biblioaponte.blogspot.com.es
O bosque dos raposos aforca‐dos
Arto Paasilina
Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo.
Mi familia y otros animales
Gerald Durrell
Divertidísimo relato, o pri‐meiro dunha triloxía de ex‐periencias vividas pola fami‐lia do autor na illa de Corfú. Ideal para ler en verán.
Sidecar
Alberto Lema
Dúas historias de amor e aprendizaxe que reflicten o mundo da xuventude de hoxe en día. Unha divertidísima obra sobre a posición de clase nas relacións sentimentais. Pensar e rir a un tempo.
A Biblioteca do IES de Ponteceso deséxavos un feliz
e refrescante verán... CHEO DE BOAS LECTURAS
Este verán…
Refréscate coa lectura !!!
Guía de lectura
para BACHARELATO
IES de Ponteceso
Verán 2012
Visita a biblioteca e ato-parás moito máis…
PARA TODOS OS GUSTOS !!!
Lecturas emocionantes...
O xardín das pedras flotantes
Manuel Lourenzo González
Este é o relato dun amor extraordi‐nario entre dous adolescentes, Simón e Anabel, marcado por unha historia xenealóxica, que arrinca desde a Ida‐de Media e nos conduce até a actuali‐dade. Unha historia fermosa gober‐nada por unha gran imaxinación e ateigada de riquísimas cróni‐cas que acaban encaixando na engranaxe da novela coa preci‐sión da maquinaria dun reloxo.
Farenheit 451
Ray Bradbury
O título fai referencia á temperatura á que arde o papel e cóntanos a historia dun bombeiro nunha sociedade totalita‐ria e carente de esperanza . Non se trata de bombeiros normais, senón de persoas que detectan a existencia de libros para queimalos.
Eu de maior quero ser
Rosa Aneiros
Ainhoa, Cris, Fran, María e Miguel son cinco universitarios que viven nun piso da rúa Casa Reais na Cidade Vella compostelá e que están
a punto de finalizar a carreira.
Saga: “Los hijos de la tierra”
J.M. Auel
El Clan del Oso Cavernario
El Valle de los caballos
Los Cazadores de Mamuts
Las llanuras del tránsito
Los refugios de piedra
O Caderno Dourado
Doris Lessing
Publicada por primeira vez en 1962 e considerada unha das grandes novelas do século XX, O caderno dourado conta a histo‐ria de Anna Wulf, unha escritora inmersa nunha crise persoal que describe as súas experiencias en catro cadernos de cor diferente: o caderno negro para a súa vida literaria, o vermello para a política, o amarelo para a vida emocional e o azul para todo o
cotián.
Simiocracia
Aleix Saló
Corrosivo cómic que fala das causas da crise económica e dos seus efectos. Non deixa indiferen‐
Verónika decide morir
Paulo Coelho
Verónika teno todo pero non é feliz. A novela fálanos da impor‐tancia de cada segundo na nosa existencia, da alternativa de seguir adiante ou de abandonalo todo.
A pensión Eva
Andrea Camilleri
Durante os anos da Segunda Guerra Mundial, os cuartos da Pensión Eva, na vila siciliana de Vigatà, convértense en refuxio dos seus habitantes. Ademais, esa estraña "pensión" é unha presenza misteriosa para Nenè, un rapaz que, ata que logra pene‐trar na casa, non esperta á vida completamente. A pensión Eva é unha novela de iniciación á vida, á descuberta do sexo, do amor e da amizade nos tempos duros e sen espe‐ranza da guerra.
La elegancia del erizo
Muriel Barbery
No nº 7 da rúa Grenelle, , nada é o que parece. Dous dos seus habitantes agochan un segredo Renée, a portei‐ra, leva moito tempo finxindo ser unha muller común. Paloma ten doce anos e oculta unha intelixencia extra‐ordinaria.
Top Related