O coelliño branco
Érase unha vez un coelliño branco, que estaba canso de ter esa cor. Así que un día púxose a experimentar coa pintura....
Primeiro colocou dous botes, un amarelo e outro azul. O amarelo encheuno de pintura amarela, e o azul encheuno de pintura azul.
Logo puxo un bote vermello e
encheuno de pintura vermella.
Ao coello gustoulle moito a
pintura amarela que estaba
no bote e acordou probar a
pintarse desa cor. Igual
quedaba moi guapo!
E, sen agardar máis, plaff,
meteuse dentro do bote.
E o coelliño branco quedou
convertido nun coelliño
amarelo.
Ao coelliño pareceulle
moi divertido e acordou
meterse agora no bote de
cor vermella. Que
pasaría?.
O coelliño quedou de cor
laranxa. Pero non lle
gustou moito.Acordou empezar de novo
O coelliño deuse
unha boa ducha
con auga fresquiña
para recuperar a
súa cor branca.
Que pasaría se se metera no bote de pintura vermella agora que volvía ser branco?
Pois que agora era
completamente vermello.
Pero aínda tiña ganas de xogar máis, así que meteuse no
bote de cor azul.
Que divertido é
este xogo!
E se agora probo co bote vermello?, pensou o coelliño.
Anda!, agora é de cor
lila. Que pavero!
O coelliño acorda
darse outra ducha.
Esa cor lila é moi
estraña para un
coello. Que diría a súa
nai se o vira desa
cor?
Unha vez limpo, acorda bañarse na cor azul, agora que volve ser branco.
Que pasará?
E se agora me volvo meter na cor amarela, di o coelliño. De que cor me volverei?
Agora o coelliño é verde. Non é unha boa cor para un coello. Van confundilo coa herba.
Vai ser mellor darse outra ducha.
Ei, pero que ocorre?.
Anda, a ducha quedou sen auga...
E agora que vou facer?, pensa o coello. El non quere ser un coello verde.
Ningún coello é verde.
Auga non queda, pero
pintura vermella si.
Probarei?
Por probar nada se perde e xa estou todo pintado.
A ver que pasa.
Agora o coelliño branco xa non o é. Agora é marrón. Como me gusta esta cor!
Top Related