REUNIÓN DA COMISIÓN 2.ª,
ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS
PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E
SERVIZOS
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 2.ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL,
OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE ESERVIZOS
POR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteJosé Santiago Freire Abeijón P
VicepresidenteEnrique Nóvoa López P
SecretarioAntón Sánchez García AGE
Jaime Castiñeira Broz PRaúl Fernández Fernández SJesús Antonio Goldar Güimil PAlejandro Gómez Alonso PMaría Consuelo Martínez García MAntonio Mouriño Villar PAna Belén Pontón Mondelo BNGJosé Antonio Sánchez Bugallo SJosé Francisco Santos Regueiro PDaniel Luís Varela Suanzes-Carpegna PPatricia Vilán Lorenzo S
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 38932(09/POC-005804)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións do Goberno da Xunta de Galicia tendentes
á prevención e loita contra o cambio climático dende o ano
2009
Publicación da iniciativa, 505, 11.08.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e José Antonio Sánchez
Bugallo, deputada e deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da
Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en
Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
O quecemento global e as súas consecuencias seguen a ser motivo de
preocupación e desvelo dos científicos de todo o mundo.
En decembro deste ano vaise celebrar o cumio sobre o Cambio Climático en
París. O cambio climático e as súas consecuencias teñen que estar na axenda de
todos os gobernos, facendo políticas de prevención e planificando accións futuras
para minimizar o seu impacto. Tamén na axenda da Xunta de Galicia.
Mais a realidade é que non hai axenda. Non hai un novo plan galego de acción
fronte ao cambio climático. Os últimos datos dos que se dispoñen son de
novembro de 2012. O Goberno da Xunta de Galicia asignou nestes últimos anos
cero euros para a loita contra o cambio climático.
E ocorre que, segundo os expertos, o cambio climático afecta ao estado das rías
galegas; incluso á súa produción.
Por todo o exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as seguintes
preguntas para o seu debate en Comisión:
1. Que actuacións ten desenvolvido o Goberno da Xunta de Galicia para a
loita contra o cambio climático dende o ano 2009?
2. Que orzamento dedicou dende esa data?
3. Cando ten previsto o Goberno emitir un novo plan galego de acción fronte
ao cambio climático?
4. Ten datos o Goberno da incidencia do cambio climático sobre o estado das
rías galegas e sobre a súa produción?
Pazo do Parlamento, 15 de xullo de 2015
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
José Antonio Sánchez Bugallo
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 17/07/2015 09:49:51
Raúl Fernández Fernández na data 17/07/2015 09:49:59
José Antonio Sánchez Bugallo na data 17/07/2015 09:50:07
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 39964(09/POC-005975)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre os riscos derivados do mantemento da planta de gas de
Reganosa no interior da ría de Ferrol
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
A deputada Yolanda Díaz Pérez, integrante do grupo parlamentario da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión, relativa aos riscos
derivados do mantemento da planta de gas de Reganosa.
Cómpre tomar nota da traxedia producida na cidade china de Tianjin, consecuencia
das explosións producidas o pasado dia 13, na área portuaria na que se almacenaban
substancias químicas, combustibles, e que a día de hoxe segundo reportan os medios
sáldase con máis de 114 mortos, 721 feridos, un número de desaparecidos aínda por
cuantificar con exactitude, pero entre os que se contan 13 bombeiros segundo medios
oficiais, e una cuantiosa destrución de vivendas e bens. Segundo os medios a onda
expansiva chegou a sentirse a 10 Km de distancia e a segunda explosión - a máis
potente- liberou una enerxia equivalente á provocada por unhas 21 toneladas do
explosivo TNT.
A distancia do almacenamento destas substancias perigosas sitúabase a 500 m dos
nucleos residencias, incumprindo a lexislacion chinesa ó respeto.
O acontecido na cidade chinesa de Tianjin deberia alertanos sobre a ameaza que o CCE
da Ria de Ferrol ven denunciando dende hai anos sobre a ameaza que a ilegal planta
de gas de Reganosa supon para a poboación que vive na contorna da Ría de Ferrol.
Lembrar a súa reubicación a menos de 200 m do nucleo urbano de Meha, a 800 m do
arsenal militar ou 900 m do nucleo de Mugardos, e a caron do complexo petroquimico
de Forestal que almacena perto de 300.000m3 de combustible e produtos químicos.
Unha instalación que supera en 85.000 veces a potencia da explosión máis potente
acontecida en Tianjin.
A xunta de Galicia socia de Reganosa co 17.5 % das accións, ven promovendo a
ampliación das instalacións (duplicar a capacidade de regasificacion, e incluso a
construción de un terceiro tanque) a pesares de que a demanda do consumo de gas
non se prevé que aumente e da escasa produción da planta, dun 28.6% no ultimo ano.
Asemade o Goberno da Xunta de Galicia ven promovendo que a ría de Ferrol se
convirta no centro de subministro de gas aos buques con este tipo de propulsión, é
dicir, ampliar a actividade do uso do gas no interior da ría aumentando os riscos para a
poboación que vive na contorna da ría, a sabendas da ilegalidade desta actividade por
non poder cumprimentar a normativa de navegabilidade e pola ilegalidade dunha
instalación que non cumpre coas distancias esixidas e que en sentenza de maio de
2012 o Tribunal Supremo determinou.
Polo referido, o grupo parlamentar da AGE formula a seguinte pregunta para a súa
resposta oral na Comisión:
- E conscente o Goberno da Xunta de Galicia da súa temeridade ao apoiar o
mantemento dunha instalación ilegal, deficitaria e tan perigosa no interior da
ría de Ferrol, e aumentar o uso das actividades con GNl?
En Compostela, a 25 de agosto do 2015.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 25/08/2015 13:10:18
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 40050(09/POC-006002)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a denuncia referida ao impacto ambiental das obras das
centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e
Novo Castrelo que se están a levar a cabo na bacía do río
Xallas e as previsións da Xunta de Galicia respecto da súa
paralización
Publicación da iniciativa, 512, 03.09.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e
deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro
do disposto no Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa
resposta oral en comisión.
Segundo ven de denunciar a asociación ecoloxista ADEGA, as obras das
centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas
por Ferroatlántica S.L. que se están a desenvolver na bacía do río Xallas, están a afectar
negativamente a especies protexidas (vulnerábeis e en perigo de extinción segundo o
Catálogo galego de especies ameazadas), así como a hábitats de interese europeo e
prioritario consonte a Directiva 92/43CEE.
Un informe asinado por 11 investigadores e investigadoras das tres
universidades galegas debruza os impactos das obras sobre a biodiversidade protexida.
Asío segundo estes científicos e científicas son milleiros de metros cadrados de
carballeira e bosque de ribeira (hábitats de interese europeo e prioritario) ao longo dun
treito de máis de 2 km de río foron destruídos, incluída unha parte da Devesa de
Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa. Especies de flora ameazada
asociadas a estes hábitats foron tamén eliminadas, incluíndo o raro Isoetes fluitans, o
fento de auga, endémico de Galiza e considerado en perigo de extinción.
Estamos ante unha denuncia que reverte enorme gravidade razón pola que
formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Ten constancia a Xunta de Galiza da denuncia formulada pola asociación
ecoloxista ADEGA?
-Que valoración lle merece a mesma?
-Ten previsto a Xunta de Galiza paralizar as obras das centrais hidroeléctricas de
Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas por Ferroatlántica S.L. que se
están a desenvolver na bacía do río Xallas?
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015
Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Deputada e deputado do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Belén Pontón Mondelo na data 27/08/2015 12:34:07
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 27/08/2015 12:34:14
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 40227(09/POC-006030)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel e 2 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo e previstas polo Goberno
galego para esclarecer a procedencia das verteduras de
hidrocarburos que se veñen producindo na ría da Coruña, as
medidas adoptadas para evitar o seu impacto na actividade das
persoas mariscadoras e as previstas para compensar as perdas
derivadas dos peches cautelares, así como o prazo para a
posta en marcha dun plan integral de saneamento da ría do
Burgo
Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Daniel Rodas Chapela, Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús
Jorquera Caselas, deputados e deputada do Grupo Parlamentar do Bloque
Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,
formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa aos
vertidos por hidrocarburos que se veñen producindo na ría da Coruña.
O sábado 7 de marzo producíase o peche ao marisqueo de toda a ría da Coruña,
isto é as augas costeiras comprendidas entre a cala do Dexo (E) e a punta de Alba (W),
a causa dun vertido de hidrocarburos. Segundo o Intecmar os niveis detectados de
Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos son superiores aos legalmente establecidos,
polo que se prohibiu a extracción de moluscos infaunais.
Inicialmente o peche cautelar afectou ao marisqueo e a actividades extractivas
como a do percebe e do ourizo do mar, se ben a Xunta autorizou a volta á actividade
nestas dúas últimas actividades extractivas.
Comezan a ser excesivamente frecuentes os episodios de contaminación na ría
da Coruña e as conseguintes resolucións de prohibición de extracción de moluscos
infaunais na ría do Burgo nos últimos meses. Existe unha resolución de 12 de
decembro de 2014 onde se prohibe a extracción exclusivamente no banco Carniceiro
que dura ata o día 18 de decembro de 2014, cando unha nova resolución levanta o
peche. O día 29 de xaneiro deste ano péchase con carácter cautelar exclusivamente a
zona delimitada pola liña imaxinaria que une o extremo da dársena de Oza co mirador
do paseo marítimo da praia de Santa Cristina cara ao interior da ría do Burgo,
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
prolongándose ata 13 de febreiro de 2015, momento en que é levantado o peche. A isto
sumouse o peche administrativo que provocou que estivera pechada a segunda
quincena de febreiro pola presenza de biotoxinas.
Porén, ante esta situación, encontrámonos coa pasividade da Consellaría do
Medio Rural e Mar, que non foi quen ata a data de detectar as causas dos anteriores
derrames e co actual tampouco está a desenvolver unha acción dilixente para localizar
aos responsables deste vertido.
Polo que respecta ao último vertido, dase a circunstancia, ademais, de que a
deteccion do mesmo coincidiu coa decisión de Repsol de pechar o seu pantalán número
4 no porto da Coruña.
A comezos de ano a Autoridade Portuaria da Coruña comunicou a Repsol que
se estaban a producir anomalías na infraestrutura de atraque do pantalán. Segundo o
Porto da Coruña e Repsol, o peche do pantalán produciuse para solventar problemas de
mantemento, en concreto afirman que está inactivo dende o 2 de marzo para reparar
uns pilotes, separados do pantalán, que serven para o atraque e que non ten a ver coa
carga e descarga nin cos altos níveis de hidrocarburos dectectados na ría. A petroleira
asegura que toda a auga que se xera polo lastre dos petroleiros vai directamente, a
través de canalización, á refinería que Repsol ten na Coruña. Porén os mariscadores
demandan que se estude calquera conexión entre o peche do pantalán e a
contaminación e, nese sentido, urxen a que se faciliten os resultados do verquido
anterior.
Cos medios con que conta tanto o Goberno central como a Xunta, non debería
ser moi complicado determinar a causa e responsábeis. A Consellaría fala de que non
dispón de datos para proceder á nova apertura pero nada di das medidas adoptadas para
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
esclarecer os feitos e esixir responsabilidades nin das medidas adoptadas para que os
mariscadores non sexan, unha vez máis os que sufran as consecuencias deste episodios,
que non é outra que deixar de traballar e quedar sen ingresos.
Polas razóns devanditas formúlanse as seguintes preguntas para a súa
resposta oral en Comisión:
-Que xestión levou a Xunta de Galiza para esclarecer os últimos vertidos que
tiveron lugar na ría da Coruña? Localizáronse a orixe dos mesmos? Esixíronse
responsabilidades?
-Vai estudar a posíbel conexión entre as razóns que motivaron o peche do
pantalán nº 4 de Repsol no Porto da Coruña e a contaminación detectada? Vai
informar publicamente das conclusións?
-Vai dar a coñecer de inmediato os resultados das investigacións realizadas
para determinar as causas do anterior vertido de hidrocarburos detectado no mes de
febreiro?
-Que medidas adoptou para que as mariscadoras/es e outros/as recolectores/as
non sufran na súa actividade estas agresións ao medio ambiente? Vai desenvolver
algunha medida de axuda para compensar a perda de actividade polos peches
cautelares por hidrocarburos?
-Para cando un plan integral de saneamento da ría do Burgo que contemple a
eliminación de todo tipo de vertidos, e o control das embarcacións que naveguen pola
ría da Coruña para impedir que poidan facer vertidos (sentinazos)?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Que medidas vai adoptar para evitar novos vertidos por hidrocarburos na ría
da Coruña?
Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015
Asdo.: Daniel Rodas Chapela
Deputado do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Viceportavoz do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Daniel Rodas Chapela na data 31/08/2015 10:59:46
Ana Belén Pontón Mondelo na data 31/08/2015 10:59:52
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 31/08/2015 10:59:56
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 40364(09/POC-006055)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Sánchez García, Antón
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación
co impacto ambiental das obras das centrais hidroeléctricas
Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo que se están a
executar no río Xallas
Publicación da iniciativa, 516, 10.09.2015
Á MESA DO PARLAMENTO
Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentario da Alternativa
Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 156 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión, relativa á paralización
das obras de varias centrais hidroeléctricas no río Xallas.
Como ven de denunciar ADEGA e constatar un grupo de científicos das universidades
galegas, as obras das centrais hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo
Castrelo promovidas por Ferroatlántica S.L. e aprobadas a través dos Proxectos
Sectoriais publicados o 30 de maio de 2012 no DOG de 20/05/2012, e quese están a
desenvolver no río Xallas, están a afectar negativamente a especies protexidas
(vulnerábeis e en perigo de extinción segundo o Catálogo galego de especies
amenazadas), así como a hábitats de interese europeo e prioritario consonte a Directiva
92/43CEE.
Milleiros de metros cadrados de carballeira e bosque de ribeira, hábitats de interese
europeo e prioritario, ao longo dun treito de máis de 2 km de río foron destruídos, incluída
unha parte da Devesa de Anllares, o bosque atlántico máis occidental de Europa.
Ante este feito AGE considera que é preciso que se paralicen cautelarmente as obras e se
avalíe a situación para evitar máis danos irreparables a un ecosistema único e. de ser o
caso, se determinen responsabilidades por este grave feito.
Solicitamos en primeira instancia que se comprobe si a empresa cumpriu coas condicións
establecidas na autorización, e tamén que en caso de que a empresa cumprise coas
condicións establecidas no proxecto sectorial, se revise si no procedemento administrativo
foron avaliados correctamente os riscos ambientais.
Mentras esto non sexa comprobado as obras deben de paralizarse posto que poderían
seguir causando danos irreparables.
Consideramos que ante os feitos denunciados a Consellería de Medio Ambiente non pode
ollar para outro lado e debe de velar pola protección do patrimonio ecolóxico do río Xallas.
Por todo esto o Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda presenta a
seguinte pregunta para resposta oral en Comisión:
1) Que medidas ten pensado adoptar a Xunta de Galicia ante estes feitos?
2) Considera a posibilidade de ordenar a paralización cautelar das obras das centrais
hidroeléctricas de Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo promovidas por
Ferroatlántica S.L. e aprobadas a través dos Proxectos Sectoriais publicados o 30
de maio de 2012 no DOG de 20/05/2012?
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015.
Asdo.: Antón Sánchez García
Deputado do G.P. da AGE.
Asinado dixitalmente por:
Anton Sánchez García na data 01/09/2015 12:47:30
Reunión da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,
Medio Ambiente e Servizos
Día: 20.10.2015 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 40997(09/POC-006122)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis e Vázquez Blanco, Emilio
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos dos
tráficos de mercadorías xerais e cruceiros no porto da
Coruña, as extratexias que vai impulsar xunto coa Autoridade
Portuaria ao respecto e o prazo previsto para a continuación
das obras do polígono empresarial de Morás-Arteixo
Publicación da iniciativa, 519, 15.09.2015
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
José Luis Méndez Romeu e Emilio Vázquez Blanco, deputados
pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao
abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa Mesa a seguinte Pregunta oral en Comisión 2.ª.
Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos.
Os portos de interese xeral, baixo a dirección de presidentes nomeados
pola Xunta, actúan nun mercado competitivo e que ademais está
evoluíndo, polo que son necesarias estratexias comerciais e de servizos
adaptadas a ese escenario cambiante.
O porto da Coruña está en declive. Tanto con respecto ó conxunto dos
portos do Estado, onde perdeu un punto de cota de mercado na última
década, como fronte ós portos galegos de interese xeral, onde perdeu
oito puntos no mesmo tempo. Do mesmo xeito os portos galegos están
sendo superados polo porto de Leixoes-Oporto, que en rúbricas como
mercancía xeral ou contenedores supera amplamente a suma dos portos
galegos. No tráfico de contenedores, en alza mundial, Leixoes triplica á
suma dos portos galegos.
A situación do porto coruñés está sendo vista con indiferencia pola
Autoridade Portuaria e pola Xunta, co beneplácito do anterior Goberno
local. A esa parálise cómpre engadir a parálise da construción do
polígono empresarial de Morás-Arteixo, investimento estratéxico para
aproveitar o futuro porto exterior de Punta Langosteira, en construción,
e servir de plataforma de crecemento económico da comarca coruñesa,
ainda hoxe a máis potente de Galicia.
No ámbito dos cruceiros, Coruña rexistrou peores datos no 2014 que no
2013 ou 2012, perdendo 17 puntos nun ano, cando o conxunto de
Galicia gañaba un punto. É a evidencia de que falta acción comercial da
Autoridade Portuaria para posicionar o porto no mundo marítimo
internacional. Tamén da ausencia de coordinación entre as políticas
turísticas local e galega. Posiblemente tamén indique perda de
confianza do sector privado.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
No horizonte inmediato hai ameazas evidentes. En primeiro lugar a
nova terminal de pasaxeiros de Leixoes-Oporto, que reforzará a
competitividade e atracción do destino. Tamén o progresivo reforzo dos
portos de Vigo e Ferrol como escalas cruceritas e alternativas.
Na rúbrica de mercancía xeral, o porto coruñés baixa e hoxe representa
menos que nos portos de Ferrol ou de Marín. O tráfico de contenedores
no porto coruñés é practicamente inexistente.
A conclusión e que as empresas non utilizan o porto da Coruña porque
non ten conexións con outros portos, ou porque as taxas son disuasorias
ou porque a eficiencia é mellorable. As accións necesarias para corrixir
esa tendencia pasan todas pola Autoridade Portuaria.
En consecuencia formúlanse as seguintes preguntas para a resposta en
Comisión:
1.ª) Qué valoración fai a Xunta dos datos devanditos?
2.ª) Comparte que son mellorables?
3.ª) Qué estratexias impulsará xunto coa Autoridade Portuaria?
4.ª) Cando serán retomadas as obras do polígono de Morás-Arteixo?
Pazo do Parlamento, 9 de setembro de 2015
Asdo.: José Luis Méndez Romeu
Emilio Vázquez Blanco
Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Jose Luis Méndez Romeu na data 09/09/2015 10:14:04
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Emilio Vázquez Blanco na data 09/09/2015 10:14:14
Top Related