Normas xeraisNa biblioteca precisamos silenciosilencio para traballar :limitemos as
conversas ao imprescindible.
Debemos coidar os libroscoidar os libros : evitemos manchalos e enrugalos. Se atopamos un libro en mal estado,avisaremos @s encargad@s da biblioteca.
NonNon se permite comercomer,beber beber nin facer uso do móbimóbil.
Cada libro ten o seu sitio nas baldasCada libro ten o seu sitio nas baldas de acordo coa CDU,o nome do autor e o título da obra. Despois de consultalo, déixao na mesiña auxiliar a carón da mesa d@ bibliotecari@ para que o coloquen @s encargad@s.
Ó entrar na biblioteca,á dereita,temos un espazo reservado para a prensaprensa e as revistas revistas:enriba da mesiña atoparás os xornais do día e no moble expositor as publicacións ás que estamos [email protected] suplementos dos xornais están no revisteiro azul. Coida de deixar todo no seu lugar despois de ser utilizado. Se precisas consultar algún xornal adiado,vai á caixa forrada de cor fuxia diante da mesa d@ bibliotecari@.
Podemos usar os ordenadores portátilesordenadores portátiles baixo a supervisión dun profesor/a nunha sesión de clase con fins educativos.Consulta o horario da biblioteca ó comezo de curso, probablemente teñas tamén a posibilidade de solicitar o seu uso o mércores á tarde. Os recreos son curtos e non dá tempo para facer consultas informáticas.
HorarioO horario de funcionamento da biblioteca será establecido a comezo
de cada curso polo equipo directivo. Exporase na porta da biblioteca, indicándose tamén os nomes do profesorado encargado en cada momento. Nos recreos garántese a apertura .
En calquera dos dous recreos diarios podes solicitar o teu préstamo.Os mércores á tarde,sempre que a plantilla do profesorado o permita, facilitarase o acceso á biblioteca , momento en que quedaría aberta para toda a comunidade educativa.
A biblioteca poderá ser utilizada como unha aula cando o profesorado o considere conveniente para labores de consulta documental e/ou informática; asemade, coa finalidade de usar o canón de proxección. Para reservar turno, o profesorado anotarase no panel que cada trimestre se coloca na sala de profesores/as.
O alumnado só poderá acceder á biblioteca baixo a supervisión do profesorado.
EmpréstitosCada alumn@ pode sacar en empréstito dous libros en periododous libros en periodo
lectivoectivo e un máximo de tres para as vacaciónstres para as vacacións.
Préstase un vídeovídeo,,CD CD ouou DVD DVD durante tres días; para elixir o material que nos interese, imos á estantería do fondo ,pegada á parede, no pasillo central. Alí están expostas as carátulas, o interior das mesmas gárdase no almacén. Feita a elección,solicitamos d@ encargad@ o material que corresponde á carátula
A posibilidade de préstamo está aberta á toda a comunidade escolar,así que tamén as familias ou o antigo alumnado pode acceder ó mesmo; tamén se contempla o préstamo ó grupo clase durante a hora de lectura ou para algunha materia.
Antes de sacar un préstamo,debemos rexistrar no talonario rexistrar no talonario os nosos datos persoais e os do libro (título,autor e nº de rexistro) así como a data de entrega e devolución do empréstito.
As enciclopedias,dicionarios e material considerado polos departamentos das distintas asignaturas como de consulta,non poden prestarse;así posibilitamos a súa dispoñibilidade en calquera momento.
O tempotempo de que dispomos para o préstamo é de quince días,prorrogables a outros quince se non houbo alumnado que fixera algunha reserva.
No caso en que o libro que queres estea prestado,podes facer unha reserva para cando o devolvan.
Se nos retrasamos en devolver o empréstito,podemos ser sancionadossancionados coa retirada do carné durante tanto tempo como sobrepasáramos o periodo autorizado.
Se por accidente deterioramos ou perdemos deterioramos ou perdemos un exemplar,debemos repoñelo
Normas de uso dos ordenadores
Os ordenadores na biblioteca teñen unha finalidade educativa e de procura de información para traballos escolares.
1.-Cando necesites usalos, debes pedir permiso ao profesorado encargado;precisas encher na folla de rexistro os teus datos persoais e especificar o uso que vas facer do equipo.
2.-Limitarase o tempo se hai máis alumn@s esperando para usalos.
3.- Podes deixar reservado o teu turno para o próximo recreo anotándote na folla de rexistro e especificando na data que é reserva.
4.- Ao terminar, as cadeiras quedarán colocadas e o ordenador apagado.
Top Related