COIDA�
A�
LINGUA�
COIDA A LINGUA
Narrador 1.- Mozas e mozos,
todos os que aquí escoitades:
Imos contar unha historia que semella fantasía,
aínda que, se ben o pensamos, tamén pode ser verdade.
(música breve)
Narrador 2.- Nun país de xente amable, moi pertiño destas te-rras, vivían en casa de aldea, don Latín e dona Grecia.
Narrador 3.- Un día do mes de maio,
en mañá de neboeiro,
naceulles unha meniña
que chamaron Gallaecia.
Narrador 4.- A nena bulía e xogaba entre soutos e carballos.
Enredaba no camiño vendo voar os paxaros.
Mais, na súa mocidade
cousas raras lle pasaban.
Botou corpo de muller…
pero a lingua non lle medraba.
Narrador 1.- Que poderemos facer?
Preguntábanse os seus pais.
Coa lingua tan pequeniña
non vai ser quen de falar.
Narrador 2.- Entre tanto desacougo,
a nena palidecía,
entrábanlle febres altas,
e de pena non comía.
Narrador 3.- Os seus pais, moi preocupados,
chamaron pola doutora.
Na bisbarra era o mellor,
unha “eminencia” de sona.
(Aparece a doutora en escena. Examina detidamente á nena; tócalle na cabeza para ver se ten febre… finalmente míralle a lingua. Qeda moi estrañada e dictamina.)
Doutora.- Esta pobre Gallaecia
ten a lingua un pouco enferma.
Entroulle un virus na gorxa
por falar en lingua allea.
Se só fala en castelán,
a súa lingua non medra.
Nai.- E como podemos facer para curar este mal?
Pai.- Fareille unha sopa quente e un caldo ben natural.
Nai.- Terémola sempre abrigada e que non lle dea o sol.
Pai.- Dareille uns baños quentiños para que estea mellor.
Doutora.- Ai, Don Latín, dona Grecia!!
Non entenden o que digo?
Nen o frío nen o sol afectan a Gallaecia.
O único que precisa para mellorar a doenza,
é falar a súa lingua e non outras extranxeiras.
Non se decatan, señores,
que por non falar en galego
a súa lingua non medra?
Ha saber das andoriñas,
das landras e mais dos carballos,
conservar a nosa fala
para que sexa duradeira.
Así, medraralle a lingua
e rematará a doenza.
Pai.- Falarlle en galego á nena?
Mais vostede toleou!!
E logo, que lle van dicir
se un día marcha a Madrid?
Doutora.- Ai, señor don Latín,
pensei que era máis espabilado!!
Eu sonlle unha boa doutora e estudei en Santiago.
En Vigo, Coruña e Ourense teñen universidade.
E tamén hai madrileños que estudan nesta cidade.
A lingua dos nosos pais ha de ser a que mamemos
Un dos máis ricos do mundo presume de ser galego.
Fálenlle en galego á nena
E presuman do que teñen:
unha fermosa rapaza
cun falar doce e alegre.
(Os pais óllanse estranados co que lles receita a doutora. Achéganse a nena acariñándoa, desconfiando das palabras da médica)
Nai.- Tal vez se nos dá un xarope…
ou algún remedio caseiro…
Doutora.- Fáganme caso señores,
e traian aos seus amigos
que lle dean a nena alento
e a traten con moito mimo.
(a médica desaparece da escena)
Narrador 4.- A doutora marchou, segura
do seu remedio.
Os pais quedaban na casa
asombrados e con medo.
Nai.- Ai, miña filla querida…!!
Co que ela gosta das letras!
Non ha poder ir á escola
e todos se van rir dela.
(Os pais desaparecen. No escenario só está Gallaecia, deitada na súa cama)
Narrador 1.- En canto seus pais marcharon
Gallaecia descansaba.
A nena quedou durmida
e deste xeito, soñaba...
(música.- Suso Vaamonde. Os soños na gaiola.
Aparecen un grupo de letras bailando en roda. Ao final do baile, agóchanse e susurran)
Letra X.- (en baixiño)
Gallaecia ! Ei, Gallaecia !!
non esteas preocupada.
Letra I.- Somos as letras galegas,
as túas amigas da casa.
Letra G.- Ven xogar á nosa beira,
cantar, rir e andar de brincadeira.
Letra H.- Anímate, Gallaecia,
Veña, érguete e baixa da cama.
(Gallaecia abre ben os ollos e mira para as letras con aire entusiasmado. Baixa da cama e comeza a xogar na roda coas letras. Soa a mesma música)
Gallaecia.- Si que me gustaría usar
vuestra lengua amada,
ero a mi no me la hablan,
y no estoy acostumbrada.
Letra V.- Falar coma nós é doado,
non tes que facer case nada!!
Letra Z.- Simplemente tes que querernos
e non deixarnos na casa.
Letra A Nós somos a letra “A”
con ela damos “Apertas” (a letra abraza á nena)
segunda letra A “Aloumiños” (acaríñaa)
Terceira letra A e “Alimento”.
Letra B Eu sonche a letra “B”.
Dou mil “Bicos” nun momento. (Bícaa)
Letras M Con nós, as da letra “M”
terás “Mimiños” a centos. (danlle un achuchón)
Letras F Olla como somos nós “F” de “Felicidade”
Letras P Ou nós que somos o “P”
“Pacíficas Pombas” a voar en liberdade .
Letras L Con nós, as do “L”
con “Ledicia”, “Loitarás” pola verdade.
Letras N (con timidez) A nós chámannos “N”
porque estamos “Namoradas”.
Letras U Nós somos o “U” de Unidade
e xogamos ás agochadas.
Letra T Eu, como son a máis forte,
serei quen bote ás sortes
“Pelo gato vintecatro
unha, dúas, tres e catro”!!
(todos sinalan a unha das letras “C” e din ao unísono...)
Letras .- “Apandaaaaaaaas”!!!
(todas as letras desaparecen da escena, menos o “C” )
Letra C Eu son o “C” de “Conto e Cantiga”
de todas… a máis divertida!!
Canta comigo, veña! sen medo!
(Gallaecia e a letra “C” póñense a bailar en roda e a cantar...)
Polo fondo do mar, materile,rile,rile
Polo fondo do mar, materile, rile, rile ron...
vai voando unha sardiña, materile, rile, rile
e nadando un avión, materile, rile, rile ron...
(A letra “C” desaparece da escena. Gallaecia volta para a cama e segue a durmir. No seu soño aparece a súa nai)
Nai.- E agora, miña meniña,
eu que son a túa nai,
xuntareime as letras amigas…
as letras do teu fogar…
Serei a letra primeira.
Eu farei de letra “A”
O “A” que será o teu “Acougo”,
o “M” da túa “Mamá”,
Serei “O” dos teus “Ollos”,
“R” que te axude a “Remar”.
E navegarás polo mundo
orgullosa do teu falar.
(o pai entra na escena, achegándose á nena)
Pai.- Eu serei parte do “C”
e axudareite a “Cantar”.
O “S” que coide os teus “Soños”
e deixe a imaxinación voar.
Nai.- Durme miña nena, durme,
que logo chegará a mañá.
(Entre os dous arrolan a Gallaecia en canto soa este cantar... cantiga de Berce de Fuxan os Ventos. Disco O Tequeletéquele)
Gallaecia.- (Érguese da cama e diríxese ao público)
Eu serei unha serea que case a area co mar.
Que faga bailar ás estrelas cando me escoiten cantar.
Teño amigos, teño irmás, teño unha lingua que é miña,
e túa .... e de moitos, moitos máis.
Fin
Top Related