novas da xustiza
Número 1028 Edita: CCOO de Xustiza 26 de maio de 2014
Mesa sectorial
ASÍ NOS IRÁ
Priorizar a mediática nova oficina xudicial
sobre os problemas laborais dos traballadores
(arquivos, substitucións, gardas,...)
determinou que as organizacións sindicais
plantáramos á Dirección Xeral até unha
negociación seria en beneficio dos nosos
compañeiros. Non lles imos facer a campaña!
Páxina 3
Gardas nos Xulgados de Instrución
Denuncia ante a Inspección de Traballo
A desidia da Dirección Xeral e a nova figura que ordena a nosa
xornada por decisión unilateral e paralegal, o secretario
coordinador, permiten xornadas maratonianas nas gardas de
instrución, que poden chegar a superar as 60 horas semanais
Páxina 5
Represión sindical
Tres anos de prisión para dúas
traballadoras por botar colorante
nunha piscina
No novo mundo que nos queren impor, a eliminación da
protesta, a represión, a criminalización dos que reivindican os
seus dereitos lexítimos é un requisito sine qua nom para
conseguir os seus fins: a impunidade da explotación laboral,
conduce a decisións cruentas como esta. Quérennos mudos e
escravos! Páxina 7
Taboleiro de avisos
Concurso de traslado
Publicado no DOG e BOE do
19 de maio. O prazo de
presentación de instancias
remata o 20 de maio.
Recomendamos o uso do
AINOA para evitar erros
MESA SECTORIAL
23/05/14
Ante a presión sindical a
Dirección Xeral convoca
mesa sectorial para este
venres
2 Novas da Xustiza
Editorial
Van a por todas: o rostro
inhumano do capital
O memorandum que o estado español enviou
a Europa para o periodo 2014-2017 prevé un
recorte de 48.000 millóns en gasto público.
Cando remate a campaña electoral poñede os
chalecos antibalas
Páxina 9
Humor
Brotes verdes para daltónicos
Por Bernardo Vergara
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
CCOO na negociación da LOPX
Concurso de traslado: publicación no BOE
Recuperación dos días por antigüidade
3 Novas da Xustiza
Mesa sectorial
Así nos irá… O pasado martes 13 de maio, a Dirección Xeral de Xustiza convocou ás organizacións
sindicais a Mesa Sectorial, a fin de tratar a nova oficina fiscal e o decreto de nova oficina
xudicial.
Tras anos de recortes, de nulo respecto pola negociación colectiva e de decisións unilaterais
abusivas, CCOO, UGT e CiG, postura que tamén compartiu USO, decidimos non acudir a lavar
a cara a unha Dirección Xeral empeñada en vender grandes alardes moi afastados da
realidade: por moita nova oficina fiscal e xudicial, que publican nos medios antes incluso de
seren negociadas, os traballadores e traballadoras da Xustiza sabemos que o colapso, con
redución de medios persoais e materias e vulneración de dereitos constantes, non se
soluciona con catro titulares de prensa.
E por iso, por respecto aos compañeiros, polo que nos negamos a negociar só o que marca a
axenda política da Dirección Xeral, na que tamén incluíu no pasado:
- Eliminación da paga extra de decembro de 2012
- Eliminación do 4% da masa salarial (mínimo 400 euros nas extras) sine die
- Conxelación salarial dende 2010
- Decreto de IT’s: poderemos pagar máis de 400 euros por cometer o delito de enfermar
- Atribución de novas funcións
- Amortización do 5% do cadro de persoal no 2012
- Un futuro incerto para máis do 30% do cadro de persoal coas reformas do Rexistro Civil
ou a Lei Orgánica do Poder Xudicial
- Perda de días de vacacións e asuntos propio... e un largo etcétera
4 Novas da Xustiza
Todas estas decisións foron impostas, e quizais sexa a hora de dicir até aquí chegamos. Non
é unha cuestión de parar o golpe do rodillo, o que non podemos é ser cómplices dese mesmo
rodillo, entrando ao xogo dos recortes como espectadores, sen ningún tipo de oposición máis
que a participación no paripé no que converteron as mesas sectoriais.
Polo tanto as organizacións sindicais contestamos á convocatoria, non negándonos, senón
demandando que se incluíran os seguintes temas:
- Arquivos e expurgo: polo incumprimento do compromiso de nomear dous funcionarios
itinerantes por provincia, cando hai xulgados sobresaturados, como os sociais, aos que xa se
lles está a impor esta función.
- Substitucións: pasaron xa seis meses dende que a Dirección Xeral se comprometeu a
procurar unha solución, para que a igual traballo igual salario
- Aplicación dos cómputos horarios nos SACES por dilixencias urxentes
- Gardas nos xulgados de instrución: un novo golpe de mano que, ao igual que pasa co
expurgo, deixa aos secretarios coordinadores a ordenación paralegal das nosas funcións
Esta decisión de non acudir senón se falaba primeiro dos compromisos incumpridos, foi
comunicada ao sindicato CSIF, quen, nunha postura oportunista e demagóxica, acudiu en
solitario a facerlle o xogo a administración, rachando unha unidade necesaria para sumar
forzas contra o expolio.
A Dirección Xeral volveu demostrar que o colectivo de funcionarios non está na súa
prioridade, e si o está ese deseño moderno de oficina que, subrepticiamente, agocha
reordenacións, mobilidade salvaxe e amortizacións. E si, así nos vai.
A presión sindical obriga á Adminsitración a unha nova convocatoria para este venres. A pesares de que un sindicato si acudiu a mesa anterior, esta foi suspendida e non se deu nada por negociado. CCOO seguirá a defender os intereses dos traballadores e traballadoras que representa.
5 Novas da Xustiza
Gardas Instrución
CCOO, UGT E CIG DENUNCIAN
O ABUSO LABORAL ANTE A
INSPECCIÓN
As Organizacións Sindicais consideran responsable á
Dirección Xeral por omisión do seu deber e á secretaria
coordinadora por alterar a xornada laboral superando as 48
horas semanais que establece a lexislación europea
CCOO, UGT e CIG veñen de denunciar ante a Inspección de
Traballo a intolerable intromisión na nosa xornada e horarios por
parte dalgún Secretario Xudicial nos Xulgados de Instrución da
Coruña.
Até o de agora establecíanse quendas rotatorias entre os sete
funcionarios da garda nas tardes e fins de semana, sistema que
funcionaba e prestaba un servizo eficaz.
O recurso dunha funcionaria, desestimado pola Secretaria
Coordinadora no súa resolución, foi utilizado por un Secretario dun
xulgado concreto, baseándose perniciosamente nos razoamentos
xurídicos, que non poden servir de base para ditar un acordo,
senón tan só o fallo, para obrigar aos sete funcionarios da garda a
completar o horario completo, isto é 52 horas mínimo.
Este horario contravén de plano a directiva europea 2003/88/CE,
de directa aplicación no noso país e que establece un tope máximo
de 48 horas semanais na xornada de traballo. Denunciada a
situación ante a Dirección Xeral, non deu resposta, unha vez máis,
eludindo as competencias que lle corresponden, polo que tamén se
inclúe como denunciada no escrito.
Ao igual que sucede cos Arquivos e Expurgo, vemos como a
complicidade da Dirección Xeral permite que os secretarios
Enlace á denuncia ante a
Inspección de traballo,
preme aquí
6 Novas da Xustiza
coordinadores asuman de facto a ordenación das nosas funcións
non xurisdicionais e as competencias sobre xornada e horarios.
Ademais da denuncia ante a inspección de traballo, denunciamos
nos medios de comunicación unha xornada que non se da en
ningún ámbito laboral, nin médicos nin bombeiros nin ningún outro
colectivo, e que repercute directamente non só na saúde laboral
dos compañeiros, senón tamén no servizo de calidade que
aspiramos a prestar.
Non podemos tolerar que por unha decisión arbitraria, as
condicións abusivas se tornen nun modelo de explotación laboral,
e se convertan nun pulso entre os nosos superiores xerárquicos e
os funcionarios, pola inacción da Dirección Xeral de Xustiza, polo
que tanto en mesa sectorial, como nos medios de comunicación e
exercendo accións legais que nos corresponden, loitaremos por
mudar a situación e volvela ao punto de orixe, para a prestación
dun servizo que funcionaba á perfección e que é un golpe de man
irracional máis de quen non sabe exercer a súa autoridade.
A Opinión da Coruña:
Los sindicatos denuncian el horario ´ilegal´ del
servicio de juzgado de guardia
Redacción | A Coruña
Los sindicatos UGT, CC OO y CIG denunciaron ayer la situación de
las guardias en los juzgados de A Coruña y calificaron de "ilegal" y
"anómalo" el horario impuesto a los trabajadores, quienes realizan
jornadas semanales "de 52 horas, en el mejor de los casos".
Los representantes de Justicia de las centrales sindicales
aseguraron ayer en una rueda de prensa que debido "a un
conflicto en un juzgado en concreto", la secretaria coordinadora
provincial, a través de una instrucción, determinó que
permanezcan en la guardia de lunes a sábado siete trabajadores
durante ocho horas; y el domingo, de 09.00 a 14.00 horas.
7 Novas da Xustiza
Represión sindical
Tamara e Ana: tres anos de
cárcere por botar colorante
nunha piscina
Campaña de acoso e derribo contra o dereito lexítimo a
protesta cidadá contra os recortes
Tamara e Ana participaban nun piquete informativo nunha folga de
instalacións deportivas no ano 2010. Alguén botou colorante nunha piscina,
ocasionando danos por valor de 600 euros. Nun primeiro momento as dúas
mozas, que dende CCOO acreditamos que non foron identificadas como
autoras materiais, si como integrantes do piquete, foron condenadas a seis
meses de prisión. A fiscalía recurreu, por un defecto na valoración da pena e
a Audiencia Provincial deulle a razón: ambas veron como a súa pena se
convertía en tres anos de prisión!
Para estas dúas persoas, unha delas embarazadas, só queda o indulto. É
incrible que dende o poder se estea a impulsar unha campaña de represión
contra a protesta lexítima. Tamara e Ana, non son afiliadas a ningún
8 Novas da Xustiza
sindicato, nin forman parte de ningún comando antisistema. Tan só loitaban
en conciencia por unhas condicións laborais dignas. Pero este sistema
corrupto de podremia consinte que a defensa dos dereitos se criminalice, e
así, estanse a espallar por todo o país condenas impulsadas pola fiscalía
contra traballadores e traballadoras na súa loita contra un modelo laboral de
explotación: despedimentos, salarios baixos, emprego precario e
desemprego estrutural.
O medo que pretenden instaurar na conciencia colectiva da clase
traballadora ten un fin: consolidar un novo modelo, onde os funcionarios
públicos tamén estamos directamente afectados: a nova oficina xudicial e a
reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial, xunto coas privatizacións só
teñen un camiño: adelgazar os chibos expiatorios da crise, facer unha purga
de empregados públicos. Non nos deixemos amedrentar!
Manifesto: Defender os dereitos da clase traballadora non é
delito!
Asina para que lle concedan o indulto a Ana e Tamara!
9 Novas da Xustiza
Editorial
Van a por todas: o rostro inhumano
do capital
A campaña electoral sitúanos nun mundo idílico, a fin da recesión económica,
o aumento das exportacións, o incremento do PIB, a macroeconomía, a senda
da recuperación póñense en boca do goberno e os candidatos, rodeados de
palmeiros, flashes, e amplas reportaxes nos telexornais.
Milongas. A pé de rúa está a realidade, non en gráficos e debuxiños de curvas
ascendentes. Nunha charla sobre servizos públicos, Maite Bustamante,
avogada especializada en Servizos Sociais, contaba que por primeira vez en
Cáritas non había prendas no roupeiro. Lupe Ces, profesora de primaria, dicía
que os pais xa non podían comprar gafas para os seus nenos. Milleiros de
persoas en Galicia non perciben ningún tipo de prestación. Somos o segundo
país da Unión Europea, por detrás de Romanía, co índice máis alto en pobreza
infantil. Cóntanse por miles os mozos e mozas que emigran ao norte para
malvivir con minijobs en Holanda, Alemania ou o Reino Unido. Recuperación?
Si, dos ricos, das 300 persoas que acumulan máis riqueza que 3000 millóns de
pobres. Ese é o rostro inhumano do capital, o absurdo dese colectivo
acomodado que controla os medios de comunicación, o poder, as nosas vidas.
As organizacións sindicais non somos partidos políticos. Representamos os
intereses da clase traballadora, o que nos cualifica para pedir que non se
voten aos partidos que impulsan os recortes.
No Programa de estabilidade 2014-2017 enviado á Unión Europea polo
goberno español, prevese un recorte de 48.000 millóns en gasto público.
Cando pasa unha campaña electoral de promesas e programas que saben que
non van cumprir, chega “o tío do mazo”. Ese recorte sempre se deriva ao
capítulo I, o gasto en persoal. O deseño da nova oficina xudicial, que colle
pulo tras dez anos paralizado, non ten outro fin que dar cumprimento a ese
programa: amortizacións, mobilidade salvaxe, centro de destino provincial,
novas funcións,... iso é o que temos que agardar, non axilidade, eficiencia,
10 Novas da Xustiza
expediente electrónico, dotación de medios persoais e materiais.
Aínda non vos destes conta, con este goberno sobramos a metade! E como
consecuencia, unha xustiza ao servizo da banca, das grandes corporacións,
dos corruptos e ladróns que en moitos casos nos gobernan, a xustiza de dobre
vía xa chegou!. Desapegar a resignación, organizarse, reivindicar a dignidade
é a nosa tarefa. Necesitamos asembleas e asembleas onde fixar unha folla de
ruta. Nós xa empezamos, a primeira no Proa na Coruña, e temos un
calendario establecido, onde informar e concienciar. Cando cheguen os golpes,
a conformación dunha conciencia colectiva debe axudar a crear frontes de
loita. Participade nas asembleas, eles están organizados e van gañando. Como
dixo o multimillonario Warren Buffet: “claro que hai loita de clases, pero polo
momento imos gañando nós”
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
google +