tAREFAS propostas para
o mes de abril
L U N S 1 3 M A R T E S 1 4 M É R C O R E S 1 5 X O V E S 1 6 V E N R E S 1 7
L U N S 2 0 M A R T E S 2 1 M É R C O R E S 2 2 X O V E S 2 3 V E N R E S 2 4
L U N S 2 7 M A R T E S 2 8 M É R C O R E S 2 9 X O V E S 3 0
Reto
musical
Lecto-
escritura
ENGLISH lóxica-
matemáticaARTE
ARTE
lóxica-
matemática
lóxica-
matemática
ENGLISH
ENGLISHLecto-
escritura
Lecto-
escritura
Reto
musical
Reto
musical
Como xa sabemos que vos encanta correr, xogar e saltar...ademais destastarefas propoñémosvos un reto motriz para cada día!
SEMANA
Luns 13-Venres 17
Queridas familias!
Como xa sabedes, o noso personaxe favorito, Phileas Fogg, chegou
ao seu seguinte destino, Bombay (INDIA), unha cidade abraiante
que iremos coñecendo durante todo este mes de Abril.
Luns 13
_
https://www.dropbox.com/request/5b3UCYQgQE1F2gCsF6pT
reto musical
Comezaremos relaxándonos con esta canción de ioga:
Podedes enviar fotos ou vídeos a este enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=7fHpf4A9P1I
No blog de música tendes acceso a un montón de recursos para pasalo ben!
https://musicanosalgadotorres.blogspot.com/
Unha vez relaxados xogaremos a ser equilibristas. Cunha corda, lá ou pintando con xiz,
facemos recorridos polos que temos que camiñar transportando un obxecto na cabeza
como pode ser un peluche...
Luns 13reto motriz
MARTES 14LECTOESCRITURA
En Exipto, o anterior país que visitou o noso personaxe Phileas Fogg, fai moito tempo
escribían usando debuxos para cada letra! Serás capaz de compoñer o teu nome? Este era o
seu abecedario...
Nesta páxina web poderás traducir os nomes da túa familia
https://nombresanimados.net/nombre-en-jeroglifico-egipcio.php?nombre=h
Co fin de mellorar a nosa coordinación óculo manual e a nosa puntería, o reto motriz que
vos propoñemos hoxe consiste en crear un mini golf. Cunhas tiras de papel construiremos
unha especie de pontes, suxeitando os extremos ao chan con cinta adhesiva. Podemos
lanzar a pelota cas mans ou crear un palo co que teñamos por casa.
MARTES 14reto motriz
mércores 15ENGLISH
Neste enlace/código QR atoparedes todo o
material de inglés que se vai colgando dende
que comezou a cuarentena.
https://wke.lt/w/s/Iiqofy
As propostas para hoxe son as seguintes:
3 anos: realizar as rutinas diarias, escoitar as cancións dos días da semana, números,
meses e o tempo; así como tamén poñer a data no almanaque dixital (están no enlace
indicado arriba).
Escoitar e bailar: https://youtu.be/TtX8yVEF0-w
Actividade proposta no WAKELET.
mércores 15ENGLISH
As propostas para hoxe son as seguintes:
4 anos: realizar as rutinas diarias, escoitar as cancións dos días da semana, números,
meses e o tempo; así como tamén poñer a data no almanaque dixital (están no enlace
indicado na anterior páxina).
Escoitar e bailar: https://youtu.be/TtX8yVEF0-w
Actividade proposta no WAKELET.
5 anos: realizar as rutinas diarias, escoitar as cancións dos días da semana, números,
meses e o tempo; así como tamén poñer a data no almanaque dixital (están no enlace
indicado na anterior páxina).
Escoitar e bailar: https://youtu.be/TtX8yVEF0-w
Actividade proposta no WAKELET.
Mércores 15reto motriz
Hoxe xogaremos con globos! A idea é lanzalo ao aire e tentar que non caia nin toque o
chan, podendo darlle con calquera parte do noso corpo. Tamén podemos aproveitar esta
actividade para traballar o nome das diferentes partes do corpo, nomeando aquelas que
usemos para tocar o globo.
XOVES 16Lóxica matemática
Seguimos con actividades de cociña! Imos preparar unha bebida típica da India chamada
LASSI...
Para a súa elaboración precisamos:
- 1/2 cunca de iogur natural
- 2 cuncas de auga
- Un chisco de canela
- Uns anaquiños de plátano e mango
ben maduros. Podedes poñer amorodos
ou outra froita que vos apeteza.
PASOS A SEGUIR:
1. Mesturamos nun recipiente todos os
ingredientes e batémolos ou
trituramos ata que quede unha
mestura moi uniforme, sen anacos de
froita.
2. Agora podemos probar como nos
quedou. Se queremos engadir algún
ingrediente máis teríamos que bater
de novo.
3. Unha vez rematado poñémolo no
frigorífico.
4. Xa podemos DEGUSTALO!
XOVES 16Lóxica matemática
OUTRAS ACTIVIDADES PROPOSTAS
1. Clasificar por cores diferentes especias que teñamos pola casa (canela, cardamomo,
cilantro, comino, cúrcuma, noz moscada...).
2. Das especias que teñamos pola casa podemos pesalas e comparar os pesos. Despois
podemos ordenalas dende a que pesa menos ata a que pesa máis.
XOVES 16
Como xa sabemos, na India queren moito aos ELEFANTES. Eles axudan no traballo
e levan ás persoas dun lado ao outro como os taxis. Adórnanos e píntanos de moitas
cores. A ver se conseguides montar o puzle deste elefante.
Lóxica matemática
XOVES 16reto motriz
Dado que xa nos iniciamos na práctica do ioga ca canción proposta o luns, o reto motriz de
hoxe é imitar posturas de animais que aparecen na seguinte ruleta...
VENRES 17ARTE
O festival dos elefantes
Un dos animais sagrados da cultura hindú é o elefante. Atraen a boa sorte, outorgan
unha longa vida, sabiduría e axudan a alonxar as envexas. Ensínannos a ser
resistentes fronte a adversidade e a ter paciencia e resistencia.
Para os hindús, simboliza “O QUE ABRE OS CAMIÑOS” e significa “DESTRUTOR DOS
OBSTÁCULOS”. Porén, que mellor que esta época que estamos a vivir, para valernos
deles para decorar as nosas casas...Toda axuda é pouca!
VENRES 17ARTE
Debuxar a silueta en diferentes papeis de regalo que teñamos por casa e recortar.
Debuxar a silueta en folios ou cartolinas, decorar libremente e recortar.
Debuxar a silueta, escribir dentro o nombre de cada membro da nosa familia e
recortar.
O festival dos elefantes
Imos facer uns colgantes para casa. Empregaremos estes moldes que, a poder ser,
faremos en cartón. Deixámosvos dous tamaños para poder escoller. Logo podemos
facer varias cousas:
Unha vez recortados varios elefantes empregaremos un fío, cordel ou lá para unilos
e... ¡a decidir onde os colgamos!
ARTE O festival dos elefantes
Deixámosvos algún exemplo para que vos inspiredes. Pero xa vos avisamos que, en
cuestións de arte, ¡o mellor é deixarse levar!
VENRES 17
ARTE
VENRES 17
O Taj Mahal, un monumento ao amor Xa que estamos na india, non podemos deixar de visitar o Taj Mahal. Templo por
excelencia do amor. Para saber del podemos primeiro, situalo nun mapa. Para iso, se
quereredes, empregade, Google earth ou Google Maps, encántalles...
Unha vez que xa o temos localizado, buscaremos algo da súa historia, se os maiores a
lemos antes podería ser un bo “conto” para antes de durmir. Tamén estaría ben poder
ver o seu interior en diferentes vídeos de youtube. Case é como unha visita virtual.
ARTE O Taj Mahal, un monumento ao amor
Logo deste traballo previo... ¡imos co traballo duro! Prepararemos aos peques
diferentes figuras xeométricas que fan falla para construílo. Poden ser en 2D
(recortando papeis e pintalos, isto último poden facelo eles), ou 3D empregando
bloques de construcción que teñamos pola casa ou ben material de refugallo como
tapóns, cilindros de papel hixiénico, ou do papel de cociña...que tamén eles poden
decorar antes. A partir dunha imaxe do Taj Mahal farán o seu propio.
A continuación podemos propoñerlles que debuxen o seu deseño do monumento nun
papel e os maiores poden lanzarse a escribir algo do que usaron (exemplo: 5 cadrados
vermellos, 2 triángulos amarelos...) pero se algún mais pequeno tamén quere, imos
poñelo máis fácil con outra forma de escribir (por exemplo: 5 2 en lugar
de: 5 cadrados vermellos, 2 triángulos amarelos...)
VENRES 17
VENRES 17RETO MOTRIZ
Como xa sabemos que os elefantes son uns dos animais máis sagrados na cultura hindú, o
reto que vos propoñemos hoxe ten que ver con eles. Imos construir un circuito ou mariola
coas súas pegadas! A idea é colocalas en diferentes sentidos ou posicións como se amosan
na seguinte imaxe...
Vémonos a próxima
semana!
Top Related