Literatura galega
María Xesús Nogueira Pereira
GUÍA DOCENTE 2018/2019
FACULTADE DE HUMANIDADES
DEPARTAMENTO DE FILOLOXÍA GALEGA
ÍNDICE
1. Datos descritivos da materia
2. Obxectivos
3. Competencias
4. Contidos
5. Metodoloxía
6. Avaliación
7. Distribución da carga ECTS
8. Cronograma
1. Datos descritivos da materia
MATERIA: Literatura Galega
CÓDIGOS: G5101223A
TIPO DE MATERIA E CURSO NO QUE SE IMPARTE: Obrigatoria, 1º cuadrimestre
do 2º curso. Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
HORARIO DA MATERIA:
Martes de 11.00 a 12.30 (aula 12)
Mércores de 17.30 a 19.00 (aula 12)
REQUISITOS: Non se estabelecen requisitos esenciais para a materia
PROFESORA ENCARGADA DA MATERIA: María Xesús Nogueira Pereira
DEPARTAMENTO: Filoloxía Galega
2. Obxectivos
Proporcionarlle ao alumnado un coñecemento xeral da historia da
literatura galega centrado nas súas principais obras, figuras,
movementos e liñas creativas.
Capacitar o alumnado para identificar as particularidades que
caracterizan a literatura galega nos distintos períodos da súa historia e
as diferenzas a respecto das literaturas do seu contorno.
Proporcionar información complementaria sobre o contexto social,
cultural e lingüístico no que se desenvolveu a literatura galega.
Profundar na lectura analítica e reflexiva de textos fundamentais da
literatura galega.
Entender a literatura como unha produción viva e dinámica para
comprender os principais mecanismos do seu funcionamento no
momento actual.
3. Competencias
Coñecemento da evolución da literatura galega.
Comprensión das particularidades que caracterizan a creación literaria
galega.
Coñecemento dos textos representativos da literatura galega.
Lectura e análise de textos
Coñecemento das principais claves da literatura galega actual.
Habilidade no uso das novas tecnoloxías.
4. Contidos
TEMARIO:
1. Panorama xeral da literatura galega
2. A literatura medieval
1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros
1.2. O verso
1.3. A prosa
2. A literatura do século XIX
2.1. Contexto e periodización
2.2. Os Séculos Escuros
2.3. O Rexurdimento
3. A literatura dos séculos XX e XXI
3.1. A preguerra
3.2. A guerra e o exilio
3.3. A posguerra
3.4. A democracia
DESENVOLVEMENTO DO TEMARIO:
Tema 1. A LITERATURA MEDIEVAL OBXECTIVOS:
Contextualizar as primeiras manifestacións da literatura galega escrita.
Comprender as particularidades da literatura galega medieval.
Pór de relevo a importancia da produción medieval.
EPÍGRAFES:
1.1. Contexto, cronoloxía e xéneros 1.2. O verso 1.3. A prosa
LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual.
BIBLIOGRAFÍA ESPECÍFICA:
Beltrán, C. (1995). A cantiga de amor. Vigo: Xerais.
Brea, M. / P. Lorenzo Gradín (1998). A cantiga de amigo, Vigo: Xerais.
Lanciani G. / G. Tavani (eds.) (1996). Dicionario da literatura medieval galega e portuguesa. Lisboa: Caminho.
Lanciani G. / G. Tavani (1995). As cantigas de escarnio, Vigo: Xerais.
Oliveira, A. (1995). Resende de, Trobadores e xograres. Contexto histórico,
Vigo: Xerais.
Pena, X. R. (1986): Literatura Galega Medieval, I. A Historia, Barcelona: Sotelo
Blanco.
Tavani, G. (1986). A poesía lírica galego-portuguesa, Vigo: Galaxia.
Tema 2. A LITERATURA DA IDADE MODERNA E DO SÉCULO XIX
OBXECTIVOS:
Comprender as dinámicas histórico-culturais dos Séculos Escuros.
Comprender o proceso de marxinación ao que se viu sometida a cultura
galega e reflexionar sobre as consecuencias no desenvolvemento da
literatura.
Entender as principais claves do Rexurdimento.
Coñecer as principais manifestacións literarias producidas nestes séculos.
EPÍGRAFES:
2.1. Contexto e periodización
2.2. Os Séculos Escuros
2.3. O Rexurdimento
LECTURAS: Selección de textos distribuída a través da aula virtual. Rosalía de Castro, Follas novas
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso Montero e outros (eds.). Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o seu tempo”. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Carballo Calero, R. (1979). Estudios Rosalianos. Vigo: Galaxia.
Ferreiro, M. (1991). Pondal. Do dandismo á loucura. Compostela: Laiovento.
Forcadela, M. (1995). A poesía de Eduardo Pondal. Vigo: Edicións do Cumio.
Mariño Paz, Ramón (ed.). 2008. Papés d'emprenta condenada : a escrita
galega entre 1797 e 1846. Santiago de Compostela: Consello da Cultura
Galega.
Hermida, M. (1994). Narrativa galega: tempo do Rexurdimento. Vigo: Xerais.
Tato Fontaíña, L. (1999). Historia do teatro galego. Das orixes a 1936. Vigo: A Nosa Terra.
VV. AA. (1986). Actas do Congreso Internacional de Estudios sobre Rosalía de Castro e o seu tempo. Santiago: Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago), 3 vols.
Tema 3. A LITERATURA DOS SÉCULOS XX E XXI
OBXECTIVOS:
Comprender os feitos histórico-políticos máis relevantes do período anterior
á Guerra Civil e reflexionar sobre a súa transcendencia.
Entender as consecuencias do levantamento militar, a Guerra Civil e a
Ditadura na cultura galega
Coñecer as manifestacións máis importantes producidas tanto na Galicia
interior como na emigración e no exilio
Comprender as principais claves culturais da posguerra
Coñecer a evolución da literatura galega até os nosos días.
Coñecer os textos fundamentais deste período.
Comprender as claves do sistema literario actual
EPÍGRAFES:
3.1. A preguerra
3.2. A guerra
3.3. A posguerra
3.4. A democracia
LECTURAS:
Escolma de textos distribuída a través da aula virtual
Manuel Antonio, De catro a catro
Eduardo Blanco Amor, A Esmorga
Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Alonso Montero, X. (1991). Luís Pimentel: biografía da súa poesía. Pontevedra: Edicións do Cumio.
Casares, C. (coord.), (1996). Congreso Rafael Dieste. Santiago: Xunta de Galicia.
Casares, C. (coord.) (1996). Congreso Vicente Risco. Santiago: Xunta de Galicia.
Casas, A. (1995). Rafael Dieste e a súa obra literaria en galego. Vigo: Galaxia.
Forcadela, M. (1993). Manual e escolma da Nova Narrativa Galega. Santiago:
Sotelo Blanco.
Gaspar, S. (1995). “A narración excéntrica (1985-1995)”, Grial 127.
González Gómez, X. (1995). Manifesto das vangardas europeias. Santiago: Laiovento.
González-Millán, X. (1994). Literatura e sociedade en Galicia (1975-90). Vigo:
Xerais.
González-Millán, X. (1996). A narrativa galega actual (1975-1984). Vigo: Xerais.
López Silva, I. e D. Vilavedra (2002). Un abrente teatral. Vigo: Galaxia.
López Casanova, A. (1990). Luís Pimentel e Sombra do aire na herba. Vigo: Galaxia.
Méndez Ferrín, X. L. (1992). De Pondal a Novoneyra. Vigo: Xerais (1ª ed.
1984)
Noia, C. (1992). A Nova Narrativa Galega. Vigo: Galaxia.
Nogueira, M. X. (1997), “Poesía galega dos oitenta”. Boletín Galego de
Literatura 18, 57-84.
Raña, R. (1996). A noite nas palabras. Unha aproximación á poesía galega de
posguerra. Santiago: Sotelo Blanco.
Pena, X. R. (1996), Manuel Antonio e a vangarda. Santiagto: Sotelo Blanco.
Pozo Garza, L. (1996). A bordo de Barco sin luces ou o mundo poético de Luís Pimentel. Barcelona: Sotelo Blanco.
Rabunhal, H. (1994). Textos e contextos do teatro galego (1671-1936). Santiago: Laiovento.
Requeixo, A. (1996). Ánxel Fole. Aproximación temática á súa obra narrativa en
galego. Vigo: Edicións do Cumio.
Rodríguez, F. (1993). Eduardo Blanco Amor. O desacougo da nación negada.
Vilaboa: Edicións do Cumio.
Rodríguez Fer, C. (1997). Ánxel Fole. Vida e obra. Vigo: Xerais.
Rosales, M. (1997). A narrativa de Castelao. Santiago: Sotelo Blanco.
Tarrío Varela, A. (1989). Álvaro Cunqueiro ou os disfraces da melancolía. Vigo:
Galaxia.
Tarrío Varela, A. (coord.) (1990). Actas do Simposio Internacional: Otero Pedrayo no panorama literario do século XX. Santiago: Consello da Cultura Galega.
Tato Fontaíña, L. (1995). Teatro e nacionalismo (Ferrol 1917-1936). Santiago: Laiovento.
Vieites, M. (1996). Manual e escolma da literatura dramática galega. Santiago:
Sotelo Blanco.
Vieites, M. (coord.) (1998). Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-95). Vigo:
Xerais.
Vilavedra, D. (2010) A narrativa galga na fini de século. Unha ollada desde
2010. Vigo: Galaxia.
BIBLIOGRAFÍA XERAL: AA. VV., Historia da literatura galega. Vigo: AS-PG / A Nosa Terra, 1996. Carballo Calero, Ricardo. Historia da literatura galega contemporánea, 1808-
1936. Vigo: Galaxia, 1963 (3ª ed. 1981). Pena, X. R., Historia da literatura galega. I, II e III. Vigo: Xerais, 2013, 2015 e
2016. Tarrío Varela, Anxo. Literatura galega (aportacións a unha historia crítica).
Vigo: Xerais, 1994.
Vilavedra, Dolores. Historia da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1999. Villanueva Prieto, Darío (coord.). Galicia. Literatura, 6 volumes, A Coruña:
Hércules de Ediciones, 2000-2002. VV.AA. Historia da literatura galega. Vigo: A Nosa Terra, 1996. RECURSOS NA REDE: Base de datos da lírica profana galego-portuguesa (Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades), www.cirp.es Biblioteca Virtural Galega, www.bvg.udc.es
Poesiagalega.org. Arquivo de poéticas contemporáneas na cultura. GAAP / Consello da Cultura Galega, www. poesiagalega.org
OBRAS DE LECTURA:
Rosalía de Castro, Follas novas Manuel Antonio, De catro a catro Eduardo Blanco Amor, A esmorga Álvaro Cunqueiro, Si o vello Sinbad volvese ás illas Escolmas de textos elaboradas pola profesora para cada tema e distribuídas a través da aula virtual.
5. Metodoloxía As clases expositivas estarán dedicadas á explicación dos contidos centrais da
materia. Apoiaranse en textos e, presentacións en power point e internet.
As sesións de seminario dedicaranse ao traballo con textos das lecturas
obrigatorias.
As titorías programadas dedicaranse a facer un seguimento personalizado do
alumnado.
Utilizarase a aula creada no Campus Virtual.
Empregarase tamén, como ferramenta de comunicación, un grupo pechado de
Facebook.
A profesora encargará actividades relacionadas cos texto estudados.
Distribuiranse a través da aula virtual e deberan ser enviadas a través desta
nun prazo que se dará a coñecer no seu momento.
6. Avaliación
Na primeira oportunidade, a avaliación levarase a cabo conforme o estabelecido nos seguintes puntos: 1. Asistencia e participación activa do alumnado nas sesións de clase e nos foros da aula virtual e do grupo pechado de Facebook. Para a avaliación esíxese un mínimo dun 80% de asistencia e a nota obtida suporá un 20% da cualificación final. 2. Realización en prazo das actividades propostas a través da aula virtual. A nota deste apartado será a resultante da media da obtida nas actividades encargadas (corrixidas nunha escala de 0 a 3 puntos) e suporá un 30% da cualificación final. 3. Realización dunha proba escrita. Suporá un 50% da cualificación final. As persoas que non poidan asistir á clase por algunha razón xustificada serán avaliados no punto 1 por traballos complementarios acordados coa profesora; a avaliación dos puntos 2 e 3 realizarase conforme os criterios máis arriba indicados. Na segunda oportunidade, o alumnado terá dúas posibilidades: a) Solicitar que se lle manteña a cualificación obtida nos puntos 1 e 2, nas porcentaxes indicadas (sempre que tivese unha asistencia regular e enviase os traballos ao longo do curso nos prazos establecidos), e someterse a unha proba escrita cun valor do 50% da cualificación final. Non se contempla a posibilidade de admitir traballos recibidos fóra de prazo nin tampouco de repetilos unha vez cualificados. b) Realizar unha proba escrita cuxo valor suporá o 100 % da cualificación final. As probas escritas deberán ser realizadas nas datas oficiais sinaladas no calendario de exames e consistirán na elaboración dun ou varios temas a partir dun material de apoio proporcionado pola profesora.
CALENDARIO DE EXAMES
14/01/2019 12.00 aula 15
5/07/2019 16.00 aula 15
7. Distribución da carga ECTS
Sesións expositivas: 24 horas
Sesións de titoría programada: 3 horas
Sesións de avaliación: 3 horas
Horas de traballo dirixido: 21
Horas de traballo autónomo: 75
9. Cronograma
DÍAS TEMAS ACTIVIDADES VIRTUAIS*
11, 12 Introdución
18, 19, 25 e 26 de setembro 2 e 3 de outubro
TEMA 1 A literatura medieval [lectura: escolma aula virtual]
3 de outubro
9, 10, 16, 17, 23 e 24, 30 e 31 de outubro
TEMA 2 A literatura do século XIX [lectura: Follas novas]
31 de outubro
6, 7, 13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro 4, 5, 11 e 12 de decembro
TEMA 3 A literatura dos séculos XX e XXI [lecturas: De catro a catro, A esmorga e Si o vello Sinbad volvese ás illas]
12 de decembro
* Non haberá clase presencial
Top Related