NOERY Empezamos pensando o
negocio que íamos a desenvolver mirando todas as vantaxes e inconvintes de cada unha delas. Por exemplo mirando os negocios que había na Illa, ata que chegamos ó acordo de facer unha perfumería xa que nos pareceu unha idea viable porque sería a única perfumería na illa.
NOERY Buscamos varias formas de levar a iniciativa
a cabo, e pensamos que as maneiras mais eficaces de vender os nosos produtos sería montando unha tenda , repartindo os produtos a domicilio e finalmente cunha páxina web en internet e repartindo con SEUR.
NOERY Con todo isto listo o seguinte paso foi decidir
que teríamos dous locais , un na Illa e o outro en Cambados, os dous estarían no centro. Os produtos que ofertaríamos serían; cremas, cosméticos e perfumes. Decidimos en que parte da tenda estaría todo colocado, e separado por sexo de home e muller.
NOERY Creamos un logotipo que
nos pareceu unha boa imaxe para o noso negocio xa que se axusta moi ben aos nosos produtos.
E tamén un nome, para facelo, miramos o comezo dos nosos nomes; Noe de Noelia e Ry de Rita.
NOERY Para darlle campaña ó
negocio fixemos unha presentación con varias imaxes, ensinando cada parte do noso negocio, e fixémolo en inglés para darlle unha boa propaganda internacional.
NOERY Fixamos os obxectivos
da actividade que poderíamos chegar a acadar nun pequeno cadro para ter unha idea xeral do que poderían ser os beneficios ou as perdas do negocio.
NOERY Cando xa tiñamos todo isto
feito, buscamos o persoal para traballar nos dous locais. Elaboramos varios anuncios , co noso logo solicitando persoal cualificativo cas condicións que nos precisabamos , e fixémolo en varios idiomas (Castelán, Galego e Inglés.)
NOERY Despois de poñer o anuncio, elaboramos as
preguntas para facer entrevistas a xente interesada, e a continuación de escoitar a varias persoas, decantámonos por dúas delas , que ían realizar o posto de dependente. Os seus nomes son Pepe Juan Romero Parada e Eva Domínguez Sayar. Cando as contratamos puxémoslle as súas condicións.
NOERY 8 horas de traballo laboral: - Verán: mañá, dende as 10:00 ata as 14:00; tarde, dende as
17:00 ata as 21:00 -Inverno: mañá, dende as 9:30 ata a 13:30, tarde, dende as
16:30 ata as 20:30 Os días de traballo serán de luns a venres , e o sábado
soamente de mañá. Terá unha tarde libre, será para un dos comerciantes o xoves e
para o outro o martes. Teñen dereito a un descanso diario de 30 minutos. Salario. Terán un salario fixo de 900 euros ó mes, con dúas pagas extras
os meses de Xullo e Decembro. As horas extras serán pagadas a 15 euros a hora. Revisaremos o contrato anualmente para chegar a un acordo no
aumento do soldo.
NOERY Os promotores da idea somos nós (Marta e Candela)
e o noso cargo e as nosas tarefas serán: Ser as xefas - Marta será a contable do negocio, ocupándose de
todo o relacionado co diñeiro, ganancias , gastos, etc. -Candela será a que se ocupa da revisión dos
produtos así como da súa compra. Buscará os comerciais que nos proporcionen os produtos.
- As dúas nos ocuparemos o posto de comerciais cando os empregados teñan libre ou algún problema para acudir ó traballo.
Seremos unha sociedade limitada (S.L) de dúas
NOERY Para ver si estabamos preparados para levar a
cabo o negocio enumeramos unha serie de factores para ver o que nos podía ocorrer e ver si eramos capaces de solucionalos. Por exemplo:
Que teñamos mala Que non teñamos clientela Que salgan mal os produtos Que os traballadores non sexan eficaces, etc.E a todo isto buscámoslle unha solución
NOERY Describimos como ían a ser os nosos produtos
(marca , ingredientes , orixe , elaboración…)
Tamén o noso capital: Capital físico: 2 tendas, un coche, 2
ordenadores( un en cada tenda), dous mostradores e os estantes.
Capital humano: 4 persoas (dous empregados, e dous xefes).
Capital financeiro: Temos unha cantidade de diñeiro no banco , a hipoteca dun dos locais e como val temos o outro local.
NOERY Logo para ter unha idea mellor dos produtos que
ían a comprar caracterízaos como ían a ser os nosos clientes e chegamos as seguintes conclusións: Os clientes poden ser de todo tipo, sobre todo mulleres. Tanto xoves coma maiores.
A maioría dos clientes terán un capital normal.Creemos que as persoas entre 15 e 40 anos buscarán máis o maquillaxe, e de 40 a 70 buscarán máis as cremas. E os perfumes venderanse en todas as idades.Os homes sobre todo buscarán os perfumes para homes, a maioría de marca.
NOERY Despois de ter todo isto decidido, buscamos
a forma de darnos a coñecer de diferentes formas, como poñer carteis da nosa inauguración, puxemos anuncios por internet e fixemos un anuncio por radio. A parte de todo isto o día de apertura daremos agasallos con bolígrafos, co noso nome e enderezos.
NOERY Creamos un anuncio, cun modelo famoso,
tanto audiovisual como escrito para darnos a coñecer e facer boa propaganda.
http://www.youtube.com/watch?v=PSp05Rnh4Mg
NOERY As nosas vendas serán
as seguintes: -Coa páxina web -No noso local -E ca furgoneta coa
que repartiremos
NOERY Fixemos os diferentes contratos necesarios
para a apertura así como buscamos os permisos necesarios en cada lugar.
No concello, na facenda, Inspección Provincial de Traballo e Seguridade etc.
NOERY O local da illa estivémolo buscando por varios
edificios da i e encontramos un, axeitado no prezo , tamaño e aspecto. Firmamos o contrato de compra e pagámoslle todo nun cheque.O local de cambados: Fixémolo da mesma maneira , buscamos un lugar axeitado, pero para este tivemos que pedirlle un préstamo o banco de 10.000. E agora temos unha hipoteca no banco, a que lle temos que pagar 1000 euros o mes nun tempo de dez meses.
NOERY O noso local , e amplo
de pedra , cunha porta dianteira de cristal, os escaparates a un lado e o outro , unhas ventás laterais e un garaxe para a furgoneta detrás.
NOERY A parte dos locais,
temos unha furgoneta como xa dixemos antes. E un automóbil propio, porque aínda que había moitas outras formas para telo era a que mellor nos conviña porque nos ía a durar moitos anos
NOERY Para poder ter todas estas cousas tivemos
que aseguralas. Para empezar asegurámonos a nos mesmas cun seguro de vida.
Decidimos poñerlle un seguro de vida tamén os empregados
Asegurámolo coche e a tenda , que inclúe todo ( roubo, incendio…)
NOERY Os prezos de venta o público tivemos que
cambialos , terémoslle un beneficio do 80 e 90%, dependendo da calidade e do produto.
A maioría dos prezos roldan entre os 20 e os 100 euros.
NOERY Cando xa tiñamos todo feito, démonos de
conta dos nosos fallos xa que a táboa cos beneficios que fixeramos o principio non era de todo correcta porque o final tivemos mais gastos dos esperados( como o do coche por exemplo) e non tiñamos beneficios, entón tivemos que subirlle a ganancia os produtos ata un 80 e 90%. Entón temos que ter un venta moi elevada para ter os beneficios suficientes sobre todo nos primeiros anos.
NOERY Con isto decidido
elaboramos as nóminas para os empregados que serán as mesmas xa que gañaran o mesmo , porque desenvolven o mesmo posto pero nas diferentes tendas.
NOERY Con isto acabamos de montar todo o
relacionado co negocio. Creemos que pode saír a diante, porque non
tivemos ningún problema para levalo a cabo ,nin ningún problema relacionado co diñeiro. Creemos que vamos a ter clientela porque ofertamos produtos para todo tipo de xente e de boa calidade e a bo prezo.
NOERY En principio non cambiaríamos nada, quizás
non nos era necesario, facer o reparto a domicilio, xa que aforraríamos moito diñeiro, e sobre todo no primeiro ano porque case non temos beneficios , e a compra da furgoneta , fíxonos perder moitos cartos.
E despois de facer o balance xeral , igual empezaríamos cun solo local , para ver o resultado.
Top Related