POEMAS DE AMOR
POEMAS DE AMOR VANGARDISTAS CON PALABRAS AO CHOU
Á mañá devagar o soño irremediablemente tocará á miña beira,
o papel debuxa amodo a cor co lume que salta no río.
KIMBERLY E MARÍA
O pracer do beixo delicado
dorme e arde eternamente lánguido toda a noite.
ADRIÁN E HÉCTOR
Salta ás présas,
latexa a flor, soño co pelo, e pel treme, onte cavará,
diariamente rompe. ISMAEL E CLARA
O lume latexa curioso nas noites, o mar dorme a deshora en todas partes e o lume esconderase de contado nas ondas.
CARLOS E MARCOS
O AMOR Cabalga nas veas, mece no río, salta sempre preto. sente o pracer dun abrazo.
EVA GONZÁLEZ E LORENA
Esvara o silencio ás veces camiña paseniño a miúdo axiña escachará a tarde cabalga amodo e esperta un aloumiño.
NOELIA E DEBORAH
Un beixo tenue nunca atrae, con paixón derrete, e coa paixón non dorme axiña mais verte.
DANIEL E NOELIA
O amor fugaz arrecende a mel, escacha lento na pel e verte paixón no beixo.
LARA E IVÁN
POEMAS COLECTIVOS CON CADROS EXPRESIONISTAS
(GUSTAV KLIMT, FRANZ MARC, MACKE….)
4º C ESO
A alegría, a felicidade e o amor son compatibles
na impresionante primavera
con dúas persoas que se queren,
nun pique-nique con amor e bocadillos de lombo,
sen pantasmas e o colorido dun confuso inferno
de terras vermellas e todo moi escuro.
NOELIA VALENCIA
A felicidade, o amor e a alegría son compatibles,
un pouco confuso,
como cando estás nun pique-nique
comendo un bocadillo de lombo
e ves unha pantasma.
Dúas persoas pódense querer ata no inferno
coas terras vermellas e todo moi escuro.
CARLOS SOLVEIRA
Horterada sen sentido,
cabezas sen corpo,
con tristeza impresionante.
Outono!
Inspírame amor e cariño
con moitos cadrados de cores,
parece o debuxo dunha alfombra,
un camiño de flores.
Unha árbore de amizade,
árbore da vida,
árbore multicolor,
a miña irmá revolvendo todo.
CRISTIAN FRANCO
POEMA COLECTIVO DENDE PEZAS MUSICAIS 4º C (("Lie Back and Think of England" e "Dirt" de Penguin Cafe Orchestra/ Migrations de Peter
Kater e Carlos Nakai/ Ray Coder...)
TRISTEZA DE ABURRIMENTO
Relaxación e tranquilidade,
tranquilidade, TRANQUILIDADE E RELAXACIÓN,
relaxación e calma,
tamén sono
e tristura
e paixón
e recordos,
recordos da infancia
e tamén esperanza e desexo de conseguir algo bonito
e moita tenrura.
Tranquilidade e ganas de durmir,
ganas de estar na miña cama durmindo
ou nun prado nunha toalla,
tranquilidade, tranquilidade,
sono e moita tranquilidade,
coma se non houbera problema,
só tranquilidade,
relaxación e calma.
Felicidade (palabra que me gusta)
Amizade (feito que sempre teño en conta)
Tristeza (termo que non me gusta)
Inseguridade (propio das persoas)
Mar (outro mundo que me fascina)
Amor (o máis bonito nesta vida)
Fascinoume ver
Amencer daquela maneira.
Tiraba o sol do vento.
Inmensamente enorme, aquel
Mar durmindo na
Area.
Carlos, o meu nome.
Andorra, un sitio onde quero ir.
Roscas, encántanme.
Luns, non me gustan nada.
Odiar, unha acción que pouco uso.
Só, espero non quedarme nunca.
Carlos, o meu nome.
Andorra, un sitio onde quero ir.
Roscas, encántanme.
Luns, non me gustan nada.
Odiar, unha acción que pouco uso.
Só, espero non quedarme nunca.
Alcanzar os meus soños quero
Ninguén me vai parar
Deixarei o pasado atrás
Respectando os meus ideais
Esperarei un futuro incerto
Alcanzarei os meus desexos.
Impresionado,
Sentado,
Miro mentres
A noite
Estrelada á
Luz da lúa
Pensando
Atrás,
Retando
A esta mente
Dominante
Asolagado de recordos.
Alcanzar os meus soños quero
Ninguén me vai parar
Deixarei o pasado atrás
Respectando os meus ideais
Esperarei un futuro incerto
Alcanzarei os meus desexos.
Koalas nunca vin,
Impórtanme os amigos,
Música, non podo vivir sen ela,
Berlín, a capital dun país en que vivín.
Estiven en moitos países,
Rosa é a miña flor preferida,
Lady Gaga non me gusta,
Y non existe en galego.
Habana, quero ir.
Avó, algún día serei.
Detesto estudar.
Remar é a miña afección.
Insisto cando quero.
Asusto cando necesito.
Non non quero oír dicir.
Busco
Rir
Intensamente
Ata
Non poder máis.
Dende hai anos
Estiven
Botando abaixo a esperanza
Ocasionalmente,
Rapidamente volveu
A esperanza.
Hei de volver.
Ler,
Oír,
Escoitar,
Resulta agradable.
Toda a arte me atrae,
Suíza, o meu paraíso,
Cadros envólvenme,
Hip-hop móveme,
Escoita, esa son eu,
Racistas repúgnanme.
Deporte san e saudable,
Adorable e
Non reprochable.
Inocentes rapaces na
Escola xogan
Ledos e sorrintes.
Natación, o deporte que máis me gusta,
Odio as
Espinacas e as
Lentellas, gústanme as películas de
Intriga, pero no as
Antigas, gústanme as bolboretas
Violetas e
Amarelas e tamén as
Lavandeiras
E No verán as
Cereixas e o
Iogur de
Ameixa.
Ía
Voando
Alto
Na noite
Entusiasmado
Buscando
Rutas
A algún lugar descoñecido.
Top Related