A lingua galega do 75 a hoxe
●Fins década 1970 galego non recoñecemento legal.●Constitución 1978: Estado de Autonomías
● Máximo grao autogoberno ás nacionalidades históricas (Galicia, Cataluña, Euscadi)
● Competencias plenas no fomento da cultura e no ensino da lingua propia
● España convértese nun estado plurilingüe (castelán oficial en todo o territorio e cooficial nas comunidades con lingua propia)
●Decreto de Bilingüismo (1979): incorporación do galego ao ensino.
Constitución española
3.1. O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de a coñecer e o dereito de a usar.
3.2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
3.3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.
Estatuto de Autonomía (1981)
5.1. A lingua propia de Galicia é o galego. 5.2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en
Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
5.3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
5.4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.
Competencias exclusivas da comunidade na promoción eo ensino do galego.
A declaración de oficialidade supón o recoñecemento por parte dos poderes públicos e a obriga destes de facilitar o seu coñecemento.
Só funcionará na práctica se a administración e as institucións públicas a empregan realmente.
Lei de Normalización Lingüística (1983)
Desenvolve os principios da Constitución e do Estatuto.
Parte da consideración do galego como “núcleo da nosa identidade” e o principal patrimonio cultural.
Está organizada en 6 títulos: Título I: Dos dereitos lingüísticos en Galicia Título II: Do uso oficial do galego Título III: Do uso do galego no ensino Título IV: Do uso do galego nos medios de
comunicación Título V: Do galego exterior Título VI: Da Administración Autonómica e a
función normalizadora Regula a autoridade da Real Academia Galega
Título I
1. O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o dereito de usalo.
2. Os poderes públicos garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma.
3. Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
Os cidadáns poderán dirixirse aos xuíces e tribunais para obter a protección xudicial do dereitoa a empregar a súa lingua.
Titulo II
Galego lingua oficial da Administración autonómica, local e das Entidades Públicas dependentes ca Comunidade Autónoma.
Establece como topónimos oficiais os galegos.
Título IV
A obriga dos poderes autonómicos na promoción e o coñecemento do galego por parte dos funcionarios públicos.
Goberno galego é o responsable do proceso de normalización do galego.
Título V
O Goberno galego é o responsable da protección do galego falado nos territorios non situados na Comunidade Autónoma.
A lexislación europea
Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias ampara a pretección e a promoción do galego.
A Constitución Europea só recoñece como oficiais as linguas estatais da UE.
● A oficialización do galego como lingua da administración, ensino e vida pública => normativa.
● 1982: Xunta de Galicia oficializa as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (RAG e ILGA, 1971)
● Revisión das normas (1995 e 2003), normativa vixente na actualidade.
● 1986: membros do ILGA publican Gramática galega, baseada na normativa oficial.
● Diccionario da Lingua Galega, RAG e ILGA (1990) e revisado en 1998.
Top Related