NOTA DE PRENSA
LIBROS LIBRES!
O luns 23 de abril, Día Internacional do Libro
O MARCO participa nunha actividade de BOOKCROSSING
xunto con 71 museos e centros de arte contemporánea de todo o mundo
O vindeiro luns 23 de abril, coincidindo
co Día Internacional do Libro, o
MARCO únese, unha vez máis, á
experiencia de Bookcrossing na que
participan 71 museos e centros de arte
de todo o mundo. Unha campaña de
liberación de libros na que encherán as
cidades con volumes de diferentes
disciplinas, procedentes da bolsa de
duplicados das súas bibliotecas.
A maioría dos participantes iniciarán a
campaña mañá venres 20 de abril
Os museos e centros participantes prevén poñer en circulación máis de 5.000 “libros libres” coa
intención de que os que os recollan, gocen da súa lectura e volvan liberalos noutro punto distinto
do mundo. No caso do MARCO, liberaranse un total de 100 catálogos en distintos puntos da
cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do museo.
Todos os libros liberados están acreditados coas súas correspondentes etiquetas, conteñen as
instrucións necesarias para facilitar ao lector a súa participación na campaña, e estarán rexistrados
na páxina web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar onde
atoparon cada exemplar e o lugar onde o liberaron. O obxectivo desta iniciativa é unir ás
bibliotecas dos museos de arte nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na
difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.
Dende a súa aparición a nivel internacional en 2001, o bookcrossing non fixo senón multiplicar o
número de participantes neste tipo de iniciativas. O bookcrossing defínese como un “club de libros
global”, rexido por tres sinxelas regras, coñecidas como “as tres erres”: read (le), register
(rexistra), release (libera). Os libros “libéranse” normalmente en lugares públicos e de tránsito de
persoas, dende a Universidade aos medios de transporte ou polideportivos, e se cada usuario
segue as instrucións é doado coñecer, a través da páxina www.bookcrossing-spain.com, o traxecto
realizado por un libro dende o seu punto de orixe ao de recollida. En ocasións anteriores, libros de
arte liberados con motivo desta campaña foron localizados en cidades tan distantes como París,
Nova York, Roma ou O Cairo.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de CulturaPríncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
Esta iniciativa xorde da celebración no centro-museo ARTIUM de Vitoria-Gasteiz dos
Encontros de Bibliotecas e Centros de documentación de Arte Contemporánea, nos que
con carácter bienal se comparte información, se analizan as novas liñas de traballo e se estuda a
posibilidade de establecer vías de colaboración entre centros. Froito diso foi a posta en marcha dun
foro especializado en documentación de arte contemporánea e unha primeira vía de traballo de
difusión do labor destas entidades mediante esta iniciativa de bookcrossing.
Os libros liberados conteñen catro adhesivos. O primeiro, no lombo, é o símbolo internacional do
bookcrossing, o debuxo dun libro con brazos e pernas en actitude de correr, personalizado co
logotipo de cada centro ou museo. Un texto aclara que se trata dun libro bookcrossing. A segunda
etiqueta vai colocada sobre a cuberta do libro e nela danse máis detalles: “pásalle este libro a
alguén ou déixao libre na súa aventura” e “non me perdín, son parte dun club de libros global”, ao
tempo que remite a máis detalles no interior do libro.
Unha vez dentro, o terceiro adhesivo instrúe a persoa que recolleu o libro sobre o obxecto da
liberación de libros e sobre a conveniencia de participar nesta experiencia internacional a través da
páxina web www.bookcrossing-spain.com, que permite coñecer onde estivo a publicación e quen a
leu, así como incorporar o novo lector ao seu diario de viaxe. Alternativamente, o lector pode
escribir o seu nome e o lugar onde atopou o libro antes de liberalo de novo nun diario de viaxe, o
cuarto adhesivo, que tamén incorpora o libro.
O bookcrossing permite non só compartir e intercambiar gratuitamente libros senón tamén seguir a
pista de calquera deles unha vez que “foi liberado”, así como saber quen o leu e en que lugar.
Calquera persoa pode participar nesta experiencia, non só recollendo libros senón tamén poñendo
en circulación outros da súa propiedade, rexistrándoos na páxina web de bookcrossing e
liberándoos despois nun lugar público.
Se desexa recibir máis información, diríxase a:MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoDepartamento de Comunicación (Marta Viana ou Pilar Souto)R/ Príncipe nº 5436202 VigoTel. +34 986 11 39 08 /11 39 03 / 11 39 00 / Fax.+34 986 11 39 01Email: [email protected] [email protected]
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de VigoFUNDACIÓN MARCO: Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Ministerio de CulturaPríncipe 54. 36202 Vigo. Tel: 986 113900. Fax 986 11 39 01 [email protected] www.marcovigo.com
Top Related