24 e 25 de xullo, coas compañeiras do Hotel Puerta del Camino
Durante as xornadas deste 24 e 25 de xullo, as traballadoras e traballadores do
Hotel Puerta del Camino están a desenvolver unha folga coa esixencia do cobro
regular dos seus salarios e a demanda de retirada do ERE suspensivo e de redución
de xornada que a empresa está a tentar impoñer.
A aplicación deste ERE, en plena temporada alta de verán, contrasta co reiterado
abuso das horas extraordinarias e coas novas contratacións que se veñen producindo
nos últimos meses.
O seguimento da folga está a ser elevado (arredor do 70%) en tanto a empresa
hoteleira tenta salvar a mobilización recorrendo ás habituais manobras á marxe da
legalidade. A CUT está a participar desta xornada de loita e agarda que o seu
éxito free as prácticas manifestamente abusivas que Puerta del Camino está a
introducir nas súas relacións laborais.
Top Related