ENCONTRO INTERNACIONAL DE NOVOS
INVESTIGADORES EN ARQUEOLOXÍA E
CIENCIAS DA ANTIGÜIDADE
(EINIACA)
Santiago de Compostela
10, 11 e 12 de xuño de 2015
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
2
ÍNDICE
1. PRESENTACIÓN .................................................................................................. 3
2. INFORMACIÓN DE CONTACTO .......................................................................... 4
3. LUGAR DE REALIZACIÓN ................................................................................... 4
4. PROPUESTAS....................................................................................................... 5
5. PROGRAMA ......................................................................................................... 5
6. PARTICIPACIÓN .................................................................................................. 7
7. PRECIOS ............................................................................................................... 8
8. CALENDARIO ....................................................................................................... 9
9. COMISIÓN ACADÉMICA .....................................................................................10
10. COMITÉ ORGANIZADOR ................................................................................10
11. INSCRIPCIONES ..............................................................................................10
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
3
1. PRESENTACIÓN
A Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (ARCIAN)
comprácese en anunciárllela celebración do Encontro Internacional de Novos
Investigadores en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade (EINIACA), que terá lugar na
Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela durante os
días 10, 11 e 12 de xuño de 2015.
ARCIAN fúndase o 17 de setembro de 2014 co propósito de promovelo
coñecemento e a investigación nos ámbitos da Arqueoloxía e as Ciencias da Antigüidade,
organizar actividades culturais e divulgativas, e estimulala interacción entre especialistas
e novos investigadores en ámbolos dous campos de estudo. A convocatoria deste encontro
supón a primeira actividade organizada por ARCIAN, coa que pretende fomentalo
intercambio, coñecemento e diálogo entre investigadores noveis da Arqueoloxía e das
Ciencias da Antigüidade. A Asociación, tanto na súa fundación coma na organización do
congreso, conta co apoio de diversas institucións institucións académicas.
Na nosa primeira actividade, propoñemos un encontro internacional de novos
investigadores; este dividirase en tres sesións que abranguerán dende a Prehistoria ata a
Antigüidade Tardía. En cada xornada procederase á presentación de mesas temáticas,
comunicacións libres e pósteres, nos que se poderá utilizar material audiovisual, como
PowerPoint, transparencias ou diapositivas.
ARCIAN e o Comité Organizador do Encontro Internacional de Novos Investigadores de
Arqueoloxía e Ciencias dá Antigüidade (EINIACA) invitan a participar nas xornadas a
investigadores que cumpran os seguintes requisitos:
Alumnos que se atopen realizando estudos de Máster relacionados coa temática do
congreso.
Estudantes en etapa predoutoral.
Doutores que non leran a súa tese con anterioridade ao 2012.
Tamén terán cabida as propostas daqueles investigadores que cursaran unha
Licenciatura ou Grao e un Máster, pero non se atopen inscritos nun programa de
doutoramento ou pertenzan a algunha institución académica.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
4
Debido a que o número de prazas é reducido, tódalas propostas serán sometidas a
un proceso rigoroso de selección realizado polo noso Comité Científico, integrado por
investigadores experimentados e de gran prestixio no ámbito académico.
2. INFORMACIÓN DE CONTACTO
Páxina web: www.arcian.org
Email: [email protected]
Facebook: Arcian cultura
Twitter: @ARCIANasoc
Correo postal: Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela
(USC), Praza da Universidade 1, C.P.: 15782, Santiago de Compostela (A Coruña).
3. LUGAR DE REALIZACIÓN
Facultade de Xeografía e Historia, Universidade de Santiago de Compostela (USC),
Praza da Universidade nº1, C.P.: 15782, Santiago de Compostela (A Coruña).
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
5
4. PROPOSTAS
Poderán presentarse propostas escritas en galego, español ou inglés; estas
deberán ser orixinais, inéditas e que non fosen publicadas con anterioridade ou se atopen
en trámites de publicación. Cada proposta remitirase ao correo electrónico de ARCIAN:
[email protected] con data límite o 16 de marzo de 2015. A listaxe de admitidos
publicarase o 20 de abril de 2015 na páxina www.arcian.org.
Todos aqueles que sexan aceptados deberán encher e envialo formulario de inscrición
adxunto a este documento e remitilo de xeito electrónico entre o 22 de decembro de
2014 e o 23 de marzo de 2015. Tódalas solicitudes enviaranse xunto cos seguintes
datos:
Título da proposta
Autor ou autores
Resumo da proposta en galego, español ou inglés, cun máximo de 500 palabras
Palabras chave en galego, español ou inglés, ata un máximo de 6
Situación académica do participante
Correo electrónico
Unha vez aceptado o traballo procederase á formalización da matrícula entre o 21
de abril e o 11 de maio de 2015.
5. PROGRAMA
Mércores 10
Xoves 11
Venres 12
Tema
Península Ibérica
prehistórica e protohistórica
Grecia Roma
Mesa
Temática
Tecnoloxía protohistórica na
Península Ibérica
Mitos e ritos na Antiga Grecia
Pensamento romano
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
6
MÉRCORES 10 DE XUÑO
- TEMA: Arqueoloxía da Península Ibérica
Nesta xornada terán cabida todos aqueles traballos de calquera natureza
relacionados coa arqueoloxía prehistórica, abranguendo dende o Paleolítico até o cambio
de Era.
- MESA TEMÁTICA: Tecnoloxía protohistórica na Península Ibérica
O tema central desta mesa serán as tecnoloxías protohistóricas nun senso amplio,
afondando nas Cadeas Técnico Operativas (CTOs) de calquera esfera produtiva (lítica, talla
de madeira, traballo de óso e hasta, etc.). Pero as artesanías nas que máis fincapé se fará
serán a olería e a metalurxía, especialmente dende o Bronce Final Atlántico ata o Ferro II, e
pudendo establecer paralelos entrambas.
XOVES 11 DE XUÑO
- TEMA: GRECIA
Durante o segundo día do encontro exporanse as comunicacións relativas ao
mundo grego na Antigüidade, podéndose tratalos aspectos sociais, culturais, económicos,
relixiosos, artísticos e iconográficos da Grecia Antiga.
- MESA TEMÁTICA: MITOS E RITOS GREGOS
Na sesión dedicada á mesa temática acolleranse investigacións referentes aos
mitos e rituais gregos, a relación entrambos, as súas implicacións sociais e culturais e os
seus vínculos coa relixión grega.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
7
VENRES 12 DE XUÑO
- TEMA: ROMA
Na última xornada do encontro poderanse presentar todas aquelas achegas sobre
calquera aspecto da Historia Antiga de Roma, dende a súa fundación até a caída do
Imperio.
- MESA TEMÁTICA: PENSAMENTO ROMANO
Esta mesa tratará a historia do pensamento romano desde a perspectiva política e
filosófica, focalizando o seu interese especialmente na Tardía República e o Alto Imperio.
6. PARTICIPACIÓN
Contémplanse dúas modalidades de asistencia no congreso dependendo do tipo de
participación; en ámbolos dous casos, o interesado/a deberá cubrilo formulario de
inscrición correspondente e adxunto en cada modalidade e presentalo recibo de pago das
taxas correspondentes.
6.1. Participación activa
Os idiomas admitidos nas exposicións son galego, español, portugués, inglés, francés
ou italiano. Todos aqueles que o desexen poderán apoiala súa presentación en materiais
audiovisuais. Para axilizalo desenrolo do congreso, agradecémolo envío previo das
presentacións ao correo electrónico de ARCIAN: [email protected].
a) Mesa temática
Neste apartado tan só se poderán propoñer traballos acordes ao tema de cada
mesa e deberán ser defendidos nun tempo máximo de 20 minutos. Estas mesas
estarán presididas por investigadores especializados que moderarán o debate.
b) Comunicación libre
Para estas sesións poderán enviarse todas aquelas propostas que estean
relacionadas co tema central de cada xornada. O tempo do que disporá cada
participante será de 15 minutos.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
8
c) Póster
Cada día do encontro disporá dun espazo destinado á presentación de pósteres
acordes á sesión temática correspondente; estes deberán ser expostos nun tempo
máximo de 5 minutos e ter as seguintes medidas: A1 en vertical (594 x 841
mm). Nesta modalidade, os participantes deberán entregalo seu póster na
xornada correspondente con media hora de antelación ao inicio desta. No caso de
que calquera participante o desexe, ARCIAN ofrece a posibilidade de imprimilo
previo aviso.
6.2. Participación pasiva
ARCIAN invita a participar como oínte a todo aquel que o desexe,
independentemente da súa formación académica. En cambio, para recibilo
certificado de asistencia, o interesado/a deberá acudir polo menos a un 80%
das actividades. En ámbolos dous casos, a formalización da matrícula terá
como data límite o 31 de maio de 2015.
Tódolos participantes activos deberán aboalas taxas correspondentes entre o 21
de abril e o 11 de maio de 2015. En cambio, os participantes pasivos disporán dun
período entre o 21 de abril e o 31 de maio.
7. PREZOS
A formalización dos pagos farase na conta bancaria do Banco Santander 0049
6716 142610016568 (IBAN ES29 2080 5529 1830 000 2348) co concepto EINIACA15
+ Nome e apelidos antes do 31 de maio de 2015. O xustificante de pago deberase remitir
xunto coa inscrición ao correo electrónico de ARCIAN: [email protected].
A continuación, detállase o importe de cada tipo de inscrición; en tódolos casos, os
socios de ARCIAN (www.arcian.org) gozarán dun 50% de desconto na participación activa
de tódalas actividades e da gratuidade na participación pasiva.
O importe das taxas non será devolto excepto en causas xustificadas.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
9
8. CALENDARIO
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
10
9. COMISIÓN ACADÉMICA
A comisión académica estará formada por:
Dr. Xosé Lois Armada Pita (University College of London)
Dr. Jose Manuel Caamaño Gesto (Universidade de Santiago de Compostela)
Dra. Beatriz Comendador Rey (Universidade de Vigo)
Dra. Fátima Díez Platas (Universidade de Santiago de Compostela)
C.U. Ramón Fábregas Valcarce (Universidade de Santiago de Compostela)
Dr. Jose Angel Fernández Canosa (Universidade de Santiago de Compostela)
Dr. Marco Virgilio García Quintela (Universidade de Santiago de Compostela)
Dr. Francisco Javier González García (Universidade de Santiago de Compostela)
Sr. Arturo Lombera Hermida (Universidade de Santiago de Compostela)
Dr. Pedro López Barja De Quiroga (Universidade de Santiago de Compostela)
Dra. Pilar Prieto Martínez (Universidade de Santiago de Compostela)
Dra. Pepa Rey Castiñeira (Universidade de Santiago de Compostela)
Dr. Carlos Rodríguez Rellán (Universidade de Santiago de Compostela)
10. COMITÉ ORGANIZADOR
Rebeca Cordeiro Macenlle (Estudiante predoctoral USC)
Adur Intxaurrandieta Ormazábal (Estudiante predoctoral USC)
Clara María Ramos Taboada (Estudiante predoctoral USC)
Cristina Seoane Novo (Estudiante predoctoral USC)
Irune Valderrábano González (Estudiante predoctoral USC)
Alia Vázquez Martínez (Estudiante predoctoral USC)
11. INSCRICIÓNS
Aquí atópanse os documentos necesarios para poder participar no evento, tanto para os
participantes pasivos como para os activos.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
11
ENCONTRO INTERNACIONAL DE NOVOS INVESTIGADORES EN
ARQUEOLOXÍA E CIENCIAS DA ANTIGÜIDADE (EINIACA)
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
PARTICIPACIÓN ACTIVA
AUTOR/A; AUTORES/AS
APELIDOS:_________________________________________________________________________________
NOME:__________________________________________DNI/PASAPORTE:________________________
CORREO ELECTRÓNICO:__________________________________________________________________
TELÉFONO DE CONTACTO: _______________________________________________________________
CENTRO DE PROCEDENCIA: _____________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
TIPO DE PARTICIPACIÓN
Mesa Temática
Comunicación Libre
Póster
TÍTULO: ____________________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
PALABRAS CHAVE (MÁXIMO 6):__________________________________________________________
_______________________________________________________________________________________________
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
12
RESUMO debe conter introdución, metodoloxía, resultados e conclusións cunha
extensión mínima de 300 palabras, e este no excederá das 500.
Asociación Cultural de Arqueoloxía e Fac. de Xeografía e Historia
Ciencias da Antigüidade Praza da Universidade, 1 ARCIAN 15782 Santiago de Compostela
13
ENCONTRO INTERNACIONAL DE NOVOS INVESTIGADORES
EN ARQUEOLOXÍA E CIENCIAS DA ANTIGÜIDADE (EINIACA)
FORMULARIO DE INSCRICIÓN
PARTICIPACIÓN PASIVA
APELIDOS:_________________________________________________________
NOME:_____________________________DNI/PASAPORTE:________________
CORREO ELECTRÓNICO:_____________________________________________
CENTRO DE PROCEDENCIA (OPCIONAL):______________________________
______________________________________________________________________
SOLICITA CERTIFICADO DE ASISTENCIA
SI
NON
Top Related