Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de
telecomunicacións municipal sen fíos
2 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN .................................................................................................................. 3
2. ASPECTOS XERAIS ........................................................................................................... 5
2.1. Marco legal de aplicación ........................................................................................ 5
2.2. Competencias municipais ........................................................................................ 7
3. POSTA EN MARCHA........................................................................................................... 7
3.1. Definición da necesidade ........................................................................................ 8
3.2. Estudo da viabilidade .............................................................................................. 8
3.3. Licitación do proxecto ............................................................................................. 9
4. ELABORACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO ............................................................................ 11
5. IMPLANTACIÓN DUNHA REDE DE TELECOMUNICACIÓNS SEN FÍOS ......................................... 12
6. EXPLOTACIÓN DUNHA REDE DE TELECOMUNICACIÓNS SEN FÍOS ......................................... 13
7. PREGUNTAS FRECUENTES .............................................................................................. 15
8. DATOS DE CONTACTO ..................................................................................................... 16
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 3
1. Introdución
Na actualidade, moitos dos concellos galegos co obxectivo de achegar o servizo de
banda ancha aos seus habitantes están a implantar multitude de solucións tecnolóxicas
para soportar servizos de voz e datos sen fíos.
Pero a implantación de sistemas baseados en ditas tecnoloxías conlevan consigo unha
serie de consideracións tanto legais como técnicas e administrativas a ter en conta.
É por este motivo que, dende a Oficina Técnica eConcellos liderada pola Secretaría
Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, preténdese ofrecer o apoio e
asesoramento necesario aos concellos para que, no caso de levar a cabo ditas
iniciativas no ámbito local, estas poidan desenvolverse con éxito concluíndo coa posta
en marcha de servizos de calidade ben acollidos polos seus habitantes.
Deste xeito, o obxecto do presente documento é recoller a información que se
considera de relevancia, froito da colleita de experiencias neste ámbito dende a Xunta
de Galicia, para os concellos que desexen levar a cabo a implantación dunha rede de
telecomunicacións municipal sen fíos.
Con carácter xeral, os pasos a seguir para a posta en marcha dunha rede de
telecomunicacións sen fíos municipal, dende que se detecta unha demanda do servizo
ata que a estación de telecomunicacións se pon en funcionamento, preséntanse no
seguinte gráfico:
Definición da necesidade
Análise de viabilidade
Licitación do proxecto
Elaboración do proxecto
técnico
Implantación da rede
Explotación da rede
Explotación da rede
Ilustración 1. Fases do proxecto de rede sen fíos municipal
4 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
O requisito imprescindible para que se poida levar a cabo a implantación da rede é
que se detecte unha demanda significativa do servizo. Neste caso, o concello
débese asegurar de que non existen as infraestruturas necesarias para cubrir as
demandas dos cidadáns e de que as operadoras privadas non teñen intención de
achegar o servizo ao municipio.
Chegados a este punto, será cando o concello poderá plantexar a implantación dunha
rede municipal sen fíos para o que comezará coa definición da necesidade coa que
se atopa, é dicir, o servizo que demandan, a cobertura que precisan, o número de
posibles vivendas demandantes de servizo,…
O seguinte paso será a realización por persoal cualificado do estudo de viabilidade da
rede que cumpra os requisitos definidos polo concello previamente. Se finalmente, se
conclúe que a solución da rede municipal sen fíos é viable o concello debe sacar a
concurso público as seguintes fases do proxecto que consistirán, na elaboración do
proxecto técnico, na implantación da rede seguindo as pautas do proxecto técnico
definido e finalmente na explotación da mesma para ofrecer o servizo aos usuarios
finais, aínda que, cabe destacar que se se decide que será o propio concello o que
explote a rede non será necesario realizar o concurso de dita fase.
No seguinte apartado, introduciranse unha serie de aspectos xerais para levar a cabo o
proxecto técnico, en concreto, as consideracións a ter en conta para que unha entidade
local poda levar a cabo un proxecto destas características e os aspectos legais
aplicables. No seguintes apartados, e dado que este documento está orientado aos
concellos recóllense as recomendacións máis relevantes a ter en conta por estes para
cada un dos pasos establecidos no esquema anterior. Concretamente, no apartado 3,
recóllense unha serie de pautas para levar a cabo a posta en marcha do proxecto:
estudo da necesidade, análise de viabilidade e licitación do proxecto. No apartado 4,
describiranse as consideracións a ter en conta para a contratación da elaboración do
proxecto técnico. No apartado 5, describiranse as consideracións a ter en conta para a
contratación da implantación da rede, no apartado 6 resumiranse as recomendacións
relacionadas coa tarefa de explotación da rede e finalmente, xa no apartado 7, pódense
atopar as respostas ás preguntas máis frecuentes neste ámbito.
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 5
2. Aspectos xerais
Segundo a Comisión de Mercado das Telecomunicacións en adiante CMT, o despregue
dunha rede pública por parte dunha Administración Pública debe realizarse cando
se esgoten previamente outro tipo de medidas ‘incentivadoras’ aos operadores
privados e se detecte un fallo de mercado1.
Deste xeito, dende os concellos débese fomentar que operadores privados implanten e
despreguen as súas propias redes, sendo unicamente no caso de que estas medidas
non resulten efectivas e que a demanda estea insuficientemente atendida cando
debería optarse pola creación de infraestruturas públicas, neste caso, de redes de
telecomunicacións sen fíos.
A continuación, recóllense os aspectos legais de aplicación a ter en conta para a posta
en marcha dun servizo neste ámbito, así como as comptencias municipais neste ámbito.
2.1. Marco legal de aplicación
Todo concello que desexe levar a cabo a implantación redes para o soporte de voz e
datos sen fíos municipal debe cumprir coa normativa asociada para o despregue deste
tipo de redes, que pode distinguirse nas seguintes categorías:
1. Normativa sanitaria e medioambiental
Toda tecnoloxía que implique emisión de ondas electromagnéticas está suxeita a
regulación.
En concreto é de aplicación o Real Decreto 133/2008, que ao non incluír este tipo de
instalacións entre as liberadas de avaliación medioambiental, obriga aos concellos a
someter a ditame da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
calquera proxecto nesta materia.
Por outra banda, o Real Decreto 1066/2001 do 28 de setembro de 2001 establece as
condicións de dominio público radioeléctrico, restricións ás emisións
radioeléctricas e medidas de protección sanitarias fronte a emisións
radioeléctricas.
En concreto, para a banda de frecuencias de uso común –maioritariamente empregada
nas redes municipais sen fíos - o Real Decreto 1066/2001 establece a máxima
densidade de potencia equivalente de onda plana a 10W/m2, valor que se emprega para
definir a distancia de seguridade para a saúde das persoas, distancia que varía en
función da frecuencia e potencia dos equipos empregados.
1 Considérase fallo de mercado, cando non existen infraestruturas necesarias para cubrir as demandas dos cidadáns, ou
cando estas non están cubertas a un custo asequible.
6 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
En resumo, tanto o Real Decreto 133/2008 como o Real Decreto 1066/2001 deben ser
obxecto de observación rigorosa por parte dos Concellos como promotores dunha
actuación de instalación dunha rede sen fíos.
2. Normativa reguladora do espectro radioeléctrico
Calquera uso de bandas do espectro radioeléctrico está regulado e a súa normativa
vixente, especificada pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Sociedade da
Información ‘SETSI’ nas notas da utilización nacional do Cadro Nacional de Atribución
de Frecuencias (CNAF), é de obrigado cumprimento.
No Cadro Nacional de Atribución de Frecuencias (CNAF) pódense distinguir tres tipos
de frecuencias: licenciadas, reguladas e de uso común.
As frecuencias licenciadas son aquelas que só poden ser operadas polos
operadores que dispoñen da licenza estatal pertinente e nelas garántese a non
existencia de ningún conflito de frecuencias en todo o territorio nacional.
As frecuencias reguladas, seméllanse ás licenciadas se ben se conceden de
forma territorial, é dicir, un operador pode obter unha frecuencia regulada para
utilizala só nun certo territorio. Nembargante, o seu custo é elevado, sendo
proporcional a superficie que se desexe cubrir e ao ancho de banda solicitado.
As frecuencias de uso común que en España, coma no resto de Europa, se
atopan no rango de 2,4Ghz e de 5,4Ghz, non esixen pago polo seu uso, sen
embargo están reguladas en canto á potencia máxima que poden emitir os
equipos - o que limita a cobertura acadada de xeito considerable -, así coma
o uso das bandas, definindo o tipo de equipamento que pode ser empregado, as
frecuencias permitidas e os mecanismos que teñen que integrar os dispositivos
para controlar a potencia radiada. Existe a posibilidade de que xurdan conflitos
entre diferentes fontes de emisión ao non existir unha autoridade que regule
quen pode emitir e quen non. As frecuencias de uso común son as empregadas
pola maioría de concellos que levaron a cabo iniciativas de implantación dunha
rede sen fíos.
A potencia máxima en exteriores para a banda de 2,4GHz é de 100mW P.I.R.E.
A potencia máxima en exteriores para a banda de 5GHz dependerá da sub-
banda:
Sub-banda 5,15 a 5,35 GHz: Uso exclusivamente en interiores: 200mW
P.I.R.E. con control de potencia y 100mW P.I.R.E. sin control de potencia.
Sub-banda 5,47 a 5,725 GHz: Uso en interiores/exteriores: 1W P.I.R.E. con
control de potencia y 500mW P.I.R.E. sin control de potencia.
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 7
Por tanto, un concello que desexe implantar unha rede de telecomunicacións sen
fíos deberá asegurarse de:
i. Se o operador traballa en banda licenciada, que teña licenza de uso
ii. Se o operador traballa en banda regulada, que teña o título habilitado para
empregala e estea ao corrente do pago das cotas polo seu uso.
iii. Finalmente, se o operador traballa en banda libre, que non empregue máis
potencia da estritamente sinalada como máxima na regulación vixente.
O incumprimento de calquera destas premisas pode desembocar en conflitos con outras
operadoras e incluso, como demostran os precedentes, con denuncias aos concellos
por ser promotores da instalación.
2.2. Competencias municipais
As redes municipais sen fíos requiren da ocupación do dominio público, non só no
ámbito urbanístico senón tamén no ámbito do espectro radioeléctrico. Neste senso,
como se comentou anteriormente, a xestión do espectro radioeléctrico, así como, a
definición de requisitos para a protección sanitaria corresponde á Administración
Xeral do Estado, agora ben corresponde aos concellos velar pola ordenación das
infraestruturas urbanas, estudando a concesión de licenzas urbanísticas para a
instalación de dispositivos de emisións radioeléctricas.
Por este motivo, o concello poderá esixir á operadora a existencia dun proxecto técnico
e a certificación fin de obra da instalación, realizados por profesionais competentes e
visados, como garante do cumprimento da normativa vixente. Ademais, o concello
deberá fomentar a compartición de emprazamentos de infraestruturas de
telecomunicación co obxecto de minimizar o impacto visual.
3. Posta en marcha
Unha vez verificado o fallo de mercado e a non intención das operadoras privadas de
achegar o servizo ao municipio - tendo en conta as recomendacións da CMT - é
necesario levar a cabo unha serie de tarefas previas para a toma de decisións sobre a
implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos como son, a
definición das especificacións do servizo que dende o concello plantéxase como
necesario e o seu estudo de viabilidade non só, para a implantación da rede, senón
tamén para o seu mantemento futuro.
8 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
3.1. Definición da necesidade
O primeiro paso a abordar dende o concello debe ser a especificación de requisitos e
obxectivos que inicialmente se pretenden coa implantación da rede municipal sen
fíos.
Na definición das especificacións deberán constar ao mínimo:
A acotación das zonas onde se pretende dar cobertura co novo servizo. Agora
ben, débese ter en conta o número de vivendas que en cada zona das definidas
pode estar interesada en contratar o servizo, xa que o factor demanda será
primordial para a sustentabilidade do servizo.
Ancho de banda que se pretende ofrecer por usuario, xa que é un factor decisivo
para o dimensionamento da rede. Neste senso, recoméndase non permitir
velocidades de baixada inferiores a 1Mbps e ter en conta a previsión do seu
aumento no futuro.
Así como, características máis concretas do servizo a prestar como son: O tipo de
servizo que se pretende ofrecer –acceso total ou restrinxido-, o tipo de seguridade
e autentificación e o nivel de dispoñibilidade da rede.
3.2. Estudo da viabilidade
O estudo de viabilidade virá a verificar a posibilidade ou non da implantación dunha
rede sen fíos que cumpra coas especificacións definidas inicialmente. Dito estudo,
débese realizar por persoal cualificado co que se o concello non dispón de persoal
axeitado, recoméndase a contratación de persoas especializadas.
A continuación enuméranse unha serie de recomendacións a ter en conta para o estudo
de viabilidade:
Acotar exactamente as zonas a cubrir, xa que destas dependerá o custo final da
rede. Ademais, seguindo as recomendacións da CMT só se recomenda prestar o
servizo en zonas onde non existan outros operadores que ofrezan servizo xa
que, do contrario existe a posibilidade de incorrer en competencia desleal co
resto de operadoras privadas.
Débese ter en conta que a orografía e masa forestal que caracteriza a Galicia
reducen significativamente as coberturas teóricas.
É moi importante que os anchos de banda que se utilicen para facer a
conexión entre a rede sen fíos e a Internet sexan simétricos (nunca deben
empregarse como puntos de conexión ADSLs básicos) e de alta capacidade (unha
conexión con Internet para toda a rede de menor capacidade que a que se oferta a
cada cliente nunca poderá dar unha velocidade aceptable).
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 9
É importante que os emprazamentos municipais conten con acceso á
alimentación eléctrica e eviten as zonas próximas a liñas de alta tensión ou
parques eólicos para evitar futuros problemas de sinal. Ademais, débese estudar a
posibilidade de aproveitar as infraestruturas xa existentes e buscar
emprazamentos que non requiran de permisos adicionais nin impoñan gastos
recorrentes como alugueres.
A estimación da porcentaxe que contratará o servizo debe ser o máis
axustada posible, xa que, ademais de que no futuro será a chave da amortización
da rede, o dimensionamento da rede e polo tanto o custo de despregue tamén
dependerá do número de usuarios simultáneos en cada zona.
E moi recomendable que a nova rede a crear permita a interoperabilidade, é
dicir, que estea baseada en estándares, xa que se un concello contrata unha
rede cun operador que oferta unha solución propietaria estará cautivo de dito
provedor aínda que este non responda as expectativas. De feito, existen diversos
precedentes en Galicia de operadoras que, tras instalar unha rede con
tecnoloxías propietarias non estandarizadas, solicitaron elevados
complementos anuais aos concellos para continuar co servizo.
A realización dunha estimación a grandes trazos do custo da rede coas
tecnoloxías necesarias é importante de cara a permitir ampliar ou reducir
requisitos. Aínda que, se o orzamento co que se conta non é suficiente,
recoméndase abordar o despregue por fases.
É altamente importante realizar a estimación do modelo de negocio que
conteña todos os custos e todos os ingresos, sendo moi importante
comprender a diferenza de custos de investimento e posta en marcha,
normalmente subvencionables, dos custos operacionais que conleve a
explotación da rede ou o que é o mesmo, custos recorrentes mentres dure a
explotación.
3.3. Licitación do proxecto
Se o resultado do estudo de viabilidade conclúe en que o proxecto pode levarse a cabo,
o que significaría chegar a obter un compromiso entre as funcionalidades desexadas, a
viabilidade técnica das mesmas e o orzamento dispoñible, os seguinte pasos serán - por
orde -:
Realización do proxecto técnico: Deberá ser levado a cabo por persoal
especializado dado que debe definir a solución concreta tendo en conta os
requisitos iniciais. Neste senso, é moi recomendable que o proxecto técnico estea
visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, que garanta ao
concello que o proxecto está ben deseñado, que cumpre a normativa vixente e
que está realizado por persoal competente na materia como son os enxeñeiros de
telecomunicación.
10 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
Implantación da rede: Deberá levarse a cabo, seguindo as pautas do proxecto
técnico definido previamente, por unha empresa instaladora acreditada pola
SETSI para a instalación de equipos radio.
Explotación da rede en cuestión: Soamente poderán levar a cabo está acción
operadoras de telecomunicación dadas de alta para tal no rexistro da CMT.
Dado que o habitual é que nos concellos non se dispoña de persoal cualificado para
levar a cabo ditas tarefas, deberán realizarse as contratacións públicas necesarias.
Neste senso, recoméndase, sempre que sexa posible e dado que os perfís de
empresas necesarios para cada unha das tarefas son moi dispares, dividir a
licitación en tres:
Concurso para a redacción do proxecto técnico.
Concurso de instalación.
Concurso de explotación da rede.
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 11
4. Elaboración do proxecto técnico
O proxecto técnico deberá contemplar a solución técnica completa da rede a despregar
para o que, como anteriormente se comentou, é recomendable que estea visado polo
Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, que garanta ao concello que
o proxecto está ben deseñado, que cumpre a normativa vixente e que está
realizado por persoal competente na materia como son os enxeñeiros de
telecomunicación.
Débese facer fincapé na importancia dunha boa planificación da rede, a cal debe
implicar visitas aos posibles emprazamentos e realización de comprobacións en
campo, xa que, no caso de non estar ben planificada a rede, moitas veces son
necesarias adaptacións aos proxectos mediante replanteos que retardan o proceso de
instalación ou, no peor dos casos tradúcense en errores futuros de funcionamento do
servizo. Recoméndase que se é necesario realizar un replanteo ao proxecto, se realice
un anexo que deberá visarse no que se detallen as devanditas modificacións.
A continuación, detállanse os aspectos máis importantes que deberanse incluír no
proxecto técnico:
Estudo de requisitos iniciais e xustificación da solución proposta.
Memoria: Na que se describan as características xerais da rede troncal e de
acceso: como son os emprazamentos elixidos, os canais radioeléctricos de
traballo, as características técnicas de deseño da rede –cálculo de radioenlaces,
estimación do ancho de banda obtido, potencias emitidas,…-, o cumprimento
dos requisitos de seguridade, as zonas de cobertura, o cumprimento da
normativa vixente de redes de telecomunicación sen fíos,…
Mapas e planos: mapas topográficos da localización exacta das estacións base
e puntos de acceso, así como os planos de alzado e planta das estacións.
Descrición das características máis relevantes dos equipos, materiais e demais
elementos da instalación.
Orzamento desglosado para cada elemento. Para cada elemento custo unitario,
custo da man de obra e total.
Follas de características técnicas dos equipos e materiais.
12 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
5. Implantación dunha rede de
telecomunicacións sen fíos
Nesta fase, levaranse a cabo as labores de instalación de todo o equipamento
definido no proxecto técnico. Como se comentou anteriormente, dito traballo debe
executarse obrigatoriamente por unha empresa instaladora inscrita no Rexistro de
Empresas Instaladoras de Telecomunicación da SETSI, que a acredite para realizar
ditas instalacións.
É moi recomendable que a empresa que realizou o proxecto técnico se lle esixa
supervisar a instalación de rede, xa que pode ser necesario realizar replanteos no
proxecto por imprevistos que poidan xurdir.
Do mesmo xeito, á empresa instaladora débeselle esixir que entregue no concello
unha documentación que certifique a instalación levada a cabo, e que comprenda
ao menos os seguintes aspectos:
Listaxe do equipamento instalado.
Localización exacta de cada un dos equipos instalados.
Documentación gráfica da instalación.
Diagrama de rede.
Parámetros máis relevantes da configuración dos equipos.
Niveis de sinal e de interferencia obtidos.
Probas de conectividade para a verificación da cobertura teórica.
Xa que a certificación é un documento importante de cara a futuras revisións ou
consultas como por exemplo, por mor de caídas de sinal, sería de interese a
protocolorización das medidas nela reflectidas.
As coordenadas exactas do lugar da toma de medidas, para iso é recomendable
a posesión dun GPS.
A altura coa que se toman as medidas con respecto ao chan.
O equipo co que se toman as medidas.
Tipo de medidas tomadas, medias ou máximas.
As condicións climatolóxicas no momento da medida (despexado, nubrado, moi
nubrado, cuberto, orballo, choiva, chuvasco, tormenta, saraiba, neve, néboa;
temperatura; vento).
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 13
6. Explotación dunha rede de
telecomunicacións sen fíos
Finalmente, unha vez despregada a rede chegaría a fase de explotación da mesma ou o
que é o mesmo ofrecer o novo servizo aos cidadáns, así como xestionar as altas,
baixas, modificacións de usuarios e ofrecer o soporte técnico aos usuarios. Como
se comentou anteriormente, esta tarefa soamente poderá levarse a cabo por
operadoras de telecomunicación dadas de alta para tal no rexistro da CMT.
Resulta fundamental resaltar que a grande variedade de títulos existentes pode levar a
confusión. En última instancia a propia CMT pode responder sobre se un operador está
facultado para realizar a explotación que se pretende ante a consulta do concello.
Por outra banda, é recomendable que o concello impoña unha serie de condicións
a cumprir polas empresas interesadas, como poden ser:
Establecer un canón anual polo uso da rede, co obxecto de que non se
financien con diñeiro público os custos recorrentes da rede como o
mantemento,…
Establecer prezos máximos para a cota de acceso ao servizo. En varios
concellos de Galicia, déronse casos de operadoras que plantexaban elevadas
cotas de instalación do equipamento de usuario, converténdose nun grave
problema para os usuarios que non podían facer fronte a un pago tan elevado
pola alta do servizo.
Esixir uns niveis mínimos de calidade de servizo e soporte técnico aos
usuarios.
Existe tamén a posibilidade de que sexa o propio concello ou unha empresa
pública asociada a que se encargue da explotación da rede, ben porque o propio
concello decide que quere ter o control da rede –para o que neste caso, como é lóxico,
non é necesario sacar a concurso dita fase do proxecto-, ou ben porque ningunha
operadora está interesada no concurso da explotación da rede existindo un fallo de
mercado e converténdose a explotación da rede por parte do concello na única forma de
ofrecer o servizo aos cidadáns.
Cabe destacar que, segundo as recomendacións da CMT, o axeitado é que o
concello en primeiro lugar intente que sexa a operadora privada a que explote a
rede, preservando deste xeito a libre competencia no mercado.
Se se dá o caso de que non haxa ningunha empresa interesada en explotar a rede,
pode ser o propio concello o que leve a cabo esa tarefa, a través da propia entidade
municipal ou dunha empresa pública municipal sempre mantendo a separación de
contas.
14 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
Do mesmo xeito que para as empresas privadas, a entidade pública que explote a
rede debe darse de alta como operador na CMT, para o que deberán presentar2 con
carácter previo ao inicio da actividade, a notificación á que se refire o artigo 6.2 da Lei
32/2003 – Lei Xeral de Telecomunicacións.
Neste senso, débese ter presente ademais doutros custos recorrentes, a Taxa Xeral de
Operadores que está fixada nun 1,5 por mil dos ingresos brutos de explotación restando
a cantidade que se paga a outros operadores de telecomunicación pola saída a Internet.
Neste intre cabe destacar, a importancia da definición do modelo de negocio que
conteña os custos operacionais e garanta a sustentabilidade futura do servizo na
fase de análise de viabilidade inicial, xa que, ás veces contase con subvencións para
acometer grandes despregues, sen ter en conta que, canto maior sexa o despregue
maiores serán os custos de operación, e aínda que as redes sexan explotadas polo
concello sen obxectivos de beneficios non serán sostibles.
Segundo a CMT, como mínimo o axente que explota a rede débese asegurar que
os ingresos compensen os custos operacionais e a amortización do investimento.
No caso de entrar en competencia con outros operadores na zona, a CMT podería
solicitar que se obtivera un beneficio de operación similar aos que teñen a media do
sector para evitar a competencia desleal.
2 A documentación a presentar pode consultarse en
http://www.cmt.es/es/registros_publicos/operadores/anexos/notificacion_CMT.pdf
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 15
7. Preguntas frecuentes
¿Qué é a Comisión de Mercado das Telecomunicacións ‘CMT’?
A Comisión de Mercado das Telecomunicacións é un Organismo Público dotado de
personalidade xurídica e plena capacidade pública e privada, así como de patrimonio
propio, independente do patrimonio do Estado, que ten por obxecto o establecemento e
supervisión das obrigas específicas que haxan de cumprir as operadoras nos mercados
de telecomunicacións e o fomento da competencia nos mercados dos servizos
audiovisuais, conforme ao previsto pola súa normativa reguladora, a resolución dos
conflitos entre as operadoras e, no seu caso, o exercicio como órgano arbitral das
controversias entre os mesmos (Artigo 48.2 da Lai 32/2003).
¿Cales son as recomendacións principais da CMT referentes ao despregue de redes
sen fíos polos concellos?
Segundo recomendacións da CMT, dende os concellos débese fomentar que
operadores privados implanten e despreguen as súas propias redes, sendo unicamente
no caso que estas medidas non resulten efectivas e que a demanda estea
insuficientemente atendida cando debería optarse pola creación de infraestruturas
públicas.
Neste senso, aínda que o concello ou unha empresa pública pode levar a cabo a
explotación da rede se non existe interese por parte de operadores privados por facelo
ou baixo certas circunstancias de interese público, as recomendacións da CMT din que
o axeitado é que o concello en primeiro lugar intente que sexa a operadora privada a
que explote a rede. De ser o caso de que sexa unha entidade pública a que explote a
rede, esta deberá comportarse como se fose unha empresa privada xa que deberá
autoxestionarse e garantir a libre competencia, non podendo abusar do dominio de
poder nin financiarse mediante as partidas de fondos públicos, co que para garantilo
deberán xestionar os servizos coa debida separación de contas.
¿Pode ofrecerse o servizo gratis?
Segundo recomendacións da CMT, o concello non pode ofrecer o servizo por debaixo
do custo nun mercado de libre competencia, de feito, debe aspirar a obter un beneficio
normal como calquera empresa privada. Así, en ningún caso un operador público
debería neutralizar perdas con transferencias de fondos públicos, salvo no caso de
ofrecer un servizo por un período de tempo limitado en fase de probas ou pilotaxe a un
número restrinxido de usuarios, aínda que débese informar disto á CMT.
Nembargante, si existe a posibilidade de ofrecer un servizo gratuíto cumprindo á súa
vez coas condicións da CMT, tal é o caso do uso de mecanismos de financiamento da
operación das redes como poden ser a visualización de publicidade mentres se accede
ao servizo.
16 Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos
8. Datos de contacto
Para calquera dúbida que poida xurdir ao respecto contacte coa
Oficina eConcellos:
Oficina eConcellos
Tlf. 981 95 75 95
Da mesmo xeito, para calquera consulta referida á Comisión de
Mercado das Telecomunicacións (CMT) pode dirixirse a:
Comisión do Mercado das Telecomunciacións
Carrer de la Marina, 16-18
Edificio Torre Mapfre
08005 Barcelona
www.cmt.es
Tlf. 93 603 62 00
Guía de boas prácticas na implantación dunha rede de telecomunicacións municipal sen fíos 17
Top Related