LETRAS GALEGAS
2010
UXÍO NOVONEYR
A
Recital- Coloquio por
DARIO XOHÁN CABANA
E chegou o día… Dario Xohán Cabana, o
escritor da Terra Chá e académico da Real Academia Galega, veu a estar con nos grazas a colaboración entre a Biblioteca do Concello de Pontecaldelas e a nosa Biblioteca xunto co Departamento de Lingua Galega.
e fixo un repaso pola traxectoria
vital e literaria de Uxío Novoneyra, o
poeta homenaxeado
nesta edición 2010 das Letras Galegas.
Mesturando co seu discurso a recitación dunha escolma de poemas do poeta do Courel que lle serviron para ilustrar a biografía de Novoneyra
O Lobo ! Os ollos o lombo do lobo!
Baixa o lobo polo ollo do boscoMovendo nas flairas dos teixosRuxindo na folla dos carreirosEn busca da vagoada máis sola e máis medosa… RastrexaPárase e ventaFinca a pouta ergue a testa e oula cara o ceoCon toda a sombra da noite na boca
Tiña o nino unha pombaUnha soa no pombal.Un día a pomba non volveA pomba non volve máis.
Morre rapaz. No cruceiroDo teito que frenta dáVeu apousársell’a pombaQue fuxira do pombal.
Contáronmo de ben perto:O nino era meu irmán.
No bicarelo do bico do breloCanta o paxariño.No mesmiñoBicarelo do bico do brelo
Ao longo deste encontro descubrimos a figura de Uxío Novoneyra dun xeito ben distinto ao que xa estamos afeitos.
As palabras de Dario Xohán Cabana lembráronnos ao home, dende a perspectiva de quen o coñeceu e conseguiron facernos sentir a súa poesía máis aló do que lemos nos libros
GRAZAS
pola túa visita