2
PRESENTACIÓN DO PROXECTO Título: “BENCHO traballa co xornal e coa auga”
Area de aplicación: Educación Infantil
Nivel: 4º A e 6º de Educación Infantil
Número de alumnos/as : 33
Idades: 3 e 5 anos
Autores:
− Mª Celina González González , coordinadora do proxecto e titora da aula de 5 anos no
C.E.I.P. “ Ben-cho-Shey” de Pereiro de Aguiar
- Mª Dolores Prieto Álvarez, titora de 3 anos A no C.E.I.P. “ Ben-cho-Shey” de Pereiro
de Aguiar
Teléfono de contacto: 988259454 ( do Centro) ou 655919550 ( particular)
Partes da experiencia:
- Bencho descubre o xornal
- Bencho achega o xornal as actividades do Centro
_ Bencho traballa a auga.
Noticias:
• “ Las lluvias del 2009 dejaron la cuenca Miño-Sil con un 82’3% de ocupación”.
( La Voz de Galicia, 6-1-2010)
• “Adjudicado y firmado el contrato para mejorar el abastecimiento de agua en el
municipio ourensano” ( La voz de Galicia, 15- 6-2010)
• “La reserva de Cachamuiña para el abastecimiento es del 30’36%” ( La voz de
Galicia, 31-Julio-2010)
• “ El embalse de Cachamuiña no llega al 7% de su capacidad” ( La voz de
Galicia, 31-10-2010)
• “Piden al Concello de Ourense que mantenga el caudal máximo del embalse de
Cachamuiña” ( La voz de Galicia, 28-12-2010)
• “ La caída de una máquina pesada a un embalse obliga a cortar la OU-536” ( La
voz de Galicia, 26-01-2011)
• Sensibilizar, pero tamén actuar ( La voz de Galicia, 27-02-2011)
3
• Galicia define 61 enclaves para practicar turismo ornitológico. ( La Voz, 23-
febrero-2011)
• “Parásitos gallegos inmunes al cloro” ( La Voz, 23 de febrero del 2011)
• “La Xunta endurece la normativa de pesca”. ( La Voz, 18-febrero-2011)
• “La justicia niega más plazos para derribar la depuradora de Reza” ( La Voz, 14-
febrero-2011)
• “Llevar la trucha a casa es sacrificado”. ( La Voz, 19-marzo-2011)
• “Comienza la temporada de pesca fluvial” ( La Voz, 19 de marzo del 2011)
• “Inventario faunístico del “inframundo”. La asociación Axena cataloga los
vertebrados de las cuevas graníticas de Vigo”. (El faro de Vigo, 24-febrero-
2011)
• “Vendrán días mejores para la trucha y La luna llena tiene la culpa”.( La Voz de
Galicia, 21-marzo-2011
• “Galicia medra grazas aos bosques” ( La Voz, 15 de diciembre-2010)
• “La plaga del pino es otro incentivo para replantar con eucaliptos” ( La voz de
Galicia, 13-diciembre-2010)
• “La Xunta inicia la tala de árboles en Galicia para evitar la plaga del pino” ( la
Voz de Galicia, 1- decembre-2010)
• “La plaga del pino deja al borde del cierre a cuarenta empresas” ( La Voz, 16
febrero-2011)
4
INDICE
1.- Agradecementos 5
2.- Autores 5
3.- Introducción: 6
4.- O noso Centro e o seu contexto 7
5.- Obxetivos- Contidos- Competencias 8
6.- Motivación 11
7.- Que sabemos 12
8.-Que queremos saber 12
9.- Onde buscamos a información 13
10.- Actividades:
* Bencho descubre o xornal 13
* Bencho achega o xornal as actividades do colexio 41
* Bencho traballa coa auga 49
11.- Metodología 94
12.- Temporalización 96
13.- Organización e distribución espacial 96
14.- Recursos materiais, didácticos e humanos 97
15.- Transversalidade 97
16.- Tratamento á diversidade 98
17.- Avaliación 98
18.- Valoración personal 100
• ANEXOS (Power Point, actividades pdi)
5
1.- AGRADECEMENTOS:
Este proxecto non tería sido posible de non ser pola colaboración de todos os
nosos alumnos/as de 3 anos A e 5 anos, e das familias. A todos eles moitísimas gracias.
2.- AUTORES: - González González, Mª Celina ( Coordinadora)
- Prieto Álvarez, Mª Dolores.
6
3.- INTRODUCCIÓN:
Somos dúas profesoras do “C.E.I.P. BEN-CHO-SHEY” de Pereiro de Aguiar, en
Ourense, que decidimos emprender xuntas co noso alumnado de Educación Infantil, 20
nenos e nenas de 5 anos e 13 alumnos/as de 3 anos unha viaxe de traballo e
investigación co xornal interrelacionado co tema da auga.
Era un proxecto un pouco ambicioso que día a día fomos dando forma e co que
nos involucramos tanto nós como os nosos pequechos que estaban motivadísimos e
ilusionados con traballar cun libro moi grande e con atopar novas como facían os seus
pais na casa.
Centramos o noso proxecto en todalas áreas do currículo interrelacionándoas,
empregando o xornal e a auga como base de todas elas, e aproveitamos que estamos moi
preto do Encoro de Cachamuiña para encamiñar o noso proxecto sobre o mesmo, para
traballar a importancia da auga, os estados, e o ciclo e para coñecer a súa flora e fauna,
en resumo para facer noso o proxecto.
Todas as actividades realizadas tiveron un momento e un porqué, tentamos que
con cada acontecemento do colexio nós aportaramos o noso gran de area dende a aula,
traballando co xornal, dandolle un uso, e aproveitandoo dende o apartado da
investigación, da reciclaxe, das manualidades, … que estivese presente sempre o xornal
e a auga dun ou doutro xeito, e incluso nalgún momento involucramos ao resto dos
compañeiros e do alumnado do Cole.
Era un xeito diferente de abordar os contidos curriculares con materiais novos e
de fácil acceso que todos os días recibíamos no colexio, un xeito de achegarnos ás novas
e acontecementos cotiás sen necesidade de empregar os libros de texto, e unha
motivación implícita que nos facía ser descubridores e aventureiros nas líneas, imaxes,
fotos, papeis, anuncios, pasatempos, seccións nacionais e internacionais, pero … de
xornal.
Esta experiencia e aventura innovadora era un novo reto que foi facéndose
realidade día a día, ampliando a programación inicial, revisando a continua e
reflexionado sobre os logros e contidos adquiridos, e servindo de ponte entre a súa
realidade inmediata e a máis próxima a eles: o Encoro de Cachamuiña.
7
4.- O NOSO CENTRO E O SEU CONTEXTO: O C.E.I.P. “Ben-Cho-Shey” áchase ubicado moi preto da cidade de Ourense, a
sete kilómetros, no Concello de Pereiro de Aguiar, e incluído na zona denominada
“Ribeira Sacra”, nun entorno rural, no monte da Chaira, preto das inmediacións do
embalse de Cachamuíña, rodeado dun entorno natural no que é factible as actividades ao
aire libre e en contacto coa natureza.
A poboación é moi dispersa, abranguendo moitas parroquias limítrofes (A
Lamela, Calvelle, Chaodarcas, Covas, Melias, Prexigueiro, Sabadelle, San Martiño de
Moreiras, San Xoán de Moreiras, Santa Marta de Moreiras, Tibiás, Triós e Vilariño)
polo que o noso alumnado é na súa totalidade transportado.
O
O Centro comenzou a funcionar no curso 1986/87 cunha aula de Preescolar e
oito de E.X.B., e sen servizo de comedor. Actualmente o Centro conta con cinco aulas
de Educación Infantil, seis de Educación Primaria, Equipo de Orientación( formado
pola orientadora, profesora de Pedagoxía Terapéutica e profesora de Audición e
Linguaxe), aula de música, inglés, informática, pavillón polideportivo, biblioteca, aula
específica para nenos autistas e comedor escolar.
No Centro en total somos 187 alumnos/as dende os 3 aos 12 anos, dos cales a
maioría fan uso dos servicios de comedor, transporte escolar e actividades
extraescolares.
8
A maioría dos pais dos alumnos e alumnas do centro traballan
fundamentalmente nos sectores secundario ( industria) e terciario (administracións
públicas e privadas) sendo o nivel dos habitantes, desde o punto de vista
socioeconómico e cultura, medio ou medio alto.
Na zona rexistrase unha economía industrial (Parque Tecnolóxico e Industrial de
Pereiro de Aguiar) que xunto co Parque Tecnolóxico e Industrial de San Cibrao das
Viñas son o eixe da economía da capital ourensán.
O centro é de xornada partida, tendo un horario de 10:00 a 14:30 nos meses de
setembro e xuño, e de 10:30 a 17:00 o resto do curso escolar.
O centro abre as súas portas as 7:30 da maña, xa que dende o centro se presta o
servicio de Almorzo, e atención temperá. Neste tempo ofrecéselles aos nenos almorzos
san e equilibrados e obradoiros cos correspondentes monitores.
5.- OBXECTIVOS, CONTIDOS E
COMPETENCIAS.
9
OBXETIVOS CONTIDOS COMPETENCIAS ACTIVIDADES
Coñecer e identificar as
partes dun xornal.
A prensa
Seccións e os seus
usos didácticos (
portada, titulares,
seccións,
internacional,
deportes, …)
Maquetación
Partes da portada
C. en comunicación
lingüística
C. aprender a aprender
- Estudio das seccións
dun xornal
- Estudio da portada
- Xornal escolar de aula
Interpretar e comprender
textos e imaxes
relacionadas coa auga,
empregando o xornal
como recurso educativo
Noticias da auga
Imaxes da auga
Deportes de auga
C. en comunicación
lingüística
C. no coñecemento e a
interacción co mundo físico
C. tratamento da
información e competencia
dixital
C. aprender a aprender
C. autonomía e iniciativa
personal
- Libro de: Vouche
contar un segredo
da auga
- Noticias da auga
- Fichas de
deportes
Recoñecer a
funcionalidade da
linguaxe escrita e valorar
o xornal como fonte de
información
A linguaxe escrita,
Textos, palabras,
grafías
C. en comunicación
lingüística
C. aprender a aprender
- Lectura de novas
- Búsqueda de
letras e palabras
- Ampliación de
vocabulario
Xerar a búsqueda e
análise de novas de
actualidade e
cuantificación das
mesmas
-Nnovas en xornal
impreso e dixital
- Operacións
matemáticas co
xornal
C. en comunicación
lingüística
C. matemática
C. tratamento da
información e competencia
dixital
C. aprender a aprender
C. autonomía e iniciativa
persoal
- Búsqueda nos
xornais e nas
hemerotecas dos
xornais
- Traballos de
lectura e escrita
das noticias
- Xornal escolar de
aula.
- Medidas,
numeración,
análise
- Clasificacións
Achegarse ao xénero A entrevista C en comunicación Elaboración da enquisa
10
6.- MOTIVACIÓN: Bencho é a mascota do noso Cole, un toupiño traste que traballa arreo no Horto
do colexio, levantando o que atopa o seu paso, pero que é moi simpático e queremoslle
moito.
O ano pasado na primavera decidiu coller unhas vacacións e marchou de viaxe
ata a praia. Gustoulle tanto ir de excursión que este ano xa no mes de Novembro
deuxounos unha carta decindonos que se iba nada máis e nada menos que ao Encoro de
Cachamuiña, un lugar moi bonito, que está a un Kilómetro do noso colexio e dende alí
contanos novas do que acontece, con quen se atopa, a quen coñeceu e como é a súa vida
no Encoro.
Un día recibimos unha sorpresa moi especial era un cd coa voz de Bencho
lendonos unha noticia. Era a noticia de “ El embalse de Cachamuíña no llega al 7%
de su capacidad” que despois de descifrar as pistas que nos deixou descubrimos que
era unha noticia que estaba no xornal, o noso Bencho está moi ben documentado.
Tamén nos achega libros sobre a auga, fichas para que investiguemos, …
Estamos ilusionadísimos agardando novas de Bencho e traballando nas súas
propostas.
7.- QUE SABEMOS:
11
- Serve para ler, para ver o futbol, … (Iago)
- Pois… para ver o nome dos xogadores, do Hatmilton, Fernando Alonso, … e as
noticias ( Alejandro)
- Para saber noticas que pasan en distintos sitios y continentes ( Lucía G)
- Para ler os abuelos e os papás ( Adrián)
- E tamén as mamás ( Rubén)
- En la tele echan las noticias del periódico ( Paula)
- Para enterarse si las noticias son graves o no ( Mauro)
8.- QUE QUEREMOS SABER: - Como es un periódico, que tiene, de que habla ( Lucía A.)
- Como lo hacen ( Mauro)
- Quienes trabajan en el periódico ( Iago)
- Como se enteran de tantas noticias ( Alejandro)
- Que noticias ponen y cuales no ( Adrián)
9.- ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN: - O noso amigo o toupiño Bencho ( Miguel e Lucía G.)
- Aos profes do cole (Pablo, Adrián, Ruben e Kassandra).
- Mirando no ordenador (Lucía A.).
- Buscando en Google (Daniela).
- Pregutámoslle a mamá e papá (Lucas e Mauro).
- Miramos dentro do ordenador que sempre ten de todo (Alejandro).
10.- ACTIVIDADES:
12
* BENCHO DESCUBRE O XORNAL 1.- Traballamos as seccións do xornal: manipulamos, observamos e comentamos as
partes do xornal, recortamos os encabezamentos e nunha cartolina pegamos as seccións
que ten e escribimos
debaixo.
2.- Analizamos as partes dunha portada dixital e a partir da mesma escribimos as partes,
relacionámolas, …
13
3.- Buscamos imáxenes do xornal e en grupos somos xornalistas e redactamos un titular
e comentamos a noticia. Despois contrastamola co titular do xornal e dialogamos sobre
o que puxo o periodista e o que puxemos nós e explicamos o por qué.
4.- Recortamos do
xornal fotos de
distintos deportes
para realizar un libro
de vocabulario .
Asociamos cada
nome co deporte ,
14
lemos, deletramos, ordenamos por orden alfabético, …
5.- Medimos as follas do xornal empreñando distintos recursos: regla, mans, pinturas,
folios, …
15
6.-Recortamos os números das follas dun xornal e ordenámolas nun folio, do 1 ao 56
16
7.- Seleccionamos cores das imaxes, anuncios, fotos, … e elaboramos
fichas coas cores básicas, con figuras, ... Clasificamos.
17
8.- Recortamos letras do xornal e elaboramos o noso nombre, frases, e acompañámolo
con debuxo, …
9.- Recortamos siluetas de caras e completamos o personaxe, debuxándolle un traxe, as
partes do corpo, …
18
10.- Con siluetas de caras traballamos as emocións e realizamos fichas semellantes a:
19
10.- Aprendemos a doblar e traballamos a motricidade fina construindo os nosos barcos
e abanos de papel
20
6.- Recortamos anuncios e imaxes e facemos puzzles
11.-Marcamos siluetas en papel de xornal, coloreamos e recortamos
21
13.- Coas siluetas e con imaxes do xornal realizamos cuadros con
composicións moi orixinais:
22
14.- Realizamos laberintos, sopas de letras, descifrar mensaxes, …
23
15.- Buscamos diferencias utilizando modelos sacados del xornal “La voz de Galicia”
24
16.- Analizamos os anuncios publicitarios e realizamos fichas onde anotamos:
ubicación, aspectos visuais, slogan, información, vocabulario e valoración personal
25
26
17.- Facemos actividades de Psicomotricidade, utilizando unicamento o xornal como
material psicomotor, e representamos novas do xornal, unha película, un anuncio, un
partido, unha carreira de fórmula un, …
• Xogamos coas follas do xornal: colocámolas no chan e corremos entre eles, sen
tocalas, pisando a maior número delas cun só pé, tocando o maior número
posible coa man, saltamos cara adiante e cara atrás, a un lado e o outro, dentro
do xornal e fora, a pata coxa, …
27
• Facemos un círculo con follas de xornal e camiñamos encima, tentando non
pisar fora xa que é o encoro e está cheo de auga.
• Colocamos o xornal primeiro nunha man, logo na outra, nunha perna, na outra,
na cabeza, nas costas, no ombreiro dereito, no esquerdo, …
28
• Facemos unha bola coa folla do xornal e desprazámonos lanzándoa ao aire e
recolléndoa sen que caia
• Golpeamos a bola de xornal co pé, facemos carreiras e tentamos levar a nosa
bola á linea de meta.
• O baile da pataca: dous nenos/as desprázanse lentamente levando a bola de
xornal suxeita coa frente.
29
• Facemos carreiras de relevos:
Soplando
Con toques cos pés
• Intentamos encestar a bola de xornal dentro da papeleira
• Xogamos:
o “O pano por detrás”, nin o vés nin o verás tris, tras, mirade para arriba
que caen xudías, mirade para baixo que caen garbanzos, a que hora ven a
bruxa, …
o “O pañuelo”: colocados en dúas filas paralelas distando do centro e
asignando un número a cada un, cando se indica o seu número saen os
30
dos dous lados e tentan coller o papel antes e volver a súa fila, sen ser
pillado.
• Meter gol coa bola de xornal por entre as pernas do compañeiro
• Encestar por entre os brazos do compañeiro,
• Tentar levar a folla do xornal sin usalas extremidades
•
31
18.- Preparamos unha entrevista periodística para un profe do colexio, en pequenos
grupos elaboramos o reportaxe-entrevista con datos destacados e preguntas que logo
emitiremos na nosa radio do colexio, aproveitando que nos toca preparar o programa de
radio para a segunda semana de maio.
Algunhas das preguntas foron:
- Que che gusta ler?
- Gustache mirar e ler o xornal?
- Gustanche as fotos do xornal?
- Que noticia che parece máis interesante?
- Por que les o xornal?
19.-Realizamos series de números recortados do xornal, sumas, restas, clasificacións e
seriacións de imáxenes, …
32
20.- Aventurámonos a elaborar figuras en papel maché con anacos de xornal e cola.
Este é o resultado final
21.- Elaboramos unha enquisa para pasar entre o profesorado do Cole e os pais dos
nosos nenos/as de 3 e 5 anos.
ENQUISA: 1.- ¿Con que frecuencia les o xornal?
- Nunca - A diario
33
- As fins de semana
- De vez en cando 2.- En que lugar realizas a lectura?
- Na vivenda - Nos bares e restaurantes
- Na biblioteca
- No traballo
- Outros lugares
3.-O xornal que les:
- Mércalo - Utilízalo colectivamente
4.- Cal é o motivo polo que les o xornal?
- Información - Ampliar coñecementos
- Costume
- Curiosidade - outros _______________________
5.- De todas as seccións cal é a túa preferida?
- Sociedade - Deportes
- Política
- Noticias
6.- A modo de curiosidade, por onde empeza a ler o xornal?
34
- Primeira páxina - Polo final
- Por algunha sección particular _____________
7.- Unha vez lido, qué uso lle da ao xornal?
- Reciclao no contenedor azul
- Outros usos
- Basura normal
22.- Creamos o noso xornal de aula en colaboración coas familias, tentaremos elaborar
o noso xornal con noticias, entrevistas, artícula de opinión, críticas, anuncios,
reportaxes, …
35
36
37
38
* BENCHO ACHEGA O XORNAL AS
ACTIVIDADES DO COLEXIO: 1.- Aproveitamos o Magosto para reciclar unha caixa de cartón e xornais atrasados para
elaborar un tragacastañas co que xogaremos a encestar. Pegamos anacos de xornais e
coloreamos
39
2.- No Nadal recortamos tiras de xornal, coloreamos e facemos cadenetas para decorar a
árbore de Nadal.
40
3.- O día da Paz elaboramos un mural con follas de xornal . Simboliza un arco da vella
que nace nun encoro feito con papel de xornal e a silueta da man marcada e recortada de
follas de xornal e coloreadas coas cores do arco da vella.
41
4.- No entroido en colaboración
coas familias facemos
compadres e comadres. Na clase elaboramos a estructura base. O fin de semana levamo
para a casa onde o visten e decoran libremente con papeis, xornáis,…
42
43
5.-Tamén elaboramos máscaras cun globo e papel de xornal
44
6.- E sinxelos disfraces de papel de xornal
45
7.- O día do medio ambiente, aventuramonos a reciclar os xornais e facer papel
reciclado con olor, con flores, …
46
*BENCHO TRABALLA A AUGA: 1.- A partir dos suplementos que os xornais A voz de Galicia, e a Rexión editaron o día
22 de Marzo lemos e seleccionamos os titulares e as frases máis destacadas que
aproveitamos para escribir, comentar e reflexionar.
47
2.- Recompilamos coa axuda dos pais e dende a aula noticias relacionadas coa auga e en
concreto co Encoro de Cachamuiña, para eso recurrimos a hemeroteca da Voz de
Galicia, da Rexión e do Faro de Vigo, lémolas, comentámolas e elaboramos fichas
seguindo o esquema: nome do xornal, data, titular, resume da noticia e debuxo sobre a
mesma.
- Traballamos as seguintes noticias:
• “ Las lluvias del 2009 dejaron la cuenca Miño-Sil con un
82’3% de ocupación”. ( La Voz de Galicia, 6-1-2010) Aproveitamos esta nova para traballar o ciclo da auga, descubrir como se forman as
nubes, como descargan, ver vídeos, facer xogos na pizarra dixital, estudiar os estados,
…
48
• “Adjudicado y firmado el contrato para mejorar el
abastecimiento de agua en el municipio ourensano” ( La
voz de Galicia, 15- 6-2010” Falamos de cómo chega a auga as casas, do saneamento, alacantarillado, depósitos,
tuberías, …Investigamos e fixemos fichas tanto da noticia como do tema.
49
50
• “ Aquagest mezcal agua del Río Miño con la de
Castadón” ( Faro de Vigo, 25 de Julio de 2010)
Invitamos a Jorge (Técnico de la Confederación Hidrográfica) que como curiosidade
nos contou que a auga que abastece a cidade de Ourense é a do Encoro de
Cachamuiña e a que abastece o Concello de Pereiro de Aguiar, onde está o cole e
onde vivimos, ainda que pareza paradoxico, é bombeada por turbinas do Río Miño.
• “La reserva de Cachamuiña para el abastecimiento es
del 30’36%” ( La voz de Galicia, 31-Julio-2010)
Visitamos o Encoro, traballamos de forma moi sinxela as capacidades con botellas de
un litro, medio litro e cuarto de litro, recollemos auga da choiva e experimentamos a
51
colocala onde o radiador, dentro dun armario, … e ver como desaparecía ( evaporación
– vapor de auga).
• “ El embalse de Cachamuiña se halla al 7% de su
capacidad “ ( La región, 20-10-2010)
Aprovechamos para estudiar la flora y fauna del embalse y descubrimos que había:
o Peixes ( barbos, troitas, carpas, perca sol)
o Insectos ( mantis, cabaliño do demo, mosquitos, formigas, arañas,
lombrices, saltóns, abellas, …)
o Anfibios ( rás, lagartixas, pintegas, …)
o Aves ( garzas, patos, grullas, gorrión, merlo, aguia, falcón…)
o Crustáceo ( cangrexo de río)
o Árbores ( carballo, piñeiro, bidueiros, amieiros, salgueiros,)
o Plantas ( carqueixa, toxo, xesta)
52
o Mamíferos ( esquios, donicela, corzo, ratas de río, xabarín, …)
Elaboramos fichas e investigamos sobre cada un deles e podedes ver exemplos na
actividade 3.
• “ El embalse de Cachamuiña no llega al 7% de su
capacidad” ( La voz de Galicia, 31-10-2010) Contrastamos as dúas noticias, sémolas e buscamos semellanzas e diferencias na
información. Escribimos o resume das dúas e debuxámolas.
53
• “Piden al Concello de Ourense que mantenga el caudal
máximo del embalse de Cachamuiña” ( La voz de
Galicia, 28-12-2010)
54
• “ Pereiro quiere mantener el caudal de Cachamuiña”
( La Region, 28-12-2010) Seguimos traballando no proxecto do Encoro de Cachamuiña e descubrindo máis e
máis curiosidades do Encoro e da súa flora e fauna.
55
• “La mancha verde en Cachamuiña no presenta
toxicidad” ( La Region, 30-12-2010)
Investigamos sobre a cor, olor, sabor da auga. Teñimos a agua con pintura de dedos,
con rotuladores, con tintes naturais ( remolacha de mesa, lombarda, zume de laranxa, de
cenoria, fresa, …)
• “ La caída de una máquina pesada a un embalse obliga a
cortar la OU-536” ( La voz de Galicia, 26-01-2011)
Era mércores e según nos achegábamos no autobús ao colexio podemos
comprobar como unha excabadora estaba nas augas do río Loña e no noso Encoro.
Foi un bombazo porque durante todo o día adicámonos a facer hipótesis sobre o que
56
pode pasar na auga do encoro, cómo sacarán de alí a excabadora, porqué caira, …
Esta nova deunos xogo para experimentar que pasa co aceite da máquina que cae a
auga, e formularnos preguntas: qué lles pasará as carpas, percasoles, troitas e barbos,
a qué saberá a auga do encoro a todos os animais que van a beber a él, cómo sairá
pola tubería en Ourense, a auga, …
• “Una
excavadora cae al auga de Cachamuiña desde la OU-
536” (La Región, 27-01-2011) O día seguinte estivemos pendiente dos xornais: La voz, La región e o
Faro de Vigo e lemos todas as novas relacionadas e contrastamos a información
periodística coas nosas hipótesis e co que traballaramos o día antes. Resultou
moi interesante.
57
58
• La CHMS coloca barreras cerca del embalse en Pereiro
de Aguiar ( La Región, 26-01-2011)
O día que veu Jorge, o técnico da Confederación Hidrográfica
preguntámoslle sobre as barreiras do Encoro, porque as colocaban,
durante canto tempo, …
59
• Controlado en Cachamuiña el vertido de una
excavadora que cayó el agua desde un tráiler ( Faro de
Vigo, 27-01- 2011)
60
• Sensibilizar, pero tamén actuar ( La voz de Galicia, 27-
02-2011)
E chegou o gran día de que as nosas aulas de 5 anos e 3 anos A foramos ao
Encoro de Cachamuiña para limpar as súas orillas e ver en directo flora (carballos,
61
piñeiros, salgueiros, carqueixas, toxos, xestas, espárragos silvestres, )e a fauna (
unha troita, lagartixas, arañas, rás, zapateiros, abellas, …)
62
63
3.- Realizamos un proxecto de estudio e investigación sobre o encoro de Cachamuiña.
Realizamos fichas da auga, do encoro, da flora e fauna que hai,…
64
65
4.- Empregamos o papel maché para facer bonecos,
animais que estudiamos e que hai no encoro de
Cachamuiña, ..
66
5.- Realizamos collage de animais que hai no Encoro e que estudiamos( rá, esquios,
peixes, arañas, …). Aproveitamos follas de xornal que previamente coloreamos con
cera, recortámolas e pegamos os anacos en grupos.
67
6.- Visionamos vídeos sobre o Encoro de Cachamuiña e power point que incluimos no
apartado de anexos do Cd.
7.- Colocamos un panel con papel continuo no que imos colocando o que imos
estudiando, así como o que sabemos, queremos saber e onde buscamos a información.
68
8.- As familias tamén aportan libros, contos, … e todo tipo de materiais
69
9.- Elaboramos un power point de cómo coidar o planeta e aforrar auga ( Ver cd en
anexos).
10.- Invitamos a Jorge, o pai dunha nena de 5 anos, de Lucía G. que traballa na
Confederación Hidrográfica e sabe moito sobre a auga e o embalse. Falonounos da
importancia da auga e fixonos xogos na pizarra dixital
70
71
11.- Traballamos coa pizarra dixital. Realizamos actividades jclic, pdi, ardora e
utilizamos as seguintes páxina:
- Actividade lim da auga: El ciclo del agua
- Actividades jclic: “ El viatge d’una goteta d’ aigua” ( puzzle e memory)
- Actividade ardora: www.chimpon.es/2011/01.elciclo
- Cd: “Os sostibles. A aventura da auga”. Xunta de Galicia
http://nea.educastur.princast.es/repositorio/recurso_zip/1_ibcmass_u05/index.html
- Vídeo ciclo del agua y trucos de cómo ahorrar agua: www.chcantabrico.es/infantil/
-htpp://conteni2.educarex.es/mats/62036/contenido (juegos estados del agua)
- http:// www.portersaigua.cat/DOC/P05_es.html (el agua riesgos y catástrofes con
juego)
- http:// conteni2.educarex.es/mats/62014/contenido/ (abastecimiento de agua del
embalse)
- http:// conteni2.educarex.es/mats/62035/contenido/
- http: // www.waece.org/sabemos/naturaleza/agua.htm
-http:// www.lavacaconnie.com/connie.cast/home.htm
- http://www.iesmariazambrano.org/Departamentos/flash-educativos/ciclo_agua.swf
72
73
12.- Recortamos asiduamente fotos do xornal e elaboramos un libro sobre a auga
74
75
76
77
78
13.- Facemos un mural en papel continuo sobre o Encoro de Cachamuiña: flora e fauna
que decoramos utilizando distintos materiais: papel maché, pinturas, recortes de xornal,
…
79
14.- Lemos contos como:
- A gota de auga
- El viaje de la gotita de agua e facemos un diálogo preguntando os lugares onde hai
auga e para que se utiliza, os usos, …
Comentamos, dramatizamos,… traballamos a comprensión e o vocabulario. Facemos
actividades sobre eles.
15.- Vemos en power point presentacións sobre a auga, o encoro e a flora e a fauna do
encoro de Cachamuiña. Observamos e recoñecemos. Fixámonos nas diferencias e
similitudes. Debuxámolos.
16.- Memorizamos cancións como:
- “El agua es vida, cuidala”
- “La gotita viajera”
- “Todos os patiños foron nadar”
- “que chova, que chova”,…
- “el agua” de Miliki
17.- Xogamos coa agua:
* Transvasamos auga duns recipientes a outros e observamos o que ocurre.
*Utilizamos recipientes que ten marcas de medir e números e constatamos a medidas.
80
*Agrupamos obxetos en coleccións atendendo a diferentes criterios: flotan/ non flotan,
permiten ou non permiten o paso da auga, disolvense ou non, premiten conter auga ou
non, …
• Teñimos a agua con tintes naturales: quentamos auga hasta que ferva, cortamos
uns anacos de lombarda e introducímolos na auga con coidado. Pomos a auga a
enfriar e enchemos tres vasos. O primeiro con auga hasta a metade, no segundo
solo pomos unha cullerada e no terceiro cinco culleradas.
O primeiro vaso deixase como está e así veremos os cambios nos outros dous, ao
segundo vaso añadeselle zume de limón e a terceiro unha cullerada de xabón.
Observamos.
81
* Facemos un taller de experimentación con auga: para descubrir que é incolora,
insípida, inodora, a adaptabilidade da auga aos recipientes, exploramos o movemento
nos tubo, trasvasamola, …
* Facemos burbullas e olas con palliñas
* Enchemos as cubiteiras con auga e facemos xeo e descubrimos o proceso de
desxeado.
* Realizamos mezclas de cores con acuarelas en vasos de plástico transparentes.
* Experimentamos coas sustancias que se disolven ( sal, leite en pó, café soluble,
cacao, … para ver os cambios de cores e sabores), añadimos area, aceite, … e
descubrimos o que pasa
82
* Traballamos a absorción da auga como propiedade de algúns materiais, empregamos
papeis de máis absorbentes a menos e secuenciamos: papel de váter, secante, celofán,
periódico, cartolina, papel plastificado, ..
* Escoitamos o son da auga cando chove, cando gotea un grifo, cando trona, cando
sorbemos un líquido, cando soplamos cunha palliña, cando facemos gárgaras, ó
palmotear na auga, salpicar ou chapotear.
* Traballamos o soplo na auga con barcos de papel e corchos
83
18.- Escribimos recetas que teñan a auga como protagonista: limonada, mezcla para
facer pompas de xabón, …
19.- Elaboramos un mural con gotiñas de auga debuxadas e recortadas do xornal para
incidir na importancia da auga
20.- Inventamos contos sobre a auga e pomoslle texto
“Erase unha vez unha carpa chamada Serafina que vivía no encoro de
Cachamuiña, moi contenta coas súas amigas. Ela sempre estaba xogando e
saltando, pero … un día empezou o periodo de pesca e achegaronse os pescadores .
Estuvo a pique de caer no anzuelo dun pescador, pero por suerte para ela fixose de
noite e o pescador marchou.
Como estaba tan contenta empezou a dar brincos de alegría, e achegouse
moito á presa e nun descuido, zas! marchou río abaixo.
Alí coñeceu a rá Ruperta da que se fixo moi amiga e xuntas facían
competicións de salto, para ver que era máis rápida. Todalas noites agochabanse
84
detrás dunhas rochas e observabas o Cangrexo Nani, que pouco a pouco tamén
quixo unirse ao seu club.
Os tres decidiron emprender unha viaxe rumbo a cidade de Ourense para
ver cómo era, que había, … e nadando e nadando chegaron ao río Miño.
Para Serafina toda era novo e moi grande, pero ela botaba de menos as súas
amigas e o Encoro de Cachamuiña. Todolos días caíalle unha lagrima da súa
meixela e a Aguia Margarida que sobrevoaba o río Miño achegouse onda ela e
díxolle:
- Por que estás triste?
- E que quero estar no Encoro e coas miñas amigas
- Non te preocupes eu podo levarte de novo onda elas
- Como?
- Salta e agarrate forte as miñas ás e moi pronto estaremos alí
- Vale, vale, pero deixame despedirme da rá Ruperta e do cangreso Nani
A carpa Serafina de súpeto estaba voando sobre o ceo de Ourense, que lle
parecía precioso e nun plis, plas, estaba de novo no Encoro de Cachamuiña feliz e
contenta.
Voltara a casa e xa nunca máis se separaría das súas amigas e tería moito
coidado cos pescadores e coa presa.”
85
21.- Vemos videos e documentais sobre a auga (a súa importacia para o home e animais,
usos e estados) e tamén sobre o Encoro de Cachamuiña
22.- Elaboramos un mural que titulamos a modo de collage con anacos de xornal :
“Gota a gota el planeta se agota” para concienciarnos da importancia da auga e da
necesidade de coidarla en non malgastala.
86
Así nos quedou:
23.- Memorizamos e recitamos poemas aproveitando a celebración da Semana do Libro:
“Chamome gotiña e veñovos contar
o ciclo da auga de xeito natural.
As nubes do ceo
deixánme caer
e no campo comeza a chover
Se fai frío e non calor
en forma de neve aparezo mellor.
Ao chegar ao chan con outras me vou a xuntar
e un torrente de auga imos formar
87
Todas alborotadas o sol imos tomar
e ao ceo de novo imos trepar
De volta no ceo
volver a engordar
un vento moi forte
fíxonos chorar
Sen pena nen gloria
caemos ao chan
como todos sabedes
volver a empezar”.
POEMA:
“ Dixo o home do tempo
que mañá vai chover
poñereime o chuvasqueiro
e o paraugas collerei
unhas botiñas de goma
para non mollar os pés
e para saltar nas pozas
que a chuvia vai facer.
E choverá, choverá, choverá
Eu verei, verei, verei
as gotiñas de auga caer”
RETAHÍLA: O CICLO DA AUGA
Pinguiñas, Que facedes?
- Voar, voar e voar, ata unha nube chegar
Pinguiñas, que facedes?
88
- caer, caer e caer para ir ao río a correr
Pinguiñas, que facedes?
- camiñar, camiñar, camiñar para poder chegar ao mar
Pinguiñas, e agora que?
- comezamos outra vez
24.- Bailamos e danzamos ao son da música acuática de Haëndel.
25.- As profes inventamos unha obra inédita de títeres para representar aos nosos
alumnos/as como colafón final do proxecto e repasar o ciclo da auga de forma lúdica. A
obra titúlase: A VIAXE DAS NUBES
“Había unha vez un ceo moi azul no que vivían catro nubes que eran moi
pequeniñas:
Cada día os nenos e nenas do C.E.I.P.” Ben-Cho-Shei” miraban pola
ventana e observaban que aquelas nubes tiñan unha cara moi triste pero non
sabían por qué.
PLIN PLAN
PLON PLUN
89
- Narrador: Pois resulta que non lles gustaba nada ser tan pequerrechas. Así
que un día acercáronse ao seu irmán maior: “ O NUBARRÓN” e
preguntáronlle:
- Nubes:¿ Que temos que facer para ser tan gordas coma ti?
- Nubarrón: Heredes que viaxar moito por todo o mundo e recoller auga nos
ríos, nos mares, nos lagos, nos encoros, … deste xeito poñeredesvos moi, moi
gordas, tanto coma mín.
- Narrador: E as catro irmáns puxéronse en marcha.
Plin que era a máis preguiceira non lle gustaba nada viaxar. Sabía que moi
preto do cole había un encoro moi grande e decidiu acudir a él para ver se
conseguía moitas pingas.
- Plin: ola!, Escoitasme?
- Encoro: Quen é?, Quen me fala?
- Plin: Son eu
- Encoro: Non te vexo
- Plin: Mira para arriba. Chámome Plan. E que son tan pequeniña! Ti
poderíasme dar algunha auguiña?
- Encoro: Si, sí, Eu teño bastante, colle a que queiras.
- Plin: Moitas grazas. Virei a visitarte cada día.
- Narrador: as dúas irmáns PLAN E PLON anduveron un pouco máis e
foron parar xusto enriba dun río. Plan que era moi cotilla díxolle:
- Plan: Eih!, Quen eres ti?, Como te chamas?
- Río: Quen anda por ahí?, Molestame o sol. Casi no te vexo.
- Plan: Son eu, Plan, unha nube pequeniña que quere moita auguiña.
- Río: Pois eu son o RÍO MIÑO e podo darche toda a auga que precises.
- Plan: E tamén terás para a miña irmá. Ah! Espera que non está!
- Narrador: Plon que non se decatara que a súa irmá quedara atrás marchou
empuxada polo vento e chegou ata o mar.
- Plon: Podo coller auga?
- Mar: Si, sí, toa a que queiras
- Plon: Moitas gracias.
90
- Narrador: E por último Plun que era moi despistada viaxou e viaxou ata
chegar a un océano.
- Plun: Estou perdida. Pódeme dicir onde estou?
- Océano: Estás xusto enriba dun océano. Eu teño mogollón de auga. E dime:
ti, que queres?
- Plun: Quero auga, quero auga, quero auga!
- Narrador: E foi así como as catro irmáns PLIN; PLAN; PLON e PLUN se
converteron nuns nubarróns aínda máis gordas co seu irmán.
E un hermoso día de Primavera PLIN converteuse nunha nubezota de
tormenta. Tapou ao sol e o ceo que estaba completamente azul volveuse de cor
gris, enchéndose de luces de cores e cun ruído espantoso PLIN deixou caer toda
a súa auga que petaba con gran forza contra o chan.
- Narrador: Foi a mediados de Verán cando PLUN non pudo resistir máis.
Estaba tan repleta de auga que nun instante quedou valeira descargando a
súa auga en forma de boliñas de saraiba que parecían chícharos blancos.
- Narrador: Pasou o tempo e chegou o Outono. PLAN que tamén recollera
moita auga nas súas viaxes tardou varios días en descargarla e xunto co
vento tiroulle as follas ás arbores.
- Narrador: Pero foi PLON a que máis resitiu e cando chegou o Inverno e o
tempo comezou a arrefriar, da súa barriga comezaron a caer folerpas que
parecían anacos de algodón.
E AQUÍ REMATA A HISTORIA
DESTAS CATRO AMIGAS
QUE TIÑAN MOITA AUGA
DENTRO DAS SÚAS BARRIGAS”
91
26.- Recollemos novas do xornal relacionadas co proxecto no que estamos centrados: O
Encoro e con toda a flora e fauna que estamos traballando, lemolas e comentámolas:
- Galicia define 61 enclaves para practicar turismo ornitológico. ( La Voz, 23-
febrero-2011)
- “Parásitos gallegos inmunes al cloro” ( La Voz, 23 de febrero del 2011)
- “La Xunta endurece la normativa de pesca”. ( La Voz, 18-febrero-2011)
- “La justicia niega más plazos para derribar la depuradora de Reza” ( La Voz, 14-
febrero-2011)
- “Llevar la trucha a casa es sacrificado”. ( La Voz, 19-marzo-2011)
- “Comienza la temporada de pesca fluvial” ( La Voz, 19 de marzo del 2011)
- “Inventario faunístico del “inframundo”. La asociación Axena cataloga los
vertebrados de las cuevas graníticas de Vigo”. (El faro de Vigo, 24-febrero-
2011)
- “Vendrán días mejores para la trucha y La luna llena tiene la culpa”.( La Voz de
Galicia, 21-marzo-2011
- “Galicia medra grazas aos bosques” ( La Voz, 15 de diciembre-2010)
92
- “La plaga del pino es otro incentivo para replantar con eucaliptos” ( La voz de
Galicia, 13-diciembre-2010)
- “La Xunta inicia la tala de árboles en Galicia para evitar la plaga del pino” ( la
Voz de Galicia, 1- decembre-2010)
- “La plaga del pino deja al borde del cierre a cuarenta empresas” ( La Voz, 16
febrero-2011)
- “ La destrucción de hábitats es la principal amenaza para las aves rapaces
forestales”
27.- Estamos realizando as gestións oportunas para visitar unha emisión radiofónica e
un xornal pero ainda non contamos cunha data concreta ainda que sabemos que teremos
esta saida no mes de Maio. Xa que somos xornalistas e temos xornal de aula e unha
radio no cole: Radio Bencho fainos moita ilusión poder visitar a do xornal co que
traballamos durante estes meses.
11.- METODOLOXIA:
As actividades propostas favorecen o desenrolo dunha metodoloxía activa que
está basada na aprendizaxe constructivista e significativa. Deste xeito os alumnos/as
comprenden as relacións co medio ó que pertencen e dan respostas de forma activa,
participativa e reflexiva aos problemas máis próximos. Programamos un traballo por
proxectos no que tratamos o tema da auga e do xornal interrelacionado e establecendo
relacións entre os contidos e investigado, descubrindo, en definitiva construindo
coñecementos sólidos en consonancia coas competencias básicas.
Partimos da planificación e organización do proxecto para pasar a fase de
desenvolvemento na que pomos en común o que coñecemos, e partir desas ideas e
coñecemento previos para buscar nova información, seleccionar as noticias relacionadas
co tema, planificar as actividades de aprendizaxe, interactuar co grupo de iguais na
realización das tarefas propostas, … e finalmente valoramos os resultados obtidos e
analizamos se se realizaron aprendizaxes significativos en interconexión cos seus
93
esquemas inicias. Coñecemos o que saben da prensa e da auga para seguir traballando e
interiorizando propostas educativas ligadas cos seus intereses.
Tentamos que todo o alumnado fose protagonista e tivera un papel destacado nas
actividades propostas, pero adaptándonos ás súas posibilidades e idade, presentando os
contidos de xeito relevante e organizado; e como consecuencia axudándolles a
desenvolver habilidades e destrezas de investigación, de desenvolvemento, de búsqueda
de información, de planificación, de representación gráfica (escrita, matemática,
plástica, musical, …)
Fomentamos a colaboración na recollida da información, tentando
involucrar ademais do alumnado e profesorado que actua como guía e mediador para
facilitar a construción das aprendizaxes significativas; ás súas familias nalgunhas das
actividades como a decoración dos compadres e comadres, a colaboración no xornal
escolar da nosa aula, na recollida de novas sobre a auga e o encoro de Cachamuiña, …
A nosa metodoloxía básase na interdisciplinariedade, xa que os coñecementos
non están separados nin disgregados, existindo unha cohesión entre o que xa sabemos, o
que queremos saber e o que interiorizamos froito da interacción cos demais, da lectura,
da información que nos transmite a familia, do sentido que o profesorado lle dá a toda
esa información nun ente conxunto de análise e síntese.
Favorecemos o traballo en grupo en interaccion con grupo de iguais,
compartindo ideas e contrastandoas, sentindo o apoio dos compañeiros/as o que lle
axudará a socializarse e comunicarse, pero en todo caso os protagonistas son cada un
dos nenos/as e nós como mestres correspondenos estimular e propor situacións de
aprendizaxe e reconducilas, pero deixando que eles descubran e aprendan interactuando
cos demáis.
Non podemos obviar o traballo individual que tamén fan os alumnos/as para
fomentar a autonomía persoal. Do mesmo xeito utilizando distintos agrupamentos
estamos coidando da atención a diversidade dando a cada neno/a unha tarefa axeitada ás
súas características; aínda que determinadas actividades como a búsqueda de
información, exposicións, elaboración de murais… requiren unha participación grupal e
colaboradora na que xuntos cooperan e se axudan para resolver os distintos conflitos
que se lle presentan.
Creamos un clima de confianza e afectividade aceptando todas as propostas e
dandoas por válidas e axudandoos a formar unha autoimaxe positiva e axustada de si
mesmo.
94
12.- TEMPORALIZACIÓN: Dende principios de decembro hasta o 15 de abril, ainda que temos pensado deixar unha
tarde semanal para traballar co xornal en talleres programados e coordinados polas dúas
titoras de 3 e 5 anos durante o terceiro trimestre de curso.
Adicouse dúas sesións diarias para centrarnos no proxecto do Encoro e do Xornal
combinado e interrelacionado ou para centrarnos nas actividades de Centro, dependendo
das datas.
13- ORGANIZACIÓN ESPACIAL:
Destacamos tres espacios ben difernciados:
* A aula cos recunchos:
- Recuncho dos proxectos: no que haberá un lugar (taboleiro, parede...) para a
colocación do panel de ideas previas (qué sabemos, qué queremos saber,...) e
tamén disporá dunhas mesas onde se irá acumulando a información obtida polos
nenos/as, as familias e os docentes sobre o tema a traballar.
- Recuncho das experiencias: neste recuncho disporase todo aquel material que
favoreza o desenvolvemento sensorial, a exploración, o descubrimento...;
disporemos de lupas, terrarios, reglas, pegamentos, libros, …. etc.
- Recuncho do ordenador: dispomos dun ordenador que será utilizado na aula para
buscar información en internet, facer xogos, baixar vídeos de youtube, …
- Recuncho de plástica: onde hai materiais para pintar con pincel, pinturas, para
modelar con arxila e plasti, xornais, tesoiras, cola, ...
* A sala de informática: onde traballamos coa pizarra dixital
* O pabellón ou patio cuberto para realizar as actividades psicomotoras ( xeralmente
o mércores de 4 a 5 da tarde)
95
14.- RECURSOS MATERIAIS, DIDÁCTICOS e HUMANOS * HUMANOS - Alumnado de 3 anos e 5 anos de Educación Infantil - Pais/nais dos alumnos/as * MATERIAIS e DIDÁCTICOS: - Aula e Sala de Informática - Xornais: “ La voz de Galicia”. - Material fungible: Folios, cartolinas, rotuladores, lapis, regla, pintura de dedos, ceras duras e blandas, tesoiras, pegamentos e colas, papel de embalar, papel celofán, charol, brillante, pinceis, recipientes, batidora, esencias, … - Recortes de periódicos, imágenes, gráficos, etc. - Fotocopiadora. - Ordenador e pizarra dixital - Impresora. - Internet (Xornal dixital “La Voz de Galicia”). - Programas informáticos (Word, ardora, lim, pdi.,…) - Hemeroteca web “La Voz de Galicia”. - Revistas. - Folletos relacionados có tema. - Internet. - Cd-rom de xogos educativos relacionados coa temática do proxecto: - Contos - Poesías - Cancións
15.-TRANSVERSALIDADE: Os temas transversais están impregnando o currículo e como tales tamén
presentes no noso proxecto: Bencho traballa co xornal e coa auga, contribuindo o
desenrolo integral do alumno/a e a formación da personalidade, xa que a educación para
a convivencia está presente no dialogo, no traballo en grupo e na autonomía cos demáis.
Traballamos na igualdade de oportunidades e na axuda, tolerancia e respeto , así como
no consumo responsable e como é obvio na reciclaxe e a reutilización de materiais os
que se lles pode dar un novo uso e una nova dimensión creativa e artística.
96
16.- TRATAMIENTO DA DIVERSIDADE
Atender a diversidade supón recoñecer que cada neno/a é unha persoa única e
irrepetible, coa súa propia historia, afectos, motivacións, necesidades, intereses, estilo
cognitivo, etc. Isto esixe que a escola ofreza respostas adecuadas a cada un. É necesario
que se respecten as diferenzas persoais, e se planifique o seu traballo de forma aberta,
diversa, flexible e positiva, favorecendo e estimulando o benestar e o desenvolvemento
de todos os nenos e nenas, e aproveitando as diferenzas individuais existentes na aula.
Organizaranse os grupos atendendo a estas diferencias e integrándoos con outros
compañeiros que lles axuden, adaptaremos o tempo para realizar as actividades,
adecuaremos as actividades e subiremos ou baixaremos o grado de esixencia e
complexidade, …
17.- AVALIACIÓN. A avaliación é un instrumento que nos permite comprobar se se cubriron as
nosas expectativas iniciais, se é correcto o camiño para acadar un bó proceso de ensino-
aprendizaxe, se son correctas as condicións organizativas e temporais, os recursos
materiais, tecnolóxicos e humanos, a adecuación das experiencias, propostas,
actividades, práctica docente, labor educativa, … e solventar os problemas xurdidos,
modificar as actividades, … posto que a avaliación é unha valoración de todo o
proceso, tentando mellorar no posible a experiencia, facéndoa máis enriquecedora.
Imos establecer tres intres: un inicial, outro procesual e outro final. Dentro
destes intres de observación, teremos en conta catro aspectos fundamentais: a
avaliación dos nenos/as, a análise ou avaliación do noso traballo, unha análise da
implicación e participación das familias, e unha análise do centro en todos os aspectos
relacionados co noso proxecto.
Na avaliación inicial teremos en conta os coñecementos previos dos nenos/as,
por medio da súa participación na asemblea, representación plástica (debuxos, plasti),
escritura libre,..., tomar nota de qué ideas e quen as dá. Teríase que analizar o traballo
en equipo do titor/a, así como a participación e implicación das familias, mediante a
explicación do proxecto en reunións cos pais/nais, onde aproveitaremos para solicitar
97
recursos dispoñibles.
A avaliación no proceso terá en conta unha revisión continua das propostas
realizadas e pendentes por medio de asembleas, de xogos, de intercambio de
información entre aulas, de elaboración de paneis, representacións plásticas, escritas,...
Valorarase a viabilidade das novas propostas, así como a implicación das
familias e a organización dos recursos do centro.
A avaliación final será:
- por unha parte, a dos nenos/as que, mediante a recollida de coñecementos finais
(paneis , exposicións,...) farán xunto aos titores unha valoración das
aprendizaxes novas.
por outra parte, os mestres avaliaremos as aprendizaxes finais por medio de rexistros e
de paneis, exposicións, traballos, caderniño do proxecto,...
Para avaliar axudarémonos da observación directa que será sistemática,
estimulando a curiosidade e interese, do mural procesual do proxecto, que terá sempre
presente qué sabemos, qué queremos saber e cómo imos sabelo, que nos servirá para ir
axustando en cada intre o proceso aos obxectivos e contidos, do diario do profesor onde
anotamos as deficiencias procesuales, propomos cambios, aceptamos propostas e
distintas modalidades de actividades, e tamén das listas de control como a seguinte:
SI NON
-Interpreta e comprende textos e imaxes relacionadas co tema da auga
e do Encoro de Cachamuiña
- Indaga e mostra interés polos temas relacionados coa auga
empregando o xornal como recurso motivador
- Coñece e identifica as partes fundamentais do xornal
- Amosa interés e disfruta coas actividades realizadas
- Descubre as posibilidades de traballo que ofertan os xornais
- Iníciase no uso e no manexo do xornal na edición impresa ou dixital
descubrindo novas relacionadas co tema da auga e do Encoro de
Cachamuiña
- Emprega as novas tecnoloxías como unha ferramenta de formación
e información
- Valora a importancia da auga e coñece as súas características
98
- Coñece o Encoro, ubicación, importancia, flora e fauna
- Coñece as características e tipoloxía dos peixes de auga doce
- Coñece e nombra as características da flora e fauna que hai no
Encoro de Cachamuiña
-Participa activamente nas actividades da aula en interacción cos
demáis.
- Interesase por experimentar novas sensacións e con novos materiais.
- Aporta ideas e contrastaas cos demáis
O lugar da avaliación será a aula, o patio e outros espazos onde se fará esa
observación estruturada e planificada previamente, e en intres de xogo libre, nunha
actividade organizada, en tarefas rutinarias, ou en intres non estruturados, nos que o
alumno deba empregar actitudes ou recursos aprendidos no desenvolvemento do
proxecto.
18.-VALORACIÓN PERSONAL:
Resultounos unha proposta de traballo moi motivante e interdisciplinar porque
conseguimos adaptar este instrumento educativo (o xornal) á realidade da aula,
motivando moitísimo ao noso alumnado que estivo aberto a todo tipo de propostas e que
continuamente pedían más e máis actividades e a nós como docentes que buscabamos
novas propostas para saciar a curiosidade dos nosos pequechos.
Foi un bo recurso para achegar a realidade á aula, para ler e escribir, para
achegarnos a lóxica matemática con medidas, numeración, clasificacións,
secuenciación, crucigramas, laberintos códigos, diferenciación, … para explorar e
investigar sobre o Encoro de Cachamuiña, para realizar actividades plásticas,
psicomotoras, de traballo en grupo, …
Supuxo un cambio de mentalidade e de traballlo, un gran esforzo por parte nosa, das
profes o deseñar un proxecto de traballo que tiña por exe principal o xornal pero a
voloración que podemos facer e que vale a pena o esforzo realizado porque quedamos
99
moi satisfeitas dos resultados acadado, e pensamos seguir nesta línea de traballo durante
todo o curso escolar xa que un simple xornal ten infinitas posibilidades de aprendizaxe.
Escomenzamos un camiño novo para nós e o noso alumnado pero enganchounos e
para o curso seguinte imos seguir traballando co xornal por todo o que xuntos
descubrimos e aprendemos, xa que o xornal é como un libro de texto que nos axuda a
ver o mundo dende outro punto de vista, a contrastar información, a ler, a manipular, a
escribir, a descubrir, a abrir a nosa mente e proxectar a realidade, a traballar con un
recurso próximo e cercano que manipulan a diario os maiores que nos rodean e que
dende xa tamén coñecemos e usamos nós, os peques de 3 e 5 anos.
Unicamente nos queda dicir que estamos moi satisfeitas de esta experiencia de
traballo e de todo o que conseguimos tanto pola motivación e implicación como polo
traballo realizado e pola adaptación do currículo á realidade actual e próxima.
Top Related