Que é un transplante?
É un método terapéutico que consiste en substituír un órgano enfermo que pon en
perigo a vida da persoa por outro que funciona
axeitadamente.
Cando se realizou o primeiro
• En 1954 transplantouse o primeiro ril.• En 1967 transplantouse por primeira
vez un corazón. Realizouno Christian Barnard en Sudáfrica.
Pero se unha persoa é moi maior.
Pois depende, por exemplo:
• O fígado é moi lonxevo• Os riles envellecen máis
rápido (sóense descartar a partir dos 60)
E se é menor de idade?
- Os menores de 18 non poden facerse doadores.
- Son os pais ou representantes legais os que toman esa decisión en caso de falecemento do menor
Quen non pode ser doador?
• As persoas que padecen cancro
• As persoas que sofren infeccións graves
• As que padecen unha enfermidade de orixe
descoñecida
O doador ten que ter falecido?
Non, se o que se doa é:■ Un tecido renovable: pel, médula
ósea■ Un órgano con capacidade de
rexeneración como o fígado.■ Un órgano non imprescindible
como o ril xa que se pode vivir cun só ril.
Como é o transplante se o doador está vivo?
Doazón de vivo:• Doazón dirixida, altruísta, non require
vínculo familiar• Require estudo completo incluída
valoración psiquiátrica.• Informe do Comité de Ética
Hospitalario.• Cesión firmada diante do xuíz.
A extracción dos órganos do doador vivo é laparoscópica
• Son moi comúns os
transplantes renais e
hepáticos.• Os resultados son excelentes.
Como se conseguen os órganos dun donante morto?
Directamente:• Se a persoa fixo un rexistro de instrucións previas ou testamento
vital.• Se a persoa, en vida, lles
comunicou aos seus familiares a súa intención de ser doador.
E se non deixou instrucións?
Nese caso decide a familia.
Se a familia rexeita doar
hai que respectar a
súa decisión
Que deben facer os profesionais que tratan coa familia en momentos tan
difíciles?
AXUDAR
ESCOITAR EXPLICAR CONSOLAR
Que é unha Urxencia 0?
• Unha persoa que se non recibe o transplante en 24 ou 48 horas
morre.• Por iso é importante non perder
ningún órgano, detrás do órgano vai unha vida
Requisitos legais das doazóns de doador morto en España
• Morte encefálica.• Respecto á vontade do falecido.• O diagnóstico de morte debe ser feito por
un equipo de médicos distinto ao que realizará o transplante.
• Carácter altruísta.• Anonimato do doador.• Criterios médicos para a distribución de
órganos.
Como se sabe cando unha persoa está en morte encefálica?
Un/ha neurólogo/a debe certificar a falta de actividade cerebral.
Problemas dos transplantes
• Rexeitamento inmunolóxico• Escaseza de órganos• Imposibilidade técnica de obter
determinados órganos e tecidos.
Rexeitamento inmunolóxico
• Pola capacidade do sistema inmune de distinguir entre o propio e o alleo.
• Para evitalo doador e receptor deben ser compatibles.
• Para minimizalo empréganse potentes fármacos como a ciclosporina.
Escaseza de órganos
• España é o país con maior índice de doadores do mundo.
• Aínda así hai listas de espera.• Entre un 10 e un 15% dos pacientes
en espera morren.
Imposibilidade técnica de obter determinados órganos e tecidos
O cerebro e, en xeral, o tecido nervioso non se poden
transplantar.
Top Related