O Plurilingüismo e o Decreto do plurilingüismo
Mariló Candedo Gunturiz Educación e linguas en Galicia 2012
Facultade de C. da Educación USC
Reflexións
1. O camiño da normalización lingüística.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo no sistema non universitario de Galicia.
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación.
4. En clave de futuro…
1.O camiño da normalización lingüística
• 1981: Estatuto de Autonomía de Galicia.• 1983: Lei de Normalización Lingüística.• 1995: Decreto 247/1995 polo que se desenvolve a LNL para a súa aplicación ao ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral…
• 2004: Plan xeral de Normalización da Lingua Galega.
• 2007: Decreto 124/2007 de promoción do galego no ensino.
• 2010: Decreto 79/2010 do Plurilingüismo no sistema non universitario de Galicia.
1.O camiño da normalización lingüística
LOGROS IMPORTANTES:• Mellora do estatus da lingua galega. • Mellora das competencias lingüísticas. • Aumento de recursos e iniciativas.• Ampliación de espazos de uso para o galego.• Sinerxías entre o mundo cultural e educativo. • Percepción da cultura galega como motor económico.
1.O camiño da normalización lingüística
EIVAS PRINCIPAIS: • Escaso e tardío labor de planificación lingüística.• Insuficiente e deficiente formación do profesorado e doutros axentes educativos.
• Laxitude na aplicación das normas.• Escaso apoio de ámbitos externos ao ensino.• Persistencia de prexuízos sobre a lingua. • Diverxencias políticas claras sobre o alcance da normalización nos planos social e educativo.
1.O camiño da normalización lingüística
1.O camiño da normalización lingüística
1.O camiño da normalización lingüística
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
• Contexto políticomediático.• Consulta lingüística ás familias (xuño 2009).• Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo (decembro 2009).
• Proceso de consultas. • Rexeitamento institucional. • Mobilizacións cidadás. • Publicación do decreto (maio 2010).
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
• Proxecta a idea dun “equilibrio lingüístico” entre as linguas cooficiais e de afondamento no plurilingüismo como necesidade derivada da nosa integración na realidade social europea, nun contexto de globalización e de mobilidade laboral.
• Couta, desde esa perspectiva, a “ameaza” da lexislación anterior sobre o modelo de conxunción de linguas “socialmente aceptado”.
BASEAMENTO LEGAL: LNL 1983: • mandato de progresividade na súa protección?• coñecemento oral e escrito en igualdade co castelán?
CELMR 2001: • compromisos para as distintas etapas educativas?
PXNLG 2004: • Papel normalizador do ensino e ampliación de espazos de uso para o galego ?
LOE 2006:• Adquisición de competencias lingüísticas efectivas?
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
Principios: Art. 4 • Garantía da adquisición dunha competencia semellante nas dúas linguas oficiais.
• Garantía do máximo equilibrio posible nas horas semanais e nas materias impartidas nas dúas linguas oficiais de Galicia.
• Adquisición dun coñecemento efectivo en lingua(s) estranxeira(s), nun marco xeral de promoción do plurilingüismo no sistema educativo de Galicia.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
Principios: Art. 4 • Participación e colaboración das familias nas decisións que atinxen ao sistema educativo co obxectivo de contribuír á consecución dos seus obxectivos. (*)
• Promoción da dinamización da lingua galega nos centros de ensino.
(*) Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
• Ausencia de alicerce científico (pedagoxíasociolingüística).
• Carácter regresivo e renuncia a obxectivos normalizadores.
• Límites ao galego por mor do “equilibrio lingüístico”: máx. 50% e tendencia ao 33%.
• Afástase o galego do ámbito científicotecnolóxico.
• En Educación Infantil, a lingua materna predominante na aula baixo a determinación das familias.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
• Liberdade de escolla do alumnado para usaren a lingua da súa preferencia.
• Non hai opción a proxectos experimentais nin vías de transición.
• A normalización desaparece en aras da dinamización lingüística.
2. Normalización versus Plurilingüismo. O Decreto 79/2010 para o plurilingüismo.
• Pérdese a orientación normalizadora, logo da súa demonización ao asociarse á imposición lingüística.
• Ao propor un tratamento en pé de igualdade de linguas desiguais (galego/castelán/inglés) renuncia declaradamente a que, a través do ensino, se poida facer un esforzo particular e compensatorio para a protección e o fomento da lingua propia, en situación de desvantaxe social.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
Que viña pretendendo logo a normalización ?
susténtase nunha ética de restitución de dereitos e oportunidades para o conxunto da poboación, non para un sector da mesma.
as iniciativas normalizadoras apóianse en accións de discriminación positiva encamiñadas a corrixir asimetrías e remover os obstáculos que impiden o exercicio de dereitos fundamentais.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
O ensino é un campo privilexiado para a normalización lingüística, pola súa contribución á consecución de tres obxectivos fundamentais:• Dotar o alumnado de competencia lingüística plena en galego. • Dotar o alumnado de actitudes favorables para a lingua galega e para o seu proceso de recuperación social. • Adquirir usos lingüísticos a prol da lingua galega.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
O Plurilingüismo:• Pretende o encontro intercultural ao servizo da equidade.
• É necesariamente respectuoso coa diversidade lingüística.
• A competencia plurilingüe constrúese desde a lingua propia e minorada, como primeira e principal do currículo.
• O ensino plurilingüe democratiza o acceso a mellores oportunidades para o coñecemento.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
Compatibilidades:• A defensa de maiores espazos de uso para o idioma propio até acadar unha situación de normalidade non pecha as portas á presenza asumida doutra(s) lingua(s) estranxeiras no currículo.
• A potenciación do plurilingüismo non se debe procurar en detrimento das linguas minoradas (CELRM, Consello de Europa).
• Os obxectivos da normalización non se deben contrapoñer aos do plurilingüismo, entendido en clave inclusiva e ecolingüística.
• Cómpre procurar unha orientación curricular e didáctica superadora de confrontacións asimétricas entre linguas.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
Interferencias • O plurilingüismo non é asimilable ao reducionismo da aprendizaxe do inglés como lingua franca e exclusiva, por motivacións económicas e de prestixio social.
• Non debe servir de coartada para incorporar máis prexuízos sobre a utilidade das linguas, senón para desbotalos.
• Non debe ser un pretexto para a segregación escolar e social. • Non debe estar ao servizo da manipulación política. • Debe ser compatible con outros obxectivos do sistema: igualdade de oportunidades, atención á diversidade, promoción de valores asociados á interculturalidade…
2. Normalización versus Plurilingüismo.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
2. Normalización versus Plurilingüismo.
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• Por que hai unha proporción maior de centros plurilingües na rede privada ca na pública?
• Que datos temos sobre a situación das diferentes linguas do currículo nestes dous cursos de aplicación do decreto?
• Abonda coa impartición dunha materia non lingüística para que un centro poida exhibir pomposamente a súa condición de plurilingüe?
• Posúe o alumnado de primaria e de secundaria o nivel de competencia lingüística para seguir integramente as ensinanzas dunha materia en inglés?
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• Os dereitos do conxunto do alumnado aos beneficios dunha educación plurilingüe poden depender das posibilidades e vontade dos centros educativos sen que a administración educativa teña a obriga de evitar agravios comparativos entre público/privado, rural/urbano?
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• Para a elección das materias, estase seguindo un criterio baseado exclusivamente na dispoñibilidade e vontade do profesorado ou considérase o tipo de competencias que se pretenden desenvolver de maneira coordinada, así como a proxección destas decisións respecto do prestixio social das distintas linguas?
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• Cando se incorpora para a docencia en lingua estranxeira unha materia que o decreto reserva para o galego, garántese que se mantén o “equilibrio” indicado no decreto?
• Abonda con que sexa por outra de “igual carga lectiva”, sen maiores matices?
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• O dominio das linguas estranxeiras asóciase coa mediación intercultural e coa calidade das oportunidades laborais. Pode aceptarse sen máis a omnipresenza do inglés, ignorando oportunidades derivadas da proximidade do portugués, lingua de países emerxentes?
3. Algúns interrogantes sobre a súa aplicación
• A formación do profesorado contempla estes retos do sistema de maneira integrada e facéndoos compatibles con outros?
4. En clave de futuro...
• Posibles mudanzas LOMCE. Criterios sobre Plurilingüismo. Cambios en materias. Especialización curricular dos centros.
• Novos enfoques para a Educación Plurilingüe. Orientación curricular TIL. Retos derivados das avaliacións. …
4. En clave de futuro...
4. En clave de futuro...
4. En clave de futuro...
MOITAS GRAZAS!
Top Related