Download - Concurso promoción lingua galega

Transcript
Page 1: Concurso promoción lingua galega

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca un concurso consistente no deseño

dunha campaña de promoción da lingua galega no instituto que implique a todos os sectores

da comunidade educativa (alumnado, profesorado, persoal non docente, familias, …) de

acordo coas seguintes

BASES • CONTIDO. Deberá incluír dous aspectos:

-Un slogan ou mensaxe publicitaria que recolla a idea de empregar a lingua galega nas

diversas situacións comunicativas (actividades lectivas, extraescolares, tempo de lecer, etc.)

-Unha imaxe (foto, debuxo, colaxe…) que ilustre a mensaxe.

• FORMATO. Pode escollerse entre:

a) Formato papel: cartolina tamaño A-4.

b) Formato dixital: imaxe en calquera formato compatible (jpeg, gif…)

• PRAZO

O prazo de entrega remata o día 11 de maio de 2012

• ENTREGA DOS ORIXINAIS

a) En formato papel: Introducir os orixinais nun sobre e entregalos na oficina. O nome

do autor/a estará escrito na parte posterior da cartolina.

b) En formato dixital. O arquivo enviarase ao seguinte enderezo:

[email protected]. O nome do autor/a figurará no “asunto” do correo

(Asunto: slogan-NOME E APELIDOS)

• PREMIOS

Todos os traballos entregados serán expostos nos corredores do centro e serán difundidos a

través do blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

http://maisgalego.blogspot.com

O xurado valorará a calidade do slogan e o aspecto estético resultante da combinación de

texto e imaxe.

O premio consistirá na reprodución e distribución do texto e nun vale de compra por

importe de 50 €.

EQUIPO DINAMIZACIÓN LINGUA GALEGA

http://maisgalego.blogspot.com