LITERATURA GALEGA DO SÉCULO XX E
ACTUALIDADE (2º BACHARELATO)
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA.CURSO 2020-2021
DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA. IESP DE AMES
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________2
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
ÍNDICE
1.Introdución e contextualización. ...............................................................................................3
2.Contribución ao desenvolvemento das competencias clave. Concreción que recolla a relación
dos estándares de aprendizaxe avaliables da materia que forman parte dos perfís
competenciais. .............................................................................................................................3
3.Concreción dos obxectivos para o curso. ..................................................................................4
4.Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable. ........................................................5
5. Concrecións metodolóxicas que require a materia ................................................................16
6. Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar .............................................................17
7.Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.....................................18
7.1 Criterios de avaliación ......................................................................................................18
(incluídos no cadro do punto 2. Grao mínimo de consecución para superar a materia) ........18
7.2 Criterios de cualificación ..................................................................................................18
7.3 Axustes para un ensino non presencial ............................................................................20
8. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos
necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato. ...............................................21
9. Concreción dos elementos tranversais que se traballarán no curso que corresponda. .........21
ANEXO 1. ESCOLMA DE LECTURAS / CURSO 2020-2021 ............................................................23
ANEXO 2. ESCOLMA DE TEXTOS PARA LECTURA DE AULA .........................................................26
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________3
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
1.Introdución e contextualización.
O obxectivo principal desta materia é coñecer a creación literaria de finais do século XX
e XXI e utilizar de forma crítica as fontes bibliográficas e documentais adecuadas para o
seu estudo, apreciando a obra literaria como fonte de enriquecemento cultural e de pracer
persoal. Para isto, será preciso ler obras literarias pertencentes a distintos xéneros,
identificar nelas os aspectos formais e temáticos que as individualizan e valoralas como
expresión da sensibilidade do ser humano e da identidade cultural de Galicia. Ademais,
deberase comprender a relación entre a obra literaria e o contexto sociocultural no que foi
creada e recoñecer nela as influencias literarias e non literarias.
Trátase, en definitiva, de valorar a riqueza temática da creación literaria do finais século
XX e XXI a través da análise do seu tratamento por diversos autorxs e mostrar interese
pola actividade cultural desenvolvida por elxs. Tamén se establecerán relacións entre
textos da literatura galega de finais do século XX e XXI con textos doutras literaturas,
explicando as conexións formais e temáticas existentes entre eles.
Tentar que a formación lectora sexa desde unha perspectiva integradora de oralidade,
lectura e escritura, amosando un coidado da lingua como medio privilexiado de
comunicación persoal, tanto se se trata de expoñer con rigor os contidos e opinións de
maneira oral, como se se trata de elaborar textos escritos, xa sexan expositivos,
argumentativos ou creativos.
2.Contribución ao desenvolvemento das competencias clave.
Concreción que recolla a relación dos estándares de aprendizaxe
avaliables da materia que forman parte dos perfís competenciais.
No cadro adxunto, recóllense as competencias traballadas en cada un dos estándares de
aprendizaxe, sendo as máis presentes as seguintes competencias: competencia en
comunicación lingüística, competencia social e cívica, competencia da conciencia e
expresión culturais, competencia de aprender a aprender e competencia dixital. Estas
competencias valoraranse segundo os criterios establecidos nas rúbricas de corrección
A contribución da área ao desenvolvemento das competencias é a seguinte:
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________4
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● CCL: comprender o sentido dos textos escritos e orais; manter unha actitude
favorable cara á lectura; expresarse oralmente e por escrito con corrección,
adecuación e coherencia; respectar as normas de comunicación e manexar os
elementos da linguaxe non verbal.
● CSC: desenvolver capacidade de diálogo; recoñecer a riqueza da diversidade de
opinións; aprender a comportarse desde o coñecemento dos distintos valores.
● CEC: amosar respecto cara á cultura galega, valorando a produción literaria
autóctona como algo enriquecedor; expresar sentimentos e emocións desde
códigos artísticos; apreciar a beleza das expresións artísticas e das manifestacións
de creatividade e gusto pola estética no ámbito cotián; elaborar traballos e
presentación con sentido estético.
● CAA: xestionar os recursos e motivacións persoais en favor da aprendizaxe; xerar
estratexias para aprender en distintos contextos de aprendizaxe; aplicar estratexias
para a mellora do pensamento creativo e desenvolver estratexias que favorezan a
comprensión rigorosa dos contidos.
● CD: empregar e seleccionar distintas fontes para a busca de información; elaborar
información propia derivada da obtida nas TIC; manexar ferramentas dixitais para
a construcción do coñecemento e aplicar criterios éticos no uso das TIC.
3.Concreción dos obxectivos para o curso.
● Ler obras literarias contemporáneas, debaténdoas e situándoas no seu contexto
sociocultural .
● Elaborar recensións de obras literarias actuais, expoñéndoas publicamente.
● Establecer relacións entre textos da literatura galega con textos doutras literaturas.
● Relacionar a literatura con outras artes (cine, música, fotografía, banda deseñada,
TICS, pintura, arquitectura…).
● Realización de distintas tarefas nun obradoiro de creación literaria.
● Comprender e valorar criticamente as manifestacións literarias como expresión de
creacións e sentimentos individuais e colectivos.
● Analizar e interpretar imaxes e modelos que transmite a literatura desde unha
perspectiva feminista.
● Gozar da lectura como actividade lúdica e como fonte de coñecemento.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________5
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● Elaborar traballos sobre temas ou obras da literatura galega actual, seguindo un
guión elaborado polo docente.
● Exposicións orais, correctas e coherentes, sobra os traballos anteriores. Utlización
de soportes dixitais nas mesmas.
● Adquirir as destrezas de analizar, sintetizar, comprender, valorar, transformar e
crear un texto propio.
4.Concreción para cada estándar de aprendizaxe avaliable.
1º. Temporalización
● Bloque 1: Introdución á literatura galega contemporánea.
● Bloque 2: Narrativa.
● Bloque 3: Poesía.
● Bloque 4: Teatro.
● Bloque 5: Ensaio.
● Bloque 6: A literatura e outras artes.
A temporalización debe ser progresiva, valorando no alumnado a adquisición e
asimilación continua dos diferentes estándares de aprendizaxe.
A organización dos contidos farase tendo en conta un criterio pragmático, coa lectura e
análise de obras significativas da literatura galega contemporánea, combinando xéneros
e autor*s, liñas temáticas e tendencias estruturais e de estilo.
A partir dos textos seleccionados no ANEXO 1 e ANEXO 2, o docente irá establecendo
unha sistematización teórica que actúe de mapa conceptual para o alumnado, e que
permita integrar os coñecementos nun marco que resulte útil para comprender a literatura
galega contemporánea. Partiremos, pois, dos textos, para logo falar de autorías e
temáticas, de semellanzas e contrastes entre obras, de tendencias xerais e puntos de fuga,
resaltando aquelas obras que destaquen pola súa orixinalidade temática e/ou formal.
En canto á metodoloxía de traballo na aula, combinaremos de modo equilibrado os
seguintes elementos:
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________6
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
A. Lectura de textos literarios que resulten representativos das tendencias temáticas
e estilísticas da literatura galega contemporánea; centraremos especialmente a
nosa atención no relato breve (anexo 2), na poesía e no teatro, cunha breve
mención ao ensaio.
B. Análise crítica e posta en común oral sobre as características deses textos, en
diálogo co alumnado.
C. Sistematización de datos, apoiada en recursos bibliográficos e virtuais
D. Práctica de comentario de textos.
E. Actividades creativas de obradoiro literario
F. Uso de cine, música e banda deseñada como elementos de apoio para comprender
mellor a literatura galega contemporánea.
NOTA: Durante o curso, se por circunstancias sanitarias o ensino pasa a ser non
presencial, usaremos a aula virtual para desenvolver contidos e explicar traballos; así
mesmo, reforzaremos o uso da videoconferencia e da gravación de vídeos como
alternativa de traballo por parte do alumnado.
2º. Grao mínimo de consecución para superar a materia.
Incluído en vermello no cadro seguinte.
Literatura Galega do Século XX e da Actualidade. 2º de bacharelato
Obxectivos Contidos Criterios de avaliación Estándares de
aprendizaxe
Competencias
clave
Bloque 1. Aspectos comúns
b
d
e
p
B1.1. Lectura e
interpretación de textos
significativos do século
XX e da actualidade,
descrición neles dos
aspectos formais e
temáticos que os
individualizan e
valoración destes como
expresión da
B1.1. Ler e interpretar
textos significativos
do século XX e da
actualidade,
identificar neles os
aspectos formais e
temáticos que os
individualizan e
valoralos como
expresión da
LGSXX1.1.1. Le e
interpreta textos
significativos do
século XX e da
actualidade, identifica
neles os aspectos
formais e temáticos
que os individualizan
e valóraos como
expresión da
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________7
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
sensibilidade autorial e da
identidade cultural de
Galicia.
sensibilidade autorial
e da identidade
cultural de Galicia.
sensibilidade autorial
e da identidade
cultural de Galicia.
Le e interpreta algúns
dos textos
significativos.
n
e
p
B1.2. Análise dos
elementos intratextuais e
extratextuais que
impregnan as obras
literarias, así como da
estrutura e a técnica que
os sustentan.
B1.2. Analizar os
elementos
intratextuais e
extratextuais que
impregnan as obras
literarias, así como a
estrutura e técnica que
os sustentan.
LGSXX1.2.1. Analiza
e describe os
elementos
intratextuais e
extratextuais que
impregnan as obras
literarias, así como a
estrutura e técnica que
os sustentan.
Analiza e describe
algúns dos aspectos
requeridos
CCL
CCEC
e
h
p
B1.3. Estudo da relación
entre a obra literaria e o
contexto sociocultural en
que foi creada, e
recoñecemento das
influencias literarias e
non literarias presentes
nela.
B1.3. Estudar a
relación entre a obra
literaria e o contexto
sociocultural en que
foi creada, e recoñecer
as influencias
literarias e non
literarias presentes
nela.
LGSXX1.3.1. Estuda
e describe a relación
entre a obra literaria e
o contexto
sociocultural en que
foi creada, e recoñece
as influencias
literarias e non
literarias presentes
nela.
Estuda e describe a
relación, recoñecendo
algunhas das súas
influencias.
CCL
CCEC
e
h
p
B1.4. Valoración da
pluralidade de estéticas e
temáticas literarias do
século XX e da
actualidade a través da
análise do seu tratamento
por diferentes autoras e
autores.
B1.4. Valorar a
pluralidade de
estéticas e temáticas
literarias do século
XX e da actualidade a
través da análise do
seu tratamento por
diferentes autoras e
autores.
LGSXX1.4.1. Valora
e describe a
pluralidade de
estéticas e temáticas
literarias do século
XX e da actualidade a
través da análise do
seu tratamento por
diferentes autoras e
autores.
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________8
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
Valora a pluralidade a
partir dalgúns dos
textos vistos.
e
h
p
B1.5. Análise da relación
entre textos da literatura
galega do século XX e da
actualidade con textos
doutras literaturas, e
descrición das conexións
formais e temáticas
existentes entre eles.
B1.5. Analizar a
relación entre textos
da literatura galega do
século XX e da
actualidade con textos
doutras literaturas, e
explicar as conexións
formais e temáticas
existentes entre eles.
LGSXX1.5.1. Analiza
e describe a relación
entre textos da
literatura galega do
século XX e da
actualidade con textos
doutras literaturas, e
explica as conexións
formais e temáticas
existentes entre eles.
Analiza e describe a
relación con algúns
textos doutras
literaturas.
Doutras
literaturasC
CL
CCEC
e
h
p
B1.6. Estudo da relación
entre a obra literaria e
outras artes (cine, pintura,
música, etc.) e descrición
de influencias e
hibridacións.
B1.6. Estudar a
relación entre a obra
literaria e outras artes
(cine, pintura, música,
etc.) e describir
influencias e
hibridacións.
LGSXX1.6.1. Estuda
e describe a relación
entre a obra literaria e
outras artes (cine,
pintura, música, etc.)
e describe influencias
e hibridacións.
Estuda e describe esa
relación nalgúns
casos.
CCL
CCEC
e
h
l
p
B1.7. Elaboración de
traballos de investigación
escritos e/ou orais sobre
algunha obra ou aspecto
salientable dela,
empregando as fontes de
documentación
necesarias e cunha
opinión persoal
argumentada.
B1.7. Elaborar
traballos de
investigación escritos
e/ou orais sobre
algunha obra ou
aspecto salientable
dela, empregando as
fontes de
documentación
necesarias, e emitir
unha opinión persoal
argumentada.
LGSXX1.7.1. Elabora
traballos de
investigación escritos
e/ou orais sobre
algunha obra ou
aspecto salientable
dela, empregando as
fontes de
documentación
necesarias, e emite
unha opinión persoal
argumentada.
Elabora un traballo
por avaliación.
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________9
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
e
h
p
B1.8. Creación de textos
de intención literaria nos
que se teñan presentes as
técnicas e os
coñecementos adquiridos
no estudo e na análise das
obras da literatura galega
do século XX e da
actualidade.
B1.8. Crear textos de
intención literaria nos
que se teñan presentes
as técnicas e os
coñecementos
adquiridos no estudo e
na análise das obras
da literatura galega do
século XX e da
actualidade.
LGSXX1.8.1. Crea
textos de intención
literaria nos que ten
presentes as técnicas e
os coñecementos
adquiridos no estudo e
na análise das obras
da literatura galega do
século XX e da
actualidade.
Crea, regularmente,
textos de intención
literaria.
CCL
CCEC
Bloque 2. Narrativa
d
e
h
p
B2.1. Análise da
narrativa galega do
século XX e da
actualidade, e descrición
dos seus paradigmas, os
seus contextos e as súas
influencias.
B2.1. Analizar a
narrativa galega do
século XX e da
actualidade
determinando os seus
paradigmas, os
contextos e as
influencias.
LGSXX2.1.1. Analiza
a narrativa galega do
século XX e da
actualidade, e
determina os seus
paradigmas, os
contextos e as
influencias.
Analiza algúns textos
da narrativa galega.
CCL
CCEC
LGSXX2.1.2.
Comenta e compara
textos narrativos da
literatura galega do
século XX e da
actualidade, e describe
a coincidencia ou
diverxencia temática,
formal ou estilística.
Comenta e compara
algúns textos
narrativos.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B2.2. Estudo do relato e
descrición das súas
principais características:
estrutura, técnicas e
extensión.
B2.2. Estudar o relato
e sinalar as súas
principais
características:
LGSXX2.2.1. Analiza
o relato e sinala as
súas principais
características:
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________10
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
estrutura, técnicas e
extensión.
estrutura, técnicas e
extensión.
Analiza algúns dos
aspectos sinalados
nun relato.
d
e
h
p
B2.3. Estudo da novela e
descrición dos seus trazos
definitorios: tipo de
narrador, deseño de
personaxes e tratamento
das categorías de espazo
e tempo.
B2.3. Estudar a novela
e describir os seus
trazos definitorios:
tipo de narrador,
deseño de personaxes
e tratamento das
categorías de espazo e
tempo.
LGSXX2.3.1. Analiza
a novela e describe os
seus trazos
definitorios: tipo de
narrador, deseño de
personaxes e
tratamento das
categorías de espazo e
tempo.
Analiza algúns deses
aspectos nunha novela
determinada.
CCL
CCEC
Bloque 3. Poesía
d
e
h
p
B3.1. Análise da poesía
galega do século XX e da
actualidade determinando
os seus paradigmas, os
seus contextos e as súas
influencias.
B3.1. Analizar a
poesía galega do
século XX e da
actualidade
determinando os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
LGSXX3.1.1. Analiza
a poesía galega do
século XX e da
actualidade
determinando os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
Analiza algúns deses
aspectos na poesía
actual.
CCL
CCEC
LGSXX3.1.2.
Comenta e compara
textos poéticos da
literatura galega do
século XX e da
actualidade e describe
a coincidencia ou
diverxencia temática,
formal ou estilística.
Comenta e compara
algúns textos poéticos.
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________11
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
d
e
h
p
B3.2. Estudo do fondo ou
contido dos principais
textos poéticos do
período, determinando
temas e motivos.
B3.2. Estudar o fondo
ou contido dos
principais textos
poéticos do período,
determinando temas e
motivos.
LGSXX3.2.1.
Describe o fondo ou
contido dos principais
textos poéticos do
período e describe
temas e motivos.
Describe o contidos
dalgúns textos
poéticos.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B3.3. Estudo da forma ou
expresión dos principais
textos poéticos do
período, determinando o
nivel actancial (actores e
personaxes), a
enunciación (voz,
perspectiva e suxeito
lírico), a estrutura e a
figuración (tropos,
figuras de dicción e
figuras de pensamento).
B3.3. Estudar a forma
ou expresión dos
principais textos
poéticos do período,
determinando o nivel
actancial (actores e
personaxes), a
enunciación (voz,
perspectiva e suxeito
lírico), a estrutura e a
figuración (tropos,
figuras de dicción e
figuras de
pensamento).
LGSXX3.3.1. Analiza
a forma ou expresión
dos principais textos
poéticos do período e
describe o nivel
actancial (actores e
personaxes), a
enunciación (voz,
perspectiva e suxeito
lírico), a estrutura e a
figuración (tropos,
figuras de dicción e
figuras de
pensamento).
Describe algúns deses
aspectos nos textos
poéticos presentados.
CCL
CCEC
Bloque 4. Teatro
d
e
h
p
B4.1. Análise do teatro
galego do século XX e da
actualidade determinando
os seus paradigmas, os
seus contextos e as súas
influencias.
B4.1. Analizar o
teatro galego do
século XX e da
actualidade
determinando os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
LGSXX4.1.1. Analiza
o teatro galego do
século XX e da
actualidade e
determina os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
Analiza algúns dos
aspectos sinalados en
determinadas obras
dramáticas.
CCL
CCEC
LGSXX4.1.2.
Comenta e compara
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________12
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
textos teatrais da
literatura galega do
século XX e da
actualidade, e describe
a coincidencia ou
diverxencia temática,
formal ou estilística.
Comenta e compara
algúns textos teatrais.
d
e
h
p
B4.2. Análise do teatro
desde a súa compoñente
literaria e caracterización
da traxedia, a comedia e
o drama do período.
B4.2. Analizar o
teatro desde a súa
compoñente literaria e
caracterizar a traxedia,
a comedia e o drama
do período.
LGSXX4.2.1. Analiza
o teatro desde a súa
compoñente literaria e
caracteriza a traxedia,
a comedia e o drama
do período.
Distingue os
subxéneros teatrais.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B4.3. Análise do teatro
como espectáculo e
descrición do
funcionamento dos
elementos e axentes
escénicos.
B4.3. Analizar o
teatro como
espectáculo e
describir o
funcionamento dos
elementos e axentes
escénicos.
LGSXX4.3.1. Analiza
o teatro como
espectáculo e describe
o funcionamento dos
elementos e axentes
escénicos.
Describe algúns dos
elementos e axentes
escénicos do teatro.
CCL
CCEC
Bloque 5. Ensaio
d
e
h
p
B5.1. Análise do ensaio
galego do século XX e da
actualidade determinando
os seus paradigmas, os
seus contextos e as súas
influencias.
B5.1. Analizar o
ensaio galego do
século XX e da
actualidade
determinando os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
LGSXX5.1.1. Analiza
o ensaio galego do
século XX e da
actualidade e
determina os seus
paradigmas, os seus
contextos e as súas
influencias.
Realiza a lectura de
textos ensaísticos,
sinalando algúns
aspectos relevantes.
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________13
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
d
e
h
p
B5.2. Análise de
diferentes tipos de
ensaios literarios:
(auto)biografías, libros de
viaxe, memorias, diarios
e críticas literarias.
B5.2. Analizar
diferentes tipos de
ensaios literarios:
(auto)biografías,
libros de viaxe,
memorias, diarios e
críticas literarias.
LGSXX5.2.1. Analiza
diferentes tipos de
ensaios literarios:
(auto)biografías,
libros de viaxe,
memorias, diarios e
críticas literarias.
Distingue diferentes
tipos de ensaios
literarios.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B5.3. Análise de
diferentes tipos de
ensaios xornalísticos:
artigos de opinión,
crónicas e entrevistas.
B5.3. Analizar
diferentes tipos de
ensaios xornalísticos:
artigos de opinión,
crónicas e entrevistas.
LGSXX5.3.1. Analiza
diferentes tipos de
ensaios xornalísticos:
artigos de opinión,
crónicas e entrevistas.
Analiza algúns tipos
de ensaios
xornalísticos.
CCL
CCEC
Bloque 6. A literatura e outras artes
d
e
h
p
B6.1. Análise das
relacións, influencias e
producións hibridadas da
literatura e o cine.
B6.1. Analizar as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e o cine.
LGSXX6.1.1. Analiza
e describe as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e o cine.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre cine e literatura.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B6.2. Análise das
relacións, influencias e
producións hibridadas da
literatura e a música.
B6.2. Analizar as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a música.
LGSXX6.2.1. Analiza
e describe as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a música.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre música e
literatura.
CCL
CCEC
d
e
B6.3. Análise das
relacións, influencias e
B6.3. Analizar as
relacións, influencias
LGSXX6.3.1. Analiza
e describe as
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________14
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
h
p
producións hibridadas da
literatura e as artes
plásticas.
e producións
hibridadas da
literatura e as artes
plásticas.
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e as artes
plásticas.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre artes plásticas e
literatura.
d
e
h
p
B6.4. Análise das
relacións, influencias e
producións hibridadas da
literatura e a fotografía.
B6.4. Analizar as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a
fotografía.
LGSXX6.4.1. Analiza
e describe as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a
fotografía.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre fotografía e
literatura.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B6.5. Análise das
relacións, influencias e
producións hibridadas da
literatura e a banda
deseñada.
B6.5. Analizar as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a banda
deseñada.
LGSXX6.5.1. Analiza
e describe as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e a banda
deseñada.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre banda deseñada
e literatura.
CCL
CCEC
d
e
h
p
B6.6. Análise das
relacións, influencias e
producións hibridadas da
literatura e as novas
tecnoloxías.
B6.6. Analizar as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e as novas
tecnoloxías.
LGSXX6.6.1. Analiza
e describe as
relacións, influencias
e producións
hibridadas da
literatura e as novas
tecnoloxías.
Analiza e describe
algunhas influencias
entre TIC e literatura.
CCL
CCEC
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________15
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
3º Procedementos e instrumentos de avaliación.
A avaliación, dentro do proceso de ensino-aprendizaxe tal e como o concibimos, está
destinada basicamente a medir o seu bo funcionamento, a súa eficacia. Polo tanto, deberá
cumprir dúas funcións: corrixir e/ou axustar a propia programación e verificar o grao de
consecución dos obxectivos, competencias e estándares de aprendizaxe por parte do
alumnado. Para tal fin, deberá estar integrada no propio proceso de ensino-aprendizaxe,
polo que distinguiremos tres pasos ou momentos distintos pero complementarios:
● Avaliación inicial: Realízase a comezo de curso, coa finalidade de coñecer que
sabe e como o sabe o alumnado, para así adecuar as intencións aos seus
coñecementos previos e necesidades.
Neste curso 2020-2021, tal como ditan as Instrucións do 30 de xullo 2020, da
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,
en relación ás medidas educativas que se deben adoptar no curso académico
2020/2021, na primeira semana de curso realizaremos unha avaliación inicial que
tomaremos como punto de partida para adoptar aquelas medidas de apoio, reforzo
e recuperación que sexan necesarias para cada alumna ou alumno, máis tendo en
conta as circunstancias en que se desenvolveu o terceiro trimestre do curso 2019-
2020 debido á crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Na nosa materia non é preciso recuperar contidos dos cursos anteriores, pero si
procede realizar unha proba escrita para coñecer os coñecementos previos do
alumnado, o seu grao de desenvolvemento das competencias clave e a súa
situación persoal no curso que comeza, sobre todo a nivel emocional.
● Avaliación formativa: Serve para regular o proceso e introducir o axustes que en
cada momento consideremos oportunos.
● Avaliación sumativa (ou final): confirma se se conseguiron os obxectivos
propostos se acadaron as competencias e dela derívase a cualificación final e/ou a
proposta de promoción ou non de cada alumno
A nosa avaliación terá, polo tanto, os seguintes trazos:
● Non nos limitaremos a cualificar e empregaremos, sempre que sexa posible,
enfoques cualitativos e personalizados mediante a observación do alumnado.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________16
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● Empregaremos procedementos axeitados e variados: actividades e exercicios,
traballos escritos (a man ou en soporte informático), diario de aula, probas
orais e escritas relacionadas coas competencias, probas orais e escritas sobre
as lecturas, exposicións orais, a actitude e traballo persoal, etc.
● Será continua, no sentido de interrelacionar conceptos, procedementos,
actitudes e competencias, tanto ao inicio como ao final do proceso de
aprendizaxe.
● É un proceso que nos permite retroalimentarnos e autoavaliarnos a nós e ao
noso alumnado.
Os instrumentos de avaliación aplicaranse en dous sentidos:
Avaliación do rendemento do alumnado:
✔ Observación directa do traballo na aula.
✔ Uso de rúbricas (expresión oral nas exposicións/ redacción e presentación de
probas e traballos escritos) para a corrección de:
- Exposicións orais dos traballos encargados/ Controis de lectura (unha por
avaliación)
- Entrega das actividades escritas (obradoiro de creación literaria,
comentarios de textos guiados…).
Avaliación do proceso de ensino-aprendizaxe:
Tamén se desenvolverá unha avaliación da ensinanza, realizando un seguimento regular
do desenvolvemento do curso, a través do diálogo co alumnado, intentado axustar a
programación ás súas necesidades e intereses vitais. Así mesmo, ao remate de cada
trimestre pasarase unha enquisa ao alumnado para que valoren o labor do profesor, así
como o seu grao de satisfacción coa materia e a consecución ou non dos obxectivos da
mesma.
5. Concrecións metodolóxicas que require a materia
- O docente será unha guía no proceso de descuberta-aprendizaxe do alumnado, quen
será o verdadeiro protagonista. Nos métodos de traballo tratará de combinarse o
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________17
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
individual co colectivo (se as circunstancias sanitarias o permiten) e a investigación
coa propia creación.
- A lectura de obras enteiras e fragmentos literarios (seleccionados e facilitados ao
alumnado) serán o piar fundamental desta materia; ademais, as clases completaranse
con películas, cancións, indagacións en Internet e outros materiais que nos resulten
útiles.
- Facilitarase o traballo autónomo do alumnado, estimulando tamén as súas
capacidades para o traballo en equipo, favorecendo situacións de aprendizaxes
contextualizadas.
- Impulsarase a busca de todo tipo de información, a súa interpretación e reutilización
para a elaboración de textos propios.
- Potenciarase a utilización de formatos dixitais na realización de tarefas e na
presentación de traballos.
6. Materiais e recursos didácticos que se vaian utilizar
- Unha escolma ampla e variada de textos de narrativa, poesía e teatro representativos
da literatura galega máis contemporánea (preferentemente do século XXI). Pódese
consultar a lista completa no ANEXO 1.
- Unha escolma de textos (preferentemente relatos breves, poemas e textos dramáticos)
para traballar na aula. Pódese consultar a lista completa no ANEXO 2.
- Na explicación dos contidos teóricos utilizaranse distintos materiais (fichas
explicativas, ppt., recursos literarios en rede, blogues literarios, información cultural
e literaria da prensa escrita, libros de texto…).
- Material bibliográfico e recursos audiovisuais da biblioteca do centro ou de internet.
- Como páxina de referencia para préstamo virtual de libros escollemos GALICIA LE,
da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________18
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
7.Criterios sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado.
7.1 Criterios de avaliación
(incluídos no cadro do punto 2. Grao mínimo de consecución para superar a materia)
7.2 Criterios de cualificación
Cada avaliación, as porcentaxes establecidas nos criterios de cualificación serán as
seguintes:
- Cada trimestre, o alumna/o deberá escoller unha obra de lectura obrigatoria das
que figuran no ANEXO 1 desta programación; poderá escoller libremente entre todas
elas, pero cunha única condición: non se pode repetir xénero literario, polo que ao
longo do curso cada alumna/o deberá elaborar un traballo de investigación sobre unha
obra de narrativa, unha de poesía e outra de teatro ou ensaio. O alumno debe
comunicar ao profesor a obra escollida ao principio de cada trimestre.
No hipotético caso de que non resulte do seu agrado, pode cambiar de obra, sempre
que llo comunique ao profesor en tempo e prazo (nunca no último mes de avaliación).
En primeiro lugar, farase unha primeira proba de control de lectura (oral ou escrita),
valorada nun 10% da nota de cada avaliación.
En segundo lugar, cada alumna/o deberá realizar un traballo de investigación sobre
a mesma, en soporte escrito e/ou dixital, acompañado dunha exposición oral que se
realizará, de ser posible, de modo presencial na aula, aínda que se buscarán
alternativas telemáticas para o ensino non presencial.
Este traballo a partir da obra de lectura suporá o 40% da nota de avaliación; a parte
de investigación escrita do traballo suporá o 20% da nota, e a exposición oral, o
outro 20%. O docente entregará ao alumnado unhas instrucións detalladas sobre os
obxectivos e contidos a desenvolver no traballo e compartirá as rúbricas
correspondentes onde se especifiquen os items avaliables, tanto na parte escrita como
na expositiva.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________19
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
Tendo en conta as especiais circunstancias de prevención sanitaria nas que se vai
desenvolver este curso 2020/2021, os traballos de investigación serán realizados
preferentemente de xeito individual, tanto na parte escrita como na oral. No hipotético
caso de que xa non exista unha situación de risco para a saúde en relación ao COVID
19, optarase por fomentar o traballo por parellas.
- Comentario literario sobre textos traballados na aula (un ou dous por avaliación), e
dos que exista unha contextualización previa efectuada polo docente; a relación de
textos que se ofrece ao alumnado figura no Anexo 2 desta programación - 15% da
nota.
- Diario de aula (crónica regular e ordenada das explicacións, debates e exercicios que
teñan que ver co desenvolvemento da materia, e que o alumnado debe levar ao día
nun rexistro de caderno físico ou diario dixital) - 20% da nota.
- Obradoiro de creación literaria – 10% da nota
- Actitudes - 5% da nota. O alumnado poderá obter ata 0,5 puntos dependendo do
grao de cumprimento dos seguintes ítems:
1. Respecto ao docente e aos compañeiros/as. (0,1)
2. Posesión e uso dos materiais necesarios para desenvolver a clase.(0,1)
3. Implicación positiva no desenvolvemento da clase, sen interrupcións molestas ou
innecesarias (0,1)
4. Atención ás explicacións do docente e participación nas actividades de aula. (0,1)
5. Asistencia regular a clase con puntualidade (0,1)
NOTA:
O alumnado poderá compensar con lecturas voluntarias (ata un 20% da nota) a non
obtención da nota máxima en calquera dos apartados anteriores; a avaliación das mesmas
poderá ser oral ou escrita, telemática ou presencial, segundo o que indique o profesor e
as circunstancias o permitan. A data para o control de lectura destas obras nunca se
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________20
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
efectuará nas dúas semanas previas ao calendario oficial de avaliacións establecido
polo centro.
As lecturas volutarias deben escollerse, preferentemente, da lista elaborada polo docente
no ANEXO 1. Se a alumna/o desexa escoller outra obra distinta das sinaladas, deberá
contar coa autorización previa do profesor da materia.
IMPORTANTE:
En caso de que exista proba de que houbo copia ou plaxio en calquera tarefa ou proba,
esta terá como cualificación un cero (0 puntos).
A nota final do curso será a media aritmética das tres avaliacións, tendo en conta o
cómputo numérico exacto de cada trimestre, e non o redondeo dos boletíns informativos
para as familias.
Promoción do alumnado
Aquel alumnado que non realice o traballo e exposición oral en cada avaliación, non
superará a materia en maio. O feito de non ter feito un dos tres, xa implicará a non
superación da materia. En xullo, deberá presentar por escrito os traballos correspondentes.
No caso de realizar, durante o curso, os devanditos traballos e as súas respectivas
exposicións, e non acadar, en conxunto, o mínimo esixible (un 5), a alumna/o
correspondente deberá elaborar durante o verán o traballo encargado polo docente.
7.3 Axustes para un ensino non presencial
En caso de que sexa preciso abandonar o ensino presencial, manteranse os criterios de
cualificación, pero axustaranse os procedementos e instrumentos de avaliación, que
quedarán como segue:
● As probas escritas realizaríanse as xornadas de presencia física na aula se o ensino
fose semipresencial; en caso de ensino virtual, valorarase a plataforma máis
axeitada para realizar probas e utilizaremos estratexias como dividir a proba en
partes, establecer cuestións máis abertas ou máis pechadas segundo o caso, etc.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________21
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● A avaliación das probas orais (exposición sobre traballo trimestral) realizarase
mediante procedementos como arquivos de audio e vídeo, e avaliaríanse mediante
a rúbrica correspondente.
● Para a valoración das lecturas utilizaremos tamén arquivos de audio e vídeo e
videoconferencias individualizadas.
● A parte escrita dos traballos de investigación, creación e comentario de textos
entregarase a través da aula virtual do centro e será cualificada a través dunha
rúbrica.
● Por último, modificaranse os ítems para cualificar as actitudes (0,5 puntos),
adáptandoos a un entorno virtual; quedarían do seguinte xeito:
- Conéctase regularmente nas horas de clase virtual (0,1)
- Está visible e coa actitude axeitada nas videoconferencias (0,1)
- Colabora activamente no desenvolvemento das clases (0,1)
- Mantén unha comunicación regular co docente e participa na actividade
académica con regularidade (0,1)
- Envía os traballos/tarefas na forma e prazo axeitados (0,1).
8. Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado
acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no
caso do bacharelato.
Incluído no apartado 4.3º
9. Concreción dos elementos tranversais que se traballarán no curso
que corresponda.
Aínda que algunhas das competencias clave inclúen os valores na súa propia definición,
desde a materia de Literatura Galega do século XX e actualidade (2º BAC) farase un
tratamento transversal da educación en valores. Estes enfocaranse en dúas direccións:
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________22
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
- Valores sociais que debe coñecer, respectar e aplicar o alumnado, baseados nos
dereitos humanos e constitucionais. Neste apartado incidirase, dun xeito significativo,
na igualdade de oportunidades e responsabilidades entre os dous sexos e na violencia
machista, vendo dentro desta a violencia simbólica, estrutural e de acción.
- Valores de tipo individual que se deben seguir desenvolvendo no alumnado: espírito
crítico, curiosidade, liberdade e responsabilidade, coidado do medio ambiente,
autoestima no uso da lingua galega como elemento de identidade cultural...
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________23
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
ANEXO 1. ESCOLMA DE LECTURAS / CURSO 2020-2021
NARRATIVA
Novela negra e policíaca
● Diego Ameixeiras, Conduce rápido, Xerais
● Xurxo Borrazás, Criminal, Sotelo Blanco
● Pedro Feijoo, Sen piedade, Xerais
● Domingo Villar, A praia dos afogados, Galaxia
● Manuel Esteban, A vinganza dos homes bos, Xerais.
Narrativa de memoria autobiográfica, familiar e xeracional
● Francisco Castro, Xeración perdida, Galaxia
● Xesús Fraga, Virtudes (e misterios), Galaxia
● Gonzalo Hermo, Diario dun enterro, Galaxia
● Manuel Portas, Faneca brava, Xerais
● Manuel Rivas, As voces baixas, Xerais
● Antón Riveiro Coello, Casas baratas, Galaxia
Novela histórica
● Marcos Calveiro, O xardineiro dos ingleses, Galaxia
● Ledicia Costas, Un animal chamado néboa, Xerais
● Xosé Fernández Ferreiro, Agosto do 36, Xerais
● Teresa Moure, Herba moura, Xerais
● Fran P. Lorenzo, Cabalos e lobos, Xerais
Narrativa fantástica, de terror ou de ciencia ficción
● Uxía Casal, Saturno tamén é deus, Urco Editora
● Suso de Toro, Trece badaladas, Xerais
● Cris Pavón, Sangue 12, Urco Editora
● Eli Ríos, DX, Urco Editora
● Iolanda Zúñiga, Natura, Galaxia
Novela psicolóxica
● Berta Dávila, Carrusel, Galaxia
● Iván García Campos, O imposible de desatar, Galaxia
● Anxos Sumai, A lúa da colleita, Galaxia
Novela realista contemporánea
● Fran Alonso, Males de cabeza, Xerais
● Rosa Aneiros, Veu visitarme o mar, Xerais
● Xavier Queipo, Papaventos, Xerais
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________24
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● Inma López Silva, Aqueles días en que eramos malas
● María Reimóndez, A dúbida, Xerais
● Antón Riveiro Coello, O paraíso dos inocentes, Galaxia
Novela de reintrepretación de personaxes literarias ou lendarias
● Begoña Caamaño, Circe ou o pracer do azul, Galaxia
● Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, Galaxia
● Enma Pedreira, Besta do seu sangue, Xerais
● Carlos G. Reigosa, Pepa A Loba, Xerais.
TEATRO
1. Esther Carrodeguas, Malcriada, Edicións Positivas
2. Raúl Dans, Lugar, Xerais
3. Antón Lopo, Os homes só contan ata tres, Xerais
4. Teresa Moure, Unha primavera para Aldara, Deputación da Coruña
5. Cándido Pazó, A piragua, Laiovento
6. Olivia Pena, Plastic dolls show, Laiovento
7. Roberto Salgueiro, Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado, Xerais
8. Roberto Vidal Bolaño, Criaturas, Edicións Positivas.
9. Roberto Vidal Bolaño, Días sen gloria, Edicións Positivas.
10. Roberto Vidal Bolaño, Doentes, Edicións Positivas.
11. Roberto Vidal Bolaño, Saxo tenor, Edicións Positivas.
POESÍA
1. Antoloxía poética, No seu despregar, Apiario.
2. Fran Alonso, Terraza, Xerais.
3. Tamara Andrés, irmá paxaro, Cuarto de inverno
4. Emilio Araúxo, Seica si, Chan da Pólvora Editora
5. Xiana Arias, Acusación, Galaxia
6. Daniel Asorey, Transmatria, Xerais.
7. Mª Carmen Caramés Gorgal, Dos días escuros, Xerais.
8. Yolanda Castaño, A segunda lingua, Centro PEN de Galicia
9. Luísa Castro, Baleas e baleas, Galaxia
10. Alba Cid, Atlas, Galaxia
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________25
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
11. Marta Dacosta, Na casa da avoa, Galaxia
12. María do Cebreiro, A herba de namorar, Galaxia
13. Estíbaliz Espinosa, Curiosidade, Aira Editora
14. Celso Fernández Sanmartín, A cama de meu avó Manuel Sanmartín Méndez,
Apiario
15. Rosalía Fernández Rial, Árbores no deserto, Galaxia
16. Lupe Gómez, Camuflaxe, Chan da Pólvora
17. Noelia Gómez, O xiro, Xerais
18. Arancha Nogueira, Dente de leite, Xerais
19. Olga Novo, Feliz Idade, Kalandraka
20. Antía Otero, O cuarto das abellas, Xerais.
21. Emma Pedreira, Libro das mentiras, Espiral Maior
22. Samuel L. París, Internacional de poesía anarquista, Edicións Positivas
23. Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade, Edicións Positivas
24. Iria Pinheiro & María Lado, Uralita, Cuarto de inverno
25. Baldo Ramos, Cartas dende o esquezo, Galaxia
26. Xavier Seoane, A póla branca, Xerais.
ENSAIO
1. Chis Oliveira e Amada Traba, ám@me, Galaxia.
2. Suso de Toro, Dentro da literatura, Xerais.
3. Manuel Veiga, Galicia contada aos non galeguistas, Xerais.
Nota: Esta escolma de textos poderá ser modificada e/ou ampliada a longo do curso
tendo en conta as novidades editoriais e os intereses literarios do alumnado.
Aquel alumnado que, por razóns de corentena relacionados coa COVID, non poida
acceder fisicamente ao servizo de biblioteca do centro ou a unha libraría, poderá escoller
obras alternativas ás desta lista en formato electrónico para a súa descarga, sempre baixo
a supervisión e consulta previa co docente. Para iso, o alumnado deberá rexistrase ao
comezo do curso na plataforma virtual galiciale.gal, da Rede de Bibliotecas Públicas
de Galicia.
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________26
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
ANEXO 2. ESCOLMA DE TEXTOS PARA LECTURA DE AULA
Xose Luís Méndez Ferrín, Arraianos, Xerais.
● Medias azuis
● Botas de elástico
● Eles
Marilar Aleixandre, O coitelo en novembro, Xerais.
● A redeira
● A Fera no metro
● A carne da serea
Uxía Casal, Vidas exemplares, Xerais.
● Non están de moda
● Tres tristes tigres
Miguel Anxo Murado
● A morte en Croacia en Ruído. Relatos de guerra
● Entre o millo en Ruído. Relatos de guerra.
● Unha excursión inesperada en Mércores de cinza
● Comuñón en Mércores de cinza
● A folla e o paxaro en O soño da febre
Celia Díaz Núñez, Corte e confección, Galaxia
● Ocupas
● Turismo exótico
Manuel Núñez Singala
● O peso da tradición en Instrucións para tomar café
● Instrucións para pedir cousas en Instrucións para tomar café
● Produtividade en Instrucións para tomar café
● Elocuencia en Menú de enganos
● Meteogalicia en Menú de enganos
Iván García Campos, Cuestión vitais secretas, Galaxia
● Foreman
Emma Pedreira, Bibliópatas e fobólogos, Galaxia
● Searching
● Vademecum retro, Satanás
Programación didáctica de Literatura galega do século XX e XXI____________________27
IESP AMES/Dpto. de Lingua galega e literatura/PD_Dep_LGL_2020_21
● Ave María, Purísima
● Atentado
Xerardo Quintiá, Un rabaño de ovellas brancas, Galaxia
● A casa baleira
Héctor Cajaraville, De remate, Xerais
● Castrofobia no autobús
● Berros de tinta 31-07-2015
Xabier Queipo, O ladrón de esperma, Xerais
● Shinju
Manuel Rivas
● A mirona, As chamadas perdidas
● O duelo final, As chamadas perdidas
● Un saxo na néboa, Que me queres, amor?
Mercedes Leobalde, Funambulistas
● Negrón
● Tatoos
● Obediencia á autoridade
Antón Dobao, As ilusións estrañas
● Chocolate
Antón Riveiro Coello, Á sombra dos bonsais
● Cortinas
● O delegado
● A soñadora
● A soidade
Xosé Miranda, Tarxeta vermella
● Seis dedos
● Tarxeta vermella
NOTA: A esta lista de textos narrativos se irán engadindo outros de carácter poético e
teatral seleccionados polo docente con criterios de calidade e diversidade temática e
estilística.
Top Related