No camiño atoparon un sinal que limitaba o reino de Bastilandia co reino de Copenhague.
Cando as protagonistas ían cruzar, apareceulles un Deus e púxolles unha
adiviña. Se a acertaban recuperarían o que andaban a buscar: “Sempre está andando e nunca para de andar, está correndo seguido
pero sempre está no seu lugar.”
1d
Polo camiño atoparon unha bruxa que lles dixo: “O teu tesouro está polo sitio
menos buscado.” Elas xa non sabían por onde mirar pero a bruxa lles dixo que
buscaran polo Sil.
2d
Volvendo para casa atoparon un vello meditando e preguntáronlle se o vira. El dixo que si, que tiñan que subir ao pico de Pena Trevinca e que alí o atoparían.
3d
Comezaron a buscar e a preguntar por todos lados. O castelo era moi grande e era moi difícil atopar nada. Saíron buscar polo bosque e de repente
escoitaron un ruído. “Quen é?”, preguntaron as dúas a un tempo. Un home alto e fermoso apareceu e
díxolles que el sabía onde estaba o tesouro. “Como o sabes? , quen cho dixo?”, preguntou Matilda. “Non
cho direi pero se de verdade o queres terás que deixar o castelo e aos teus pais e quedar comigo
para sempre, que che parece?”. Pero ela non puido facer o que lle pediu aquel home.
4d
Maruxa e Matilda atoparon no bosque a Xoán, un ex-amino de Maruxa que lles dixo: “Eu sei onde está o que buscades
pero tedes que acertar unha adiviña se o queredes”. “Cal é?”, preguntaron. “Pola
noite están no ceo e cando levas un trompazo dis que tamén as ves,
que é?”.
5d
Despois, unha voz moi misteriosa dun estraño vello díxolles que pasaran todo o día no xardín sen comer e sen moverse
daquel lugar e poderían atopar o que buscaban.
6d
De repente, cando ían cruzar o río pola ponte norte atoparon un mago que lles
preguntou:”Que estades buscando?”. “O prezado tesouro de Matilda”, contestou Maruxa. “Pois mira que coincidencia, eu
sei onde está pero teredes que ir ao Parque dos Elementos e alí o
atoparedes”, dixo o mago. “Vale, grazas”, dixo Matilda.
7d
Matilda e Maruxa chegaron a un río onde lles apareceron moitas serpes e tamén
un vello moi sabio que lles dixo a seguinte adiviña: unha moza que sempre vai mollada, unha moza que anda de acá
para alá. Quen é?
8d
Matilda e Maruxa foron ao bosque e atoparon a un famoso feiticeiro que lles dixo que sabía onde estaba o tesouro e
que se o querían atopar terían que cruzar o río caudaloso nun barco cara Marín.
9d
No medio do camiño atoparon un ogro que lles dixo: “Quen ousa entrar no bosque do
ogro Saúl”. “Eu”, responderon. “Pois respondede ben esta divina ou comereivos ás
dúas”, dixo o ogro. Por sorte, a princesa de copas era unha experta en adiviñas. “Ben, que é o que seca mentres se molla?” preguntou o ogro. “A toalla”, dixo a princesa de copas sen
pensalo dúas veces. O ogro marchou avergoñado.
10d
“Quietas aí, rapazas”, dixo un home ao que non viran xamais. “Que fas aí?. Déixanos buscar o
tesouro da miña amiga Maruxa”. “Ti quen pensas que son?”, respondeu. “Son o trasno de
Comoeda”, díxolles. “Se queredes atopar o que buscades tedes que matar o paxaro de tres
cabezas”. “Farémolo”, dixo Matilda e colleron un basto e unha copa con puntas afiadas e alá foron. “Aí esta, imos superar a proba”, dixo Maruxa. E alí
mesmo o paxaro morreu.
11d
Top Related