Pura Maxia
o adronúmero 15 decembro 2015
EDITORIAL
Cando a despoboación dos nosos pobos é unha realidade que década a década guillo�na o número de habitantes permanentes, seguir loitando por que o noso pasado se siga conservando é cada vez máis meritorio, pero o que se consigue dende a nosa Asociación parece cada vez máis cousa de meigas que de humanos... Xa que aínda sexa unha pequena luz que brila na noite negra da despoboación, conseguir que cada agosto o pobo se encha de ac�vidades é de un gran valor, froito da ilusión e do traballo de toda a xente que par�cipa.
Pero o deste ano dende logo que foi cousa de maxia, de meigas, talvez da nosa vacameiga, quen sabe... pero a realidade é que o nivel do pasado mes de agosto es�vo moi por riba do imaxinado para uns pobos humildes como son Zorelle e Bustavalle. Festa rachada e comida a fartar como todos os anos, a charanga “Éche o que hai”, no seu terceiro ano consecu�vo... pero ademais o grupo de teatro creado o ano pasado non se conformou con repe�r actuación, neste caso a obra “A escola de don Silvestre”, de José Cedena, pois montou unha obra de �teres ou guiñol que foi as delicias dos máis ca�vos; �vemos o concerto do grupo “En mala hora” que ao longo do mes andivo actuando en pobos de maior renome que o noso, e cun nivel musical al�simo; e para rematar o domingo visitounos un mago que fixo as delicias de ca�vos e avós, se atá os máis pequenos aprenderon algún que outro truco.
E cousa de maxia debeu ser tamén que reunísemos nunha fotogra�a, que vai na portada deste número, a 109 personas do pobo, dende a Sra María, unha das máis lonxevas do lugar, xunto a unha chea de bebés que forman parte xa do noso presente, e que nas súas mans está o futuro da nosa historia.
Tanta maxia non pasa despercibida neste novo número da revista O Adro, que este Nadal ven cun regalo especial para os máis ca�vo: un conto ilustrado da historia de “A vaca de Bustavalle, o sapo de Zorelle e o pulpo de Vigo”. Dende este mes de agosto volve lucir cornos a nosa “vacameiga” que tanta polémica creou o pasado verán. Mentras seguimos esperando resposta do Concello de Maceda para ver cal é a súa ubicación definiva, decidimos colocala na palleira dos Belmonte onde se fai a troula musical.
E falando de polémicas, mentras seguimos a espera de ver que solución toma o Concello sobre a nosa fonte o pasado 6-7 de decembro foi obxecto dunhas pintadas nas que se alude ao actual presidente da Deputación, Baltar “fillo”. Non compar�ndo actos vandálicos contra o noso patrimonio a realidade é que a nosa fonte segue a estar de actualdeida.
XOGOSINFANTILES
MagoDISLEXEI
a troula don´t stop
CONCERTO DE
“EN MALA HORA”
TEATRO “A PALLEIRA”:A escola de don Silvestre de José Cedena
TÍTERES
A VACA DE ZORELLE
, O SAPO DE BUSTAVALLE
E
O POLBO DE VIGO
Nun afastado e chuvioso pobo galego, chamado Bustavalle,
vivía un fermoso sapo, chamado Torcuato.
Vivía so e aburrido na Poza de Bustavalle.
SAPO TORCUATO: que vida máis aburrida!
Todo o día saltando eu so!
Un día apareceu pola Poza unha vaca despistada,
chamábase Melinda.
VACA MELINDA: Ola, son a vaca Melinda, vivo en Zorelle, e busco mozo, xa quixen casar co
gato Antón, co can Tristán, e co boi Brais.... pero
ninguén me quere. Que triste estou!
SAPO TORCUATO: (aparte) Ai, que guapa é esta
vaca.
VACA MELINDA: (aparte) Ai, que sapo máis
guapo!
SAPO TORCUATO: queres casar comigo?
VACA MELINDA: Siiiiiiiiiiiiii....
Neste intre entra o PULPO PAOLO todo chulo, o
polbo de Vigo.
PULPO PAOLO: (aparte) Ai, que vaca máis guapa...
Ola vaca guapa, como te chamas?
VACA MELINDA: Melinda. PULPO PAOLO: Mira que tentáculos máis fortes teño.
VACA MELINDA: (aparte) Ai, que pulpo máis guapo...
e eu que lle dixen ao sapo que quería casar con el.
SAPO TORCUATO: (aparte) que pulpo máis parvo e feo!PULPO PAOLO: Melinda, queres casar comigo?
VACA MELINDA: A verdade é que sodes os dous ben
guapos, e agora con quen caso eu?
PULPO PAOLO: Eu son o Pulpo de Vigo, o máis
chulito, e o máis forte.
SAPO TORCUATO: Eu son de Bustavalle, o sapo máis
guapo.
VACA MELINDA: está ben... isto so se arranxa a paus.
(Pelexan o sapo Torcuato e o polbo Paolo, e tras dura batalla, gaña o sapo Torcuato.)
E así foi como o sapo de Bustavalle e a vaca de
Zorelle casaron, foron felices, comeron perdices e
foron ao Mouro a xuntar as narices. Agosto de 2015
final alterna�vo
E a vaca Melinda, mentres xuntaba as narices bastante contrariada co sapo que lle tocara en sorte, decidiu a utopía de ser dueña do
seu des�no.
E alí, no Mouro, impregnada dese lugar onde se infunde valor aos soños, colleu con forza un pauciño do chan, e a modo de varita
máxica, golpeuna sobre a incrédula cabeciña valeira do sapo campión, converténdoo ao momento nunha marabillosa princesa
de rock and roll.
Ambas puxéronse inmediatamente a pensar en xogos futuros e proxectos imposibles, e sen�ndo esa maxia do afecto e a afinidade,
comprenderon que para achegarse á felicidade hai que estar dispostas a elixir e pronunicarse.
Top Related