“Polgariño”
Os pais de Polgariño como eran moi ricos e moi egoístas, non
querían comprarlle nada a Polgariño , e daquela decidiu marchar .
Ao día seguinte os pais púxeronse a chorar de alegría.
Polgariño recibiu , unha carta , na que o rei dicía: ...
- Quen mate ao ogro darémoslle un desexo .
Polgariño sen pensalo unha vez foi á casa do ogro.
Pero o ogro descubriuno e díxolle que ía comelo para cear .
Á hora de cear , Polgariño , colleu unha bolsa de veleno , e
púxollo na sopa . Cando a probou , ao ogro doulle un llullu .
É Polgariño volveu a casa , co traballo feito e pensando no
desexo que lle ía pedir ao rei por matar ao ogro.
Alba Cerqueiro Vázquez
“POLGARIÑO”
Polgariño non tiña irmáns. Os seus
pais eran pobres.
Polgariño era moi rapidiño.
Os seus pais decidiron lévalo ás
Olimpíadas infantís,para participar na
competición. O premio era 1.200.527.
O día das Olimpíadas infantís,
Polgariño participou na primeira carreira e
gañou.
Polgariño pasa a seguinte ronda.
Ronda decisiva para pasar a final.
Final da segunda carreira! Polgariño
gaña e vai para a final.
Polgariño gañará? - Pregúntase o público.
3,2,1.....................................................
Xa saen os corredores. Quen gañará?
O campión ééééééééééééééééééééé Polgariño!
Así, Polgariño é os seus pais fixéronse ricos cos 1.200.527euros do premio.
Brais Gómez Liñares
“Polgariño”
Polgariño a pesar do seu Nome era moi alto mais ben xigantesco.
Un día os seus pais decidiron que Polgariño tiña que ir a universidade, pero
el non quería ir, entón escapouse e os pais moi preocupados pensaron:
(Como Polgariño é tan alto poderemos atopalo e como é tan coñecido
podemos localizalo cun XPS) pero de persoas non pensedes mal.
Entón foron o bosque e... perdéronse eles no bosque, e gritaron por se
estaba por alí:
- Polgariño, non che imos levar a universidade.
Pero xa era demasiado tarde.
Polgariño chegara a unha casa na que unha señora bastante heavy abríralle
a porta e díxolle:
- Non te podo hospedar aquí colega, es demasiado grande tíooooo e non
colles pola porta!!!! Entéraste?.
Bueno ,terei que volver a casa entón .- Dixo moi canso.
Cando chegou á casa os seus pais
tamén chegaran e ao final non o levaron á
universidade pero por escapar si o levaron a
unha escola de monxas e por suposto
Polgariño aprendeu unha lección moi
importante.
FIN.
IRIA RODRÍGUEZ LÓPEZ
“POLGARIÑO”
Érase unha vez un leñador e unha leñadora que tiñan oito fillos . Os seus pais tiñan
moitos cartos . Un día os pais é os oito fillos , forón cortar leña , os fillos recollian
astillas.
Un día os oito fillos decidirond que cando volveran recoller astillas deixarían
perdidos aos seus pais no bosque, e asi foi.
Caeu a noite e os pais estaban perdidos no medio do bosque. O pai ao lonxe viu
unha luz nunha casa e forón cara ela. Petaron á porta e abríronlles, vendo que estaban
mollados deixoulles entrar, escoitaron grandes pitidos no chan.
Era o ogro que viña para cear. A ogra apurada díxolle que se meteran debaixo da
cama. O ogro dixo: - Ulo a nenos - Mirando cara os lados, seguiu o olor e colleu os pais.
Díxolle: - Hoxe vouvos comer a vós en vez do cordeiro . A muller díxolle: - Non tés
suficiente con esta cea .
- Bueno vale cómoos mañá.
O ogro canso foi para a cama. Eles aproveitaron que estaba durmido para marchar.
No xardín de atrás atoparon as botas de sete leguas puxéronas e marcharon. Correron
ata que chegaron a súa casa. O ogro non puido atopalos . Os 10 estiveron felices en
familia e non volveron a separarse e o ogro contestou:
- Por que non os comería onte pola noite para cear?
Lara Cancela Figueiras
Polgariño”
Había unha vez unha familia moi humilde que tiñan oito fillos.
Vivían preto dun bosque.
O máis cativo de todos era tan pequeniño que lle chamaron Polgariño. Polgariño era
un neno moi traste e un día decidiu escapar ao medio do bosque para que non o atopasen, e
escondeuse nunha cova que estaba chea de coellos e paxariños.
Vaia susto que levaron os seus pais cando non o atoparon a hora de xantar!.
Empezaron a buscalo : - Polgariño onde estas?
Chegou a noite e non aparecera. Dábano por perdido:comeuno o lobo!
De alí a tres días, Polgariño tiña fame e frío e decidiu volver a casa, pero non sabía
o camiño de volta. Lembrouse que foi marcando cunha x nas árbores e por fin chegou á súa
casa. Xa era de noite, e empezou a petar na porta.
A súa nai estaba moi desgustada e estaba metida na cama :- Xa nunca volverei a
velo! O irmán maior abriu a porta e pensou que estaba alucinando,tocouno coas súas mans a
ver se era verdade e era verdade. Estaba famento e sen forzas.
O seu irmán empezou a berrar:-Xa apareceu!!!!! Non o podían crer,e preguntáronlle
onde estivera, non sabían se rir ou castigalo. E celebrárono cunha festa.
Martín Rodríguez Gómez
“POLGARIÑO O DIABLIÑO”
Polgariño era un neno moi mimado e consentido, e vivía nunha mansión
xigantesca.
Era tan grande coma o rañaceos máis alto do mundo e, por suposto, Polgariño
vivía coma un rei. Que digo? Coma un emperador. Non ho! Coma un papa que non é
nada relixioso!. Bo, o que iamos. Polgariño era tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan, tan,
tan, tan, tan, tan mimado , que un día dimitiu e,
en vez de ser un bo neno coma case todos, converteuse nun neno
megaultrasúperextraquellesaepolasorellas diablo de tamaño colosal. Facía
falcatruadas como por exemplo: mexarlles aos demais, cuspir, roubar e mellor non vos
conto o da explosión do teatro e o do ácido sulfúrico ao cubo do triángulo do porcento
de non sei qué. Polgariño ata tiña a súa risa malvada que non vos digo cal é porque
senón acabo con todo o papel do mundo.
En fin, os seus pais amenazáronlle con desadoptalo pero él tan pancho
amenazóulles con construír unha bomba tan potente que reventaría con todo o seu
país.Entón, escaparon e viviron mal, non se arrepentiron xamais e comeron raíces.
FIN.
MAX SOUTO 5ºC
“POLGARIÑO” Polgariño era un neno que era tan alto que non cabía pola porta.
Como comía tanto os seus pais non o podían alimentar,nin a el , nin
aos seus seis irmáns. Así que decidiron abandonalos,pero mentras os seu pais
o comentaban el , Polgariño ,estaba escoitando todo, díxollo aos seus
irmáns e non lles gustou moito.
Ao dia seguinte os seus pais dixéronlles que ían ao parque , Polgariño
levou pedras para recoñecer o camiño á casa, mentres xogaban, os seus pais
fóronse, pero non se preocuparon porque tiñan o camiño marcado.
Cando volveron , os seus pais quedaron impresionados e non dixeron
nada.
Outra vez ao diá seguinte foron a buscar auga ao río e o seu pai os
abandonou .
Esta vez rcoñeceron o camiño a casa.
Cando chegaron Polgariño berrou - !!!BASTA!!! deixade de
abandonarnos, teño unha idea para librarnos da pobreza.
O rei busca mensaxeiros e como somos tan altos damos pasos grandes.
En efecto , contratáronos e viviron felices.
FIN Christian Gerpe Negreira 5c
POLGARIÑO
Érase una vez un neno chamado Polgariño. Polgariño era moi rico e quería ter máis irmáns pero os pais
non lle deixaban ter máis. Un día Polgariño atopouse cuns nenos perdidos nun bosque e
non tiñan pais, Entón Polgariño díxolles que podían ir para a súa casa pero
que tiñan que ir de noite porque había uns gardas que non deixaban entrar aos nenos vagabundos.
Polgariño para que soubesen o camino deixoulles pedras ata a súa casa.
Ao día seguinte a nai de Polgariño foino espertar e atopouse con tres nenos máis durmindo con el .
Aos país dábanlle mágoa e deixounos quedar con el aínda que tiña sete irmáns e agora tiña dez e Polgariño quedou moi contento.
Ana Sánchez Navaza
Polgariño
Polgariño e os seus sete irmáns son moi ricos e viven na cidade .
Un día a súa nai díxolle que ían ter un irmán . A todo iso a súa
nai aínda estaba embarazada dun mes
A avoa de Polgariño e os seus irmáns estaban moi ledos, non
puideron soportalo e foron comprarlle un traxiño
Era demasiado caro e a avoa non podía págalo todo , de súpeto
ocorréuselle unha idea: págalo a prazos . Así foi, pagárono pouco a
pouco.
Cando xa pasaron os oito meses , naceu o nono e era moi lindo.
Cando o viron todos querían cóllelo no brazo .
Estiveron pelexando e a súa nai díxolles que un cinco minutos e
outro cinco minutos e así sucesivamente ataque foron os sete.
Polgariño como era o máis grande tiña que coidar de todos os
seus irmáns . Non lle gustaba moito pero era o traballo que tiña que
facer, senón poñíanlle un castigo: que non comía ata que o fixera ben.
El queríalle a todos os seus irmans pero en especial aos
pequenos. A el gustábanlle moito os nenos pequenos.
Andrea Calvete
“ POLGARIÑO RICO E POBRE ““ POLGARIÑO RICO E POBRE ““ POLGARIÑO RICO E POBRE ““ POLGARIÑO RICO E POBRE “
Había unha vez dous Polgariños, un era grande e rico pero o outro era
pequeno e pobre.
Os dous eran amigos pero para que se encontraran tiñan que atravesar
o bosque.
Polgariño 1(o pequeno) tiña que ir co seu pai que era cazador.
Xogaban sempre que podían, porque podía ser que o pai de Polgariño
2(o grande) lle mandase a por cousas ao super que estaba a 3 quilómetros de
distancia, facer os deberes, limpar o seu cuarto,etc.
Cando pasaba iso Polgariño 1 iba dar un paseo polo bosque, subirse as
árbores... Un día os pais de Polgariño 2 invitaron aos outros a cear e eles
aceptaron encantados. Pasou o tempo e case era hora de cear así que se
encamiñaron á casa do outro Polgariño.
Polgariño 2 abríulle a porta , díxolles que aínda non estaba a cea ,eles
pola curiosidade e sen querer pasaron á cociña onde descubriron que os pais
de Polgariño 2 eran ogros e puxéronos nuha pota enorme .
Sorte que o seu fillo lles clavou un puñal nas costelas e matounos, os
pais de Polgariño 1 adoptaron ao dos ogros para agradecerlles por telos
salvado.
Alejandro Amarelle Fraga
POLGARIÑO” Érase unha vez una familia moi mala que adoptara un
neno moi rápido e moi bo, que o trataban moi mal.
Un día Polgariño, como era moi rápido, escapouse e
non sabía onde ir . Encontrouse nunha casiña moi luxosa
que tiña de todo. El chamou á porta e saíu una señora moi
amable. El preguntou que si se podía quedar pero a señora
dixo que non podía porque vivía un trol enorme e feo na
casa e o comería.
Así que ela lle dou comida e saíu ao pobo. Atopouse
coa reina e a reina como era tan boa doulle traballo.
A raíña preguntoulle se quería vivir con ela, el díxolle
que si, e viviu moi feliz coa raíña. Co paso do tempo foi
crecendo. Un día a nai enfermou, por mala sorte morreu é
el quedou coa herencia e casouse cunha xoven moi guapa.
FIN
Maria Camila Suarez Aponte
“POLGARIÑO”
Érase unha vez unha familia pobre que non podía manter
aos seus fillos . Entón o pai dixo:
-Vou levalos ao bosque mañá ,e abandonareinos.
Polgariño estaba escoitando debaixo da mesa ,porque era
tan pequeno que os pais non o viron, e seguiron falando. Polgariño
foi rápido a avisar aos seus irmáns e eles enfadáronse moito.
Ao día seguinte pola mañá moi cedo, ás cinco ou así ,
Polgariño avisou aos seus irmáns e marcharon da casa correndo.
Cando os seus pais se ergueron, viron que Polgariño e os
outros non estaban, e empezaron a buscalos. Polgariño e os outros
22 onde etades???!!!!!!
Pero Polgariño e os seus irmáns fóranse a unha casa onde
lles abriu unha señora que lles dixo:
- Non vos podo hospedar aquí sodes,sodesssss,un dous
tres...
- Non empeces a contar dígocho eu agora mesmiño .Somos
23 Vin,vin,vin,vinte e tres??????
A muller nun abrir e pechar de ollos desmaiouse.
E Polgariño díxolle :
- Señora , está vostede morta?
A señora non contestou e eles fóronse para a súa casa.E os
pais alegráronse moito de velos ...
- Ola Polgariño e os demais
Polgariño moi nervioso preguntou :
- Por que nos queriades abandonar pai,e por que ti tamén
mamá?
- Po po por porque mmmmm mmmmm porqueee...Non non
podemos mantervos a todos
- Non vos preocupedes, o Rei busca cociñeiros e servintes
pode que nos de o posto.
E así foi déronlle o posto e comeron moitos moitos moitos
pavos
Carmen Castro Vázquez 5ºC
“POLGARIÑO”
Polgariño era xigante, parvo e moi comedor.Os seus pais Ronald e Crisber sufrían unha pobreza inmensa e non podían coidar 14 fillos. Así que o pai díxolle a nai:
Teño que abandonalos, é a única alternativa. Eles non o sabían , pero Polgariño estaba escoitando. Pero era tan parvo que pensaba que os iban a levar de vacacións así que todos empezaron a facer as maletas .
Ao día seguinte o pai berrou : -Imos cortar leña! Polgariño extrañado preguntou: -Non imos ir de vacacións ? -Non que non nos chega o diñeiro – contestou o pai. Daquela Polgariño colleu pedras para xogar polo camiño e o pai non lle
deixou xogar así que en vez de tiralas gardounas no peto. E fóronlle caendo polo camiño . Cando o pai os abandonou dixo Polgariño : -Vou xogar coas miñas pedras ! -Ti so pensas en xogar-berrou o seu irmán. Polgariño meteu a man e... -Un burato!-berrou. -Xenial xa temos o camiño feito!-dixo o irmán. Cando chegaron á casa os pais quedaron apampados. O pai dixo: -Imos cortar leña? -Nooooooooooooon –berrou Polgariño. Polo camiño encontramos ao
vasalo do rei e dounos traballo e cartos cando lle contei que pasabamos fame .Pero seguiremos vindo a vervos e darvos cartos ao fin e ao cabo sodes os nosos pais.
Elvira Vila Añón
“polgariño, o neno veloz”
Érase unha vez un neno que era o máis veloz do seu
pobo.
Polgariño, os seus tres irmáns e os seus pais eran
pobres .
Un día Polgariño escoitou aos seus pais que eran
pobres, daquela marchou da casa e estivo dous meses sen
volver.
Un dia viu un cartel no que poñía
“Vai haber un maratón, apúntate xa”.
Polgariño apuntouse .
O dia do concurso Polgariño foi e gañou .
Ao día seguinte volveu á súa casa cos cartos. El e
os seus irmáns e os pais foron felices e comeron perdices
J.Antonio Reborido Espasandín
POLGARIÑO” Había unha vez un neno chamado Polgariño.
Polgariño traballaba de predicador do rei e como seus pais se
aproveitaban das súas riquezas decidiu abandonalos no bosque.
Aos seus pais pareceulles mal pero Polgariño falou con seus irmáns
e co rei.
Polgariño botou aos seus pai do castelo.
Como non tiñan a onde ir agocháronse nunha cova abandonada.
Pero ao día seguinte cando espertaron atopáronse cun ogro enorme.
O ogro case os come pero marcharon correndo cara o castelo. Alí
suplicáronlle a Polgariño que os deixara quedar no castelo . Polgariño dixo:
- Vale pero non volvades a aproveitarvos das miñas riquezas
E así foi, Polgariño seguiu vivindo no castelo e seus pois non se
volveron aproveitar das súas riquezas.
Javi Blanco Rojo
“POLGARIÑO” Polgariño tiña sete irmáns e tiña moi poucos cartos para alimentar aos
seus pais. E entonces falaron os sete irmáns e decidiron que tiñan que
abandonalos no bosque.
Ao día seguinte Polgariño foi cortar leña e díxolle aos pais se podía vir
con el e abandonounos no bosque. Os pais foron tirando pedras e despois
pan.
Ao volver o pan comérano os paxaros, e as pedras desapareceran.
Foron andando cara unha casa e abriu un ogro dicindo:
- Ola , que queredes?
-Por favor; podemos quedar aquí?
-Uhhh, e que está a miña muller e se ve a dous vellos coma vós
quereríavos comer. Bueno vouvos esconder.
A muller estaba sospeitando. E díxolle:
-Ulo a vello. Hai algún vello por aquí?
-Non, non que dis?
A señora cada vez sospeitaba máis e daquela dixo;
-Saíde, xa vos vin.
Os señores saíron e da señora levaron un sopapo e Polgariño e máis os
sete irmáns viviron xenial para sempre.
Emilia Piedra Iglesias
“ Polgariño” Érase unha vez un pobo no que vivía un
neno que se chama Polgariño .
Era un neno orfo pero era malo, pegaba a
todos .
Un día Polgariño atopou un cofre e converteuse en
rico, pero tamén se fixo máis malo.
Atopou un neno, que era orfo e colleuno como
irmán e os dous eran tan malos que ninguén os quería.
Polgariño quedou sen cartos e sen nada. Non
tiñan comida, nin carto se ninguén os quería.
Polgariño deuse conta de que ser malo non é bo.
Converteuse en b oe unha señor acolleunos para a
súa casa, que era pequena, pero Polgariño quedou
contento e converteuse en bo.
Cristhofer Camafreita Raña
Top Related