Cambios no PIN para renovar os préstamos a través da Internet
Recorda que podes renovar os teus préstamos a través do catálogo da Biblioteca:
https://kmelot.biblioteca.udc.es/search , pinchando en "Rexistro de usuario" e introducindo os
seguintes datos:
• Apelidos e nome
• Código de barras: o número que aparece na parte traseira da tarxeta, normalmente formado por : 20
+ o teu DNI (sen letra).
• Pin: Dende este curso, o PIN para renovar os préstamos na web é o mesmo ca o da Tarxeta de
Identificación Universitaria.
Podes consultalo na Páxina de Activación de Servizos da UDC: https://servizos.udc.es/, no enlace
"Recuperar o pin da tarxeta".
Todos os usuarios poden consultar o PIN na Páxina de Activación de Servizos, agás os usuarios externos,
que deben solicitalo no mostrador da biblioteca.
Se non consegues acceder ao teu rexistro de usuario ou tes algunha outra dúbida consulta co persoal da
Biblioteca.
Consulta o teu PIN en: https://servizos.udc.es
Se tes problemas para acceder á páxina de activación de servizos (non lembras a clave, o nome de usuario…)
chama ao 2222 ou envía un correo ao Centro de Atención a Usuarios (CAU): [email protected]
Top Related