1. DEREITO Á VIDA: Os nenos e nenas deben desfrutar das mellores
condicións para o seu desenvolvemento, alimentación axeitada e fogar.
2. DEREITO Á SAÚDE:Sempre que o neno ou nena estea
enfermo, debe ser atendido por un médico e cos medicamentos e coidados
precisos para a súa curación.
3. DEREITO Á EDUCACIÓN:Todos os nenos e nenas deben aprender a
ler e escribir. Tamén teñen dereito a desfrutar do seu tempo libre e a
participar en actividades culturais e artísticas.
4. DEREITO Á FAMILIA:Os nenos e as nenas necesitan que os coiden os seus pais e cando non sexa posible ou non teña familia, a
sociedade buscaralle un fogar onde medre feliz.
5. DEREITO Á PROTECCIÓN CONTRA CALQUEIRA DISCRIMINACIÓN:
Todos os nenos e nenas posuirán os mesmos dereitos sen distinción de raza, sexo, idioma ou
relixión.
6.DEREITO Á PROTECCIÓN CONTRA OS MALOS TRATOS:
Todos os nenos e nenas deben ser respectados polos adultos, ninguén poderá
humillalos nin maltratalos, …
7. DEREITO Á PROTECCIÓN CONTRA A EXPLOTACIÓN:
Ningún neno ou nena debe realizar actividades que poñan en perigo a súa saúde. Por debaixo da idade
regulamentada, non deben traballar.
8. DEREITO Á PAZ:Os nenos e nenas non deben intervir en guerra
algunha nin ser torturados, encarcelados ou condenados a morte. As medidas educativas deben
prevalecer sobre as represalias.
9. DEREITO Á IDENTIDADE:Todos os nenos e nenas teñen dereito a elixir e
practicar a súa relixión, falar o seu idioma, conservar os seus costumes e a súa cultura.
10. DEREITO Á LIBERDADE DE EXPRESIÓN:
Todos os nenos e nenas teñen dereito a opinar daqueles temas que lles competen e sempre que
os seus intereses así o requiran.
Top Related