Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
22.09.2015
A Península Ibérica ten como estados a España, Portugal, Andorra e Xibraltar.
En España hai 3 territorios históricos que son Galicia, Cataluña (Catalunya) e País Vasco
(Euskadi). O resto son comunidades autónomas.
As nacións créanse no s. XIX é son o conxunto de cidadáns que contribúen coas súas riquezas
ao seu mantemento.
Soberanía absoluta nacional ≠ popular
Nación estado
España peninsular con Baleares
España non europea con Ceuta e Melilla
A división actual do Estado Español en comunidades autónomas está baseada na propia historia
dos pobos que hoxe o conforman.
Enfrontamento entre as tendencias divisionistas é o centralismo unionista.
O sector con máis peso na economía da España anterior era o sector primario (agrario). O
proceso de industrialización comeza no 1860 en España, con cen anos de diferenza en
comparación con outros países.
No 1975 aínda existían os crimes de honra.
O proceso de cambio foi moi lento no Estado Español, ata que se recoñece a dignidade da clase
obreira.
Un dos grandes problemas foi o peso da Igrexa en España, ata finais do s. XX. Despois comeza
a ser parte do ámbito privado e non público.
O s. XIX é considerado o século onde se constitúen os Estados-nación. A soberanía deixa de
pertencer ao rei, para pertencer a nación (conxunto de cidadáns que contribúen para mellorar a
sociedade e o mantemento da propia nación).
Burguesía ≠ nacionalismo (non é o mesmo).
No Estado Español, ao longo do s. XIX, houbo diferenzas no concepto de nación.
Aos cidadáns non lle importa a cuestión relixiosa actualmente.
O s. XIX é ampliado até o 1938. Ata esa data producíronse unha serie de cambios a nivel
europeo na composición dos países.
Houbo numerosas fragmentacións e a aparición de novos países.
O concepto de nación non é sempre o mesmo. Noutros casos, nación e Estado son o mesmo
(non sempre).
No Congreso de Viena, decidíronse varios cambios que afectan ao poder do rei sobre o pais. É
cando comezan a aparecer os problemas políticos, cando o Estado é gobernado por un
presidente e non por un rei.
As conquistas sociais son moi recentes.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
23.09.2015
A información que nós temos da Hispania pre-romana é a través de gregos e romanos.
Na Península, moitos monumentos asociáronse aos celtas. Hai pobos da Gallaecia que se
enfrontaban entre si.
A historia de España, escríbese de forma errada no s. XIX.
Na Península Ibérica, había pobos que ocupaban o Mediterráneo, os iberos, uns pobos que
proviñan do centro de Europa, que eran os celtas, e outros os vascos (País Vasco, Navarra e País
Vasco francés).
Os máis antigos foron os tartesos.
Antes da presenza dos romanos, había presenza grega, sobre todo por excedentes de poboación,
e fenicios.
O imperio cartaxinés tiña a súa base na actual Tunisia.
As guerras entre Cartago e Roma son denominadas como Guerras Púnicas polo control do
Mediterráneo.
Augusto divide a Hispania Ulterior en
provincias: Bética – Bætica (sur) e Lusitania
(oeste). Hispania Citerior, Tarraconensis.
25.09.2015
O neolítico na Península → Hai un proceso de neolitización procedente do norte de África.
Algúns historiadores din que a orixe dos iberos é caucásica e outros que é bereber.
No mesolítico hai un avance técnico.
Neolítico: as culturas máis avanzadas teñen excedentes de poboación. As comunidades de
produtores de alimentos son máis densas. Hai que colonizar novos territorios. Sábese de onde procede a cerámica (proceso de neolitización). Os motivos decorativos, as formas son similares
en culturas similares. Se se atopan motivos similares en lugares diferentes, quere dicir que había
unha influencia.
Dende o 3000 a.C. hai unha vaga de habitantes de Asia Menor que colonizan a Península
Ibérica.
Tódolos pobos da Idade de Bronce teñen un concepto similar. Sacamos máis información dos
obxectos que dos escritos.
Tartesos (Tartessos en grego: Τάρτησσος Tártēssos): Relacionábase este pobo coa Atlántida.
Pensábase que era un pobo inventado.
Celtas: Proceden de Centro Europa (Suíza,…) Grupo de pobos que migran cara ao Atlántico.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
Celtas
Lusitanos
Galaicos
Ástures
…
Vascóns (Vascos): País Vasco, Navarra, zona limítrofe con Francia. Asentáronse nestas zonas,
porque son moi montañosas. Viven illados, polo que non teñen relacións con outros pobos.
Fenicios: Orixe, actual Líbano. Dos fenicios, derivan os cartaxineses.
Os gregos: instaláronse no Mediterráneo español (litoral catalán e balear).
O acceso máis fácil é a Península é o Mediterráneo. Hai asentamentos fenicios e gregos neste
mar.
29.09.2015
A Hispania Romana
1ra Etapa: Conquista do Mediterráneo. Conquista da franxa do Mediterráneo e do val do
Guadalquivir. Guerra contra Cartago gañando Roma.
2da Etapa: Os romanos venceron aos lusitanos dirixidos por Viriato, e aos celtiberos que
resistían tenazmente en Numancia.
3ira Etapa: 29-19 a.C: Guerras Cántabras. Dominio do norte peninsular, tras a derrota dos
cántabros, ástures e galaicos.
A Hispania según Augusto.
Lusitania Capital: Augusta Emerita (actual Mérida).
Baetica Capital: Corduba (actual Córdoba).
Tarraconensis Capital: Tarraco (Tarragona).
O emperador Marco Aurelio “Caracalla”, fai unha división que dura moi pouco. Divide a
Hispania Citerior en 2, creando a provincia Hispania Nova Citerior, con Asturias-Callaciae (act.
Provincia de León). Esta nova división non durou e restablecese a anterior.
A última división administrativa da Hispania romana foi realizada por Diocleciano, onde divide
a Hispania en 5 provincias: Gallaecia, Lusitania, Baetica, Carthaginensis e Tarraconensis.
Romanización: A romanización é un momento clave da historia cultural dos pobos da
península. A dominación de Roma deixou
en Hispania unha tupida rede
urbana ligada por un complexo sistema de calzadas e outras
infraestruturas públicas.
A cultura romana tivo un
carácter eminentemente práctico e por iso foron grandes
enxeñeiros e grandes
construtores de obras públicas. Na Península atopamos os
seguintes exemplos: Acuedutos,
como o de Segovia; murallas
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
como a de Lugo; pontes como a de Alcántara ou a de Mérida,…
Presenza romana na Galiza.
A presenza romana en Galicia, coñecese a través dos testemuños arqueolóxicos e das fontes
literarias. Os romanos practicaron un modo particular de dominación sobre os pobos que foron
conquistando. Na maioría dos casos, como ocorreu en Galicia, non se limitaron a controlar
militarmente o territorio, senón que abriron un proceso de progresiva asimilación cultural.
Nunha 1ira fase, lanzaron as súas campañas militares dende a Lusitania. No 137 a.C “Décimo
Xuño Bruto”, a quen alcumaron “O Galaico”, alcanzaría o Miño. Posteriormente, Craso,
Perpena e o propio Xulio César (61-60 a.C), quen chegou vía marítima ata Brigantium (A
Coruña).
Na 2da fase, proceden da zona ástur, sendo o propio Augusto o que culminou Gallaecia. Tras a
conquista das terras do noroeste, integráronse na provincia de Lusitania.
30.09.2015
Invasións Xermánicas
Despois do paso do Rin, no ano 406, os
suevos, xunto aos vándalos e os alanos,
atravesan as Galias e chegan á
Península ao redor do ano 409, sendo
dirixidos os primeiros por Hemerico.
Prevalece o dereito do dominador
(xermánicos), pero os dominadores
precisan a axuda dos dominados para administra-lo seu territorio. Outro
problema, é a relixión, porque a relixión que “domina” é
a dos dominadores. Pero se os dominados non a aceptan,
estes convértense a súa relixión.
A zona de ocupación dos suevos foi a Galicia actual, xunto coas terras situadas entre o Douro e o Miño, é
dicir, o norte de Portugal.
O reino visigodo elimina o reino suevo. Portugal naceu despois da expansión dos pobos portucalenses. Galicia
vai ser ocupada por pobos da Britania que escaparon.
BRITÓNS:
A finais do s.V, principios do VI, continxentes de
poboación celta procedentes de Gran Bretaña, e fuxindo
das invasións anglosaxoas, instálanse na costa lucense,
aproximadamente entre o río Eo e a ría de Ferrol.
Dioceses: Tui, Santiago, Lugo, Ourense, Mondoñedo e parte de Galicia
pertence a diocese de Astorga.
Non se consegue consolida-lo Estado e a Xefatura de Estado s. VIII.
Desaparece o Imperio Romano de Occidente.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
06.10.2015
Al-Ándalus
No mundo de Oriente Medio existen problemas de orixe e causa relixiosa, entre o xudaísmo e o
cristianismo (os xudeus, árabes e o non árabes). Isto provoca un conflito entre a dinastía Omeia
e a Abbasí. Orixínase unha gran guerra civil para elixir a dinastía que debe ser a sucesora no
trono. Vencen os Omeias.
Os árabes expenden o seu dominio dende Afganistán ata a P. Ibérica con Abderramán I (Abd
Ar-Rahman ibn Mu'awiya ibn Hisham ibn Abd al-Malik – en árabe بن هشام بن معاوية بن عبدالرحمن
(الملك عبد
Abderramán III independizase da dinastía dos Omeia, e crea un Emirato. O Imperio Árabe vaise fragmentando en Emiratos. A Península está en conflito e comeza o proceso de expansión do
mundo islámico.
ETAPAS DATAS
Emirato dependente de Damasco – Omeias 711-756
Emirato dependente de Bagdag – Abbasies 756-929
Califato independente de Córdoba – Omeias 929-1031
Reinos de Taifas – Almorábides –
Alhomades 1031- 1261
Reino Nazarí de Granada 1261 - 1492
O único territorio non dominado polos árabes é Asturias e o País Vasco, por ter un moi difícil acceso,
así como os Pirineos. Non avanzan cara Francia.
Cando Almanzor deixa o trono do Califato
Independente de Córdoba (s. X – XI), aparecen os Reinos de Taifas – Almorábides – Almohades (s. XI –
XIII), e a partir do s. XIII ata o XV o Reino de
Granada. Os árabes intentan islamizar á Península Ibérica de
maioría cristiá, aínda que non o conseguen. No 1492,
os árabes son finalmente expulsados da Península e cristianizados, e no 1492 descóbrese América
(Cristovo Colón).
Tamén desaparece o Imperio
Romano de Oriente.
07.10.2015
Abderramán I terá que facer fronte á
política expansiva dos reinos cristiáns que fundamentan a súa
actuación en recuperar territorios
perdidos en mans musulmáns. Isto
obrigará, primeiro ao emirato e logo ao califato, a realizar unha política
de militarización cos gastos
conseguintes (orixe, entre outras
causas, da propia decadencia).
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
09.10.2015
Reinos de Taifas (bandeiras): 39 pequenos reinos que substitúen ao califato despois de derrocar
a Hisman III en 1031. Están rexidos por clans árabes, bérberes e escravos. Competirán entre si,
militarmente, e por prestixio (repercusións positivas na cultura).
Ante a presión dos reinos cristiáns solicitan auxilio do sultán almorábide Yusef bem Tashfin, que en 1086 derrota ao rei de Castela Afonso VI e conquistará paulatinamente as diferentes
Taifas.
Presenza almohade (movemento integrista que nace en Marrocos no s. XII contrario o á
elaxación almorábide).
O Reino de Granada abrangue as actuais provincias de Granada, Málaga, parte de Xaén e de
Murcia. A capital deste reino sitúase na cidade de Granada.
Relacións sociais:
O dominio musulmán aplica os mesmos criterios que noutros territorios.
Estrutura social: árabes-bérberes (pobos do norte de África que acompañan aos árabes na conquista e posteriormente almorábides e almohades), muladies (cristiáns convertidos ao islam),
mozárabes (cristiáns que viven en territorio musulmán) e xudeus.
Importancia da cidade que, polo peso demográfico, permite fixar territorio e dominalo. A cidade
estaba amurallada, con portas que se fechaban pola noite. Na parte central está a Medina
(mesquita, zoco,...). Están ben saneadas (sumidoiros, baños públicos,...).
Os dominadores van ser os propietarios das terras e van introducir novos métodos de traballo. Tamén van introducir novos métodos de regadío e novos cultivos (arroz, laranxas, berenxenas,
garavanzos,...). Estas melloras fan envexar aos cristiáns. Hai un gran dominio do artesanado,
pero non para o autoconsumo. Gracias a isto hai unha maior riqueza que fai posíbel a
construción do saneamento,...
Al-Ándalus está máis conectado a Oriente que a Occidente, o que fai que estea máis pacificado
e máis monetizado.
CALIFATO DE CÓRDOBA (929-1031):
A riqueza que xera vai para si, para o propio Califato. O mundo islámico (grupo de
comerciantes, pastores, bandidos,...), é consciente de que está controlando militarmente
territorios que teñen un coñecemento superior ao deles.
13.10.2015
Expansión Cristiá (718-1492 Coroa de Castela)
Vai ser un proceso complexo (Coroa de Aragón, Coroa de Castela, Reino de León, Reino de
Galicia, Reino de Navarra, Condados Cataláns…)
O termo “Reconquista” é provinte do Al-Ándalus. Se se utiliza o termo Reconquista, estaríase
dando a entender que sería unha continuación do “Reino Visigodo”.
O territorio a conquistar polos cristiáns, son territorios hostís. Unha rexeneración demográfica
moi difícil (Retroceso demográfico).
Colonización a partir do s. XI-XII. Os territorios colonizados son rexidos por ordes relixiosas.
Do Douro cara arriba a orde de San Bieito.
En Europa, a potencia hexemónica é o Imperio Carolinxio (Carlomagno), do que se
“independizan” os Condados Cataláns.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
Relación Imperio Carolinxio Reino
de Asturias
Os edificios, monumentos… imitan a
arte carolinxia. O camiño francés vai supor a inclusión da arte
centroeuropea.
14.10.2015
A Coroa de Aragón inicia unha
expansión cara o Mediterráneo, o
Reino de Portugal fai unha viaxe cara India bordeando África e a Coroa de
Castela, inicia unha viaxe cara India
descubrindo América.
Coroa de Castela
1169-1230 León e Castela conquistan Estremadura
1230
León (+ Reino de Galicia) + Castela (+ Reino de Toledo) +
Principado de Asturias (herdeiro). En 1139 acontecerá a
independencia de Portugal(recoñecida polo Papa Alexandre III en 1179)
1236 Reino de Córdoba
1243 Murcia (vasalaxe do emir, ratificado en 1244 polo tratado de
Almizra entre Aragón e Castela)
1245 Reino de Xaén
1246 Reino de Sevilla
Coroa de Aragón
1162 Aragón + Condados Cataláns
1229 Mallorca (nace como reino en 1262)
1238 Valencia (constitúese como reino en 1239)
1282 Sicilia
Navarra
824 Creación do reino de Pamplona
1000-1035 Unión dinástica con Aragón
1074-1134
16.10.2015
Reinos cristiáns entre os s. XIV e XV bastante estabilizados.
A Europa dos feudos está enfrontada pola Guerra dos 100 Anos. Gaña Francia.
Os monarcas comezan a gañar o poder local. A cidade comeza a coller forza (comeza a
revitalizarse). As grande familias comezan a instalarse nas cidades. No caso peninsular: gran
parte do territorio conquistado eran territorios urbanizados. Europa dos s. XIV e XV pestes,
falta de cereais…
Estamos nunha economía fundamentalmente agraria. A base agraria é o cereal ovellas
produción de lá expórtase a Flandes.
No s. XV comezan a recuperarse os territorios perdidos, co que hai un crecemento demográfico.
Existe unha importante actividade comercial.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
A finais da idade media, refórzase a idea do morgado. Isto provoca que non se fragmente a
propiedade.
A igrexa enfróntase coa nobreza porque a igrexa ten moitas propiedades. Entre o clero tamén
hai enfrontamentos.
Os grandes centros burgueses son zonas que teñen portos: Coruña, Barcelona, Valencia, Sevilla
(polo Guadalquivir)...
Guerras irmandiñas (burgueses contra nobres). Noutras zonas de Castela non hai
enfrontamentos porque a burguesía tiña máis poder.
A igrexa queda propietaria da terra e o campesiño, propietario do froito. Segue o pago en
especie. Contratos a moi longo prazo (3 reis + 27 anos, que se renovaban automaticamente).
20.10.2015
Reis Católicos Sabela de Castela e Fernando de Aragón (Unidade dinástica)
Hai un proceso de centralización. É un proceso que está sucedendo en Europa.
Na Coroa de Castela, este proceso comeza cando a derrota de Pedro O Cruel contra Henrique
das Mercedes.
Na Coroa de Aragón é máis complexo porque hai cidades que teñen máis peso, a causa de que
están máis urbanizadas (Barcelona, Valencia,...)
Sabela e Fernando pertencen a mesma “liña dinástica”.
Sabela só tivo unha filla, Xoana a Tola. Fernando non tivo máis fillos nos seus seguintes
matrimonios. Os territorios a herdar recaen a Xoana, pero estivo de rexente Fernando de
Aragón.
Cada territorio mantén as súas leis. A única institución que manteñen en común e a Inquisición
(que non é nin civil, que é eclesiástico).
Na Coroa de Castela, os trastámaras crean a Sta Inquisición (1476), que era un corpo militar-
policial. Acostumaban ser por burgueses e campesiños por presións dos señores feudais.
En Aragón comeza a haber un problema: Navarra. En Valencia asinan un documento pero o rei
de Navarra morre e non recoñecen a Catarina de Foix e invaden militarmente o territorio.
A Baixa Navarra quedaría baixo dominio español (Navarra, Álava, Biscaia, Guipuscoa) e a Alta
Navarra pertencería a Francia, xunto co título de rei.
Guerra de Granada, da Coroa de Castela contra o rei de Granada, con bula do papa Sisto IV.
Cisneros, confesor de Sabela I de Castela e primeiro ministro desta coroa, fai unha “reforma de
fe”, expulsando aos xudeus buscando unha pureza da fe.
21.10.2015
Cisneros, non cumpre o acordo de paz cando a Guerra de Granada, expulsando a tódolos
mouriscos da Coroa de Castela.
Na Coroa de Aragón haberá que esperar ata Felipe III.
Importancia da conquista de Granada
Propicia a conquista das Canarias.
En 1504, morre Sabela I, e Fernando de Aragón actúa como rexente.
Xuridicamente, os habitantes de América son iguais cos habitantes de Castela.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
23.10.2015
Cristovo Colón realiza dúas viaxes.
Dende Cuba, realizase a conquista de México da man de Hernán Cortés.
Todo aquel que queira facer negocios con América ten que pasar por Sevilla.
Os indios seguen utilizando os seus métodos de traballo, o único que cambia é o perceptor de
impostos (Coroa de Castela).
As misións son territorios controlados pola Igrexa. Os máis importantes son os xesuítas.
Nestes territorios non hai tanto abuso como nos controlados polos encomendeiros (“forman
parte” da Coroa de Castela).
Os territorios adminístranse de dúas formas.
Durante o reinado dos Austrias (Habsburgos españois) dividíase en 2 vicerreinados, o
Vicerreinado de Nueva España, con capital en México, e o Vicerreinado de Perú con capital en Lima.
Os vicerreis non podían realizar actividades comerciais, nin casar. Eran casteláns peninsulares que van e veñen, non se asentan.
Os crioulos son descendentes dos encomendeiros, e estes crioulos aséntanse nas grandes
cidades con fins comerciais. Son os que “encabezan” as guerras de independencia. Os mestizos: descendentes de branco e india. Non poden tomar ordes maiores.
Os mulatos: descendentes de indio e negra ou de branco e negra.
Os indios: Man de obra, traballan as encomendas, minería...
Escravos negros.
España é o último país en abolir a escravitude, antes da independencia de Cuba.
27.10.2015
A abolición da escravitude, nalgúns países, vai parella coa independencia desde pais.
1506 Felipe I de Castela (Felipe o Fermoso), marido de Xoana I de Castela, reina un par de
meses.
Rei de Castela e dos Países Baixos.
Carlos I de Castela, Carlos V de Alemaña (emperador do Sacro Imperio Xermánico), Rei de
Castela, de Aragón, duque de Borgoña, de Nápoles, de Sicilia, dos Países Baixos, rei dos
romanos, Arquiduque de Austria.
Cando abdica, deixaralle o titulo Fernando de Habsburgo (o título de Arquiduque de Austria).
Felipe II: Rei de Castela, de Aragón, Duque de Borgoña, de Milán, Rei de Nápoles, de
Sicilia, dos Países Baixos, rei dos romanos. Este Felipe II é Felipe I de Portugal.
Felipe III perde Portugal.
Carlos I vai ser coroado rei en Valladolid (pola Coroa de Castela) e tamén vai ser coroado en
Zaragoza (pola Coroa de Aragón). Para ser coroado en Castela vai ter que cumprir unhas regras:
Reinar en castelán.
Ter un bo trato coa súa nai
...
Unha das 1iras medidas que vai adoptar é que vai seguir reinando cos seus amigos estranxeiros.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
Outra medida que adopta é a seguinte: prohibe a saída de lá en bruto.
28.10.2015
Na Coroa de Aragón haberá outro problema, que serán as xermanías.
Fernando O Católico permite a Valencia a posibilidade de portar armas entre o ataque dos
berberiscos.
Hai unha epidemia de peste. A burguesía pasa a controlar a cidade. Carlos I prohibe o uso de
armas, pero a xente fai caso omiso ao que di o rei. A xunta dos 13 toma medidas para que os
gremios teñan máis poder (por exemplo: prohibindo o traballo libre).
Estas medidas van provocar tensións entre os que están nos gremios e os que non están, que a
súa vez provoca tensións entre a aristocracia,...
Unha vez pacificados os territorios, hai que organizalos e nacen os consellos, están a Facenda
Real, o Tribunal da Inquisición,...
Carlos I abdica en 1556, deixa os dominios hispanos a Felipe II, e o Sacro Imperio Romano
Xermánico a Fernando de Habsburgo, facendo unha ruptura da casa de Austria.
03.11.2015
Felipe II, vai ter problemas en Flandes por ir acompañado de
conselleiros casteláns e intentar impor o modelo de Castela.
Grazas a el iniciase a expansión cara o Pacifico. Por parte da súa bisavoa terá o dereito ao trono de Portugal ao que ascenderá baixo o
nome de Felipe I e terá que gobernar baixo as leis portuguesas.
Na Coroa de Aragón, terá un problema. Ten un Secretario de Estado,
Antonio Pérez, por parte progresista, e o problema terao co Conde-
Duque de Olivares, da casa de Alba, de corte máis conservadora.
Antonio Pérez, baixo a tortura, confesa e é condenado a 2 anos de cadea e escapa. Refuxiarase
na Coroa de Aragón. Felipe II non pode ser aprisionado por estar neste territorio e recorrera a
Inquisición. Pérez escapará a Francia.
Política Exterior:
Volverán as guerras contra Francia. Trasladará a capital de Valladolid a Madrid.
Da guerra contra Francia gañada por Felipe II erguerase o Mosteiro de San Lorenzo do Escorial.
04.11.2015
A Felipe II sucédelle o seu fillo Felipe III. Este nomea a un valido (Primeiro Ministro na
actualidade) que tería como misión entre outras cousas limpar a corrupción. No 1609, na Coroa
de Aragón ten lugar a expulsión dos musulmáns (mouriscos).
Unha vez solucionado os problemas dos mouriscos no levante, haberá unha paz con Francia. A
única expedición (fóra dos seus dominios) e a participación na Guerra dos 30 anos.
A el sucédelle Felipe IV. Volve o Conde-Duque de Olivares ao poder. Este vai ter unha política
moi centralista, o que provocara moitas tensións en Cataluña, Andalucía e Portugal. Portugal
volverá a ter a independencia en 1640.
O Conde-Duque de Olivares será substituído por outro valido que será Luís de Haro.
Outro problema é a política exterior. Francia comeza a desprazar a España no dominio europeo
(Os Borbón comezan a desprazar aos Austrias españois como potencia dominadora).
Felipe II de España
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
O tratado dos Pirineos outorgará a Francia o Rosellón e Cerdeña, que era propiedade da Coroa
de Aragón.
As Provincias Unidas dos Países Baixos terán a
independencia e a casa de Orange será quen rexa este
país.
Carlos II “El Hechizado”. Pérdese Luxemburgo, pérdese
o Franco-Condado, reforzando así o dominio dos
Borbón.
Ao non ter este descendencia, terá lugar a Guerra de
Sucesión.
As bancarrotas implican unha suba dos impostos, controlar as propiedades da Igrexa. Hai tamén
desvalorización da moeda.
CULTURAL:
Ampliación do territorio que fala castelán. Castelán, lingua de prestixio.
Moitas cortes europeas utilizan o castelán.
Góngora, Quevedo, Cervantes,…
Unha grandes labor dos xesuítas na educación
Negativo Tribunal da Inquisición.
1/3 da poboación dependía dalgunha orde relixiosa.
06.11.2015
Casa de Borbón (1713-1808)
Morre Carlos II e haberá un problema sucesorio. Vai haber 2 candidatos: Felipe V, duque de
Anjou (neto de Luís XIV), e Carlos (Arquiduque de Austria) da casa de Habsburgo.
A Coroa de Aragón apoia a casa de Austria, e a de Castela aos Borbón.
Fírmase o Tratado de Utrech en 1713. A dinastía dos Borbón entra ao trono de España,
renunciando ao Reino de Francia e ao Reino de Nápoles.
A parte disto, os dominios flamencos, pasan a casa dos Habsburgo. Gran Bretaña, obtén
Xibraltar e Menorca, e o dereito de asento (dereito de trasladar escravo a zona das Antillas).
A entrada dos Borbón modifica o modelo de estado, dun modelo confederado, a un estado de
monarquía absolutista.
Felipe V introduce un modelo centralista. Esta centralización aplicará mediante o Decreto de
Nueva Planta. Producirase unha uniformización. O idioma imposto será o castelán e as leis a
usar serán as de Castela.
Os territorios vascos e navarros mantiveron os seus privilexios, porque quería o Rei.
En Aragón (toda a Coroa), quedan sometidos ao dereito do Rei.
Os antigos Reinos, denominarse provincias. Os vicerreis, serán substituídos por capitáns
xerais…
Pretendese buscar un funcionamento uniforme. Implica eliminar privilexios aos territorios.
Carlos II de España
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
10.11.2015
As reformas administrativas tamén se trasladan a ultramar:
Vicerreinado de Nova España:
División no istmo de América
Vicerreinado de Nova España (Metade de
EEUU, México, Cuba, Porto Rico, Filipinas)
Vicerreinado de Nova Granada (cap.
Bogotá)
Vicerreinado do Perú
Vicerreinado de Nova Granada
Vicerreinado do Río de Plata
Capitán xeral, intendente… Os crioulos quedan fora do
poder o que provoca revoltas. Revolta de Túpac Amaru
(Tupacamaro).
Felipe V unifica os privilexios. A perda de territorios europeos favorece a supresión de
estranxeiría, sendo súbditos da Súa Maxestade.
Desaparece a figura do valido. O rei vai ter unha maior actividade. Créanse as Secretarías de
Despacho (Mariña, Indias,…).
Imposición do poder do rei sobre todos os poderes reais.
Felipe V (1700 - 1724) Luís I (1724) Felipe V (1724 - 1746) Fernando VI (1746-
1759) Carlos III (1759 -1788) [Renuncia ao trono de Nápoles] Carlos IV (1788 – 1808)
[Acábase o despotismo ilustrado].
POLÍTICA EXTERIOR:
Guerra dos 7 anos.
Consigue recuperar Florida, A Habana, Manila, Menorca… Non conseguen recuperar Xibraltar.
MEDIDAS ECONÓMICAS:
Os Borbón atópanse cun estado en bancarrota. Felipe V combate a corrupción. A nobreza e a
Igrexa están exentos de impostos.
13.11.2015
O Marqués de Ensenada encarga aos intendentes cal era a situación e gravaba as riquezas con
impostos.
O Catastro de Ensenada segue sendo a fonte de información para coñecer como era a Coroa de
Castela.
Unha das principais fontes de riqueza é o comercio, sobre todo con América. Dende a Coroa
impulsábase a creación de 4 asteleiros (Ferrol, Cádiz, Cartaxena e Habana).
Os peninsulares perviviron ata a entrada de España na OTAN.
As Sociedades Económicas de Amigos do País van ser as divulgadoras dos avances, ensinaban contabilidade,…Os impulsores destas sociedades van ser a burguesía. Melloran as vías de
comunicación…
Invéntase a Lotería.
Apuntamentos de Hra de España 1ira Avaliación
POLÍTICA SOCIAL:
Secularización da sociedade (dende Felipe V a Carlos III). Vai haber un enfrontamento coa
Igrexa.
Top Related