O mundo celta• Parece ser que os celtas existen
dende o ano 2000 a.C. (fin da Idade de Bronce) ata a Idade do Ferro.
• Naquela época, uns vivían da agricultura e da artesanía e os outros eran guerreiros .
• O territorio estendíase dende o Danubio ata as Illas Británicas, dende España ata o mar do Norte.
• Os celtas guerreiros eran coñecidos pola súa cortesía, o seu orgullo na loita e o seu ánimo, pero tamén polo seu sentido pola música, a poesía e a filosofía.
COMO VIVÍAN OS CELTAS
• Eran valentes guerreiros que en tempos de paz, dedicabanse á caza e á pesca, quedando as mulleres ao coidado das faenas agrícolas e domésticas.
• A muller que era nai, era mirada como unha deusa protectora.
• As colleitas repartíanse por igual entre todos os cidadáns que estaban divididos en catro categorías sociais : sacerdocio (druidas), a nobreza ou xerarquía guerreira, o pobo e os escravos.
• Construían as fortificacións nos cumios ou lugares altos e acuñaron moeda propia.
• Os celtas xa poboan Galicia no ano 700 a.C.
• Os castros son poboados fortificados.
• Agrúpanse na costa e na media montaña buscando sempre lugares de doada defensa.
• As casas tiñan unha soa estancia e acendíase lume directamente no chan, poñendo pedras arredor
• Cando non estaban en
guerra, vvían da
agrícultura , da gandeiría
e tamén da caza , a pesca
e o marisqueo).
• Tiñan útiles de labranza
como aixadas e fouces.
• Tiñan gando doméstico
(ovellas, cabras, porcos e
cabalos).
Os metais• Destaca a explotación do estaño,
ferro e chumbo e, sobre todo dos metais preciosos, como o ouro.
• Son famosos pola súa ourivaría (torques, brazaletes ou diademas).
• O centro máis importante para a guerra e o comercio dos celtas galegos era Brigantia, a cidade que se chama hoxe "A Coruña".
• Estaba no mesmo lugar que hoxe, nunha península. Alí vivía a xente máis poderosa.
• De alí partían moitas naves estranxeiras cargadas de estaño e ouro.
OS GUERREIROS
• Como bos guerreiros,
coñecían diferentes tipos de
armas como espadas, lanzas,
xavelinas e machados,
escudos, cascos, coirazas e
protectoras das canelas.
• Destacaban pola elaboración
de grandes espadas, escudos
alongados, grandes fibelas,
fíbulas, e ata acuñaron a
propia moeda.
Os druidas
• Os Druídas ( os sacerdotes), adoitaban facer as súas cerimonias baixo a protección dos bosques das árbores sagradas.
• Dise que todos os anos se xuntaban no bosque dos Carnutos, Dublín, onde existe o agrupamento de carballos máis grande do mundo.
• Ían sempre provistos dunha fouce de ouro e de visgo recén collido.
Os celtas e as árbores
• Os druídas vían na árbore a esencia da vida e o futuro.
• Debido a que as raíces da árbore se somerxían no chan mentres as súas ramas se elevaban ao ceo, o druída considerábao o símbolo da relación terra-ceo.
Uso dos monumentos megalíticos• O Dolmen é un tipo de
cámara prehistórica que consiste en inmensas bloques de pedra, ou Megálitos, que soportan unha pedra plana e alongada que fai de teito. Os menhires son grandes e verticais.
• Estes monumentos son anteriores aos celtas pero dise que foron usados por eles para facer sacrificios e xuntanzas da fadas e meigas.
• Pénsase que foron usados como altar ou templos polos Druídas nos seus rituais relixiosos.
• Tamen se di que as bruxas se reunían nos cronlech ou círculos de pedra.
Símbolos celtas
• Todas as culturas contan con símbolos que representan a súa orixe e destino, así como os seus valores e crenzas
• Os celtas, achegaron ao mundo os mais belos deseños feitos a base de espirais, que representan a esencia da vida.
• Decoraron con estas magnificas formas: pedras sagradas, escudos, espadas, xoiaría, torques e utensilios domésticos, así como os seus corpos.
Os deuses• Os celtas tiñan moitos deuses e
símbolos para veneralos, pero entre eles destacaba Lugh, Deus da terra, artes e oficios,
• Deva ou Devona deusa das augas.
• Coñécense máis de 300 nomes de Deuses Celtas:Lugh (Lugos), (Tutatis), Cernunnos, Brigantia.
• Os símbolos da relixión atópanse en tódalas partes: as árbores, ríos, aves, lagos, ... os montes onde os deuses vivían.
Lendas• Aínda así, non se sabe moito
sobre a vida diaria, a relixión ou a vida dos celtas, pero nas lendas antigas temos como un eco para poder reconstruír a vida pública e privada.
• Aos celtas gustábanlles os praceres da boa mesa. O viño e cervexa de trigo mesturada con mel, eran moi utilizado nos banquetes frecuentes en tempos de paz.
• Nestes festíns os bardos tocaban as súas liras e cantaban cancións sobre tráxicos amores e heroes mortos en combate.
Orixe das nosas festas
As festas populares e a súa orixe celta
• FEBREIRO :FESTA DA DEUSA BRIGA (festa do fin do inverno) actual entroido.
• MAIO :FESTA DO DEUS BEL (FESTA DO COMEZO DO VERÁN) actual festa dous maios , beltain).
• AGOSTO :FESTA DO DEUS LUGH (festa do fin do verán) actual Festa dá Virxe de Agosto (Asunción).
O samaín• NOVEMBRO :FESTA DO DEUS CERNOS
(festa do comezo do inverno e do fin de ano celta) actual Festa de Todos os Santos, Samhain).
• Cerne ou Cernos era un deus dos animais e é representado coa cabeza de cervo cos cornos, pero tamén era o deus dos mortos
• A festa de Cernos foi renomeada pola igrexa cristiá o día de Todos los Santos.
A coruña e os celtas• A raza que vivía en Galicia chamabase "Brigante".
• O centro máis importante para a guerra e o comercio dos celtas galegos era Brigantia, a cidade que se chama hoxe "A Coruña".
• Alí vivía a xente máis poderosa. De alí partían moitas naves estranxeiras cargadas de estaño e ouro.
• Un lugar emblemático en A Coruña é a "Torre de Hércules".
• A lenda di que Gerión foi matado polo heroe Hércules e despois enterrado ao pé da torre, que dende entón se chama Torre de Hércules.
• Di a lenda que Lugh, un heroe da mitoloxía celta, chegou a ver ata Irlanda dende esta torre.
• Pensan que a torre servía como templo dunha divindade solar no tempo dos celtas.
Top Related