1
EDICIÓN 1031 www.ccooxustiza.com 19 de setembro de2014
CCOO presentará demandas
masivas reclamando a paga
extraordinaria apropiada
indebidamente polo Goberno
Ante as filtracións ou informacións directas de que nunha retorcida manobra política
dilatoria o goberno do Partido Popular non ten intención de abonar ás extensións de
efectos, e que publicitará en ano electoral a devolución da paga extraordinaria a partir de
2016, o sector de Xustiza quere facer as seguintes consideracións e impulsar unha
acción sindical decidida que remate na devolución íntegra no que nos foi roubado, o
sector de xustiza de CCOO quere clarificar:
- Non son tempos de enfrontamentos e guerras cainitas entre os
representantes dos traballadores, tampouco de tratar de obter réditos
electoralistas senón de loitar decididamente contra os recortes de xeito unitario e
decidido.
2
- As negociacións para minimizar a perda tense demostrado que son inútiles,
un fracaso que se pode corroborar con datos e que xustifican que as
organizacións sindicais non deben xa avirse a pactos soterrados coa
administración, que non ten máis disposición que a de pasar o rodillo para
reducir o gasto público a costa dos dereitos da cidadanía e, particularmente,
dos empregados públicos:
o Perda do 30% do poder adquisitivo en 4 anos: paga extra 2012,
conxelación continuada e 4% da masa salarial a través do CAT de xuño e
decembro 2013 e 2014
o Un infame decreto de IT que rebaixa até en 600 euros o salario por
cometer o delito de enfermar, cando a Xuíces e Fiscais non lles descontan
nada
o Atribución de novas funcións, como o expurgo, que noutras comunidades
realizan funcionarios especializados de reforzo
o Diminución do cadro de persoal: plan de amortización 2012, que
representa o 5% do cadro de persoal, baixas que non se cubren, reforzos
que non se conceden, substitucións que non se pagan, etc
o Desaparición inminente dos Rexistros Civís como servizo público e gratuíto
servido por funcionarios de xustiza e de decenas de xulgados de paz e
órganos xudiciais pola reforma da LOPX
- Ante esta situación é hora xa de que todas as organizacións sindicais e os
traballadores e traballadoras deixen a un lado a resignación o “loitar non serve,
vano facer igual”, “outros están peor”, “os sindicatos están acomodados” etc e
deamos todos un paso ao fronte, unitaria ou separadamente, dende o respecto e
a franqueza, e non creamos as promesas electorais que está a lanzar o goberno
3
que durante os últimos catro anos desbrozou os nosos dereitos até retrotraernos
a tempos preconstitucionais
- No que toca á reclamación do que nos roubaron en decembro de 2012,
CCOO inicia unha campaña de interposición de demandas masivas para acadar
múltiples sentenzas que obriguen a administración ao seu pago inmediato, e que
non lle quede outra que sentarse a negociar para pagar de oficio a paga
extraordinaria íntegra a todos e cada un dos funcionarios de xustiza de Galicia.
Así aconteceu en Valencia, onde a interposición de máis de 400 demandas, todas
con sentenzas favorables, obrigou a un goberno valenciano, da dereita máis fiel
ao austericidio, a negociar o seu pago íntegro a todos os empregados de xustiza:
Os delegados do Sector de Xustiza de CCOO poranse en contacto con todos os
afiliados e afiliadas ao noso sindicato para a interposición inmediata das
reclamacións admnistrativas e posteriores demandas. Así mesmo ofrece os seus
servizos xurídicos a todos aqueles traballadores que queiran facer uso deles, para o que
vos informaremos detalladamente. Estamos en condicións de interpoñer máis de 200
demandas de xeito inmediato, e animamos ao resto de organizacións sindicais a, en
lugar de presentar extensións de efectos, que a xurisprudencia e as intencións claras da
administración de non recoñecelas, fan que o cobro da paga extraordinaria a través
delas non quede garantido.
4
A fume de carozo
Estes dous individuos da foto, o Conselleiro Rueda e o Director Xeral de Xustiza, Juan
José Martín, hai que dicilo claro: están a xogar con nós como nunha partida de bólas.
Non quedan tan lonxe os tempos en que cando o goberno do Estado era de distinto cor
do da Xunta, sendo ministro Caamaño, reivindicábanse dende Galicia a creación de
múltiples xulgados, competencias sobre o persoal para convocar oposicións, as
promesas de consolidar decenas de reforzos e moitas outras propias do xogo político.
Agora que os tempos lles son favorables para aplastarnos, para converter aos
funcionarios en acredores das débedas bancarias e coellos de indias do laboratorio
neoliberal, as roldas de prensa destes dous son para o autobombo e a ficción, como é o
caso da Nova oficina fiscal e a próxima Nova oficina xudicial, que tinxiranse dunha
patina de modernidade e axilidade ante os medios de cara aos procesos electorais
municipais e xerais. Os que estamos dentro sabemos que non hai nada máis lonxe da
realidade: se a xustiza funciona e grazas ao voluntarismo dos compañeiros e
compañeiras.
5
As mesas de negociación acaban convertidas en meros trámites para salvar a cláusulas
legais de “oídas as organizacións sindicais”. Así aconteceu claramente coa última mesa
de negociación: a de acción social, outro dereito perdido e reducido tan só a axudas a
persoas con minusvalía. Fomos convocados, segundo a Subdirectora Xeral, tan só para
que a asesoría xurídica da Xunta de Galicia dese o visto e pracet á publicación. As
reivindicacións de recuperar o 1% da masa salarial para a acción social, e as axudas de
estudos e por fillos, como foron recuperadas noutras comunidades, foron apuntadas,
pero no teito.
Non nos enganemos: non haberá novos xulgados nin ofertas de emprego público,
reduciranse os chamamentos de interinos, non haberá novos reforzos e, en definitiva,
nesta tesitura de desapego cara aos sindicatos e falta de loita unitaria, de gobernos que
non respectan os mínimos dereitos, continuará a debacle das nosas condicións laborais.
Somos un colectivo de certa idade, as oposicións dos anos 80, con convocatorias
achegadas as 2000 prazas por corpo, déixanos unha inmensa maioría do colectivo por
riba dos cincuenta anos. As xubilacións sucédense e é por aí por onde vai vir o maior
recorte: en dez anos o cadro de persoal reducirase brutalmente, en proporción inversa
ao aumento da carga de traballo.
O réxime de clases pasivas permite a xubilación de funcionarios coa pensión íntegra aos
60 anos se teñen 35 cotizados. Polos corredores dos edificios xudiciais hai un ruxe ruxe
enxordecedor: “en canto poda, marcho” , “quédanme tres anos para facer a maleta”,
“qué ganiñas de estar na casa”,... nestes tempos, cun presente desolador e un futuro
aínda máis negro, sen perspectivas de mellora, non é de estrañar que o que poida
escape “a fume de carozo”
6
Breves
Interinos: o prazo para presentar alegacións remata o 23 de setembro, incluído.
Se precisades preparar alegacións poñédevos en contacto con os nosos
delegados sindicais. Denunciamos, unha vez máis, a opacidade no criterio de
valoración nos cursos, negada para os sindicatos e os traballadores, e totalmente
arbitraria, cursos que foron puntuados na anterior bolsa non o son nesta. Ademais
son múltiples os erros de valoración dos cursos de galego e informática.
Acción social: Das 74 solicitudes de acción social, unicamente concedida a
funcionarios con minusvalía ou familiares, foron admitidas 68 coa seguinte
asignación:
- Grao de minusvalía 33/65% à 195,34€ (a previsión era 300€)
- Grao de minusvalía 66/75% à 390,91 (a previsión era de 600€)
- Grao de minusvalía +75% à 780,37€ (a previsión era de 1200€)
CCOO non volverá a participar nun “paripé”, nun recorte máis, onde as cantidades
a distribuír son ridículas. Esiximos á volta a unha acción social que supoña o 1%
da masa salarial, como noutras comunidades e que se recuperen as axudas por
fillos e estudos.
Día adicional de asuntos propios: no BOE do 17 de setembro publicouse o
aguinaldo. Papá Montoro agasállanos cun día extra de asuntos propios, co que
este ano poderanse pedir cinco días de asuntos propios, dous máis por haber
7
dous festivos de ámbito nacional que coinciden en sábado e tres por acumulación
horaria. Estes días poden acumularse aos das vacacións que se poden coller
soltos (ata sete). Este carameliño non é suficiente para CCOO, queremos TODOS
os dereitos substraídos dende 2010
Nova oficina fiscal: o Consello da Xunta aprobou o pasado venres o decreto da
Nova oficina fiscal, estando só pendente xa da súa publicación no DOG.
Consolidará 22 prazas de reforzo, que converteranse en plantilla tras a resolución
do próximo concurso de traslado. Polo demais, como vimos dicindo nas follas
informativas, tan só é un deseño publicitario, crea a aberración das libres
designacións e non se achega a ratio dun funcionario por fiscal nin de lonxe.
CCOO non asinou o decreto e non o dá por negociado, senón por imposto
Formación: Proximamente convocarase mesa de Formación para o vindeiro ano.
Os cursos de linguaxe xurídica, imprescindibles non só para a formación do
persoal, senón tamén para facilitar os traslados á Galicia e a puntuación dos
interinos, continúan desaparecidos do mapa de formación por un conflito laboral
co Profesorado. Solidarizámonos con este colectivo e demandamos da Xunta
unha pronta solución, que non pase por litigar até a última instancia, como adoitan
a facer, e que se convoquen dunha vez os cursos de linguaxe xurídica nivel
medio e superior
8
Correo de contacto: [email protected]
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados:
Coruña: Raquel [email protected]
Ferrol Mati [email protected]
Santiago: Ana [email protected]
Pontevedra: Tino Novoa [email protected]
Ourense: Sonia [email protected]
Lugo. Rafa [email protected]
Coordinación: Jorge [email protected]
www.ccooxustiza.com