“ O home é a medida de todas as cousas”
Esta frase atribuída ao sofista grego Protágoras (s. V ac.) resume a principal característica do mundo clásico: o ser humano como medida, como centro de atención principal da sociedade e a cultura.
Esta frase sería impensable en Exipto ou Mesopotamia, alí o centro de atención non era o individuo senón os deuses ou os reis.
Esta nova concepción explica que na política deixemos de falar de súbditos e pasemos a falar de cidadáns.
E explica tamén que os deuses greco-latinos teñan forma humana, que as cidades posúan máis edificios públicos que palacios ou que as esculturas busquen a representación da armonía de proporcións do corpo humano.
E esa idea sigue tendo sentido na sociedade actual, é moito o que lledebemos a Grecia e Roma
A RELIXIÓNA relixión de gregos e romanos é politeísta, e os seus deuses e deusas teñenforma humana e compórtanse coma humanos (cos seus mesmos defectos). Os deuses máis importantes son os 12 deuses olímpicos, chamados así por vivir no Monte Olimpo, o monte sagrado dos gregos. Destacan tres: Zeus, a súa mullerHera e a filla de Zeus, Atenea.
Os romanos copiaron o panteón (todos os deuses) grego e crearon a tríada capitolina: Xúpiter, Xuno e Minerva ,chamada así polo templo que había no Capitolio (monte de Roma).Todos os deuses teñen un símbolo (ou varios) que os representan:
TRÍADA CAPITOLINA ROMANAMINERVA (ATENEA),
curuxa XÚPITER ( ZEUS) águia
XUNO (HERA)Pavo realImaxe: dominio público-wikipedia
FAI UN CADRO RESUMO DOS 12 DEUSES OLÍMPICOS GREGOS E OS SEUS EQUIVALENTES ROMANOS
NOME GREGO NOME ROMANO ÁMBITO SÍMBOLOS
ZEUS Pai dos deuses, deus do ceo e o raio
XUNO Deusa do matrimonio e a familia
Pavo real, coroa
ATENEA
ESTE ENLACE PODE AXUDARCHE
As historias dos deuses gregos e romanos estaban recollidas en mitos transmitidos de xeneración en xeneración. Moitos destes mitos ou historias chegaron á cultura occidental
e repítense na arte e na literatura, especialmente naqueles períodos históricos, como o Renacemento, nos que os artistas buscan inspiración no mundo clásico.
Fíxate nesta pintura de Rafael Sanzio, famoso artista do Renacemento Italiano, representa unha reunión dos deuses , intenta identificar algún polos seus símbolos
Imaxe dominio público-wikipedia
Quizais non o saibas pero moitosdías e meses do ano nos acordamos dos deuses romanos, de aí derivan os seus nomes
XANEIRO
Xano, o deus das portas, ten dúas caras, mira cara o pasado e cara o futuro
MARZO
Marte, deus da guerra
XOVES
Xúpiter, Deus do raio e paidos deuses
Imaxes, Dominio público, wikipedia
SIGUE TI: MARTES, MÉRCORES,
VENRES…
A LITERATURANa literatura grega e romana mestúranse deuses e seres humanos, de todos os autores
destacan dous: o grego Homero, creador da Iliada e a Odisea e o romano Virxilio coa Eneida. O cine e a literatura actual sigue representando as súas historias
A ILIADA, A GUERRA DE TROIA, sabes a historia?
O CABALO DE TROIAPintura de Tiépolo, s. XVIII
Dominio público-wikipedia
AQUILES CURANDO A PATROCLOCerámica grega, 500 ac
Dominio Público-wikipedia
VICHES A PELÍCULA “TROIA”?, QUE FAMOSO ACTOR FACÍA DE AQUILES?
MIRA O TRAILER AQUÍ
A ODISEA
A VIAXE DE ODISEO (ULISES), REI DE ÍTACA, DE VOLTA A GRECIA TRALA
GUERRA DE TROIA
Ulises e as sereas, cerámica grega, 480 ac
Imaxes: Dominio Público-wikipedia
A ENEIDA
IMITA A ODISEA DE HOMERO, CONTA A VIAXE DE ENEAS A ITALIA TRALA
GUERRA DE TROIA
Eneas marcha de Troia e carga co seu pai Anquises e o seu fillo Ascanio. Pintura s. XVI
O TEATRO
Os gregos inventaron o teatro como espectáculo e o edifico no que se
facían as representacións. Os romanos, unha vez máis imitárono.Aos gregos gustábanlle as traxediascomo as de Esquilo ou Sófocles, os
romanos preferían as comedias
ATOPAS ALGUNHA DIFERENZA ENTRE O EDIFICO DO TEATRO GREGO E ROMANO?
Arriba teatro grego de DodonaBIBISAINT-PAUL-CC-BY-WIKIPEDIA
Abaixo, teatro romano de Mérida IKIWANER-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Vol de nuit-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
O PENSAMENTO RACIONALCIENCIA E FILOSOFÍA
“ A Razón é algo común a todos os homes. Comprender non é máis que expoñer a forma como o Universo funciona”
HERÁCLITO. Filósofo grego do s. VI-V ac.
Os gregos desenvolveron unha nova forma de pensar: o pensamento racional. É dicir, buscar a explicación das cousas sen recorrer á fantasía ou á relixión, senón á intelixencia e á análise racional. E de aí naceron a filosofía (amor pola sabiduría) e as primeiras formas de pensamento científico.
Sócrates, Platón e Aristóteles, constitúen a tríada máis importante dos filósofos gregos.
Arquímedes é considerado o pai da física, Hipócrates, da medicina, Tales de Mileto, Pitágoras e Euclides, das matemáticas.
Os gregos foron os primeiros en intentar entender o mundo racionalmente, e puxeron as bases da ciencia e o progreso tecnolóxico occidental
UNHA ARTE FERMOSA AO SERVIZO DO CIDADÁN
Nas culturas exipcia e mesopotámica predominaban palacios e templos. Na grega e romana: edificios públicos, para servizo e disfrute dos cidadáns.
Palestra (gimnasio) da cidade de Olimpia (Grecia). WKNIGHT94-CC-BY-SA
Stoa de Atalo(pórtico cuberto) en Atenas (restaurada). Espacio cuberto do sol e a chuviapara pasear ou comerciar, estaba próximo a ágora
Dominio Público-CC-BY-SA
Termas do emperador Caracalla, Roma, as máis grandes do ImperioChris 73-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
O anfiteatro Flavio ou Coliseo de Roma.Usado para espectáculos de loitas de gladiadores. JP GRANDMONT-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Circo Máximo de Roma, usado para carreiras de catro cabalos (cuádrigas).
CARPTRASH-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
OS TEMPLOS
O templo sigue sendo un edificio moi importante para os gregos. Alí gardan a imaxe (e o tesouro) do deus ou deusa protector da cidade.O templo soe estar naacrópole. É o centro das actividades relixiosas(procesións e sacrificios) que se fan na cidade.A racionalidade e o desexode beleza leva a un estudodetallado das proporcións Imaxe sup : Templo de
Hefaistos, Atenas. Fi f8-CC-BY-SA- WIKIPEDIA
Abaixo: INTEF-CC-BY-NC-SA
Imaxe: NOMEN http://www.foro3d.com/attachments/23357d1134492268-infografia-arqueologia-templo.jpg
A Naos é a cámara principal, na que se gardaba a estatua da deusa Atenea. O pórtico anterior é o Pronaos. No Opistodomosprobablemente se gardaba o tesouro da deusa.
O PARTENÓN DE ATENAS. PARTES DUN TEMPLO GREGO
O Partenón é un templo octástilo(ten 8 columnas na fronte) e períptero (ten columnas arredor)
A BÚSQUEDA DA HARMONÍA
Para os gregos harmonía, perfección e beleza eran equivalentes. Por isobuscaron a proporción e a perfección matemática, e por iso inventaron as ordes arquitectónicas, que eran diferentes proporcións e modos de construír. Se querían un templo forte, robusto, usaban a dórica, se querían un templo elegante, esvelto, a xónica, que era máis alta
DÓRICA XÓNICA CORINTIA
AS ORDES ARQUITECTÓNICASIMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
Trátase dun número alxébraico que posúe moitas propiedades interesantes e que foi descuberto naantigüidade, non como “unidade” senón como relación ou proporción entre segmentos de rectas
O número áureo é un número irracional.É chamado tamén número de ouro ouproporción aúrea e está representado pola letra grega φ (fi) en honor aoescultor grego Fidias que o usou naconstrucción do famoso templo do Partenón de Atenas
A BELEZA DAS MATEMÁTICAS
WIKIPEDIA
1
1,618
FACHADA DUN TEMPLO DÓRICO. PARTES
METOPAS
TRIGLIFOS
TÍMPANO
FRONTÓN
FRISO
ARQUITRABE
CAPITEL
FUSTE DA COLUMNA
IMAXE: DOMINIO PÚBLICO-WIKIPEDIA
Os romanos imitan a arquitectura grega pero interésalles menos a proporción e máis a utilidadepráctica. Dise que son máisenxeneiros que arquitectos. Usaban arcos e bóvedas e construían en pedra ou mármoree ladrillo. Os gregos usan só liñasrectas e pedra ou mármore.
ARQUITECTURA ROMANA
Acueducto de Segovia
Ponte de Alcántara, CáceresArco de triunfo, Medinaceli, Soria
IMAXES: INTEF-CC-BY-NC-SA
Templo de Apolo en Paestum, SiciliaBallista-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Templo de Atenea-Niké Acrópole de AtenasS.SWAYNE-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
ORDE DÓRICA,XÓNICA,
CORINTIA
Panteón de RomaRoberta Dragan-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Os gregos preferían usar as ordes dórica e xónica, os romanos a corintia
Indica de que ordes son estes templos:
Imaxes dominio público wikipedia
A B
DC
A ESCULTURA: PERFECCIÓN GREGA, REALISMO ROMANO
O Doríforo (atleta con lanza) de Policleto s. V ac.
Tretaktys-CC-BY-WIKIPEDIA
Retrato do emperador Caracalla s. III dc
Shakko-CC-BY-WIKIPEDIA
Os gregos preferironrepresentar a belezado corpo humano, sobre todo atletas e deuses idealizados.Aos romanos gustáballes o retrato
GRECIA: POUCA PINTURA CONSERVADA,
MOITA CERÁMICAROMA: OS MOSAICOS
Heracles (hércules) e Atenea representados nunha ánfora grega
polo pintor Andócides, s. VI ac.Dominio público-wikipedia
Facíanse con pequenos anacos (teselas) de mármore ou cerámica de varias cores. Na foto aparece
Neptuno (Poseidón).Museo arqueolóxico de Nápoles
G.D.ORTO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
A CULTURA ROMANA NA GALLAECIA
Tense dito que a romanización afectou en menor medida ao norte da península ibérica. No caso galegohai historiadores que non pensanigual. Se ben é certo que naGallaecia, territorio do NO da Hispania, non se construíronanfiteatros ou teatros como en Mérida ou Sagunto; quizais non se debera a unha menor romanización senón a diferentes modos de vida. A pegada do mundo romano en Galicia foi moi intensa, e iso vese na lingua, que desprazou ás linguas indíxenasanteriores e na grande cantidade de restos que se conservan. E o nome do noso país, Galicia, puxéronllo os romanos.
Foto: Lala Lugo-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Lugo, Lucus Augusti, foi a cidade romana máisimportante da Gallaecia. A vía romana nº XIX uníaacon Bracara Augusta (Braga, en Portugal) e AstúricaAugusta (Astorga, en León). Consérvase bastante ben a muralla que a defendía, foi declarada polaUNESCO patrimonio da humanidade.
Mapa das calzadas ou vías romanas na Gallaecia, destacada en vermello está a vía XIX, de Braga a Lugo e Astorga, que pasaba por Tui, Pontevedra e Caldas de Reis (AquisCelenis).
No debuxo pódese ver o método de construción, haivarias capas de pedra de diferente grosor para que se filtre a augadoadamente, lousas de pedra na cima para circular os carros e MILIARIOS marcando as distancias
ROBOT8A-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Nos lugares que atravesaba a calzada, onde era preciso salvar un río facíase unha ponte, hai moitasben conservadas en Galicia destaépoca, como a ponte sobre o río Bibei en Póvoa de Trives.
Consérvanse tamén centos de miliarios que marcaban en millas romanas a distancia a Roma ou ásprincipais cidades da ruta.
JMRODRI2-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Ao lado desta ponte consérvase este miliario coa inscriciónque se transcribiu e traduciu ao pé.
Imaxes: A. Pérez VilariñoCC-BY-SA-WIKIPEDIA
Ao longo das vías romanas levantábanse de tramo en tramo as chamadas mansións, onde os viaxeiros descansaban e cambiaban os cabalos. Unha das máis importantes foi AquisQuerquennis, en Bande, Ourense. Como o seunome indica dispoñía de baños de augas termais, moi apreciados polos romanos.
LMBUGA-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
Na cidade de Lugo conservamos restos de moitascasas romanas, algunhas con mosaicos, como este que se exhibe no Museo Provincial.
A. PÉREZ VILARIÑO-CC-BY-SA-WIKIPEDIA
A torre de Hércules foien orixe (o conservado hoxe é moi posterior) un faro construídopolos romanos para sinalar a entrada no porto da cidade de Brigantium.Tamén foi declarada patrimonio da humanidade.
A. DAMATO-CC-BY-NC-WIKIPEDIA
A PEGADA CLÁSICA EN CAMBADOS
Arriba Hércules coa maza, Zeus (raios e águia) e Apolo (lira) napraza de Fefiñáns. Dereita columnas con volutas do Pósito de pescadores.
Baco, deus do viño, obra do escultor contemporáneo, Francisco Leiro
Dereitos de autor
O legado cultural greco-latino. Maribel Iglesias Baldonedo, con licenza:
Dentro do curso: O tempo e o espazo con liñas e cores por Maribel Iglesias e Manuel Busto. Baixo licenzaCreative Commons Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual 3.0 España.
Créditos e autoría:Úsanse imaxes e recursos de produción propia, que se fan públicos con licenza CC-BY-NC-SA, outras de dominio público, con licenza creative commons, GNU... tomados preferentemente de bancos de recursos educativos abertos. Tamén se empregan, acolléndose ao dereito de cita segundo a lexislación vixente, imaxes e recursos diversos de diferentes páxinas Web, e lígase -cando é posible- a súa licenza ao pé dos propios recursos, que manteñen integramente. Outras licenzas:Quedan fora desta licenza as imaxes, recursos... que manteñen a súa propia licenza, sinalada en cada caso.
Top Related