Lugar xeométrico
Educación plástica e visual4º ESO
Lugar xeométrico
O concepto de lugar xeométrico é fundamental para entender a xeometría e poder aplicar os
principios xeométricos na resolución de problemas.
Un lugar xeométrico defínese como
“conxunto de puntos do plano ou do espazo que cumpren unha mesma propiedade”.
Falar dun lugar xeométrico é falar, polo tanto, dunha condición ou propiedade.
lugar xeométrico
Circunferencia
Pensemos por exemplo nunha circunferencia.
Sabemos que a liña que a define
está formada por puntos, por infinitos puntos.
A condición ou propiedade que cumpren todos estos puntos
é estar á mesma distancia doutro punto.
A ese outro punto chamámoslle centro, e a distancia
é o que chamamos o raio.
lugar xeométrico
centro
Circunferencia
Una circunferencia é o lugar xeométrico dos puntos do plano que esquidistan doutro punto chamado
centro.
lugar xeométrico
A condición que a define é unha equidistancia (igualdade de distancias).
Mediatriz
Outro exemplo é a mediatriz dun segmento.
É unha recta perpendicular ao segmento
o seu punto medio.
A condición ou propiedade que cumpren todos
os puntos que forman a mediatriz é que están
á mesma distancia dos extremos do segmento:
PA=PB
lugar xeométrico
A B
mediatriz
M
A B
mediatriz
A B
mediatriz
P
Mediatriz
A mediatriz dun segmento é o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dos extremos
dun segmento.
lugar xeométrico
A condición que a define é unha equidistancia (igualdade de distancias).
A B
mediatriz
Outros lugares xeométricos
Outros exemplos son a bisectriz dun ángulo:
A bisectriz dun ángulo é o lugar xeométrico dos puntos do plano que equidistan dos lados do ángulo.
A esfera:
A esfera é o lugar xeométrico dos puntos do espazo que equidistan doutro punto chamado centro.
O cilindro:
O cilindro é o lugar xeométrico dos segmentos do espazo paralelos a unha recta e a unha distancia
determinada.
lugar xeométrico
Top Related