Por que celebramos o Día das Letras Galegas?
1. Le atentamente este texto sobre a orixe e a historia do día das Letras Galegas e contesta as preguntas:
O Día das Letras Galegas é unha data consagrada á exaltación e promoción da nosa literatura e da nosa lingua
arredor da cal se celebran no noso país, e no estranxeiro, numerosas producións e eventos culturais de homenaxe á
figura escollida.
O 20 de marzo de 1963, coincidindo co centenario da publicación de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, tres
membros da Real Academia Galega (Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego)
presentaron nesta institución unha proposta para celebrar o 17 de maio o Día das Letras Galegas, precisamente a data
na que saíra á luz Cantares gallegos. Estimaban que o poemario de Rosalía era a primeira obra mestra da literatura
galega contemporánea, é dicir, considerábana a primeira obra do Rexurdimento.
Esa primeira edición do Día das Letras Galegas dedicouse á figura de Rosalía de Castro e, dende aquela, cada 17
de maio dedícaselle a unha figura significativa da literatura galega, coa única condición de que no ano da súa
conmemoración teñan pasado como mínimo dez anos desde o falecemento da persoa homenaxeada.
A festividade tivo un alcance e unha significación extraordinarios, e foi moi ben acollida, non só a nivel literario
senón tamén nos ambientes populares. Desde o ano 1991, dezaoito anos despois da súa institución, o Día das Letras
Galegas é festividade oficial en Galicia.
En 2020, por mor da pandemia da COVID-19, a Academia anunciou que por primeira vez nos seus 57 anos de
historia o Día das Letras non se celebraría o 17 de maio, trasladándose no seu lugar ao 31 de outubro, xusto un día
despois do 110 aniversario do homenaxeado, Ricardo Carvalho Calero.
Adaptado de https://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_das_Letras_Galegas
a. Desde que ano se celebra o Día das Letras Galegas? Quen propuxo celebrar este día?
b. Por que se escolleu o 17 de maio como Día das Letras Galegas?
c. A quen se lle dedicou o primeiro Día das Letras Galegas?
d. Que requisito debe cumprir o/a homenaxeado/a do Día das Letras Galegas?
e. Desde que ano o 17 de maio é festivo en Galicia?
f. Por que se suspendeu este ano a celebración do Día das Letras Galegas? Para que data se aprazou?
Lingua Galega e Literatura. 3º ESO
Tarefas para a semana do 11 de maio.
Data límite de entrega: 17 de maio ás 23.59h.
Material didáctico cedido por Carolina Pérez Capelo.
g.
As figuras homenaxeadas
2. Na seguinte táboa recóllense todos os autores e as autoras ás que se lle dedicou o Día das Letras Galegas desde
que comezou a celebrarse. Investiga en Internet o nome das figuras que faltan:
ANO FIGURA HOMENAXEADA
2020 Ricardo Carvalho Calero
2019 Antón Fraguas
2018
2017 Carlos Casares
2016
2015 Xosé Filgueira Valverde
2014 Xosé María Díaz Castro
2013
2012 Valentín Paz Andrade
2011 Lois Pereiro
2010
2009 Ramón Piñeiro
2008 Xosé María Álvarez Blázquez
2007
2006 Manuel Lugrís Freire
2005 Manuel Lorenzo Varela
2004 Xaquín Lorenzo, Xocas
2003 Antón Avilés de Taramancos
2002
2001 Eladio Rodríguez
2000
1999 Roberto Blanco Torres
1998 Trobadores da ría de Vigo
1997
1996 Xesús Ferro Couselo
1995
1994 Luís Seoane
1993
1992 Fermín Bouza-Brey
1991
1990 Luís Pimentel
1989
1988 Ramón Otero Pedrayo
1987
1886 Aquilino Iglesia Alvariño
1985 Antón Losada Diéguez
1984 Armando Cotarelo Valledor
1983 Manuel Leiras Pulpeiro
1982
1981 Vicente Risco
1980
1979
1978 Antonio López Ferreiro
1977 Antón Villar Ponte
1976
1975
1974 Xoán Vicente Viqueira
1973 Manuel Lago González
1973 Manuel Lago González
1971 Gonzálo López Abente
1970 Marcial Valladares
1969 Antonio Noriega Varela
1968 Florentino López Cuevillas
1967
1966 Francisco Añón
1965
1964
1963
h.
As figuras homenaxeadas
3. Agora que xa coñeces o nome das persoas ás que se lles dedicou o Día das Letras Galegas, imos coñecer a obra
dalgunhas delas. Na seguinte táboa récollense algúns autores e autoras con algún dos seus libros máis significativos,
pero como vedes, están escritos con símbolos. Coa axuda da Galipedia descifra os títulos agochados tras as
emoticonas (https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada).
Autor/a Obra Como se
titula?
1. Rosalía de Castro
2. Eduardo Pondal
3. Ramón Cabanillas
4. Castelao
5. Manuel Antonio
6. Vicente Risco
7. Rafael Dieste
8. Álvaro Cunqueiro
9. Álvaro Cunqueiro
10. Luís Amado Carballo
11. Eduardo Blanco Amor
12. Carlos Casares
i.
Ricardo Carvalho Calero
4. O homenaxeado das Letras Galegas deste ano é Ricardo Carvalho
Calero, unha das figuras máis importantes da cultura galega do século
XX. Para saber máis sobre el, mira este vídeo no que se resume a súa
traxectoria e, a continuación, contesta as preguntas:
https://www.youtube.com/watch?v=nwhKFNhemxY
13 preguntas sobre Carvalho Calero
1. En que cidade e en que ano naceu?
2. Que carreira rematou no ano 1931? En que universidade
estudou?
3. Cando chegou a Santiago, formou parte dunha
institución dedicada a estudar e divulgar o patrimonio e
a cultura galega. Como se chama esa institución?
4. En que bando combateu na Guerra Civil? Que
consecuencias lle trouxo isto?
5. Onde traballou cando volveu a Galicia? De que?
6. Que xéneros literarios cultivou Carvalho Calero?
7. En 1951 saíu á luz a súa primeira novela, a primeira en
lingua galega publicada despois da Guerra Civil. Como
se titulaba?
8. Na súa obra Catro pezas recóllense catro textos teatrais.
Cal é o máis coñecido?
9. En 1972, alcanzou a cátedra na Universidade de
Santiago de Compostela. De que especialidade foi
catedrático?
10. A quen ía dirixida a súa Gramática elemental del
gallego común?
11. Carvalho Calero foi un dos principais ideólogos do
reintegracionismo, mais… que é o reintegracionismo?
12. Con que novela acadou o Premio da Crítica de
Narrativa Galega?
13. En que cidade e en que ano faleceu?
4. A ruleta de Carvalho
Completa a ruleta de Carvalho Calero coas palabras que se agachan nas definicións e explicacións de abaixo. Para saber máis
sobre o autor e a súa obra e poder completar todas as palabras, podes ler a súa entrada na Galipedia
[https://gl.wikipedia.org/wiki/Ricardo_Carballo_Calero] ou unha biografía máis extensa na páxina Carvalho2020
[https://carvalho2020.gal/] ou na da Real Academia Galega [https://academia.gal/letras-actual].
A. Ten un poemario que se titula coma un xénero da lírica
medieval: Cantigas de …………… e outros poemas.
B. A súa primeira novela titúlase A xente da ……………
C. Ramón Carvalho …………… (2º apelido)
D. A primeira carreira que estudou foi ……………
E. En Compostela formou parte do Seminario de
…………… Galegos.
F. Naceu e pasou a súa infancia na cidade de ……………
G. Carvalho foi un importante estudoso da Lingua Galega.
No 1966 publicou a …………… elemental del gallego
común.
H. Tamén se interesou moito pola literatura e entre 1963 e
1975 dedicouse a escribir a …………… da Literatura
Galega contemporánea.
I. No 1980 publica un libro no que se recollen todos os
seus poemas de 1927 a 1961. Titulábase Pretérito ………
L. A segunda carreira universitaria que fixo Carvalho foi
Filosofía e ……………
M. En 1984, a Xunta de Galicia concedeulle a ……………
Castelao, recoñecendo a súa traxectoria na cultura galega.
N. As súas obras A xente da Barreira e Scórpio pertencen
ao xénero da ……………
O. Escribiu unha comedia teatral titulada A sombra de…….
P. As súas obras Vieiros, Futuro condicional ou
Reticências pertencen ao xénero da ……………
Q. (Contén o Q como última letra) O seu relato Provérbios
otomanos asinouno co pseudónimo …………… Ziyá.
R. Foi un dos maiores defensores da corrente lingüística
que defende que o galego é unha variedade da lingua
portuguesa e que propón un sistema gráfico máis próximo
ao do portugués. Esta corrente chámase ……………
S. É a súa novela máis coñecida, trata sobre a Guerra
Civil, publicouna en 1987 e recibiu o Premio da Crítica da
narrativa galega. Titúlase ……………
T. As súas obras A sombra de orfeo e A farsa das zocas
pertencen ao xénero do ……………
U. Foi o primeiro catedrátido de Lingua e Literatura Galega
na …………… de Santiago de Compostela.
V. Antes da Guerra Civil, en 1931, publicou un poemario
titulado ……………
X. A primeira novela que se publicou en lingua galega
despois da Guerra Civil titúlase A …………… da Barreira
Z. En 1963 publicou unha peza de teatro titulada A farsa
das...................................
N:
O:
P:
Q:
R:
S:
T:
U:
V:
X:
Z:
A: amigo
B:
C:
D:
E:
F:
G:
H:
I:
L:
M:
Top Related