A MOVERSE…
NA CASA
Nestes días na casa, non podemos esquecer a importancia do movemento e
da actividade infantil. A través da psicomotricidade os nenos e nenas
adquiren, entre outras cousas, o coñecemento do esquema corporal, o
dominio do equilibrio, a coordinación global e segmentaria, o control da
respiración, a orientación espacial, a definición da lateralidade, etc.
Os papás e mamás desde casa podedes contribuír a que os vosos fillos e
fillas adquiran progresivamente unha imaxe axustada de si mesmos e
desenvolvan unha boa autoestima realizando actividades amenas, sinxelas e
divertidas. Por iso, imos darvos unhas ideas e xogos para que podades
desfrutar cos peques e… que o ritmo non pare!
XOGO: OS ANIMAIS
O xogo consiste en sacar as tarxetas seguintes e realizar as ordes que estes
animaliños tan simpáticos nos dan. Podemos facelo moito máis divertido se
poñemos música e cumprimos as consignas ao son.
Poñede en marcha a vosa creatividade… e creade as vosas propias tarxetas
con distintas ordes con rima. Podedes facelas en tamaño folio (rima máis
debuxo) e envialas a vosa titora para que todos e todas podamos movernos con
elas.
Só precisades un soporte de papel de cociña e un tubo
de cartón do mesmo. Cortádeo en tiras (que
previamente podedes pintar e decorar) e intentade
ensartar os distintos aneis no pao desde unha distancia
prudente.
Colocando cintas, cordóns de distintas cores ou mesmo
pintando con tizas,… podedes crear camiños e
sendeiros enredados que os nenos e as nenas poden
percorrer, intentando non caer. De cada vez, seguirán
o camiño da cor que lle digamos.
Se tedes na casa dúas tinas e varias pelotas pequenas, podedes facer
este divertido xogo: metemos todas as pelotas
nunha tina e poñemos ao seu lado a outra tina
valeira. Teremos que coller cada unha das
pelotas cos pés e ilas pasando á tina valeira. Se
as condicións da casa e da meteoroloxía o
permite, podedes meter auga nas tinas para
facelo máis divertido e refrescante.
Con varias botellas de plástico (que antes
podedes pintar e decorar) e unha pelota
pequena, podedes xogar ao tradicional xogo dos
bolos.
Se tedes unha culler, podemos xogar a outra cousa:
poñemos a culler na boca e colocamos nela boliñas de
papel pequenas. Deberemos ir dun lugar da casa a
outro sen que se nos caia ningunha boliña ao chan.
Outra variante é facelo con dados en lugar de bolas
de papel. Tamén podemos facer outras adaptacións,
como levar na man un tubo de papel hixiénico cunha
boliña enriba, intentando que non se caia, …
Distribuímos folios e papeis de distintas cores
polo chan e debemos colocarnos enriba do papel
da cor que se indique. Primeiro lentamente e
despois máis rápido, para facelo máis divertido.
Aproveitando estes papeis, faremos outro xogo:
colleremos obxectos (que non rompan) destas
cores e intentaremos que caian enriba do papel
da súa cor.
Poñendo unha papeleira deitada no chan e
cuns globos, temos unha estupenda
portería! A ver cantos globos podemos
meter na papeleira primeiro co pé, despois
ca man, empurrando os globos cun pao,…
Distribuímos debuxos de mans e pés polo
chan e percorremos o camiño segundo as
consignas. Para facelo máis divertido,
podedes separar os debuxos das mans e
dos pés co fin de estirar máis os nosos
corpos.
Os deixamos os modelos a continuación.
Cada neno/a collerá unha destas tarxetas de animais cos ollos pechados.
Deberá imitar os movementos do animal que lle tocou e os demais
adiviñarán de que animal se trata. Podedes construír as vosas propias
tarxetas con outros animais.
Distribuír polo chan folios cunha orde diferente en cada
un, facendo un camiño con eles. Por exemplo, dar 5
saltos, 4 voltas, tocar cos pes o noso traseiro, facer 6
flexións,… Camiñamos ao son da música. Cando esta
pare, deberemos realizar o que pon no papel onde
paramos.
Sobre unha liña recta podemos: gatear, saltar,
correr, avanzar en cuclillas, cos talóns, coas
pernas abertas, camiñar cargando algún obxecto
ou cunha bolsiña na cabeza,…
Debuxar un cadrado no chan. Os nenos e nenas cunha
vasoira, deberán barrer as follas ou anacos de papel e
metelos todos dentro do cadrado.
Cunhas pinzas, suxeitamos vasos de papel no
borde da mesa a modo de cesta. A ver quen
mete máis pelotas nos vasos!
Se a nosa casa o permite, debuxamos círculos no chan e xunto cos
cativos/as podemos: saltar cos pés xuntos cara adiante,
saltar cos pés xuntos lateralmente, saltar cun pé nun círculo
e o outro pé no seguinte, saltar só nos círculos dunha
determinada cor, etc.
Damos ao neno/a un pano que moverá ao ritmo da música.
Cando a música cesa, nomearemos un membro do corpo
onde o pequeno/a ten que atar a cinta. Por exemplo:
xeonllo, nocello, cóbado,…
Os nenos e nenas se desprazan polo chan en
cuadrupedia, simulando unha tartaruga. A un sinal noso,
xiran o seu corpo cara arriba e se desprazan coma se
fosen cangrexos. Se recomenda previamente quentar
ben as mans e as bonecas.
Nunha caixa de cartón, fanse 3 buratos a modo de
portas. Deberemos meter por estas portas unha
pelota pequena, ben co pé ou coa man… pero mellor
cun pau, semellando o golf. Afinade a puntería, a
ver cantas boliñas sodes quen de meter!
Xogando con este dado o día farase máis ameno. E moito mellor e máis
divertido se poñedes algo de música para xogar.
Camiñamos alternando diferentes lateralidades e velocidades: cara
adiante, cara atrás (mirando de costado para
non chocar con nada), camiñamos cara un lado,
cara outro, rápido, lentamente, máis lento
aínda,…
Nos movemos con distintas sensacións e
emocións (nerviosos/as, tristes, ledos/as,
asustados/as, divertidos/as, pensando, moi
cansos/as, aburridos/as,…) ou coas diferentes
partes do pé (de puntillas, cos talóns, apoiando
só os laterais externos do pé, sen levantar
ningunha parte do pé, é dicir, arrastrándoos,…).
Poderemos xogar ao semáforo se contamos con círculos
de 3 cores diferentes: verde, amarelo e vermello.
Despois de falar sobre o significado das cores do
semáforo, pasaremos a realizar a actividade: se
levantamos o círculo verde o neno/a avanzará; cando se
amose a cor amarela, debe cambiar de sentido na súa
traxectoria e ca cor vermella, deterase.
Precisamos dunha corda e de algo de
música. Mentres esta soa, o neno/a dalle
forma a corda no chan. Cando pare a
música, intentará repetir dita forma co
seu corpo e explicar o que fixo.
Que tal se ideamos un pequeno circuíto na casa? Faremos un recorrido con
almofadas e trapos, cordas, cadeiras, aros, xoguetes,… que sirvan como
obstáculos da nosa peculiar sala de psicomotricidade. Pode que a novidade
esperte a curiosidade dos máis pequenos/as e lles motive a moverse e a
explorar o entorno.
Se na casa tedes un banco corrido ou algo semellante,
podedes facer que os vosos fillos/as exerciten as pernas,
a coordinación e o equilibrio propoñendo que camiñen por
enriba sen caer.
Outro xogo sinxelo que soe gustar a todos e todas é facer a carretilla.
Ademais, sirve para que os seus brazos tomen forza e melloren a
motricidade grosa. Podemos facelo moito máis divertido se pomos música e
lle unimos o reto de facer un crebacabezas, con
pezas que se poidan coller facilmente. O neno/a
terá que coller unha peza desde un lado da casa e,
facendo a carretilla, dirixirse ata onde se atope a
disposición do crebacabezas e colocala alí no seu
sitio adecuado.
Non podemos esquecernos da axuda inestimable dos xogos populares
coñecidos por todos/as: o corro da pataca, a comba, a pelota, a peonza, a
pomba branca, a raiuela, o escondite, o pilla-pilla, o escondite inglés, o
pase-misí, o xogo das cadeiras, das estatuas, etc. que brindan a
oportunidade de traballar exercicios motores.
Sobre todo, bailade,… bailade moito
(cancións infantís dos Cantaxogos, do
folclore popular,…) e creade coreografías
todos/as xuntos. Aproveitade estas
circunstancias excepcionais que nos tocaron
vivir para moveros cos nenos e nenas, pasalo
ben con eles e desfrutar da súa enerxía, do
seu optimismo e da súa compaña.
Non podemos esquecernos de aspectos moi importantes como
A RESPIRACIÓN…
OU A RELAXACIÓN…
Neste apartado son moi útiles algunhas posturas de ioga
E outras estratexias como, por exemplo…
O globo: imos imaxinar que somos globos que se enchen pouco a pouco pola
nariz, xesticulando cos brazos que nos enchemos, e se desinflan
expulsando o aire pola boca.
A pelota de praia: imaxinamos, mentres estamos deitados, que temos unha
pelota de praia na barriga que se enche pouco a pouco, collendo aire polo
nariz e botándoo pola boca.
A tartaruga: neste xogo somos unha tartaruga que se agocha na súa
concha. O neno/a deitado boca abaixo, cos brazos e as pernas estiradas,
lentamente encóllese ata quedarse sentado. O segundo paso é ir
estirándose lentamente ata a posición inicial.
Nuria Trias, Susana Pérez, Luis Filella (2014): Juegos de música y expresión corporal. Parramón
Ediciones.
Instagram: aterapiadejuego #infancia#respira#controldelaansiedad#controldelenojo
www.juegosinfantiles.bosquedefantasía.com/blog
/posturas-yoga-ninos-pdf
www.sonandosonrisas.blogspot.com/2011/12/acci
on-tarjetas-para-psicomotricidad
www.imageneseducativas.com
www.mibebeyyo.elmundo.es
www.ayudartepsicologia.es
www.tugimnasiacerebral.com
www.guiainfantil.com
www.deaprenderjuntos.cl
www.miguerreroymiprincesa.blogspot.com
www.guiamaschicos.blogspot.com
www.terapiarehilete.com
www.esoslocosbajitosdeinfantil.blogspot.com
Top Related