas publicamente.
5. Limitacións técnicas:
As fotografías non poderán ser alteradas electronicamente nin por calquera outro medio, non
aceptándose fotomontaxes. Unicamente se permitirán correccións de cor ou luminosidade.
6. Criterios de valoración das obras.
Non se aceptarán imaxes que non reúnan un mínimo de calidade ou con contidos contrarios á
legalidade vixente. O xurado valorará a idea expresada pola obra, respecto aos obxectivos do
certame, así como a expresión artística da mesma, a súa calidade e orixinalidade.
7. Condicións de presentación das obras:
As obras soamente se poderán presentar a través de correo electrónico, cumprimentado unha
serie de datos de autor e obra: nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto, título da
obra. Achegar a obra en cuestión como arquivo adxunto e, o asunto do correo electrónico
deberá ser: “Dumbría, 12 olladas”.
Dirección de correo electrónico: [email protected]
Asunto: “Dumbría, 12 olladas”.
Datos: nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto e título da obra.
Arquivo adxunto: fotografía (máximo de 3 por temática e autor).
Poderán ser fotografías feitas con móbil, cámara ou outro dispositivo, pero deberán ser
entregadas telematicamente en soporte dixital.
Posteriormente, as obras que cumpran os requisitos pasarán a ser expostas nas carpetas de
imaxes da páxina oficial de facebook do Concello de Dumbría, para seren votadas.
8. Prazo de presentación das fotografías a certame:
Soamente serán aceptadas as obras que cumpran o apartado 7 das Bases. Os prazos límite de
presentación das obras para cada fase son:
DumbríaéAuga: ata o 15 de febreiro.
DumbríaéVerde: 16 febreiro – 15
marzo.
DumbríaéCultura: 16 marzo – 15 abril.
DumbríaéB/N: 16 abril – 15 maio.
DumbríaéCamiño: 16 maio – 15 xuño.
DumbríaéDeporte : 16 xuño – 15 xullo.
DumbríaéSolpor: 16 xullo – 15 agosto.
DumbríaéÚnica: 16 agosto – 15
setembro.
DumbríaéTradición: 16 setembro – 15
outubro.
DumbríaéArquitectura: 16 outubro – 15
novembro.
DumbráéPedra: 16 novembro – 15
decembro.
DumbríaéNadal: 16 decembro – 15
xaneiro 2015.
9. Código ético:
Prohibicións:
A captación da imaxe (recoñecible) dunha persoa, salvo consentimento expreso e por
escrito desa persoa.
A persoa retratada aparece en situación pouco decorosa, se podería danar a súa honra
ou dignidade, polo que se infrinxiría o artigo 18.1 da Constitución: “Se garantiza el
derecho al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen”.
A Lei de Protección do Menor (Ley 1/96) determina que o interese do menor prevalece
en tódolos casos, polo que se considera intromisión ilexítima calquera imaxe que poida
prexudicar a súa reputación ou honra, aínda que exista consentimento del ou do seu
representante legal.
Non poderán ser fotografías obscenas, violentas ou que incumpran a Lei de Dereitos
Humanos.
10. Votación:
A votación efectuarase a través de facebook. Os usuarios votarán pola fotografía que estimen
para cada fase pinchando en “ME GUSTA”, dentro do prazo de dita fase.
A fotografía que obteña máis votos (máis “me gusta”) será a gañadora de cada fase. En caso de
empate, ambas obras compartirán mes do calendario e recibirán o seu premio.
11. Premios:
A fotografía gañadora dentro de cada temática, cada fase, será aquela que acade máis “me
gusta” e, en caso de empate, compartirán mes de calendario. É dicir, haberá 12 premios no
tempo que dure o certame, agás no caso de empate que haberá un para cada gañador da fase.
Contactarase cos premiados a través do correo electrónico facilitado á hora de enviar a
fotografía a participar no certame. Ademais, publicaranse os gañadores de cada fase na páxina
oficial de facebook do Concello de Dumbría, dentro dos 7 días posteriores á finalización do
correspondente prazo de admisión de obras.
Outorgaranse un premio por fase, a menos de que exista empate. O premio consistirá en: pack
Dumbría Llevátela, camiseta Eu Subino, unha taza da Fervenza do Ézaro e un exemplar do
calendario 2.015 onde aparecerá a súa obra.
13. Consultas:
Para a aclaración de calquera dúbida respecto ao certame poderán facelo mediante correo
electrónico dirixido a:
Dirección de correo electrónico: [email protected]
Asunto: Consulta “Dumbría, 12 olladas”.
14. Consideracións xerais:
A participación na convocatoria significa a plena aceptación das Bases do mesmo. Os requisitos
técnicos e administrativos que regulan os aspectos de participación na presente Convocatoria
de Premios deberán respectarse, de non ser así, suporá a inadmisión do participante no
certame.
Dumbría, a 17 de xaneiro de 2.014
Top Related