Palabra de VidaPalabra de Vida
Maio 2012Maio 2012
«Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!»
(Lc 12, 49).
No Antigo Testamentoo lume simboliza
a Palabra de Deus pronunciadapolo profeta.Pero, tamén,o xuízo divinoque purificao seu pobo,
pasando polo mediodel.
Así é a Palabra de Xesús, constrúe,pero simultaneamente destrúe o que non ten
consistencia,o que ten que caer, o que é vaidade
e deixa en pé só a verdade.
San Xoán Bautistadixera del:
«El bautizaravosen Espírito Santo e lume», anunciandoo bautismo cristián inaugurado o día de
Pentecoste coa efusión do Espírito Santo e a aparición
das linguas de lume.
Por tanto esta éa misión de Xesús:
esparexer lumesobre a terra, dar o Espírito Santo
coa súa forza renovadora
e purificadora.
«Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!»
(Lc 12,49).
Xesús dános o Espírito. Pero, de que modo actúa o Espírito Santo?
Faino infundindo en nós o amor.Ese amor que nós, por desexo seu,
debemos manter acendido nos nosos corazóns.
E como é este amor?Non é terreal, limitado; é amor evanxélico.
É universal como o do Pai celestial que manda a chuvia e o sol sobre todos, sobre bos e malos, incluso sobre os
inimigos.
É un amor que non espera nada dos demais, senón que toma sempre a iniciativa, é o primeiro
en amar.
É un amor que se fai un con cada persoa: sofre con ela, goza con ela, preocúpase con ela, espera con ela.
e faino, se é necesario, concretamente, con feitos. Un amor, polo tanto, non meramente sentimental, non só de
palabras.
Un amor polo cal se ama a Cristo no irmán e na irmá, recordando aquel: “Comigo fixéstelo”.
É un amor, ademais, que tende á reciprocidade,a realizar cos demais o amor recíproco.
Este amor, sendo expresión visible, concreta,da nosa vida evanxélica, subliña e dá valor á palabra
que logo poderemos e deberemos ofrecer para evanxelizar.
«Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!»
(Lc 12,49).
O amor é como un lume, o importante é que permaneza acendido.
E, para que isto sexa así, é necesario que queime sempre algo.
Ante todo, o noso eu egoísta, e faise así porque,amando, estamos completamente envorcados no outro:
ou en Deus, cumprindo a súa vontade, ou no próximo, axudándoo.
Un lume acendido, aínda que sexa pequeno, se se alimenta pode chegar a ser un gran incendio. Ese
incendio de amor, de fraternidade universal que Xesús trouxo á terra.
«Lume vin traer á terra e que maís quería eu ca que xa estivese a arder!»
(Lc 12,49).
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,
Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1982.
Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española
no número correspondente a maio 2012
onde tamén se encontrarán experiencias e outros artígos de interese.
““Palabra de Vida”,Palabra de Vida”,
Texto de: Chiara Lubich, escrito en 1982.
Este comentario da Palabra de Vida tradúce a 96 linguas e idiomas,
incluído o galego, e chega a varios millóns de persoas en todo o mundo
a través da prensa, radio, televisión e internet.
Pode ser tomado da revista “Ciudad Nueva” edición española
no número correspondente a maio 2012
onde tamén se encontrarán experiencias e outros artígos de interese.
Nota do Secretariado de Catequese de Santiago de Compostela para o curso 2011-12, cuxo lema do proxecto, uniéndose á diocese,
é
“A PALABRA DE DEUS, CORAZÓN DA CATEQUESE”:
“Temos comprendido que nosa diocese e o mundo necesita unha cura de Evanxeo porque só a Boa Nova pode devolverlle a vida que
lle falta. Por iso invítasenos a vivir a Palabra de Vida, ou de calquera outro modo a Palabra de Deus, por exemplo a que se
proclama cada domingo na celebración da Eucaristía”.
Sexamos evanxeos vivos, palabras de vida, outro Xesús!
Así imitaremos a María Santísima, a Nai da Luz, do Verbo: a palabra viva.
“A nós non nos abonda con vivila cada un pola súa conta; é necesario ademais que nos comuniquemos mutuamente as nosas experiencias sobre ela. Así
evanxelizarémonos como individuos e como comunidade: somos Xesús cada vez máis, individualmente e colectivamente” (C.L.).
Comunicádenos a luz que recibides desde a Palabra e a vida que se vai construíndo en vós desde ela (podedes facelo por correo electrónico:
[email protected]). GRAZAS.