Este salvámolo nós
Escola de Menciñeiros de Alvaro Cunqueiro
Por que?
Porque en “Novidades do mundo e fauna máxica”
trata de seres fantásticos, algúns que dan medo
e outros risa e os conta tan ben que parece
que existen de verdade.
E memorizamos
O gatipedro
O gatipedro é un gato branco que ten na cachola un corno mouro;o gatipedro ven polas noites ás casas, e párase nas habitacións nas que
hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.
Para espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de
sal á porta do cuarto i o pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na lingua, e
probando o sabor do sal, o gatipedro dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.
Salvado por : EDUCACIÓN PRIMARIA C.E.I.P. Os Casais
EDUCACIÓN PRIMARIA SALVA “A galiña azul” de Carlos Casares
POR QUE?
Porque é un libro escrito para que, unha nena que marcha de Galicia, non esqueza nunca a súa terra. Porque defende o dereito á ser diferente e tamén a ser libre e amosa a solidariedade da xente para protexer os dereitos dos mais indefensos.
E MEMORIZA... “…Eu non sei si te decatas de que es galega, Ana, nin sei siquera si sabes ben qué é Galicia ou cómo é. Agardo que podas voltar pronto ó pobo onde naciches, pra pasear xuntos e ensinarche a fonte dos peixes, que xa non bota auga, e o garda, o teu amigo, que aínda está na esquina, un pouco máis vello, pero facendo sempre os mesmos xestos que tanto che divertían. Mentres non volvas, mándoche estes contos, escritos na túa lingua, para que ó escoltar estas palabras podas relembrar aquelas outras ditas por aquela vella campesiña que viña do dentista de arrincar unha moa:””Ai que nena tan bonita!. Parece unha mazá”...
Salvado polo C.E.I.P. Víctor Sáenz de Mazaricos
Este sálvoo eu
Eu salvaría “Alvaro e Álvaro”
de Xosé Miranda
¿Por que?
Porque me parece un libro moi interesante e divertido, con moitas aventuras
e un chisco de misterio. E tamén o salvaría porque me encantan
os seus personaxes, sobre todo, Álvaro.
(E memorizo...)
Eu vivo no cuarto do meu amigo e durmo enriba do cesto dos xoguetes,
vou con el a todaspartes menos ás clases, que me aburren, e de cando en vez
tamén vou coa Carmiña… Ah, e ao Diaño Bulreiro que o parta un raio!
CEIP “VIRXE DO CARME” BURELA
Este sálvoo eu
O soño do merlo branco de Agustín Fernández Paz
¿Por que?
Porque fala dun merlo que
chegou a ser o que el soñaba
e a min tamén me gustaría
acadar os meus soños.
(E memorizo...)
Wolf marchou disparado, na procura dos primeiros alimentos. Axiña volveu,traía uns tenros e diminutos vermes no seu bico, que os poliños enguliron de contado. Despois de que el fixovarias viaxes, tomei eu o relevo e marchei na busca de máis comida. Agora tiñamos catro bocas que alimentar e todas as horas do día ían ser poucas para sacialas.
CEIP VISTA ALEGRE
BURELA
Este sálvoo eu
Nós salvaríamos
Mil cousas poden pasar
¿Por que?
Porque é divertido e pasan cousas extraordinarias. Porque inclúe moitas historias e ten personaxes moi interesantes.
Porque deixa ver que na vida poden pasar un montón de cousas inesperadas.
(E memorizo...)
Certo, soou mal, moi mal, máis
Pouco era un rapaz de boa memoria e nese instante mesmiño lembrou uns versos atribuídos a un parente do
gato Kandás que dicían o que segue:
Xura a bruxa , pel de cabuxa, que mellor debuxa canto máis debuxa. E así con todo
.
CEP XOSÉ Mª BREA SEGADE
TARAGOÑA
Este sálvoo eu
Poesía e Contos
Enrique Labarta Pose Por que?
PPPooorrrqqquuueee cccooonnntttrrriiibbbuuuíííuuu aaa dddiiivvvuuulllgggaaarrr eee aaa dddiiigggnnniiifffiiicccaaarrr
ooo gggaaallleeegggooo nnnuuunnnhhhaaa ééépppooocccaaa (((111888666333---111999666111))) dddiiifffíííccciiilll pppaaarrraaa
ooo nnnooosssooo iiidddiiiooommmaaa... (E memorizo…)
Era o gaiteiro Xan Mella gaiteiro tan afamado
Que non había festa algunha nin romería de campo,
nin cousa en que houbese gaita, sin que Xan fose chamado;
pois a gaita de Xan tiña algo que non era humano, algo que facía a un tempo chorar e rir sin pensalo. Quizais un anxe durmía no fondo do fol deitado, e soilo tiña o segredo
Xaniño para despertalo! Por eso os mozos e mozas
de todo o lugar de Baio, cando el a gaita collía
brincaban xa co entusiasmo.
CEIP LABARTA POSE Baio
Este sálvoo eu
“A pedra e as formigas” Jacobo Fernández Serrano
¿Por que?
Porque hai animais que nos gustan: a xirafa, as formigas e fala da
amizade con cancións e adiviñas.
E memorizo... .
“Houbo unha vez dúas formigas que paseaban polo campo preto dun escuro bosque.
- Este bosque mete medo.
- É feo dabondo. - ¿Quen vivirá nun
sitio así? - Eu que sei,
morcegos, serpes, lobishomes e xente desa.”
CPI PROGRESO CATOIRA
Este sálvoo eu Eu salvaría O misterio dos fillos de Lúa de Fina Caslderrey
¿Por que? Porque ten toda a frescura e
inocencia dun neno de oito anos (E memorizo...)
Fomos e …, estaba alí, parindo! E miramos como paría. Ela ollaba
para nós, e estaba toda espeluxada, semellaba que tiña o pelo todo mollado
igual ca Xocas cando vén de andar na bici. Lúa miañou un pouquiño para nos saudar,
e seguía respirando moi rápido. De súpeto, soltou un miaño forte, e por un burato que ten
debaixo do rabo, botou unha cousa.Era un gatiño! Collemos unha lanterna para mirar mellor.
Alí había unhas cousas que dan un pouco de noxo. Lúa púxose a comelas. Nunca a vira
tan porcalleira.O peor foi cando empezou a botarlle a boca ao gatiño.botábao dun lado
para outro, e comíalle unha cousa que lle colgaba. Rebentei! Non puiden seguir gardando
o segredo, e marchei correndo a buscar á miña nai: -Mamáaaaa! Mamáaaaa,! Ven axiña que
está comemdo un gatiño! -Quen entrou a querer come-lo gatiño? Por qué
me chamaches? -Non entrou ninguén. É Lúa que estaba tentando comelo.
Primeiro botouno e logo quixoo comer, pero aínda non o comeu.
Mamá botou unha gargallada e suspirou. -Ai! Que susto me destes! Non o comía, home. O que pasa é que as
gatas, cando paren, non precisan de médico. -De veterinario –dixenlle eu que o sabía.
-Iso, de veterinario. Elas arránxanse soas.O que lle vistes facer foi limpalo e quitarlle o cordón umbilical, que é unha tripa por onde se alimentan mentres están na barriga. As gatas queren moito aos seus
bebés, e non lles fan mal ningún. Agardade que seguro que trae máis. Nin que mamá fose bruxa, adiviña, ou nin que Lúa nos entendese.
Lanzou outro miaño forte e volveu soltar outro gatiño por aquel sitio. Non falamos máis nada ata que botou os catro gatiños que tiña dentro. Eu quería mirar como nacían. Despois foi moi bonito, porque Lúa lavábaos e
eles caían de patas para arriba. .
CEIP A PEDRA, BUEU
No CEIP Castrillón – Coiro en Ed. Primaria queremos salvar o libro
“A GALIÑA AZUL” De Carlos Casares
¿Por que?
Porque nos ensina a respectar as cousas e ás persoas diferentes, e a darnos conta que esas diferenzas son boas para todos nós.
É unha galiña moi É unha galiña moi É unha galiña moi É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon bonita e moi rara. Pon bonita e moi rara. Pon bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo ovos de colores. Xa puxo ovos de colores. Xa puxo ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e dous marelos, un rosa e dous marelos, un rosa e dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais tres verdemar. Ademais tres verdemar. Ademais tres verdemar. Ademais non di cacaracá como non di cacaracá como non di cacaracá como non di cacaracá como as outras galiñas, senón as outras galiñas, senón as outras galiñas, senón as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto que di cocorocó. E isto que di cocorocó. E isto que di cocorocó. E isto ten prten prten prten preocupadas as eocupadas as eocupadas as eocupadas as autoridades.autoridades.autoridades.autoridades.
O C.EI.P. A.D.R Castelao de Rianxo salvaría:
Os amigos de Archimbolde Roque de Jacobo Fernández Serrano
¿Por que?
Porque os nomes dos personaxes e as historias son moi raros e divertidos
(E memorizo...)
O Caracol Anatol:
“ – O tipo é un mangante de coidado
que ten esclavizadas a máis de cen familias. A ver si gañamos e toda esa xente
queda libre e pode facer a súa vida” (…)
Este sálvoo eu
Que me queres, amor?
¿Por que?
Porque nel atópase "A lingua das bolboretas"
(E memorizo...)
0on, o mestre Don Gregorio, non pegaba.Pola contra, case sempre sorría coa súa cara de sapo. Cando dous pelexaban no recreo, el chamábaos " perecedes carneiros", e facía que se deran a man. Logo,sentábaos no mesmo pupitre. Así foi como fixen o meu mellor amigo, Dombodán, grande, bondadoso e torpe.
CEIP.ALEXA0DRE BÓVEDA. REDO0DELA
Este sálvoo eu
Eu salvaría A Casa da Luz De Xabier P. Docampo
¿Por que? Por que nos gustou a suia historia
(E memorizo...)
Alicia é moi traste, mesmo se pode decir
que moi trastisima, se é que a este adxectivo se lle axeita tal superlatvo. E todo lle ven do
seu ingobeernable desexo de saber, de coñecer e de experimentar.
Salvado por: CEIP ANTONIO VAZQUEZ. (Rairiz de Veiga) Primaria
O C.E.I.P Campolongo
de Pontevedra
quere salvar o libro
“Mar adiante”
de Mª Victoria Moreno
Por que?
Por ser unha das novelas
fundadoras da literatura infantil
en galego.
Eu son profesora nun colexio moi
grande dunha gran cidade. É un
colexio moi importante. Ten unha
entrada, un porteiro uniformado
que parece un xeneral, un director
con gafas, unhas escaleiras de
mármore cheas de testos…
Temos moitos rapaces e rapazas.
Todos con cariñas espilidas, con
mans limpas, con vestidiños
xeitosos.
CEIP CAMPOLO6GO PO6TEVEDRA
Este salvámolo nós
Nós salvariamos O elefante dunha soa orella de X.H. Rivadulla Corcón
¿Por que?
Porque transmite moitas emocións.
(E memorizo...)
Nacín hai poucas semanas, ou mellor dito construíronme hai poucas semanas, nun taller de artesáns dedicado a facer xoguetes que hai nunha pequena vila que se chama Beade, e está pretiño da cidade de Vigo. Pero alí tan só empezou a miña historia, e comezou dun xeito que eu non decidín, como a maioría dos acontecementos que a compoñen. Cando un é un xoguete non decide sobre a súa vida e lévante dun lado a outro sen que ti podas dicir nada, e do taller fun a parar a un lugar horrendo, feo e triste, aínda que alí, por sorte, fixen bos amigos, pero paseino mal, moi mal.
¿Díxenvos que son un elefantiño?. Creo que non. Pois eso é o que son, un elefante de peluche. Pero non como todos os elefantes, algo que as persoas consideran un defecto, faime diferente. A min non me construíu a Señora Emilia, que é a dona da tenda e a que fai case todos os xoguetes; a min fíxome o seu fillo Carlos, que, as veces a axuda. É moi bo rapaz, pero algo despistado e, cando cortou a tea para facerme, cortouna mal e o ir coserme deuse conta que tiña tea de menos, pero para que a súa nai non lle rifase, non lle dixo nada e fíxome cunha orella de menos, por non darlle a tea para as dúas. Así que son un elefantiño cunha soa orella, e este é o defecto que marcou a miña historia.
Primaria C.E.I.P. de Louro
Este sálvoo eu
Ventos
¿Por que?
Porque é o noso libro favorito de poesía
(E memorizo...)
Vento, ventiño, que vés do 0orte, Sabes de todo.
Tes moita sorte.
Vento, ventiño, que vés do 0orte,
voas ben alto, voas ben lonxe.
Vento, ventiño,
que vés do 0orte, nesta terriña
berran moi forte.
Vento, ventiño, que vés do 0orte,
durme comigo fíxose de noite
Vento, ventiño,
que vés do 0orte, dános un beixo cálido e doce.
PRIMARIA PRIMARIA PRIMARIA PRIMARIA ---- C.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑASC.E.I.P. DE VIÑAS
O CEIP Eduardo Pondal de Vigo
Queremos salvar o libro “Cousas”
de Castelao
¿Por que?
Porque nel atópase “” Chegou das Américas um home rico...”
Que remata así:
6unha rúa da Habana o negro Panchito
tropezou cun home da súa aldea e confesoulle
saloucando:
-Ai, eu non me afago nesta terra de tanto sol;
eu non me afago con esta xente. ¡Eu morro!
Panchito retornou á aldea. Chegou probe e endeble; pero
trouxo moita fartura no corazón. Tamén trouxo un
sombreiro de palla e máis un traxe branco...
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
COUSAS
Editorial Galaxia 1979
Salvado por : Ceip Eduardo Pondal-Vigo.
Este sálvoo eu
"Ventos"
Autor Antonio García Teijeiro
¿Por que?
Nós eliximos salvar este libro porque a poesía é un xénero literario que se utiliza para expresar toda clase
de sentimentos e ten musicalidade. A pesar da importancia que supón e do que
representa está moi pouco traballada e case, case esquecida.
(E memorizo...)
Sei dun vento mentireiro, que endexamais di verdades.
Brúa contos, trabalinguas, adiviñas e cantares.
O ventiño mentireiro
vai por vilas e cidades. As persoas que acariña esquecen as soidades.
CEIP “EMILIA PARDO BAZÁ6”
VIGO Primaria
Este sálvoo eu
Poesía e Contos de Enrique Labarta Pose.
Por que?
Porque contribuíu a divulgar e a dignificar
o galego nunha época (1863-1961) difícil para
o noso idioma.
(E memorizo…)
Era o gaiteiro Xan Mella
gaiteiro tan afamado
Que non había festa algunha
nin romería de campo,
nin cousa en que houbese gaita,
sin que Xan fose chamado;
pois a gaita de Xan tiña
algo que non era humano,
algo que facía a un tempo
chorar e rir sin pensalo.
Quizais un anxe durmía
no fondo do fol deitado,
e soilo tiña o segredo
Xaniño para despertalo!
Por eso os mozos e mozas
de todo o lugar de Baio,
cando el a gaita collía
brincaban xa co entusiasmo.
CEIP LABARTA POSE DE BAIO
Este sálvoo eu: CEIP. Milladoiro. Malpica
Eu salvaría: Animais de compañía De Manuel Lourenzo
¿Por que? Excita a imaxinación, a creatividade, o sentido do
humor... e non ten idade!
E con el podemos facer cousas coma:
Un famento polburón Un calmoso paello
Un elegante volvoleo Un gracioso porbalo,
Un feroz tigroso...
Ó fío de:
Un luminoso vagalume, Un calmoso caracol, Unha moura vacaloura E un fero camaleón.
Este sálvoo eu
Eu salvaría Pequeno Animalario
Por que? Porque nos gusta o que conta, como
o conta e as fermosas ilustracións que nos regala.
DISFRUTEMOS de toda a información que nos
ofrece, contada dun xeito ameno e sinxelo,e ilustrada
con fotos e debuxos preciosos.
C.E.I.P. MONTEMOGOS
. .
“ QUE6 ME QUERE ADOPTAR?” de Fina Casalderrey ALGU6HAS DAS RAZÓ6S D@S 6OS@S ALUM6@S: - É bonito porque o ancián quere unha familia á que regalar amor sen recibir nada a cambio. - É un libro bonito porque el só quería agarimo e formar unha familia nova coa que divertirse. -É un bó conto co que @s nen@s aprenden a non deixar sos aos seus avós/avoas. - Este libro reflexa a importancia de ter compaña e de ter unha familia. - Ensínanos que non hai que estar tristes porque ao final, dunha forma ou doutra atoparás a felicidade. - Reflexa a realidade. Hai moita xente no mundo que pide limosna. No caso deste home só pedía compaña.
ALGU6HAS DAS RAZÓ6S POLAS QUE O SALVAMOS OS/AS PROFES: - É unha lectura amena e tenra. - Reflexa a sociedade actual. A soidade das persoas maiores. - Acercar a figura dos avós/avoas aos nen@s e ensínalles a que entendan a soidade que sinten. - Reflexa a importancia dos nosos maiores e a cantidade de cousas que podemos aprender deles. - Ten moita alusión aos libros e á lectura.
Este salvámolo nós
O meu gato é un poeta de Fran Alonso
Por que?
Porque ten poesías moi divertidas,
e outras que fan pensar. Porque con el podes aprender a xogar coas palabras e
porque… é dun gato poeta!!!
E memorizamos...
CAMBIA
O MU0DO: REIVI0DICA QUE @S POLÍTIC@S LEA0 POESÍA.
Salvado por : C.E.I.P. OS CASAIS
Este sálvoo eu
“Queixumes dos pinos” Eduardo Pondal
¿Por que?
Porque contén a letra do noso himno, no que estamos
todos os galegos e galegas representados e é importante salvalo para xeracións futuras.
E memorizo...
“Os tempos son chegados dos bardos das idades,
que as vosas vaguidades cumprido fin terán;
pois, onde quer xigante a nosa voz pregoa a redenzón da boa
nazón de Breogán.” .
C.P.I. PROGRESO. CATOIRA
Este sálvoo eu
Eu salvaría O ESTA+QUE DOS PARRULOS POBRES
De Fina Casalderrey
¿Por que?
Porque é divertido en nunca aburre
(E memorizo...)
O avó ensinoume moitísimosxogos novos porque el sabe todo,
por iso é sabio.
CEIP O PIÑEIRIÑO
CEIP AGRO DO MUÍÑO
Nós salvamos: As verbas que fan o camiño
¿Por que?
Porque nel atópase o poema “O camiño verso a verso”
(E memorizo...)
0a fonte pousou Que frías as augas!
Un doce merliño que longo o camiño! Para parolar que ledos ficaron
Con dous peregrinos. Os dous peregrinos
Que cansos que viñan que sons veludosos! Os dous peregrinos Ai!, que rechouchios
Envoltos no pó 0a fonte deitou De todo o camiño. O merlo dous bicos.
Cantigas cantou Cantigas de
amor O doce merliño cantigas de
amigo Con voz de cristal trobaba o paxaro
E moito agarimo. Para os peregrinos.
A fonte calou De seu o bruído Quería escoitar Aquel paxariño.
O seu autor: Antonio García Teijeiro
Este sálvoo eu
Eu salvaría: Poemas para pintar Autora: Concha Blanco
¿Por que?
Porque nel atópanse poemas como: “ A LÚA”
LEO E RECITO..
Vexo cinco estrelas
no medio do ceo.
as cinco a brillar
porque teñen medo.
Están sen compaña
a noite é escura.
Xuntáronse as cinco
na procura da Lúa.
Por detrás das nubes
as cinco buscábana
collidas da man,
un pouco asustadas.
A que ía diante
deu un tropezón.
Tropezou coa lúa
que estaba durmida
nun leito mol
de branco algodón.
CEIP DE CAR6OTA
Este salvámolo nós:
“Os megatoxos e os templarios da luz”, de Anxo Fariña
¿Por que?
Porque estamos á espera da continuación da serie e nos enteramos de que tal vez non se poidan publicar.
(E memorizo...)
“0infa descendía pola montaña lentamente. O instinto era tan forte que trazaba as curvas con total perfección, coma se estivese circulando polas vías dun tren. Cando deu dominado o sistema abriu os ollos, vendo como o Toxo a guiaba cara a unha zona boscosa afastada das pistas balizadas. E foi alí, no medio da fraga, cando se decatou de que alguén a seguía.” CEIP DE LEIRADO (Salvaterra de MIño)
Este sálvoo eu
"Longa noite de pedra" Celso Emilio Ferreiro ¿Por que?
Porque o poema que lle da nome ao libro reflicte a situación polo que paso o noso país en tantos anos de dictadura. É pois unha forma de
memoria histórica.
(E memorizo...)
O teito é de pedra. De pedra son os muros
i as tebras. de pedra é o chan
i as reixas. As portas, as cadeas,
o aire, as fenestras, as olladas,
son de pedra. Os corazóns dos homes que ao lonxe espreitan,
feitos están tamén
de pedra. I eu, morrendo
nesta longa noite de pedra.
CEIP DE AGUIÑO
Este sálvoo eu
As rúas do vento ceibe
¿Por que?
Porque aparece a miscelánea da beleza, fondura e esmero verbal que nos amosan a idiosincrasia de Galiza, dunha forma amena e
ilustrativa, cuns poemas axeitados para os nenos, en especial para os da cidade.
(E memorizo...)
O idioma é a chave coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble, o pesar máis profundo.
O idioma é a vida, o coitelo da dor,
o murmurio do vento, a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo, patrimonio do pobo, maxicamente vello, eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común meirande e poderosa.
… CEIP ISAAC PERAL - Ferrol
Este sálvoo eu
“¿Quen me quere adoptar?”
¿Por que?
Porque a Manuel tamén lle gusta salvar libros, coma a nós,
e pola súa tenrura e humanidade.
(E memorizo...)
A Manuel gustáballe merendar con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro. ¡O libro non o comía! Pero case…
(…)
Cando Manuel abría un libro convertíao en bolboreta.
Pasaba as follas e agarimaba as súas cores. (…)
Moitas tardes, Al, Ada, Ainoa e Manuel merendan con zume de laranxa, xamón, un vaso de leite e un libro.
¡O libro non o comen! Pero case…
CEIP DE PAZOS
Este sálvoo eu
Eu salvaría Contos por palabrasde Agustín Fernández Paz
¿Por que?
Porque nel atópase o capítulo “Unha chave non é suficiente”
(E memorizo...)
Era unha chave moi fermosa, grande coma as das casa antigas, feita dun metal brillante, dourado e lixeiro. A chave da felicidade! Xa era miña, desde aquela todo ía
cambiar. Baixei á praia e botei a correr pola area, cheo de
ledicia, axoutando as gaivotas ao meu paso. De súpeto, quedei parado. Acababa de caer na conta! Inundoume
unha suor fría e tiven que me apoiar nunha rocha próxima. Todas as chaves serven para abrir unha porta, precisan dunha pechadura en que podelas introducir. Eu
tiña a chave da felicidade,si. Pero e a pechadura?..
C.P.I. COS DICES ROIS.
Este sálvoo eu Eu salvaría “A nena de auga e o príncipe de
lume” ¿Por que?
porque é moi entretido e conta un problema dunha historia de amor, que
aparentemente non ten solución… (E memorizo...)
Unha vez era un río no que vivia unha nena de auga e un dia pasou
por ali un principe de lume. O seu amor era imposible, Ao seren de auga e
lume… … A nena de auga, saíndo do río díxolle ao
príncipe de lume: - Eu quería irme contigo e que vivísemos xuntos
para sempre. E el respondeulle:
Tamén eu quería ir vivir contigo, pero non pode ser
porque ti es auga e eu son lume… Quedaron os dous moi tristes…
.
Primaria CEIP Isaac Díaz Pardo
Top Related