Un Nadal de libro
IES Pedra da Aguia
Guía de Lectura
Os libros son as abellas que levan o pole
dunha intelixencia a outra.
James Russell Lowell
(Poeta)
Noite de voraces sombras Agustín Fernández Paz
(869N-FER-noi)
Sara narra os acontecementos que durante unas vacacións na casa da avoa lle axudarán a afrontar a vida dun xeito distinto. No cuarto que ocupa sen-tirá o desacougo dunha presenza fantasmal. Alí atopará unha morea de cartas e fotos, un caderno de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir una inesquecible historia de amor e desamor que se produciu durante a Guerra Civil. Mentres, Sara coñece a Daniel, un ra-paz vigués que na complicidade da noite, deulle un bico longo, ao que ela correspondeu.
Dragal, a herdanza do dragón Elena Gallego Abad (869N-GAL-dra)
Acaroado na fachada da igrexa de San Pedro, o dragón de pedra agar da que chegue o tempo no que Dragal recobre a vida. Hadrián aínda non o sabe, pero el é o elixido para conseguir que se cumpra a profecía. Para atopar respostas, o mozo tamén deberá bus-car nos libros prohibidos da vella biblioteca do seu bisavó e mergullarse nos segredos que agochan as augas da Poza da Moura. Coa amizade de Mónica, Hadrián poderá percorrer a senda dos cabaleiros da Orde de Dragal...
Cazadores de sombras I: ciudad de hueso Cassandra Clare (860N-CLA-caz)
Demos, lobishomes, vampiros, ánxos e fadas conviven nesta triloxía de fantasía urbana onde non falta o ro-mance. No Pandemonium, a discoteca de moda de
Nova York, Clary segue a un atractivo rapaz de pelo azul ata que presencia a súa morte a mans de tres mozos cu-bertos de estrañas tatuaxes. Desde esa noite, o seu destino únese ao des-es tres cazadores de sombras, gue-rreiros adicados a liberar a terra de demos e, especialmente, ao de Jace, un rapaz con aspecto de anxo que adoita actuar coma un idiota…
Corazón de chocolate Jaureguizar (869N-JAU-cor)
Tintimán herdou do seu pai a paixón por inves-
tigar misterios. En Corazón de chocolate, investiga nun
Santiago de Compostela emocionante e arriscado, o pri-
meiro misterio que ten que descubrir: se existe a Irman-
dade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha len-
da. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica,
unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a
axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.
Carapuchiña “en rose” Ánxela Gracián (869N-GRA-car)
Un texto ameno e moi crítico baseado no conto orixinal de Carapuchiña vermella, pero facendo alusión a un gran problema social que sufrimos constantemente, a violencia de xénero.
Despedida Claudia Gray (860N-GRA-des) Bianca abandonou ‘Medianoche’ e uniuse á ‘Cruz Negra’, a orga-nización mundial de cazadores de vampiros. A súa nova vida non é precisamente fácil: debe adestrarse, coidando que ninguén descu-bra os sus poderes sobrenaturais. Só hai algo que a reconforta: a compañía de Lucas, o seu gran amor e único confidente, con quen xa empezou a idear unha nova fuxida. Pero o que Bianca aínda non sabe é que, por moi lejos que vaia, hai algo do que nunca po-derá escapar: o seu destino.
Axudar a quen lle foi asignado a resolver algúns proble-
mas persoais antes do esperado baile de graduación.
Charlotte morrería (outra vez) por amor. Pero se o seu
billete para a Outra Vida implica enfrontarse ao demasia-
do familiar e horrible sufrimento de ser invisible, quizais
isto vaia máis aló do que ela poida soportar...
O brindo de ouro I e II (A chamada do Brindo e A táboa da hospitalidade) Xesús Manuel Marcos (869N-MAR-bri)
Selmo, o fillo do gardián da tribo dos arxinas, coñece a desfeita de Cido, a súa aldea, que foi incendidada polos seus inimigos, os va-lecos da tribo dos broncedos. Na súa fuxida, Selmo, acompañado de Lombán, o seu lobo albino, atopará a dous heroes, Toimil e Oulego, que o axudarán, xunto coa Valiña da Osa, meiga protec-tora da aldea, a desvelar o misterio do Brindo de ouro, ese corno máxico que os protexe, porque lles proporciona a valentía que os fará invulnerables.
A Táboa da Hospitalidade é a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro.
El diario amarillo de Carlota
Gemma Lienas (860N-LIE-dia)
“Enteraros bien: en esta casa, no quiero ni oír hablar de
porros". Ésta é a resposta que lles dá a Carlota e Mar-cos o seu pai cando lle preguntan sobre as drogas. Pero entón, como decidirá Marcos se fuma porros ou non na festa á que o invitaron? Carlota, determina-da a conseguir tanta información como lle sexa posi-ble, escribe este novo diario. Vai recollendo as expli-cacións que recibe do seu entorno máis inmediato e, sobre todo, dun médico do seu club de fútbol prefe-
rido. Carlota adéntrase no complexo mundo das drogas, convencida, coma sempre, de que só cando dispós de toda a información podes realmente decidir.
O pintor de sombreiro de malvas
Marcos Calveiro
(869N-CAL-pin)
Un adolescente vai a París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Au-vers durante o verán de 1890. Coñecerá a Vincent, un pin-tor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubrirá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfron-tará por vez primeira á morte. Isto vaino obrigar a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.
O mar é noso
Alicia Borrás (869N-BOR-mar) Colección de contos e historias arredor do mar e as súas
xentes. Relatos costumbristas con toques de fantasía. Para
adultos e mozos.
A viaxe do Ser Manuel P. de Lis (869N-LIS-via)
Lendas e seres míticos dos Ancares. O viaxeiro, provisto apenas dunha mochila, un gorro e un vello piolet, realizará a subida polo leito do Ser, un río de sesenta quilómetros de lonxitude que nace na se-rra dos Ancares. Durante tres xornadas de moi du-ra, longa e difícil camiñada en solitario, o viaxeiro descubrirá a beleza agochada na espesura da fraga, nos diferentes recantos do río, en cada unha das aldeas ou nos seres que alí habitan como a lontra,
o paporrubio, o oso ou a pita do monte; mais tamén os múltiples perigos polos vieiros do descoñecido poñerán a proba a súa capaci-dade de resistencia, tanto física como mental.
DIARIO DE GREG: UN PRINGAO TOTAL J. Kinney (860N KIN-dia) Greg Heffley ten 12 anos e a súa nai cómpralle un diario que abarcará un curso escolar: de setembro a xuño. Greg ofrécenos a súa visión da vida a través das des-venturas que na- rra e ilustra, con moito humor, no seu caderno. A es-tas alturas leva xa varios diarios.
O segredo de Marco Polo
Francisco Castro (869N– CAS-seg)
Venecia século XIII, unha historia de amor entre un xove sol-dado, fillo do militar máis importante da cidade e unha prin-cesa, Naia, fermosa e adorada por toda a cidade, sobriña do Dogo e obrigada por este a un matrimonio de estado cun home que non quere e nin sequera coñece. A historia de amor entre o soldado e a princesa é un amor imposible, ata que entra en xogo Marco Polo que, xa contra o final da súa vida, vai vivir, axudando aos dous amantes, a súa derradeira aventura.
Polo medio, un enigma, que non se desvelará ata o final desta novela, o autor nos fai viaxar, da man de Marco Polo, ás terras da China e Mongolia que o xenial viaxeiro visitou por vez primeira na súa xuventude.
Cómic e álbum ilustrado
Los amantes mariposa Benjamín Lacombe
(860N-LAC-ama)
Un dos álbumes ilustrados máis fermo-
sos. Trátase dunha lenda chinesa sobre
o tráxico romance de dous amantes,
considerada coma o equivalente chinés
de Romeo e Xulieta. Na versión creada
por Benjamin Lecombe, Naoko, unha
moza de catorce anos decide escapar do
destino tradicional dunha rapariga chi-
nesa da época e enganar ao seu pai coa
axuda da súa fiel serventa Suzuki.
María y yo – Miguel Gallardo
(791-GAL-mar)
Di o autor sobre este cómic: “María vive coa súa nai en Canarias, a 3 horas en avión de Barcelona, onde vivo eu. Ás veces ímonos de vacacións os dous xuntos a pasar unha sema-na nalgún resort do sur de Gran Canaria fre-cuentado por alemáns e outros guiris. Esta é a historia dunha desas viaxes. Nesas viaxes María e eu falamos, rimos, facemos listas de xente e comemos ata fartarnos”.
Un precioso relato da relación do autor coa súa filla autista.
Guía ilustrada da Galicia Invisible Antonio Reigosa (869N-REI-guí)
Hai unha Galicia visible e hai outra que non se ve chea de reinos, ci-
dades, vilas, illas, covas, camiños, montes e outros moitos lugares
onde disque fan vida xentes anfibias e outros seres.
Neste libro, unha guía práctica para viaxar por un
cento destes lugares, abrimos as galerías, franquea-
mos e iluminamos os pasos soterrados para chegar a
eses mundos escuros, sepultados baixo a terra ou
mergullados baixo as augas.
Vivan las chicas Séverine Clochard
(37-CLO-viv)
Que difícil é ser unha moza de entre 8 e 13 anos! Aquí está por fin a
guía que vai responder a todas as túas preguntas. É posible vencer a
timidez e ter confianza nunha mesma? Que ocorre exactamente du-
rante a puberdade? Como dicirlle a un mozo que che gusta? Que hai
que facer para ir xenial no cole? Consellos e unha chea de trucos para axudarte a
sentirte ben contigo mesma.
Información
Lectores de 12 a 99 Todo é silencio - Manuel Rivas (869N-RIV-tod)
Narra o irresistible ascenso social de Mariscal, un capo con-
trabandista. En Brétema, na costa atlántica, houbo un tem-
po en que as redes do contrabando acadaron tanto poder
que estiveron moi preto de controlar o poder social e as
institucións. Narra tamén a vida dun grupo de amigos, aos
que une dende a infancia o andar á procura de restos de
naufraxios, no escenario sempre sorprendente do mar de
Galicia. Unha novela que relata como os círculos do crime
rodean e corrompen o estraño feitizo da condición humana.
Los errores de papá y mamá Antonella e Gianni Astrei (37-
AST-err) O presente libro ten a virtude e a orixinalidade de expor e analizar
135 posibles erros que cabe cometer na crianza e educación dos fillos.
Trátase dun pequeno manual, a modo de guía práctica para evitar
equivocacións. Simpaticamente ilustrado naceu da experiencia profe-
sional dos autores e sobre todo das vivencias cos seus propios fillos.
Cine en DVD
Priscila reina del desierto
Imaxinativa, espectacular e divertida comedia que narra as aventuras de tres ‘drag queens’ durante a súa viaxe a tra-vés do extenso e inhóspito deserto australiano. Nela Te-rence Stamp, Hugo Weaving e Guy Pearce ofrécennos ins-piradas e extraordinarias actuacións nunha das comedias
máis extravagantes de todos os tempos.
El diario de Noa
Nunha residencia de anciáns, un home le a unha muller unha historia de amor. É a historia de dous mozos adolescentes de Carolina do Norte que, a pesar de vivir en dous ambientes sociais moi diferentes, namoráronse profundamente e pasa-ron xuntos un verán inesquecible, antes de ser separados, primeiro polos seus pais, e máis tarde pola guerra. Para románticos incorrexibles.
Que teñades un 2011 moi feliz
e cheo de boas lecturas!!
A BIBLIO vos desexa: