Programa de Educación Familiar I
En que podemos axudar para que o noso fillo/a
estude mellor?
1ª Sesión
Hábitos e Técnicas de Estudo
Hábitos e Técnicas de Estudo
Os costumes, normas e estratexias que fan posible mellorar o rendemento escolar do alumnado dedicándolle o mesmo ou menor tempo e esforzo ao seu traballo como estudante.
= ou < Tempo e Esforzo + Rendemento
Manuel obtiña sempre moi boas notas nos exames, a súa familia estaba contentísima, sen embargo el non parecía moi satisfeito. Traballaba moito, cando ía subliñar todo lle parecía importante e cando memorizaba trataba de recordar ata os puntos e as comas.
Con que situacións nos podemos atopar?
Óscar nunca atopaba o momento axeitado para sentarse a estudar; os amigos e amigas, o xogo, a TV, o ordenador e algunha que outra escusa mal xustificada eran argumentos suficientes para non enfrontarse aos libros. Óscar non sabía organizar o seu tempo.
María tiña un bo hábito, todos os días se pechaba na súa habitación durante máis de dúas horas disposta a estudar, pero non lograba facer gran cousa: distraíase, íaselle o santo ao ceo e non había maneira. Como ela mesma recoñecía, non podía concentrarse.
Alexandre estudaba moitísimo pero non lograba ter boas notas nos exames; é dicir, o seu rendemento era moi inferior ao esforzo realizado. Non sabía estudar.
Con que situacións nos podemos atopar?
Sonia, na clase, non conseguía atender ao profesor/a, mentres este explicaba, ela estaba nas verzas e non se daba de conta de nada.
Sara lía con tal lentitude que era imposible seguir o ritmo do curso no que estaba atrasándose cada vez máis coa sensación de fracaso e frustración.
FACTORES QUE INFLÚEN NO ESTUDO EFICAZ
Ambientais
• Orde Física
• Orde Psíquica Persoais
Ambientais Cando a miña nai ou o meu pai me di que me poña a estudar, contéstolle que no meu cuarto fai moito frío, calor ou que coa luz da lámpada non vexo moi ben, que estou moi incómodo, etc.
O meu cuarto parece unha leoneira: roupa amoreada, libros enriba e debaixo da coma ou da mesa, papeis por todas partes, os CDs e outras cousas máis. Así que cando decido pórme a traballar váiseme a metade do tempo buscando os cadernos, bolígrafos, libros, etc.
Non podo facer os deberes porque os meus irmáns non paran de moverse e de falar, molestándome constantemente.
Ben iluminado Lámpada articulada con bombilla axeitada de 60W. A luz debe entrar
polo lado contrario do que estamos a escribir.
Silencioso
O máis afastado posible da radio, TV, salón,…
Lugar tranquilo
Que non sexa zona de paso, nin no que se celebren reunións,….
Sempre o mesmo lugar de estudo
Adquirirán hábitos e aforrarán esforzos innecesarios
Limpo e ordenado Que non teñan cousas innecesarias que poidan distraer.
A orde aforra tempo e fai o traballo máis eficaz
Mobles axeitados
Mesa ampla, cadeira, estantería e taboleiro de cortiza
Boa ventilación
Evitar un ambiente cargado
Temperatura media
Sobre os 20 grados centígrados, que non faga frío nin calor
Cánsense máis
• Orde Física Persoais
Durmir
Alimentación racional
Exercicio físico
Durmir
Entre 7 e 9 horas para conseguir un bo rendemento intelectual
Fixar e respectar a hora de irse á cama e a hora de erguerse
Facemos o propósito firme
de durmir
Temos solucionado os problemas e preocupacións
Sono tranquilo e pracenteiro
Alimentación racional
Axeitarse ás necesidades do organismo, segundo a idade e a actividade física e mental
Alimentación rica en proteínas, vitaminas, en sales minerais e, de maneira especial, en ferro, calcio e fósforo
Evitar as comidas copiosas
Unha dieta inadecuada pode afectar tanto ao comportamento como ao rendemento.
Evitar as graxas, os doces e as conservas
Almorzar forte, comer simplemente ben, merendar algo e cear pouco
Os hábitos sedentarios aconsellan
Favorece o mantemento dun bo estado físico e mental.
Exercicio físico
Mellora a circulación do sangue e, polo tanto, a aportación de osíxeno ao cerebro.
Facilítase a claridade e axilidade da mente
Tonifica e relaxa o sistema neurovexetativo Condicións óptimas para
retomar o estudo
Desconectamos das preocupacións, eliminamos tóxinas, liberamos enerxía,….
Relaxación e concentración
Mellora o bo estado físico e a resistencia á fatiga
Contribúe a manter o peso ideal
• Orde psíquica
Persoais
Ausencia de preocupacións e ansiedades
Bo nivel de autoestima
Actitude receptiva, curiosidade e interese por aprender
Prelectura
Lectura comprensiva
Notas á marxe
Subliñado Esquema
Resumo
Memorización
O MÉTODO
- Traballarán diariamente. - Evitarán o “a última hora“. - Adquirirán hábitos e estratexias de orde e organización. - Distribuirán adecuadamente todas as materias a estudar. - Economizarán esforzos, e optimizarán tempos e recursos. - Gañarán en seguridade e mellorarán o seu autoconcepto (os pequenos éxitos reforzan a conduta nas actividades posteriores).
A ORGANIZACIÓN E PLANIFICACIÓN DO TEMPO DE ESTUDO
-Valorar o esforzo e a dedicación: non obsesionarse cos resultados. -Empuxar ao estudo sen que se note: insistir nunha mensaxe cos adolescentes é contraproducente. -Non centrar toda a valoración nas notas: miralo/a como persoa, non só o seu rendemento académico. -Resaltar os progresos: lembrar que os éxitos son peza chave para manter o interese. -Ser pacientes: os verdadeiros cambios non se producen a curto prazo. - Non por metas demasiado afastadas no tempo porque conducen ao desánimo: son máis eficaces os pactos familiares sobre aspectos concretos.
Que podemos facer como pais e nais?
Programa de Educación Familiar
Universidade de Santiago de Compostela
Grupo ESCULCA
http://www.usc.es/esculca/