SEMINARIO DE LINGUA E LITERATURA GALEGAS
========================================
PROGRAMACION CURSO 2012-2013
============================
I. E. S. MONELOS
A CORUÑA
INTRODUCIÓN
============
(ANÁLISE DO ENSINO DESTA MATERIA. ALGUNHAS PREMISAS).
A) LINGUA.- A Lingua é o vehículo de comunicación humana por excelencia, o
código integrador do home na sociedade, o instrumento que vertebra unha cultura, un
pobo, unha comunidade.
O seu correcto e pleno coñecemento por parte dos membros dun conxunto social
devén de absoluta importancia para que esa integración do individuo no tecido social se
realice do xeito máis satisfactorio. O ensino da Lingua preséntase como fundamental
para atinxila con idoneidade.
O seu perfecto uso tanto no nivel de fala como no de escrita, a flexibilidade no seu
dominio, así como a riqueza de recursos despregados, permitirán a formación integral
da persoa, aumentando sensibelmente a súa capacidade intelectual e cultural.
B) LITERATURA.- A literatura constitúe unha das máis fondas e complexas
expresións da creatividade do home, espello do seu enfrontamento coa realidade. O seu
estudo resulta decisivo para o enriquecemento e formación integral da persoa, en base á
confrontación de mundos e experiencias plurais que ofrece, así como para a
potenciación da reflexión, expresión e sensibilidade propias. O horizonte vital da
persoa, o seu nivel intelectual e a emerxencia do seu sentido crítico aséntanse en sólidos
fundamentos cando a Literatura é abordada con modernos criterios pedagóxicos nos que
a análise constante e a potenciación do elemento imaxinativo e a interpretación persoal
resultan imprescindíbeis.
O coñecemento da tradición literaria da comunidade en que un vive, unido á creación
dun hábito de lectura que posibilite o acceso fluído a outros ámbitos literarios, supón un
enriquecemento cultural e educativo de primeira magnitude para a persoa, como resaltan
de maneira pertinente todos os expertos da educación.
- - - - - - -
A Lingua e a Literatura son disciplinas que se relacionan, complementan e
enriquecen de xeito estreito. Se uns elevados coñecementos lingüísticos poden facilitar a
comprensión verbal e a asimilación conceptual dun texto literario ou de calquera outra
índole, é obvio que a recorrencia constante a escritos de diferente textura e rexistro
literario favorecerán considerabelmente o uso da lingua en todos os seus aspectos, tanto
no ámbito oral como no escrito. Por iso, aínda que o obxectivo esencial da Lingua sexa,
por parte do alumno, a competencia lingüística suficiente para codificar e descodificar
con corrección e fluidez todo tipo de mensaxes en lingua galega, será esa competencia
lingüística a que lle permita gozar e valorar os valores estéticos, expresivos e
conceptuais dos textos da tradición literaria.
Precisamente por este motivo é polo que procede unha estreita conexión, por parte
do profesor, entre ambas as dúas, cando iso veña esixido pola dinámica educativa.
- - - - - - -
Ora ben, o problema para calquera departamento de Lingua e Literatura Galegas
radica en que se o ensino da Literatura demanda unha metodoloxía semellante á de
calquera Literatura doutra área lingüística, no caso da Lingua esa dinámica enfróntase
de entrada a unha peculiar problemática lingüística, que repercute nos planos social e
individual, debido a causas que teñen sólido asentamento no devir histórico e social en
que se desenvolveu o país.
A clara situación diglósica en que se desenvolve aínda de xeito evidente a nosa
Lingua, a pesar de certos avances a todas luces insuficientes, condiciona a súa ensinanza
cunha problemática sociolóxica e individual peculiar, que cómpre ter presente por parte
do profesor.
Precisamente unha faceta importante que o profesor non debe deixar de abordar no
caso concreto da Lingua é a análise e debate en profundidade desa realidade socio-
lingüística, realizando un diagnóstico exacto e exhaustivo dos complexos mecanismos
da diglosia.
O feito de procederen os rapaces, na súa inmensa maioría, dun ámbito urbano,
potencia esa problemática, pois adoitan traer do contexto social actitudes de menor
interese, ante unha materia que consideran de pouca utilidade práctica, de pouco
rendemento no seu futuro desenvolvemento social e laboral, e cun menor prestixio
social que a lingua de uso dominante nos ámbitos do poder, da economía, da ciencia, da
tecnoloxía, do mundo da empresa e do traballo...
Este problema de base non se produciría nunha Lingua normalizada. É importante o
esforzo, por parte do profesor, para atinxir logros pertinentes fronte a esta realidade por
parte do alumno, acadando a motivación desexábel para o desenvolvemento óptimo da
materia educativa, podendo reforzar esa motivación coa posta en práctica de recursos
imaxinativos e unha metodoloxía de carácter aberto e participativo, que potencie o
debate e contraste as opinións.
Por outra parte, e sendo evidente que camiñamos cara un mundo marcadamente
cosmopolita e de incesantes avances no cognitivo, produtivo, científico e tecnolóxico, e
dado que todo cidadán da Unión Europea ha de estar mergullado en realidade
plurilingües e en perspectivas dunha mundialización de carácter global, todo o que sexa
reflexión sobre os mecanismos lingüísticos, así como a complexidade do seu uso e
despregue sociais, será enriquecedor para profesor e alumno, pois constituirá un ámbito
de reflexión privilexiada.
É importante tamén, nesta perspectiva contextualizadora, tomar nota de diversos
horizontes que inciden nos alumnos concretos do I. E. S. Monelos: local (A Coruña e
área metropolitana) e comunitaria (Galicia), á hora de axustar certos contidos.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A avaliación do proceso de aprendizaxe do alumnado, tanto na Educación
Secundaria Obrigatoria coma no Bacharelato, será continua e diferenciada segundo as
materias do currículo.
O profesorado de Lingua e Literatura Galegas avaliará tendo en conta todos os
elementos que compoñen o currículo.
Os criterios de avaliación serán referentes decisivos para valorar o grao de
adquisición das competencias básicas, así como a consecución dos obxectivos e o
comportamento educado e responsable.
É evidente que, en todos os niveis do proceso escolar, atenderase á consecución
das seguintes competencias básicas:
-Competencia en comunicación lingüística
-Competencia dixital
-Competencia no proceso de “aprender a aprender”
-Competencia na resolución de problemas e na creatividade plural
-Competencia en habilidades sociais e de autonomía
-Comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable
É dicir, xa que a escola é unha institución decisiva á hora da formación en
valores, á hora de avaliar teranse en conta, en todo caso e circunstancia, ademais do
traballo cotián obrigatorio demandado polo docente da materia, tanto os aspectos
puramente instrutivos, como os claramente educativos e cívicos, relacionados coa
actitude e o comportamento do alumno na aula, tanto en relación cos compañeiros como
co profesor, esixíndose, en consecuencia, unha equilibrada simbiose entre Instrución e
Educación.
PRIMEIRO DE ESO
No presente ano, hai tres numerosos grupos de alumnos de primeiro de Eso.
En primeiro lugar, cómpre que o profesorado realice unha análise aproximativa
do nivel de coñecementos que trae o alumnado na presente materia.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DA ETAPA
-Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social,
cultural e académica.
-Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado nos
distintos ámbitos de interacción social, laboral e cultural, potenciando o diálogo e as
actitudes de respecto e de colaboración cos demais.
-Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente e creativo en función dos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
-Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar
información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.
-Utilizar criticamente e con progresiva autonomía as bibliotecas, os medios de
comunicación social e as TIC para obter, interpretar, elaborar e valorar informacións
de diverso tipo e opinións contrastadas.
-Aplicar con certa autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso
lingüístico para comprender textos orais e escritos e para escribir e falar con
adecuación, coherencia e corrección.
-Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega,
afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso, de
xeito que se estea en disposición de superar as que supoñen obstáculos para a súa
utilización en calquera contexto e situación.
-Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e pluricultural do Estado español, de
Europa e do mundo actual, facerse consciente da riqueza que representa e entender
as situacións que provoca o contacto de linguas.
-Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que
supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
-Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de
enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.
-Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre as convencións de
cada xénero, os temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.
-Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de
simbolizar a experiencia individual e colectiva en diferentes contextos histórico-
culturais.
-Acadar, por parte do alumno, competencias básicas en comunicación lingüística,
social e cidadá, así como no tratamento da información dixital e na dimensión
cultural e artística.
-Acadar, no alumno, a destreza de aprender a aprender.
-Acadar no alumno a capacidade de autonomía persoal e moral, así como a iniciativa
persoal.
-Acadar, por parte do alumno, un comportamento participativo, cívico, respectuoso,
educado e responsable.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DE 1º DE ESO
-Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos orais sinxelos de distintos
ámbitos, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe.
-Extraer a intención comunicativa e a idea xeral de textos escritos sinxelos de
distintos ámbitos, seguindo instrucións para realizar tarefas guiadas de aprendizaxe.
-Realizar exposicións e narracións orais planificadas e participar de forma
construtiva en debates, diálogos ou outras formas de interacción comunicativa.
-Crear todo tipo de textos seguindo un modelo, así como outros textos sinxelos
propios da vida cotiá, das relacións sociais e dos medios de comunicación.
Planificar e revisar os ditos textos coa axuda do profesorado aplicándolles normas
de adecuación, de coherencia, de cohesión, de corrección e de precisión léxica.
-Consultar textos en diferentes soportes, co fin de extraer a información solicitada.
-Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as normas do uso lingüístico para
resolver problemas de comprensión e revisar de xeito dirixido os propios textos.
-Recoñecer os mecanismos da lingua usando unha terminoloxía lingüística básica.
-Observar os condicionamentos da valoración e uso social do galego e utilizar a
lingua galega con fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.
-Recoñecer a diversidade lingüística do mundo actual, con especial atención ao
contorno peninsular; coñecer e usar os dereitos lingüísticos.
-Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha
opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, relacionando o seu
sentido coa propia experiencia e recoñecendo os trazos xerais do xénero.
-Utilizar os coñecementos literarios na comprensión de textos breves ou fragmentos,
atendendo á importancia e natureza dos recursos retóricos.
-Participar de maneira activa na creación de textos de intención estética.
COMPETENCIAS BÁSICAS DA ETAPA
Competencia en comunicación lingüística
Adquisición de destrezas que permitan o uso pleno da lingua nun amplo abano
de contextos e na praxe oral e escrita.
Competencia social e cidadá
Comprensión crítica da realidade, así como o coñecemento e exercicio dos
valores democráticos e dos dereitos civís de carácter universal.
Adquisición de destrezas para compartir e respectar saberes e referencias
culturais de carácter plural.
Mellora na práctica de normas sociais de convivencia, no exercicio da
tolerancia, na valoración da disidencia e da pluralidade ideolóxica, cultural,
relixiosa e social, así como a capacidade de diálogo en procesos plurais de
negociación, coa fin de chegar a logros e acordos.
Competencia no tratamento da información dixital
Utilización de ferramentas en soportes variados para mellorar as habilidades de
obtención de información: dicionarios, correctores ortográficos, enciclopedias,
xornais dixitais, bibliotecas virtuais, blogs, catálogos de publicacións...
Capacidade de deseño de traballos e realización e proxectos en formatos dixitais.
Adquisición dos coñecementos axeitados para seleccionar, analizar criticamente,
organizar, relacionar e sintetizar a información co fin de transformala en
coñecemento.
Capacidade de acceso ao coñecemento a través dos novos medios tecnolóxicos.
Competencia cultural e artística
Creación, comprensión, apreciación e valoración con criterio de todo tipo de
manifestacións artísticas.
Coñecemento e valoración da diversidade lingüística e a expresividade popular
da fala como unha riqueza cultural.
Capacidade de percepción e análise estética.
Competencia para aprender a aprender
Perfeccionamento da lectura oral e comprensiva.
Capacidade de autoanálise co obxectivo de chegar a un bo autocoñecemento de
si propio, para paliar deficiencias e potenciar virtudes, capacidades e destrezas.
Organización das ideas mediante anotacións, resumos, esquemas, mapas
conceptuais... e outros mecanismos de estruturación da mente e do coñecemento.
Interpretación correcta das informacións lingüísticas dos dicionarios.
Uso constante dos dicionarios, aspectos decisivo na aprendizaxe lingüística.
Valoración da lectura e da escrita como fontes básicas universais de
enriquecemento propio, dentro dunha sociedade post-alfabética e dixitalizada.
Autonomía e iniciativa persoal
Incentivar no alumnado a paixón e o goce do coñecemento
Intervención en situacións de comunicación reais ou simuladas.
Participación en obradoiros de escrita.
Participación oral activa no devir cotiá da aula.
Lectura de obras literarias e culturais que estimulen a imaxinación e fomenten a
creatividade.
Uso, de xeito progresivamente autónomo, dos diversos e plurais medios de
comunicación social, así como das tecnoloxías da información e da
comunicación.
Capacidade de consulta e automanexo no ámbito bibliotecario, sexa en
bibliotecas tradicionais gutenberianas como nas do ámbito dixital.
Potenciar no alumno unha actitude crítica ante as mensaxes e opinións recibidas.
Localización e selección da información.
Utilización da linguaxe como ferramenta para potenciar o diálogo, analizar
problemas, elaborar plans e tomar decisións.
MATERIAIS
-Libro de texto de 1º (Edicións Xerais)
-Tres libros de lectura obrigatoria
-Dicionarios e outros libros de consulta básica, en soporte impreso e dixital
-Fichas con exercicios complementarios e de repaso
-Lectura e comentario obrigatorios da antoloxía de textos complementaria, seleccionada
polo profesor
-Fichas tipo encrucillado, xeroglífico, sopas de letras... elaboradas polo docente
-Visualización na aula de certas películas baseadas en obras galegas (O bosque
animado, A lingua das bolboretas, O lapis do carpinteiro...), ou dobradas (Matilda, O
Bola, Manoliño Catrollos...)
-Pequenos comentarios literarios
-Lectura de contos populares
-Estudo de vocabularios temáticos preparados polo seminario e polo profesor
-Redaccións e exercicios, na clase e na casa
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-Das 9 unidades do libro de texto traballaranse os contidos cunha periodicidade
proporcional á duración do curso: tres unidades por trimestre
-Traballarase tamén un libro de lectura obrigada por cada avaliación
-As películas proxectaranse fundamentalmente na 2ª e na 3ª avaliación
-Ao longo do curso vaise incrementando o estudo e a esixencia do Léxico, a
Morfoloxía, e dunha maneira sinxela tamén a Sintaxe, así como a Ortografía e a
capacidade de expresión oral e escrita
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Controis periódicos dos contidos da área
-Controis sobre os libros de lectura
-Controis sobre o léxico
-Nivel de expresión oral e escrita
-Fluidez na lectura
-Corrección ortográfica
-Corrección na caligrafía e na presentación
-Observación dos cadernos de traballo
-Comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable
-Exames
OBXECTIVOS MÍNIMOS – 1º ESO
-Posesión dun dominio correcto tanto de expresión oral como escrita
-Posuír unha capacidade de lectura fluída ante calquera tipo de texto
-Amosar un nivel pertinente, segundo a idade, de lectura comprensiva
-Evidenciar dominio, soltura e fluidez na instalación no idioma
-Dominar a lingua estándar, depurada de castelanismos, hipergaleguismos, vulgarismos
e outras frecuentes incorreccións lingüísticas
-Acadar coñecementos básicos de léxico, morfoloxía, ortografía, sintaxe...
-O alumno demostrará que mellorou, ao longo do curso, a súa capacidade de traballo, de
autocoñecemento e de organización, tanto no ámbito individual como de grupo
-Deberá saber construír con corrección, e dentro do nivel esixido para a súa idade,
distintos tipos de textos
-Entender todo tipo de textos, amosando capacidade de lectura comprensiva e sentido
crítico
-Acadar do alumno un comportamento cívico, educado e responsable, así como valores
de carácter social (respecto, tolerancia, alteridade...)
SEGUNDO DE ESO
No presente curso existen dous cursos de 2º de E.S.O. e un desdobre na materia
de Lingua e Literatura Galegas.
En primeiro lugar, cómpre que o profesorado realice unha análise aproximativa
do nivel educativo que, en relación coa materia, trae o alumnado.
MATERIAIS
-Libro de texto de 2º (Edicións Xerais)
-Tres libros de lectura obrigatoria (Bala perdida, de Manuel Rivas; Cos pés no aire,
Agustín Fernández Paz e A malvada María Xosé, de M. Vázquez Freire)
-Dicionarios e outros libros de consulta básica
-Fichas con exercicios complementarios e de repaso
-Fichas tipo encrucillado, xeroglífico, sopas de letras... elaboradas polo docente.
-Visualización na aula de certas películas (Os nenos do coro...)
-Pequenos comentarios literarios
-Lectura de contos populares
-Estudo de vocabularios temáticos elaborados polo profesorado
-Lectura e análise obrigatoria da antoloxía de textos realizada polo docente
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-Das 12 unidades do libro de texto trabállanse os contidos cunha periodicidade
aproximada de 3-4 unidades por trimestre
-Comentarase e traballarase un libro de lectura obrigatoria en cada avaliación
-As películas adoitan proxectarse na 2ª e na 3ª avaliación
-Ao longo do curso vaise incrementando o estudo e a esixencia do léxico, a Morfoloxía,
e dunha maneira sinxela tamén a Sintaxe, así como a Ortografía e a destreza tanto na
competencia lectora (oral e comprensiva) como na competencia lingüística oral e escrita
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Controis periódicos dos contidos da área
-Controis sobre os libros de lectura
-Nivel de expresión oral e escrita
-Fluidez na lectura
-Corrección ortográfica
-Corrección na caligrafía e na presentación
-Observación dos cadernos de traballo
-Cualificación dos exercicios sinalados polo docente
-Control do vocabulario impartido
-Comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable
-Exames
CRITERIOS DE AVALACIÓN DO PRIMEIRO CICLO DA ESO
-Utilizar a lingua galega con corrección, oralmente e por escrito, para comprender e
expresar todo tipo de mensaxes, identificado a intención comunicativa.
-Utilizar a lingua galega na elaboración de traballos académicos servíndose dos medios
de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.
-Identificar as principais variantes xeográficas do galego.
-Interpretar con sentido crítico as mensaxes procedentes dos medios de comunicación.
-Consultar diferentes formas de información, establecendo unha liña argumentativa
propia e respectando as regras sociocomunicativas do debate.
-Utilizar as propias ideas e experiencias para a produción de textos de intención
literaria.
-Amosar un nivel adecuado de lectura oral e comprensiva para a idade.
-Amosar o coñecemento de léxico pertinente para o nivel escolar.
-Superar as probas de exame.
-Facer os traballos marcados en clase.
-Ler os libros sinalados polo profesor.
-Manter un comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable tanto en
relación cos compañeiros como co profesor.
OBXECTIVOS MÍNIMOS – 2º ESO
-Posesión dun dominio correcto tanto de expresión oral como escrita
-Posuír unha capacidade de lectura fluída ante calquera tipo de texto
-Amosar un nivel pertinente, segundo a idade, de lectura comprensiva
-Evidencia soltura e fluidez na instalación no idioma
-Dominar a lingua estándar, depurada de castelanismos, hipergaleguismos e outras
frecuentes incorreccións lingüísticas
-Acadar coñecementos básicos de léxico, morfoloxía, ortografía, sintaxe...
-O alumno demostrará que mellorou, ao longo do curso, a súa capacidade de traballo, de
autocoñecemento e de organización, tanto no ámbito individual como de grupo
-Deberá saber construír con corrección, e dentro do nivel esixido para a súa idade,
distintos tipos de textos
-Entender todo tipo de textos, amosando capacidade de lectura comprensiva e sentido
crítico
-Amosar un comportamento cívico, educado e responsable, así como valores de carácter
social (respecto, tolerancia, alteridade...), tanto en relación cos compañeiros como co
profesor e o conxunto da comunidade educativa
TERCEIRO CURSO DE ESO
No presente curso existen dous cursos de Terceiro de E.S.O. e un desdobre no I.
E. S. Monelos.
En primeiro lugar, cómpre que o profesorado realice unha análise aproximativa
do nivel educativo que, en relación coa materia, trae o alumnado.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DA ETAPA
-Comprender discursos orais e escritos nos diversos contextos da actividade social,
cultural e académica.
-Expresarse oralmente de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos, adoptando actitudes de respecto e de colaboración cos demais.
-Expresarse por escrito de xeito correcto, coherente, creativo e adecuado aos
distintos contextos da actividade social, laboral e cultural.
-Utilizar eficazmente a lingua na actividade escolar para buscar, procesar e analizar
información e mais para redactar ou expoñer textos propios do ámbito académico.
-Utilizar criticamente e con autonomía as bibliotecas, os medios de comunicación
social e as TIC para obter, elaborar e valorar todo tipo de información.
-Aplicar con autonomía os coñecementos sobre a lingua e as normas de uso
lingüístico para comprender textos orais e escritos e escribir e falar con corrección.
-Comprender as circunstancias que condicionaron a historia social da lingua galega,
afirmándoa como propia de Galicia, así como as que hoxe condicionan o seu uso,
superando os obstáculos para a súa utilización en calquera contexto e situación.
-Coñecer e respectar a realidade plurilingüe e multicultural do Estado español, de
Europa e do mundo actual, sendo consciente da riqueza do contacto de linguas.
-Analizar os diferentes usos sociais das linguas para evitar os estereotipos que
supoñen xuízos de valor e prexuízos clasistas, racistas ou sexistas.
-Ler con fluidez, consolidar o hábito lector e facer da lectura fonte de pracer, de
enriquecemento persoal e de coñecemento do mundo.
-Comprender textos literarios utilizando os coñecementos sobre cada xénero, os
temas e motivos da tradición literaria e os recursos estilísticos.
-Aproximarse ao coñecemento do patrimonio literario e valoralo como un xeito de
simbolizar a experiencia individual e colectiva nun contextos histórico ou cultural.
-Acadar, por parte do alumno, competencias básicas en comunicación lingüística,
social e cidadá, así como no tratamento da información dixital e na dimensión
cultural e artística.
-Acadar, no alumno, a destreza de aprender a aprender.
-Acadar no alumno a capacidade de autonomía persoal e moral, así como a iniciativa
persoal.
-Acadar, por parte do alumno, un comportamento participativo, respectuoso,
educado e responsable, tanto en relación cos compañeiros, como co profesor e o
conxunto da comunidade educativa.
OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DE 3º DE ESO
-Comprender a intención comunicativa implícita e explícita, o tema, a idea principal
e as secundarias de textos propios dos medios de comunicación audiovisual.
-Identificar e contrastar o propósito comunicativo en textos escritos do ámbito
público e dos medios de comunicación, así como da vida académica, analizando
criticamente os seus contidos.
-Realizar exposicións orais planificadas de traballos e de informacións de
actualidade contrastando os diferentes puntos de vista e opinións expresadas en
distintos medios audiovisuais. Participar de forma construtiva en diversas
interaccións comunicativas, respectando as regras do diálogo social.
-Escribir textos propios dos medios de comunicación e dos ámbitos social e
académico. Planificar os textos con coherencia, cohesión, corrección e precisión.
-Consultar textos en diferentes soportes co fin de seleccionar e analizar criticamente
a información relevante para integrala nas propias producións.
-Aplicar os coñecementos sobre a lingua para resolver problemas de comprensión,
compoñer e revisar autonomamente os propios textos.
-Recoñecer os mecanismos da lingua, usando a terminoloxía lingüística adecuada.
-Identificar as causas e consecuencias dos feitos máis relevantes da historia social da
lingua galega anterior ao século XX; extraer os trazos principais que definen a
actual situación sociolingüística de Galicia, analizando criticamente os
condicionamentos da valoración e uso social do galego; utilizar a lingua galega con
fluidez e normalidade nos máis diversos contextos comunicativos.
-Recoñecer as causas da diversidade lingüística e dos procesos sociolingüísticos.
-Ler con regularidade obras literarias e desenvolver criterio lector; expoñer unha
opinión persoal sobre a lectura dunha obra axeitada á idade, valorando a estrutura, o
punto de vista e o emprego da linguaxe.
-Utilizar os coñecementos literarios na comprensión de todo tipo de textos.
-Participar na creación de textos de intención estética.
-Comprender as relacións das obras co seu contexto histórico, literario e cultural.
OBXECTIVOS MÍNIMOS – 3º ESO
-Acadar un dominio correcto de expresión oral e escrita
-Posuír unha capacidade de lectura fluída ante calquera tipo de texto
-Amosar soltura e fluidez na instalación no idioma
-Dominar a lingua estándar, depurada de castelanismos e hipergaleguismos
-Acadar coñecementos básicos de fonética e morfoloxía
-O alumno demostrará que mellorou, ao longo do curso, a súa capacidade de traballo e
organización, tanto individual como de grupo
-Deberá saber realizar con corrección, e dentro do nivel esixido para a súa idade,
distintos tipos de textos
-Entender todo tipo de textos, amosando capacidade de lectura comprensiva e sentido cr
-Amosar un comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable, tanto
en relación cos compañeiros, como co profesor e o conxunto da comunidade educativa.
COMPETENCIAS BÁSICAS DA ETAPA
Competencia en comunicación lingüística
• Adquisición de destrezas que permitan o uso pleno da lingua nun amplo abano de
contextos.
Competencia social e cidadá
• Comprensión crítica da realidade, así como o coñecemento e exercicio dos valores
democráticos e dos dereitos civís.
• Adquisición de destrezas para compartir e respectar saberes e referencias culturais.
• Mellora na práctica de normas sociais de convivencia e no emprego da negociación
para chegar a acordos.
Competencia no tratamento da información dixital
• Utilización de ferramentas en soportes variados para mellorar as habilidades de
obtención de información: dicionarios, correctores ortográficos, enciclopedias,
xornais dixitais, bibliotecas virtuais, catálogos de publicacións...
• Adquisición dos coñecementos axeitados para seleccionar, analizar criticamente,
organizar, relacionar e sintetizar a información co fin de transformala en
coñecemento.
Competencia cultural e artística
• Creación, comprensión, apreciación e valoración con criterio de todo tipo de
manifestacións artísticas.
• Coñecemento e valoración da diversidade lingüística e a expresividade popular da
fala como unha riqueza cultural.
Competencia para aprender a aprender
• Perfeccionamento da lectura comprensiva.
• Organización das ideas mediante resumos e esquemas.
• Interpretación correcta das informacións lingüísticas dos dicionarios.
• Valoración da lectura e a escrita como fontes de enriquecemento propio.
Autonomía e iniciativa persoal
• Intervención en situacións de comunicación reais ou simuladas.
• Participación en obradoiros de escrita.
• Lectura de obras literarias que estimulen a imaxinación e fomenten a creatividade.
• Uso, de xeito progresivamente autónomo, dos medios de comuncación social, das
tecnoloxías da información e da comunicación e da biblioteca para manter unha
actitude crítica ante as mensaxes recibidas.
• Localización e selección da información.
• Utilización da linguaxe como ferramenta para analizar problemas, elaborar plans e
tomar decisións.
MATERIAIS
-Libro de texto de 3º de E.S.O (Edicións Xerais)
-Tres libros de lectura obrigatoria, repartidos nas tres avaliacións
-Antoloxía obrigatoria de textos fotocopiados elaborados polo profesor e o
seminario(material de apoio):
-Cantigas medievais
-Autores do temario (poesía, prosa...)
-Reforzos de exercicios lingüísticos variados de carácter práctico
-Edicións facsímiles de Cancioneiros Medievais
-Gravacións: Amancio Prada e outrosw
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-1ª avaliación: 4 temas
-2ª avaliación: 4 temas
-3ª avaliación: 4 temas
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Práctica lingüística (exercicios de lingua a resolver)
-Teoría da Lingua (preguntas do temario)
-Coñecementos teóricos da Historia da Literatura
-Coñecemento teórico dos autores
-Textos literarios a comentar
-Antoloxía de textos seleccionados polo profesor
-Preguntas relativas aos libros de lectura obrigatoria
-Corrección ortográfica
-Corrección na caligrafía e na presentación
-Comportamento escolar participativo, educado, cívico e responsable
CRITERIOS DE AVALIACIÓN. (3º E. S.O.)
-Utilizar a lingua galega oralmente e por escrito para comprender e expresar todo
tipo de mensaxes, identificando a intención comunicativa.
-Utilizar a lingua galega na elaboración de traballos académicos servíndose dos
medios de comunicación tradicionais e das novas tecnoloxías.
-Identificar as principais variantes xeográficas do galego.
-Interpretar, con sentido crítico, as mensaxes procedentes dos medios de
comunicación, atendendo ás súas linguaxes específicas (verbais e non verbais).
-Consultar diferentes fontes de información, lingüísticas e non lingüísticas, co
obxecto de realizar traballos de investigación adecuados ao nivel.
-Debater sobre un tema, trala busca e selección de información, establecendo unha
liña argumentativa propia e respectando as regras sociocomunicativas do debate.
-Recoñecer as características das principais etapas, obras e autores da literatura
galega.
-Establecer relacións entre as obras máis relevantes da literatura galega e o seu
contexto histórico, social e cultural.
-Utilizar as propias ideas e experiencias para a produción de textos de intención
literaria.
-Amosar un nivel adecuado de lectura oral e comprensiva para a idade.
-Superar as probas de exame.
-Facer os traballos marcados en clase.
-Ler os libros sinalados polo profesor.
-Manter un comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable.
DIVERSIFICACIÓN DE 3º DE ESO
(Ámbito lingüístico-social)
No presente curso, hai un grupo de Diversificación de 3º de E.S.O. no I.E.S.
Monelos.
A Educación Secundaria Obrigatoria vénse organizando tanto de acordo cos
principios de educación común coma de atención á diversidade. A diversidade nesta
etapa está concibida para responder ás necesidades educativas do alumnado, para que
todos, mesmo aqueles alumnos con dificultades no seu proceso de aprendizaxe, logren
as competencias básicas e os obxectivos fixados para esta etapa escolar.
Coa diversidade garántese que non exista ningún tipo de discriminación que
poida impedir alcanzar o logro dos obxectivos prefixados e a titulación correspondente.
Por iso, teranse en conta as dificultades e problemas específicos do alumnado, tanto en
cuestións intelectuais como culturais, así como nos posibles problemas xurdidos por
razón de xénero ou pertenza a determinados colectivos. De aí que proceda atender ás
circunstancias, coñecementos, idade e historial académico concreto de cada membro do
alumnado, para facilitar a súa máis plena integración escolar e evitar o desfase cognitivo
e curricular.
Para estes alumnos, ademais, debe practicarse unha metodoloxía específica que
lles permita alcanzar os obxectivos e competencias básicas da etapa. Para iso, en moitos
casos será preciso establecer pontes comunicativas estreitas co gabinete de Orientación
escolar, ademais de realizar un seguimento psicopedagóxico nos casos que así o
demanden.
As carencias dos alumnos deste ámbito demandan, en xeral, un enfoque activo,
práctico, que palíe as carencias e fortaleza as competencias máis decisivas e básicas
para o avance escolar.
Este ano o Seminario de Galego faise cargo dun grupo de diversificación no
nivel de terceiro de Eso. Neste grupo, dado o escaso número de alumnos, o seguimento
será personalizado e o profesor terá en conta tanto a psicoloxía como as carencias e
necesidades que cómpre atender en cada caso. Tamén valorará moito as capacidades
individuais e o ritmo de aprendizaxe.
MATERIAIS
No Ámbito lingüístico e social de 3º, seguiranse os textos do grupo de
referencia, debido a que os máis dos alumnos son repetidores, polo que xa dispoñen dos
volumes e están familiarizados con eles, mais procurando reducir e simplificar os seus
contidos:
-“Lengua y literatura” .AA.VV. Ed.. Anaya, 2011.
-“Lingua e literatura”. 3º de Eso. AA. VV. Ed.. Xerais, 2011.
-“Ciencias sociais, xeografía. Novo Cabo Fisterra”. AA. VV. Ed.. Vicens Vives, 2011.
En Lingua e literatura e en Lengua y literatura os libros de lectura obrigbatoria
serán 2 por materia ao longo do curso. No en tanto, as lecturas na clase serán ampliadas
coa selección de contos que se proporcionarán aos alumnos en fotocopias.
Os apartados de Historia de literatura serán completados coa lectura de máis
textos que amplíen a escolma dos volumes por medio de fotocopias ou coa utilización
de libros da biblioteca.
Nalgún apartado de Historia de literatura usaranse algúns vídeos sobre autores,
estilos artísticos e mais sobre versións cinematográficas dalgunha obra concreta.
Reforzaranse os apartados de ortografía proporcionando aos alumnos exercicios
para realizar na casa, dedicados a profundar aspectos concretos das diferentes unidades.
Como para o estudo da xeografía humana e económica é importante o
coñecemento do medio físico onde actúan os grupos humanos, na materia de Xeografía
os alumnos valeranse de atlas de España, de Galicia e do mundo para resolveren mapas
mudos que os alumnos realizarán na casa e rematarán na clase como reforzo das
diferentes unidades.
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
Como no ámbito lingüístico e social as horas semanais asignadas son 9,
poderáselle dedicar tres horas a cada unha das materias á semana, para darlle ao curso
un desenvolvemento equilibrado. Ao seren impartidas polo mesmo profesor as materias
de Lingua e literatura e Lengua e literatura, pódense evitar as duplicación existentes
nos programas, como, por exemplo, son os apartados dedicados á sintaxe e aos tipos de
textos.
Lingua e Literatura:
-1º trimestre: 4 temas
-2º trimestre: 4 temas
-3º trimestre: 4 temas
Lengua y Literatura:
-1º trimestre: 4 temas
-2º trimestre: 4 temas
-3º trimestre: 4 temas
Xeografía:
-1º trimestre: O marco físico
-2º trimestre: Organización política e espazo xeográfico
-3º trimestre: Actividade económica e espazo xeográfico
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
O número reducido de alumnos que constitúen o grupo de diversificación de 3º
permite a utilización de máis exercicios orais e escritos que nos cursos de referencia. O
curso comezará cunha proba inicial nas diferentes materias para coñecerse o nivel de
partida e apreciarse despois o proceso logrado.
Por cada trimestre, serán valorados os dous exames por materia incluída no
ámbito lingüístico e social, así como as redaccións, resumos, comentarios, exercicios
lingüísticos e mapas entregados ao longo do desenvolvemento dos diferentes temas.
Contarán tamén na nota trimestral intervencións orais na clase, non soamente
referidas á materia teórica.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN DE DIVERSIFICACIÓN 3º ESO
Na avaliación dos alumnos de 3º de Diversificación no Ámbito Lingüístico e
Social teranse en conta os seguintes criterios:
-Utilización no ámbito oral do galego e do castean en diferente tipo de rexistros.
-Superación das cuestións contidas nos exames trimestrais ou nas súas correspondentes
recuperacións.
-Lectura fluída de textos literarios e xornalísticos nas dúas linguas.
-Elaboración de diferentes traballos asignados na clase.
-Resolución de cuestionarios de lectura das 2 obras de lectura obrigatoria tanto en
literatura galega como castelá.
-Emprego do galego e do castelán na elaboración de redaccións, resumos, cuestionarios,
comentarios...
-manexo de diferentes fontes de información: dicionarios, enciclopedias, atlas, internet,
audio-visuais...
-Tamén terá sido en conta na nota trimestral o nivel de participación na clase, así como
o comportamento cívico, educado e respectuoso mantido tanto cos compañeiros como
co docente ou co conxunto da comunidade educativa, coa observación das normas do
Centro.
LINGUA E LITERATURA GALEGAS. CUARTO CURSO DE E.S.O.
No presente curso existen tres grupos de 4º de E.S.O. dentro do seminario de
galego.
En primeiro lugar, cómpre que o profesorado do Centro realice unha análise
aproximativa do nivel educativo que, en relación coa materia, trae o alumnado.
OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA
Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a
comunicación e a comprensión de coñecementos.
Utilizar a lingua galega para a comprensión e para a elaboración de informacións
orais e escritas.
Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias
históricas da súa evolución.
Coñecer as variadas linguaxes dos medios de comunicación de masas.
Valorar as distintas variedades xeográficas do galego.
Identificar os mecanismos da lingua nos planos fonético-fonolóxico,
morfosintáctico, léxico-semántico e textual.
Recoñecer os elementos que caracterizan un texto literario e as principais obras,
autores e períodos máis significativos da literatura galega do século XX.
Ler con fluidez, comprensión e actitude crítica, apreciando a literatura galega
como patrimonio cultural e de creación persoal.
Respectar as regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a
comunicación lingüística en todos os seus niveis e rexistros.
Respectar a lingua do interlocutor e rexeitar criticamente expresións e actitudes
que supoñan prexuízos lingüísticos ou doutra índole.
Valorar criticamente os factores políticos, económicos e sociolingüísticos que
condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.
Valorar a lingua galega como manifestación cultural colectiva, comprendendo os
esforzos individuais, colectivos e institucionais a favor da normalización lingüística.
Coñecer criticamente os medios de comunicación de masas e as tecnoloxías
emerxentes a partir do coñecemento progresivo das súas linguaxes, medios e sistemas.
Lograr alto nivel de uso expresivo e comunicacional oral e escrito da lingua.
Interesarse pola lectura como fonte de satisfacción persoal, de coñecemento, de
información e de articulación do eu persoal.
Interesarse por expresar as propias ideas, sentimentos e fantasías mediante
diferentes formas literarias.
Acadar un comportamento participativo e cívico, maduro e responsábel en
función da idade, respectando as normas básicas de conduta tanto en relación cos
compañeiros e o profesor, como co conxunto da comunidade educativa.
OBXECTIVOS MÍNIMOS. 4º DE ESO
-Saber utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento para a comprensión,
análise e organización de feitos e coñecementos de calquera tipo.
-Amosar unha correcta e coherente expresión oral, tanto nun rexistro coloquial
como culto.
-Ser capaz de ler con fluidez, soltura e correcta entoación calquera tipo de texto.
-Acadar os niveis de lectura comprensiva propios da súa idade
-Posuír un repertorio amplo de conceptos básicos de crítica e esexese literaria.
-Ser capaz de crear textos escritos con corrección gramatical e dominio léxico.
-Evidenciar a capacidade expositiva e argumentativa propia da súa idade
-Saber distinguir o rexistro, a expresión e o léxico adecuado para cada situación
comunicativa.
-Coñecer os elementos formais e os mecanismos da lingua nos planos
fonolóxico, morfo-sintáctico, léxico-semántico e textual.
-Analizar fundamentada e criticamente os distintos usos sociais das linguas,
evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas, racistas,
sexistas...)
-Amosar un comportamento participativo e cívico, educado e responsable cos
compañeiros, o profesor e o conxunto da comunidade educativa
OBXECTIVOS MÍNIMOS DA ETAPA
O alumno deberá amosar a súa capacidade de traballo e o seu esforzo individual,
así como a adquisición de hábitos de traballo e de estudio.
Amosará posuír unha correcta e coherente expresión oral, tanto nun rexistro
coloquial como con carácter culto.
Será capaz de ler con fluidez, soltura e correcta entoación calquera tipo de texto,
nos máis variados rexistros, así como posuír a comprensión e actitude crítica necesarias
fronte aos textos, acadando a consideración da lectura como fonte de pracer, ampliación
de experiencias, coñecemento do patrimonio cultural e como estímulo para unha vida de
óptima formación e incluso de creatividade textual propia.
Demostrará capacidade de traballo tanto individual como en grupo, amosando
iniciativa e responsabilidade.
Posuirá un repertorio amplo de conceptos básicos de crítica e esexese literaria,
susceptibles de seren aplicados a todo tipo de niveis e rexistros estéticos, estilísticos,
expresivos, lingüísticos...
Será capaz de crear textos escritos con corrección gramatical, riqueza léxica,
intentando acadar o seu estilo persoal.
Debe ter capacidade para distinguir o rexistro, a expresión e o léxico adecuado e
harmónico para cada situación comunicativa, dentro da súa infinita variedade.
Deberá coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os mecanismos da
lingua nos seus planos fonolóxico, morfo-sintáctico, léxico-semántico e textual e sobre
as condicións de producción e recepción de mensaxes no contexto social de
comunicación, co fin de desenvolve-la capacidade para regula-las propias produccións
lingüísticas.
Saber utilizar a linguaxe oral e escrita como instrumento para a comprensión,
análise e organización de feitos e coñecementos de calquera tipo.
Valorar e estimar as dúas linguas oficiais da nosa Comunidade, comprendendo
as circunstancias que condicionaron a súa evolución e o seu uso, e afirmando a lingua
galega como propia de Galicia.
Analizar e xulgar, fundamentada e criticamente, os diferentes usos sociais das
linguas, evitando os estereotipos que supoñen xuízos de valor e prexuízos (clasistas,
racistas, sexistas..) a través do recoñecemento do posible contido ideolóxico da
linguaxe.
Coñecer, analizar e interpretar as linguaxes específicas e as funcións sociais dos
medios de comunicación, así como o seu poder na orientación da opinión pública e os
intereses que poden representar.
Ha de ter un comportamento respectuoso e responsábel, amosando valores
cívicos e de carácter pro-social (tolerencia, respecto, diálogo, alteridade...) co conxunto
da comunidade educativa.
MATERIAIS
-Libro de texto de 4º (Edicións Xerais)
-Tres libros de lectura obrigatoria (un por avaliación)
-Antoloxía obrigatoria de textos dos autores do temario (prosa, verso, teatro, prensa...)
que lle marcará o docente
-Antoloxía de textos teóricos de apoio
-Exercicios de práctica lingüística
-Apuntes dados polo profesor
-Apoio con obras artísticas, manifestos e textos internacionais (tema das vangardas)
-Apoio con textos de literatura comparada, procedentes de diversas tradicións literarias
-Vídeos de carácter biográfico sobre autores do temario (O. Pedraio, A. R. Castelao, C.
E. Ferreiro, A. Cunqueiro) ou sobre as vangardas
-Gravacións: de Paco Ibáñez, Amancio Prada, Voces Ceibes...
-Gravacións dos textos lidos polos seus propios autores
-Películas ou filmacións relacionadas co temario ou de literatura comparada
-Materiais pertinentes doadamente accesibles na Rede
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-1ª avaliación: 3 temas
-2ª avaliación: 3 temas
-3ª avaliación: 3 temas
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Exercicios de práctica e dominio lingüístico
-Coñecementos teóricos de Historia da Literatura (Movementos, autores...) e de
Socioloxía, relacionados co temario
-Comentario de textos literarios, incluíndo un pertinente coñecemento da Estilística
-Preguntas relativas aos libros de lectura obrigatoria
-Corrección ortográfica
-Corrección e madureza na caligrafía e na presentación
-Dominio e fluidez de lectura oral e silenciosa
-Exercicios de lectura comprensiva
-Actitude participativa, cívica, educada e responsable
CRITERIOS DE AVALIACIÓN (4º de DE E.S.O.)
ASPECTOS PREVIOS
Dado que a avaliación neste curso pode supoñer a realización ou non da
promoción de etapa, considérase nel especialmente a avaliación como un proceso
continuo e cunha orientación tanto formativa (máis estritamente cognitiva) como
educativa (actitude, comportamento, valores... do alumno).
Terase en conta o punto de partida de cada un dos alumnos (avaliación inicial)
para poder avaliar con xustiza as súas aprendizaxes posteriores.
A importancia de avaliar as actitudes, prestándolles unha atención especial ás
derivadas da influenza da situación sociolingüística do noso país.
Por outra parte, cómpre sinalar que os criterios de 4º de ESO deben ser en boa
parte unha revisión ampliada dos do curso anterior. Así mesmo, o carácter de curso
derradeiro da etapa obrigatoria que ten este nivel, implica considerar estes criterios
como un instrumento para avaliar todo o traballo realizado ao longo da etapa.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Coñecer os trazos principais que definen a actual situación sociolingüística de
Galicia, identificar as causas que condicionan os usos lingüísticos na nosa sociedade e
comprender as dificultades que existen para acadar a normalización social da lingua.
Coñecer os feitos e etapas máis relevantes na evolución histórica da lingua, para
mellor comprender a situación actual.
Identificar as principais variantes dialectais da lingua fronte á lingua estándar.
Identificar as principais interferencias lingüísticas derivadas do contacto de
linguas (co castelán, fundamentalmente) e utilizar as formas correctas en cada caso.
Identificar os principais tipos de textos, recoñecendo a intencionalidade
comunicativa subxacente.
Recoñecer os diferentes niveis da lingua.
Comprender o sentido dun texto escrito, analizar criticamente os seus contidos, e
ser capaz de dar unha opinión persoal e argumentada sobre o sentido do texto.
Saber expresarse oralmente todo tipo de mensaxes, con fluidez e claridade,
dominando os recursos expresivos, verbais e non verbais.
Capacidade de crear todo tipo de texto escrito, dentro do seu nivel de idade.
Saber expoñer oralmente un tema dado, axustándose a un guión previo, con
coherencia informativa e argumentativa.
Elaborar variados tipos de textos escritos (cartas, resumos, descricións...)
Amosar un dominio do vocabulario propio da idade.
Manexar correctamente nos textos escritos as normas ortográficas,
morfosintácticas e léxicas.
Analizar o funcionamento dos elementos lingüísticos nos niveis textuais,
morfosintáctico e léxico.
Ler en voz alta, con corrección e fluidez, diferentes tipos de textos.
Ter afección pola lectura de textos literarios en galego, como fonte de pracer, vía
de coñecemento e de autocognición, cun nivel axeitado de lectura comprensiva.
Coñecer os feitos e movementos máis relevantes da historia da literatura do
século XX, así como os autores e obras que constitúen un referente fundamental.
Analizar un texto literario de calquera tipo, a nivel temático, estilístico,
estrutural e expresivo, sabendo atribuílo a un autor ou movemento determinado.
Producir textos de intención literaria, expresando as propias ideas e experiencias.
Identificar en textos orais e escritos de diferentes tipos e ámbitos de uso, aqueles
contidos, expresións e imaxes que leven aparellado algún tipo de discriminación sexual,
racial, social ou doutra índole.
Utilizar a lingua galega con fluidez e normalidade nos diferentes contextos
comunicativos.
Superar as probas de exame.
Facer os traballos marcados en clase.
Ler os libros sinalados polo profesor.
Manter un comportamento participativo, respectuoso, educado e responsable
tanto cos compañeiros e profesor, como co conxunto da comunidade escolar.
1º DE BACHARELATO. LINGUA E LITERATURA GALEGAS
No presente curso hai catro cursos de 1º de Bacharelato no I. E. S. Monelos.
OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA
Dominar a lingua galega.
Analizar e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo e os
antecedentes e factores que inflúen nel.
Participar de forma solidaria no desenvolvemento e na mellora do contorno
social.
Desenvolver a sensibilidade artística e literaria como fonte de formación e
arrequecemento cultural.
Acadar niveis avanzados de lectura oral, analítica e comprensiva de todo tipo de
textos.
Acadar madureza persoal, amosando un comportamento participativo, educado e
responsable, mantendo un comportamento cívico e cumprindo as normas de
convivencia non só cos compañeiros e o docente, senón co conxunto da comunidade
escolar.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA DE LINGUA E LITERATURA GALEGA
NO BACHARELATO
Afirmar a lingua galega como propia de Galicia comprendendo as circunstancias
que condicionaron a súa evolución e respecta-las dúas linguas oficiais da nosa
Comunidade.
Coñecer e analizar a realidade lingüística da nosa comunidade e de España, os
diferentes usos sociais e os fenómenos de contacto entre as distintas linguas,
recoñecendo o posible contido ideolóxico da linguaxe e superando os posibles prexuízos
relativos ás linguas e aos seus falantes.
Utilizar e valorar a lingua oral e escrita como instrumento eficaz para a
comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e
saberes de calquera tipo.
Comprender e analizar discursos orais e escritos procedentes de distintos
ámbitos (académico, intercambio social, medios de comunicación, etc.), atendendo ás
peculiaridades de cada un deles e analizando en cada caso os elementos e as funcións
que interveñen no proceso comunicativo.
Expresarse oralmente e por escrito mediante discursos adecuados ás situacións
de comunicación, respectando as normas lingüísticas e sociocomunicativas que regulan
o uso da lingua.
Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os distintos compoñentes da
lingua no seu plano fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual para
analizar e corrixir, a partir desta reflexión, as producións lingüísticas propias.
Interpretar e valorar as obras literarias, como manifestación da sensibilidade
artística, como conformación estética e moral do ser humano, como expresión da
identidade cultural dos pobos e como fonte de pracer e enriquecemento persoal.
Coñecer as características identificadoras das principais épocas da Literatura
Galega, así como dos autores e obras máis significativas, utilizando de forma crítica as
fontes bibliográficas e documentais adecuadas para o seu estudo.
-Acadar, por parte do alumno, un comportamento participativo, respectuoso,
educado e responsable, tanto en relación cos compañeiros, como co profesor e o
conxunto da comunidade educativa.
OBXECTIVOS XERAIS 1º BACHARELATO
-Afirmar a lingua galega como propia de Galicia comprendendo as circunstancias que
condicionaron a súa evolución e respectar as dúas linguas oficiais da nosa Comunidade.
-Coñecer e analizar a realidade lingüística da nosa comunidade e de España, os
diferentes usos sociais e os fenómenos de contacto entre as distintas linguas,
recoñecendo o posíbel contido ideolóxico da linguaxe e superando os posibles prexuízos
relativos ás linguas e ós seus falantes.
-Utilizar e valorar a lingua oral e escrita como instrumento eficaz para a comunicación
interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera
tipo.
-Comprender e analizar discursos orais e escritos procedentes de distintos ámbitos
(académico, intercambio social, medios de comunicación, etc.), atendendo ás
peculiaridades de cada un deles.
-Expresarse oralmente e por escrito mediante discursos adecuados ás situacións de
comunicación, respectando as normas lingüísticas e sociocomunicativas que regulan o
uso da lingua.
-Coñecer e reflexionar sobre os elementos formais e os distintos compoñentes da lingua
no seu plano fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual para analizar e
corrixir, a partir desta reflexión, as producións lingüísticas propias.
-Interpretar e valorar as obras literarias, como manifestación da sensibilidade artística
do ser humano, como expresión da identidade cultural dos pobos e como fonte de pracer
persoal.
-Coñecer as características identificadoras das principais épocas da Literatura Galega,
así como dos autores e obras máis significativas, utilizando de forma crítica as fontes
bibliográficas e documentais adecuadas para o seu estudo.
-Acadar, por parte do alumno, un comportamento participativo, respectuoso, educado e
responsable, tanto en relación cos compañeiros, como co profesor e o conxunto da
comunidade educativa.
OBXECTIVOS MÍNIMOS
- Utilizar con corrección ortográfica, sintáctica e retórica a lingua galega, oralmente e
por escrito, como instrumento para a comunicación interpersoal e para a comprensión,
análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.
- Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias
históricas que condicionaron a súa evolución.
- Capacidade de analizar a realidade sociolingüística de Galicia, interpretando
criticamente os factores que interveñen nela.
- Capacidade de analizar as linguaxes específicas dos medios de comunicación.
- Saber recoñecer e aplicar os principios fundamentais da gramática galega,
recoñecendo as distintas unidades da lingua, e as súas posibles combinacións, no plano
fónico-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.
- Coñecer as características das principais etapas da literatura galega desde a Idade
Media ata fins do século XIX, así como as características dos autores e das obras máis
significativas, utilizando de forma crítica as fontes documentais para o seu estudo.
- Ter alta capacidade de lectura oral, de lectura comprensiva e de comentario literario,
estilístico e textual das obras máis representativas das diferentes épocas da literatura
galega, así como de calquera outro tipo de texto (ensaístico, científico, xornalístico,
documental, informativo...).
- Saber utilizar as TIC en relación cos contidos e materiais do presente curso.
- Respectar as normas, mantendo un comportamento participativo e cívico, educado e
responsable, amosando tamén actitudes de carácter tolerante, dialogante e prosocial.
COMPETENCIAS BÁSICAS DE 1º DE BACH
Competencia en comunicación lingüística
Adquisición de destrezas que permitan o uso pleno da lingua nun amplo abano
de contextos.
Competencia social e cidadá
Comprensión crítica da realidade, así como o coñecemento e exercicio dos
valores democráticos e dos dereitos civís.
Adquisición de destrezas para compartir e respectar saberes e referencias
culturais.
Mellora na práctica de normas sociais de convivencia e no emprego da
negociación para chegar a acordos e á realización de proxectos en común.
Competencia no tratamento da información dixital
Utilización de ferramentas en soportes variados para mellorar as habilidades de
obtención de información: dicionarios, correctores ortográficos, enciclopedias,
xornais dixitais, bibliotecas virtuais, catálogos de publicacións, blogs, revistas e
institucións culturais...
Adquisición dos coñecementos axeitados para seleccionar, analizar criticamente,
organizar, relacionar e sintetizar a información co fin de transformala en
coñecemento.
Capacidade de realización de traballos (redacción, deseño gráfico, ilustración...)
en formato dixital.
Competencia cultural e artística
Creación, comprensión, apreciación e valoración con criterio de todo tipo de
manifestacións artísticas.
Coñecemento e valoración da diversidade lingüística e a expresividade popular
da fala como unha riqueza cultural.
Capacidade de percepción estética de toda obra de creación. Creación de gusto e
criterios propios.
Competencia para aprender a aprender
Perfeccionamento da lectura, tanto oral como comprensiva.
Organización das ideas mediante resumos, esquemas, mapas conceptuais...
Interpretación correcta das informacións lingüísticas dos dicionarios.
Valoración da lectura e a escrita como fontes de enriquecemento propio.
Capacidade de auto-reflexión para de analizar o propio proceso cognitivo,
detectando as carencias e potenciando as destrezas persoais.
Autonomía e iniciativa persoal
Intervención en situacións de comunicación reais ou simuladas.
Participación en obradoiros de escrita.
Lectura de obras literarias que estimulen a imaxinación e fomenten a
creatividade.
Uso, de xeito progresivamente autónomo, dos medios de comunicación social,
das tecnoloxías da información e da comunicación e da biblioteca para manter
unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas.
Localización e selección da información.
Utilización da linguaxe como ferramenta para analizar problemas, elaborar plans
e tomar decisións.
Capacidade de traballar en equipo, mantendo os criterios da propia
personalidade.
MATERIAIS
-Libro de texto de 1º Bacharelato (Edicións Xerais)
-Tres libros de lectura obrigatoria (un por avaliación)
-Antoloxía obrigatoria de textos de apoio:
-Exercicios de carácter lingüístico
-Cantigas medievais
-Autores do temario (narrativa, poesía, teatro, ensaio...)
-Creacións xornalísticas variadas
-Textos de carácter ensaístico (antropolóxicos, históricos, lingüísticos...)
-Exercicios e actividades a realizar en clase, sinalados polo profesor
-Contidos teóricos ampliados polo docente
-Edicións facsimilares de Cancioneiros medievais
-Edición facsímile do Álbum de la Caridad
-Vídeos para a presentación da lectura de Manuel Rivas (O lapis do carpinteiro)
-Materiais variados de carácter documental sobre os diversos períodos históricos
-Materiais de literatura comparada
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-1ª avaliación: 6 temas
-2ª avaliación: 7 temas
-3ª avaliación: 7 temas
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Exercicios de práctica e dominio lingüístico
-Coñecementos teóricos de Historia da Literatura (movementos, autores, libros...)
-Comentario lingüístico e estilístico dun texto literario
-Preguntas relativas aos libros de lectura obrigatoria
-Corrección ortográfica
-Corrección na caligrafía e na presentación
-Dominio e fluidez de lectura oral e silenciosa, así como da lectura comprensiva
-Comportamento participativo e cívico, educado e responsable
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Analizar criticamente as circunstancias que condicionaron a evolución, o uso e a
realidade actual da nosa lingua.
Analizar, en textos de distinto tipo, as variedades lingüísticas que se manifestan
neles, así como as valoracións e actitudes sociolingüísticas implícitas.
Comprender e valorar discursos de distinto tipo, identificando a situación de
comunicación en que se producen e a intención comunicativa.
Producir textos escritos de distinto tipo -exposicións, argumentacións,
redaccións, artigos...- dotados de coherencia e corrección e adecuados á situación de
comunicación.
Participar en debates acerca de temas de actualidade, de ámbito académico e dos
contidos dos bloques, valorando as súas contribucións para a comprensión crítica dos
mesmos e das mensaxes dos medios de comunicación.
Utilizar a reflexión sobre a lingua nos seus planos fónico, morfosintáctico,
léxico-semántico e textual así como os conceptos e os procedementos lingüísticos
básicos adecuados para a comprensión e a produción de textos (segmentación,
conmutación, clasificación, análise, etc.).
Establecer relacións entre unha obra representativa dun autor ou dunha época co
contexto sociocultural no que se produciu.
Interpretar textos e obras literarias tendo en conta a estrutura da forma literaria á
que pertence e a técnica empregada.
Superar as probas de exame.
Facer os traballos marcados en clase.
Ler os libros sinalados polo profesor.
Manter un comportamento participativo e respectuoso, educado e responsable.
LINGUA E LITERATURA GALEGA. 2º DE BACHARELATO
No presente curso hai catro grupos de 2º de Bacharelato no I. E. S. Monelos.
OBXECTIVOS
-Utilizar a lingua galega, oralmente e por escrito, como instrumento para a
comunicación interpersoal e para a comprensión, análise e organización de feitos e
saberes de calquera tipo.
-Utilizar a lingua galega para a comprensión, e para a elaboración, de informacións
orais e escritas, atendendo ás características formais de cada unha delas.
-Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias
históricas que condicionaron a súa evolución.
-Analizar a realidade sociolingüística de Galicia, interpretando criticamente os factores
que interveñen nela.
-Analizar as linguaxes específicas dos medios de comunicación e utilizar as seccións e
os programas en galego para mellorar as propias producións.
-Aplicar os principios fundamentais da gramática galega, recoñecendo as distintas
unidades da lingua, e as súas posibles combinacións, no plano fónico-fonolóxico,
morfosintáctico, léxico-semántico e textual.
-Coñecer as características das principais etapas da literatura galega, así como dos
autores e das obras máis significativas, utilizando de forma crítica as fontes
documentais para o seu estudo.
-Ler e comentar as obras máis representativas das diferentes épocas da literatura galega,
como fonte de pracer persoal e como manifestación artística do ser humano nun ámbito
cultural concreto.
-Respectar as regras de coherencia, propiedade e corrección que facilitan a
comunicación lingüística.
-Respectar a lingua do interlocutor e rexeitar criticamente expresións que supoñan
prexuízos lingüísticos ou de calquera outra índole.
-Valorar da lingua galega como manifestación cultural colectiva e considerar
positivamente os esforzos a favor da normalización lingüística.
-Valorar criticamente os factores políticos, económicos e sociolingüísticos que
condicionaron a evolución da lingua e da literatura galegas.
-Valorar os medios de comunicación de masas e as tecnoloxías emerxentes na sociedade
actual a partir do coñecemento das súas linguaxes específicas.
-Interesarse pola lectura de obras literarias de diferentes xéneros e épocas.
-Dominar a lectura oral, acadando a lectura comprensiva de todo tipo de textos.
-Respectar as normas básicas de conduta e convivencia, mantendo un comportamento
participativo e cívico, educado e responsable, así como amosando valores de respecto,
tolerancia e actitudes prosociais.
OBXECTIVOS MÍNIMOS
- Utilizar con corrección ortográfica, sintáctica e retórica a lingua galega, tanto
oralmente como por escrito, en canto que instrumento para a comunicación interpersoal
e para a comprensión, análise e organización de feitos e saberes de calquera tipo.
- Valorar a lingua galega como propia de Galicia, comprendendo as circunstancias
históricas que condicionaron a súa evolución.
- Capacidade de analizar a realidade sociolingüística de Galicia, interpretando
criticamente os factores que interveñen nela.
- Capacidade de analizar as linguaxes específicas dos medios de comunicación.
- Saber recoñecer e aplicar os principios fundamentais da gramática galega,
recoñecendo as distintas unidades da lingua, e as súas posibles combinacións, no plano
fónico-fonolóxico, morfosintáctico, léxico-semántico e textual.
- Coñecer as características das etapas, movementos e tendencias da literatura galega do
século XX, así como as características dos autores e das obras máis significativas,
utilizando de forma crítica as máis variadas fontes documentais para o seu estudo.
- Ter alta capacidade de lectura oral, de lectura comprensiva e de comentario literario,
estilístico e textual das obras máis representativas do século XX da literatura galega, así
como de calquera outro tipo de texto (ensaístico, científico, xornalístico, documental,
informativo, con elementos infográficos...).
- Saber utilizar as TIC en relación cos contidos e materiais do presente curso.
- Respectar as normas, mantendo un comportamento participativo e cívico, educado e
responsable tanto cos compañeiros e os docentes, como co conxunto da comunidade
escolar.
COMPETENCIAS BÁSICAS DE 2º DE BACHARELATO
Competencia en comunicación lingüística
Adquisición de destrezas que permitan o uso pleno e maduro da lingua nun
amplo abano de contextos, tanto oral como escrito.
Competencia social e cidadá
Comprensión crítica da realidade, así como o coñecemento e exercicio dos
valores democráticos e dos dereitos civís.
Adquisición de destrezas para compartir e respectar saberes e referencias
culturais.
Mellora na práctica de normas sociais de convivencia e no emprego da
negociación para chegar a acordos.
Capacidade de traballar en equipo, achegando ideas e mantendo criterios
propios.
Competencia no tratamento da información dixital
Utilización de ferramentas en soportes variados para mellorar as habilidades de
obtención de información: dicionarios, correctores ortográficos, enciclopedias,
xornais dixitais, bibliotecas virtuais, catálogos de publicacións, blogs, páxinas de
institucións culturais, revistas culturais...
Adquisición dos coñecementos axeitados para seleccionar, analizar criticamente,
organizar, relacionar e sintetizar a información co fin de transformala en
coñecemento.
Capacidade para realizar traballos en formato dixital, incluíndo o texto, mais
tamén a súa presentación (deseño gráfico, ilustracións...)
Competencia cultural e artística
Creación, comprensión, apreciación e valoración con criterio de todo tipo de
manifestacións artísticas.
Coñecemento e valoración da diversidade lingüística e a expresividade popular
da fala como unha riqueza cultural.
Posesión de percepcións e criterios estéticos propios.
Competencia para aprender a aprender
Perfeccionamento da lectura comprensiva.
Organización das ideas mediante resumos e esquemas.
Interpretación correcta das informacións lingüísticas dos dicionarios.
Valoración da lectura e a escrita como fontes de enriquecemento propio.
Adquisición da paixón e o goce polo coñecemento.
Autonomía e iniciativa persoal
Intervención en situacións de comunicación reais ou simuladas.
Participación en obradoiros de escrita.
Lectura de obras literarias que estimulen a imaxinación e fomenten a
creatividade.
Uso, de xeito progresivamente autónomo, dos medios de comunicación social,
das tecnoloxías da información e da comunicación e da biblioteca para manter
unha actitude crítica ante as mensaxes recibidas.
Localización e selección da información.
Utilización da linguaxe como ferramenta para analizar problemas, elaborar plans
e tomar decisións.
PROCEDEMENTO DE ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
O procedemento de acreditación de coñecementos previos cobra especial
relevancia en 2º de Bacharelato, debido á súa condición de curso chave para acceder ao
exame da Selectividade. De aí a necesidade de establecer un procedemento para analizar
a situación real dos coñecementos e competencias posuídos polo alumnado ao comezo
do curso escolar.
Neste sentido, realizarase unha proba de acreditación de exposición, dominio e
competencia lingüística que abranga tanto a dimensión oral como a práctica escrita.
Asemade, un breve cuestionario analizará os coñecementos previos do alumnado
tanto no aspecto socio-lingüístico como no apartado da literatura galega do século XX.
A sondaxe realizada polo profesor abranguerá tamén a competencia lectora,
tanto a nivel oral como de lectura comprensiva.
MATERIAIS
-Libro de texto de 2º (Edicións Xerais)
-Libro de texto de 1º para o repaso de Fonética, Morfoloxía, Semántica e Lexicoloxía
-Comentarios lingüísticos e literarios
-Exercicios de lingua confeccionados pola profesora
-Música folk, con poemas musicados de poetas do século XX
-Exames de avaliación
-Controis de repaso
-Apuntamentos ditados pola profesora
-Dicionarios e outros libros de consulta
-Lectura de textos e obras dos autores estudados
-Un libro de lectura obrigatoria: Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega,
escolma de contos de autores do século XX, dividido en tres partes, unha
por avaliación
-Vídeo: Contos de lobos, unha recompilación audiovisual de contos de Ánxel Fole
-Lecturas recomendadas.
-Comportamento participativo e cívico, educado e responsable
TEMPORALIZACIÓN ESTIMADA
-1º trimestre: Literatura do século XX
-2º trimestre: Sociolingüística e repaso
-3º trimestre: Repaso e preparación das PAU
INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
-Exames
-Controis
-Libro de lectura obrigatoria
-Comentarios e exercicios, como traballo na clase ou na casa
-Informes de libros de lectura voluntarios e de visitas a exposicións
-Nivel de lectura e de expresión oral e escrita
-Para aprobar a avaliación ou o curso é obrigatorio ter realizado e aprobado os controis
de libro de lectura e os traballos especiais que se encomenden, como visita e informe de
exposicións que contemplen aspectos do programa
-Comportamento participativo e cívico, educado e responsable por parte do alumno
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
-Utilizar a lingua galega para comunicarse con corrección, oralmente e por escrito, con
propiedade léxica, morfolóxica e sintáctica.
-Coñecer a evolución histórica da lingua galega e comprender criticamente as
circunstancias que condicionaron o seu uso.
-Analizar as actitudes psicolingüísticas e sociolingüísticas, a partir de situacións de
comunicación concretas.
-Elaborar información e coñecemento a partir dos medios de comunicación de masas,
diferenciando as características das seccións e dos programas e prestando atención ás
súas linguaxes específicas.
-Coñecer os conceptos teóricos e os procedementos lingüísticos propios da gramática
galega.
-Recoñecer as diferentes unidades da lingua, as súas combinacións e a relación entre
elas e os seus significados.
-Desenvolver un tema, oralmente e por escrito, de forma coherente e ordenada.
-Producir textos (narracións, descricións, exposicións, argumentacións, instrucións,
etc.), con diferente nivel de formalización e variedade de contidos (científicos,
humanísticos, literarios...).
-Utilizar con propiedade e competencia o léxico galego (común e específico), a partir de
contextos significativos.
-Coñecer os autores e comentar as obras máis representativas da literatura galega dos
séculos XX e XXI, establecendo relacións entre os textos e o contexto histórico, social,
estético e cultural en que foron creados.
-Interpretar e valorar as obras da literatura galega como contribucións culturais
decisivas dunha comunidade diferenciada e como modelos de lingua.
-Superar as probas de exame.
-Facer os traballos marcados en clase.
-Ler os libros sinalados polo profesor.
-Manter un comportamento participativo e respectuoso, educado e responsable.
PROMOCIÓN DO ALUMNADO
Os criterios xerais nos que se baseará o Seminario de Lingua Galega á hora de
considerar a madureza académica dun alumno en relación cos obxectivos globais da
etapa e as posibilidades de progreso, son os mesmos que se sinalan nos obxectivos
xerais e concretos dos cursos e das etapas escolares. No caso de non se cumpriren as
actitudes comportamentais canto a participación, civismo, educación e respecto; no de
non seren adquiridos os contidos teóricos e prácticos básicos; ou de non se ter acadado
unha maduración integral do alumno como persoa, o Seminario considerará inviábel a
promoción do alumno, no que respecta ás materias impartidas no Seminario de Lingua e
Literatura Galegas.
MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
É obvio que a escolarización ata os dezaseis anos incidiu nun grande crecemento
da problemática escolar e da esixencia educativa sobre os profesores, debido ao acceso
de toda unha inmensa variedade social, cultural e lingüística aos centros. Con, incluso,
alumnos con graves carencias sociais, instrutivas, afectivas ou doutra índole, cando non
problemas de posible discapacidade.
Isto implica unha atención concreta ao alumnado, sobre todo ao que arrastra
determinadas carencias persoais, sociais ou escolares. No I. E. S. Monelos, no
Seminario de Galego, este alumnado vén sendo atendido, tradicionalmente, de forma
achegada e específica.
As medidas de atención varían en cada caso, segundo nivel ou curso, materia,
alumno e problemática.
As medidas serán de tipo afectivo, moral e social nos casos que así o demanden,
coa achega, apoio e estímulo do profesor en estreita conexión tanto coa titoría
correspondente como coa Psicóloga do centro. Cando sexan de motivación, requerirán
en cada caso a atención específica en función das causas que suscitan a ausencia de
actitude e interese. No caso de carencias instrutivas, metodolóxicas, comportamentais
ou actitudinais, o alumnado recibirá a atención pertinente en cada caso.
No aspecto instrutivo, o profesor poderá poñer exercicios complementarios, ou
lecturas, ou mesmo algún libro a maiores, ou consulta de determinados materiais ou
fontes de información, en caso de consideralos indicados, facendo o seguemento
puntual e a avaliación correcta e axustada.
No aspecto da autocognición, é dicir, da reflexión sobre o nivel de
autocoñecemento e autoaprendizaxe de cada escolar en particular, a atención tamén ten
que ser concreta, puntual.
Na atención á diversidade o Seminario realiza unha estreita colaboración de todo
tipo, co intercambio de información incluída, cos titores respectivos, así como co
Gabinete de Orientación Escolar, no caso de precisárense axudas ou achegas especiais,
así como determinados apoios psicolóxicos, afectivos ou de calquera outra natureza.
Nos casos en que a problemática do escolar o esixa, o profesor informará
directamente as familias ou tratará de realizar algunha conversa puntual, pois moitos
dos problemas de atención á diversidade esixen unha especificidade substancial.
ALUMNOS PENDENTES
====================
PROGRAMA DE REFORZO PARA ALUMNOS CON PENDENTES
O Seminario de Galego do I. E. S. Monelos veu sempre caracterizándose por
dispoñer dun número sumamente reducido, practicamente testemuñal, de alumnos
pendentes, dándose raramente o caso de o alumno pendente arrastrar en exclusiva esta
materia.
De haber alumnos coa materia pendente do ano anterior, tanto na Eso coma no
Bacharelato, o seminario realizará o seguimento, tal como veu facendo sempre, de
maneira puntual por parte dos profesores que lles imparten a materia de Lingua Galega
no presente ano.
O seu seguimento irase realizando ao longo de todo o curso, con controis
periódicos por parte do profesor. Desta maneira, a observación da evolución do escolar
na materia será realizada de forma personalizada.
Ao longo do curso, o profesor irá poñendo ao alumno unha serie de exercicios e
probas, así como lecturas, no caso de consideralo pertinente, que lle haberán de ser
puntualmente entregadas por este para o seu control. Así mesmo, o profesor realizará, se
o considera indicado, diversas probas de avaliación para completar o seu rendemento
académico. Haberá tamén un exame final a fin de curso. É decisivo ter en conta –feito
non infrecuente nun certo sector deste tipo de alumnado- que, de non presentar o
alumno os traballos e probas de diversa índole demandadas polo profesor ao longo do
ano, a cualificación final será insuficiente.
No apartado específico da Lingua tanto na Eso coma no Bacharelato, terase en
conta, á hora de cualificar a materia pendente, a evolución realizada polo alumno ao
longo do curso no que se encontra matriculado na actualidade, por constituír a da
Lingua unha aprendizaxe progresiva, construtiva e gradativa.
No aspecto da Literatura, normalmente este último aspecto cambia, ao menos
nunha certa porcentaxe, debido ao cambio de temario e á non acumulación progresiva
de certos contidos, polo que demandará unha atención específica.
Por tanto, nos plans de traballo a realizar o seminario para a superación das
materias pendentes, teranse en conta os seguintes criterios:
-Esixiranse os contidos rexistrados no temario da materia pendente
-Poderase facer algún reforzo, se se considera necesario, a algún ou ao total dos
alumnos pendentes
-Realizaranse as actividades de traballos ao longo do curso e de avaliación
anteriormente sinaladas.
-Os criterios á hora de superarse a avaliación continua son os mesmos que os
fixados para os distintos cursos escolares.
PROMOCIÓN ALUMNOS PENDENTES
No caso de non realizar os traballos sinalados polo docente ao longo de todo o
curso escolar, o alumno non poderá promocionar a materia correspondente.
SEGUIMENTO DOS ALUMNOS CON EXENCIÓN
O seguimento, por parte do Seminario de Lingua e Literatura Galegas do IES
Monelos para os alumnos que teñan exención, desenvolverase en dous aspectos
fundamentais:
1) Análise pormenorizada de cada caso a nivel individual, coa atención escolar
axeitada que correspondese a cada caso.
2) Seguimento personalizado por cursos e niveis de adaptación e dificultade.
O Seminario, en primeiro lugar, analizará o caso de cada alumno de modo
individualizado, contemplando a súa procedencia xeográfica, cultural e lingüística, o
seu contorno familiar e social, as súas capacidades intelectuais, o seu asentamento
provisional ou definitivo en Galicia, así como o nivel dos seus coñecementos de galego,
se así fose o caso.
O seu seguimento será, pois, individualizado en cada caso e a cada momento da
súa traxectoria escolar, tratando de que, na asistencia obrigatoria e controlada á aula,
acade, nunha primeira fase, un nivel básico de comprensión oral, pasando, co tempo, e
sempre en función dos seus progresos, a un dominio da lingua falada e da escrita, no
caso de que o alumno vaia ser examinado nalgúns cursos durante o seu tempo de
permanencia no Instituto, ou na Selectividade ou por necesidades impostas por futuras
eleccións profesionais.
Polo tanto, ao longo de todo o período de exención, o alumno será obxectivo de
atención preferente por parte do profesorado dentro da súa liña evolutiva ao longo dos
sucesivos cursos escolares.
PROXECTO INTERDISCIPLINAR E TRANSVERSALIDADE
O Seminario de Galego colaborará, na medida das súas posibilidades e do seu
ámbito cognitivo e educativo, no proxecto de lograr que o alumnado, segundo
demandan as tendencias pedagóxicas máis conscientes e responsables do noso tempo,
aprenda a traballar de maneira interdisciplinar e cun carácter de transversalidade. Este
aspecto é decisivo nunha sociedade que demanda procedementos de “intelixencia
compartida” e de empatía social, tanto no traballo en equipo e de intercambio directo de
información ou coñecemento a nivel presencial como a distancia, a través das
mediacións tecnolóxicas e comunicacionais. Esta urxencia, progresiva e maioritaria, da
nosa sociedade e do mundo produtivo actual, debe inducir a que o alumno ou a alumna
se sintan a gusto traballando de maneira colectiva, democrática e colexiada. Debe
lograrse con sentido participativo, grupal e creativo, xa que a multiplicidade e
complexidade do mundo actual esixe a participación de puntos de vista multifocais e
multidisciplinares para a resolución das cuestións decisivas e básicas.
É evidente que a Lingua está presente en toda empresa ou labor humano, pois é a
ferramenta ancilar básica de acceso ao coñecemento, de aí que sexa decisiva a súa
presenza como chave instrumental básica de calquera proxecto persoal ou
interdisciplinar. A linguaxe é a arxila, a ferramenta básica da cultura, a pedra que
alicerza o coñecemento. Por iso debe estar presente en todo ámbito cognitivo ou social.
É transcendente para o alumnado, a consciencia da unidade da cultura dentro da
súa multiplicidade, complexidade e diversidade. De aí que a transversalidade deba
operar.
As disciplinas de Lingua e de Literatura teñen, para empezar, unha relación
básica esencial co conxunto das Letras ou Humanidades (Historia, Filosofía, Idiomas...)
así como coas Artes. Mais tamén coas Ciencias Sociais (Socioloxía, Psicoloxía,
Ciencias Políticas, Estudos históricos...) e a Ética. Mesmo non deixan de ter conexións
interesantes coas Ciencias Empíricas, Formais e Naturais no seu conxunto.
O profesorado do I.E.S. Monelos vén traballando desde sempre nesta actitude de
transversalidade, pois o coñecemento abrangue o conxunto da experiencia humana. Este
alento total, establecendo sinerxías entre as diversas disciplinas, é básico e substancial
de todo o proceso cognitivo. Sempre que o temario o suscite, o seminario de Lingua e
Literatura Galegas establecerás as correspondentes pontes no ámbito da
interdisciplinariedade e da transversalidade, tanto no ámbito dos contidos como dos
materiais escolares ou das técnicas e praxes metodolóxicas.
PROXECTO LECTOR
O Seminario de Galego colaborará tamén no Proxecto Lector do Centro. De
feito, xa viña desenvolvendo actividades relativas á adquisición lectora desde hai anos e
sempre se caracterizou pola súa preocupación e dedicación a esta praxe decisiva, que
alicerza de raíz a totalidade do proceso cognitivo e escolar.
Cumprirá ter en conta, para ese proxecto, a existencia dunha importante
biblioteca escolar no propio centro, que pode achegar extraordinarios recursos de
información, lectura e aprendizaxe, dinamizando a práctica lectora tanto como a vida
cultural do centro.
Será importante acadar altos niveis de lectura analítica e comprensiva en todo
tipo de soportes. Tanto na liña da tradición gutenberiana en soporte impreso, como nos
novos medios electrónicos e dixitais.
É decisivo acadar lectores e lectoras competentes en todo tipo de textos, xa que a
lectura é tecnoloxía punta para converter a Sociedade da Información nunha Sociedade
do Coñecemento.
O obxectivo é acadar non só altos niveis de lectura instrumental, relacionada
coas materias concretas, senón chegar ao logro do pracer pola lectura, a unha lectura
aberta e universal que posibilite o acceso do alumnado á inmensa complexidaade e
riqueza da realidade multicultural humana. Sen esguellar o logro, por parte do alumno,
dunha evidente, e sempre necesaria, competencia retórica e argumentativa a nivel oral e
escrito, así como a posible competencia literaria.
Será decisivo traballar a lectura de maneira non impositiva senón lúcida, lúdica e
creativa. O pracer dese proceso, así como a creación de modos de ritualización colectiva
da lectura, debido á perda da súa aura e da súa auctoritas entre certos sectores, pode ser
importante para acadar os obxectivos desexados. De aí a multiplicidade de estratexias
creativas e prácticas que convirá despregar.
O Seminario de Galego leva anos comprometido con este proceso do que agora
se sente unha maior necesidade, debido á alta inmersión horaria do alumnado en
ámbitos perceptivos relacionados coa percepción sinestésica e audiovisual. Así,
traballarase, como se vén facendo, con todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, publicitarios, gráficos, sexa en soporte impreso ou electrónico e estean ou
non acompañados de son, música ou imaxes.
Dentro do proxecto lector, vénse coordinando tradicionalmente coa Biblioteca
do centro, para detectar as necesidades de novos libros ou documentos dixitais, así
como para posibles labores de expurgo, sempre tan necesarias.
O seminario de Galego impartiu, o ano anterior, a nivel de 3º de Eso, unha
conferencia centrada na problemática e transcendencia da lectura na Sociedade da
Información e do Coñecemento aos alumnos deste nivel, incluíndo tamén alumnos de 4º
Eso, e achega, nos distintos niveis, diversos materiais de estímulo á lectura e de praxe e
exercicio lector.
O seminario introduce tamén a cualificación da lectura, tanto oral como a
comprensiva, e con carácter progresivo, no seu proceso de avaliación.
PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA
COMUNICACIÓN
En consecuencia coas reflexións dos apartados anteriores, o Seminario
colaborará tamén no traballo conxunto do Centro para lograr que as Tecnoloxías da
Información e da Comunicación se incorporen de xeito progresivo como un recurso
máis aos procesos de ensino-aprendizaxe, tratando de desprazar o eixe do labor
educativo desde a mera impartición á transcendencia progresiva da aprendizaxe e
autocognición por parte do alumnado . Este cambio metodolóxico vén demandado pola
adaptación a unha realidade social, comunicacional e produtiva nova, que demanda
unha resposta escolar a este cambio histórico de transcendencia radical en todos os
ámbitos.
Mais non só se traballará nese sentido, de progresivo uso das novas tecnoloxías
da información, do coñecemento e da comunicación, coa achega de materiais neses
soportes e a posible elaboración de traballos con eses medios, senón tamén en algo que
raramente se realiza nas aulas, mais os mellores expertos veñen demandado: a necesaria
crítica comunicacional e construtiva dos novos medios tecnolóxicos e da comunicación.
Algo así como unha “crítica da razón tecnolóxica”, para deslindar os aspectos
inmensamente creativos, potenciais e mesmo razoablemente lúdicos das novas
tecnoloxías, dos abusos e malos usos dos mesmos. Este aspecto, tan demandado por
sociólogos, comunicólogos e psicólogos, non pode ser marxinado nun ensino que
pretenda estar ao día tanto na dimensión científica e tecnolóxica como na súa praxe
humanística e de construción social, crítica e moral dos individuos, para acadar persoas
verdadeiramente emancipadas, de elevada autorreflexidade e cidadanía exemplar.
O que se intentará é, pois, a competencia dixital do alumno. Mais tamén a súa
visión crítica dos instrumentos, próteses e ferramentas que ten entre mans para acadar,
precisamente, un uso óptimo da multiplicidade de medios para acceder á información,
ao coñecemento e á cultura.
Será importante tamén, neste aspecto, acadar do alumnado unha capacidade de
navegación autónoma, de eficaz e veloz procura da Información, mais sobre todo de
elevado nivel crítico e reflexivo para a transformación desta última en Coñecemento
articulado, aplicable e creativo a unha sociedade que vén demandando a acción, a
creatividade e a asunción de elementos de cambio e risco como algúns elementos
decisivos para a acción persoal, vital e profesional no marco da Economía e a Sociedade
do Coñecemento.
O Seminario, neste sentido, xa comezou a elaborar e traballar con algúns temas
no ámbito das TIC: vangardas históricas, proxeccións e documentación paralelas en
temas artísticos, históricos e culturais, obra gráfico-artística de A. R. Castelao,
recepción crítica dos medios de comunicación, transcendencia e influencia
“pedagóxica” da publicidade, da moda e da propaganda.... realizados con elaboración
propia e en colaboración co grupo de normalización do Centro. Asemade, coa
información ao alumnado de páxinas web decisivas, tanto para acceso a dicionarios
dixitais como a enciclopedias, páxinas culturais, portais de institucións educativas,
culturais ou bibliotecarias, elementos infográficos, redes e actividades culturais
relacionadas coa materia, blogs...
Entre outros aspectos, e dentro desa achega de recursos didácticos en Internet, o
Seminario informará ao alumnado:
-Recomendación de determinadas páxinas Web sobre aspectos relacionados con
Galicia e a cultura galega en ámbitos como Lingua, Sociedade, Literatura, Teatro,
Música, Historia, Xeografía, Etnografía, Cómic...
-Achega de medios de comunicación e páxinas informativas de carácter dixital
-Acceso ao Arquivo Sonoro de Galicia
-Información e acceso sobre Blogaliza
-Información sobre Wikipedia en galego
-Dicionario da Real Academia Galega.
-Biblioteca Virtual Galega
-Biblioteca dixital de Galicia
-Biblioteca Virtual de Literatura Universal en galego
-Asociación de Escritores en Lingua galega
-Vieiros
-Galicia Encantada
-Recursos Informáticos en galego
-Consello da Cultura Galega
-Ciberlingua
-Mancomún
CRITERIOS PARA AVALIAR A PROPIA PROGRAMACIÓN
O Seminario de Galego do I. E. S. Monelos tende a realizar pequenos cambios
todos os anos, en función da evolución dos tempos e das novas demandas que a nosa
sociedade suscita tanto a nivel instrutivo, educativo e profesional como no plano moral,
espiritual, psíquico, emocional e de valores do alumnado.
Neste sentido, amosou sempre un alto nivel de autocrítica consigo mesmo, á
hora de tratar de detectar posibles desconexións entre o proceso docente, o de
aprendizaxe e a súa avaliación e promoción consecuente.
Neste sentido, evidenciou sempre un mínimo nivel de reclamacións de notas,
debido tanto ao seu axuste aos obxectivos esenciais do alumnado, canto á afinación das
programacións e, por tanto, dos mecanismos de avaliación.
Por outra parte, entende que entre o texto impreso, e toda declaración de
intencións apriorística e o difícil e sempre un tanto imprevisible exercicio da arte máis
que ciencia da educación, media unha longa distancia. Mais ese proceso de axuste se
produce cada ano, por parte de cada profesor, nas tan diversas aulas que se presentan,
así como na grande variedade de alumnado, progresivamente diversificado nos seus
problemas. De aí que manteña un certo grao de razoable e esixida flexibilidade entre o
horizonte proxectivo e teórico da programación e o día a día de cada curso, nivel,
alumno...
Por outra parte, cómpre lembrar que o ensino é un proceso lento. O coñecemento
demanda unha praxe lenta, de sedimentación e de secuencialidade, que non propician os
saltos no baleiro, os ludismos pseudoexperimentalistas nin as actividades
“espectaculares” que se poden producir noutros ámbitos.
OUTRAS ACTIVIDADES
====================
Ademais das actividades anteriormente mencionadas, este ano volverán
organizarse, dentro das absolutamente modestas posibilidades económicas e
organizativas do centro, algúns actos que poidan contribuír á formación integral da
persoa e á apertura de novos horizontes culturais, non sempre recollidos polos temarios
escolares, mais necesarios para unha cultura do alumno conectada coa rica e variada
problemática cultural do noso tempo, e máis nun contexto no que os pais, debido ás súas
ocupacións, á dificultade de conciliación entre a vida laboral e familiar ou outros
motivos, non acadan atender as necesidades culturais ou vivenciais dos rapaces.
Para o presente ano contémplanse algunhas das actividades realizadas con éxito
xa noutras ocasións, eliminándose algunhas, e introducindo outras novidades. Entre
elas, e á marxe dalgún posible cambio ao longo do curso escolar motivado por
imperativos concretos ou outro tipo de circunstancias, contémplase para este ano a
posibilidade de realización, como en anos anteriores, dalgunhas exposicións que
reforcen os aspectos pedagóxicos das materias impartidas polo seminario.
EXCURSIÓNS DE CARÁCTER CULTURAL E LITERARIO
Para o presente ano, o Seminario contempla a posibilidade de realizar dúas
excursións de carácter cultural e literario relacionadas coa propia materia. Elíxense só
dúas debido á necesidade doutros seminarios de realizar tamén actividades desta índole,
tendo en conta que os alumnos tampouco deben perder, nestas prácticas educativas, un
tempo excesivo.
A primeira das dúas excursións programadas que se ofertarán ao alumnado –que
serán dun día de duración en ambos casos- abranguerá a zona de Celanova, Vilanova
dos Infantes e Ourense, e estará relacionada coa obra de Curros Enríquez, Celso Emilio
Ferreiro, Xosé Luís Méndez Ferrín e os autores do ámbito ourensán. Asistirán os
alumnos de 1º de Bacharelato.
A segunda será á zona do Courel, e estará relacionada coa obra de Uxío
Novoneyra, para os alumnos de 4º de Eso.
TRABALLOS E EXPOSICIÓNS
O Seminario contempla tamén a realización dunha guía literaria polos espazos
narrativos que Manuel Rivas sitúa na zona da Coruña. Ademais do texto, realizarase
unha ambiciosa exposición co mesmo contido.
Realizarase tamén unha exposición sobre publicidade, moda e valores, en
colaboración co grupo de Normalización.
PRESENZA DE AUTORES
Preténdese tamén a participación dalgún escritor das obras de lectura obrigatoria
que elixe o centro anualmente, na medida da súa posíbel asistencia, para comentar as
súas obras e ter un encontro e debate cos alumnos sobre as mesmas.
Intentarase contratar, ou asistir, asemade, en colaboración co equipo de
Normalización, a algún tipo de actuación puntual, de carácter teatral, recitativo, lúdico
ou escénico.
Canto á visita de autores, debido á carencia de medios económicos para a súa
contratación, intentarase conseguir algún a través da difusión que fan as editoriais dos
seus autores.
PROXECCIÓNS
O Departamento ten tamén o criterio de realizar distintas proxeccións de
películas a través do vídeo, para reforzar os contidos dos temarios. Algunhas estarán
relacionadas coa materia, xeralmente con temas monográficos, e outras serán
proxeccións de filmes relacionados temática ou culturalmente con determinados
contidos das leccións, tal como se foi sinalando no apartado dos “materiais” das
distintas materias e niveis.
É intención do seminario, na medida do posíbel e das limitacións económicas, ir
continuando no Centro unha videoteca relacionada tanto coa materia propiamente dita
como co horizonte cultural galego en xeral. Para iso, alén da compra de cintas
comercializadas, procederase á gravación de cintas de vídeo a partir da TV ou doutros
medios.
Outras proxeccións que se pretende realizar, en vídeo, son as obras "Luís
Pimentel", "Celso Emilio Ferreiro", "As vangardas", "O pintor Luis Seoane", "A
xeración Nós", "Álvaro Cunqueiro", Fermín Bouza-Brey", Celso Emilio Ferreiro, Isaac
Díaz Pardo, Manuel María... publicadas pola Xunta de Galicia, a ASPG, doutras
institucións culturais, ou gravadas da TVG.
Así como a película Remando ao vento de Gonzalo Suárez, ou algunha outra
relacionada co movemento romántico.
CONCURSO LITERARIO
Como vén realizando tradicionalmente, o Seminario de Lingua e Literatura
Galegas, co apoio da equipa directiva da asociación de pais de alumnos, organiza un
concurso literario nas dúas especialidades, de poesía e prosa, apoiado polo Centro e a
Anpa, cumprindo uns obxectivos bastante idóneos. O xurado estivo composto, como en
ocasións anteriores, por profesores membros do seminario de Lingua e Literatura
Galegas. O fallo e entrega de premios realizouse nunha concorrida velada escolar,
presidida pola equipa directiva do centro, na que participaron todos os alumnos
premiados, habendo tamén actividades de recitado e intervencións musicais de alumnos
do Centro.
FONDO BIBLIOGRÁFICO
O Seminario pretende continuar e potenciar, na medida do posíbel, dadas as
limitacións de presuposto, a captación de fondos bibliográficos tanto para o
Departamento coma para a Biblioteca. Neste sentido, vénse ampliando o fondo
bibliográfico, modesta mais continuadamente, con achegas de editoriais, e algunha
institucional, ou a través da compra de determinadas publicacións sumamente
económicas de libros que acompañan ás veces as promocións da prensa diaria.
Aínda que podemos sinalar, neste sentido, as grandes carencias de dotación
económica que tanto o seminario coma o centro teñen para chegar a un fondo
bibliográfico idóneo. Neste sentido, non estaría de mais puntualizar que no ámbito da
Lingua e a Literatura Galegas son moito mais relevantes as carencias que se veñen
arrastrando, polo feito de seren materias máis recentes no mundo do ensino. Por iso,
ante a aparición de novas obras, nun mercado e unha oferta lingüística e literaria que
agora están a potenciarse, sería necesario posuír maiores cantidades para compra de
material. Mágoa é tamén, neste sentido, a restricción de fotocopias no centro, debido ao
exiguo presuposto dispoñíbel para as mesmas.
NORMALIZACIÓN DO GALEGO NO CENTRO
Para o presente ano, seguindo a orde do 24 de Xullo de 1991 pola que se regula a
organización das actividades docentes nos centros de ensino, seguirá a funcionar no
noso Instituto unha equipa dirixida por un profesor, que actuará de coordinador do
mesmo, dentro dunha dinámica que ten como finalidade a potenciación do uso do
galego no centro, así como a súa correcta utilización.
Como coordinadora desta actividade, traballará o presente ano a profesora do
Seminario de Lingua e Literatura Galegas, María Xosé Sánchez, que terá unha redución
de tres horas no seu horario lectivo para a realización dese acometido. Seguirá, entre
outras múltiples actividades, editando a revista escolar “O camiño do Corgo”, de moito
éxito entre os rapaces, creadores e colaboradores esenciais da publicación.
RESUMO DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES CULTURAIS
COMPLEMENTARIAS A REALIZAR:
Proxección material audio-visual de obra pictórica, humorismo gráfico e ilustración de
A. R. Castelao.
Proxección material gráfico e ilustrativo de documentos e manuscritos medievais.
Proxección audio-visual dos movementos das vangardas históricas do século XX.
Proxección material relacionado coa publicidade e a propaganda dos medios de
comunicación para a análise do seu código deontolóxico
Conferencia sobre a publicidade e a propaganda nos medios de comunicación
Conferencia sobre a transcendencia do libro e da lectura na Sociedade do Coñecemento.
Proxección en pantalla de documentación sobre o Modernismo.
Proxección de diversos vídeos e material audiovisual sobre autores do temario (século
XX)
Celebración do día das Letras galegas, cun concurso literario e entrega de premios en
poesía e narrativa aos alumnos gañadores.
Celebración de Recital Musical con alumnos, acompañados recitado de poemas.
Celebración de Recital poético, por parte de alumnos, en homenaxe a Uxío Novoneyra.
Proxeccións de fotos de O Caurel.
Análise de textos de Novoneyra, en conexión coas viaxes realizadas polos alumnos ao
Caurel.
Realización dunha exposición sobre a publicidade e a propaganda na sociedade actual
Charla sobre a publicidade
SEMINARIO DE GALEGO
LIBROS DE TEXTO
===============
CURSO 2012-2013
No apartado dos libros de texto, séguese a traballar cos libros de Edicións Xerais. A
edición a usar na clase será sempre a última. Isto é importante no presente ano, xa que
os libros de 2º da Eso e 4º da Eso sufrirán importantes modificacións.
1º ESO: “Lingua galega”. Ed. Xerais. Edición 2011. ISBN.978-84-9914-217-3
2º ESO: “Lingua galega”. Ed. Xerais. Edición 2008. ISBN-978-84-9914-359-0
3º DE E.S.O: "Lingua galega", Ed. Xerais. Edición 2011. ISBN-978-84-9914-218-0
4º ESO: "Lingua galega", Ed. Xerais. Edición 2012. ISBN-978-84-9914-378-1
1º BACHARELATO: "Lingua e literatura galega", Ed.. Xerais. Edición 2008. ISBN-
978-84-9782-745-4
2º BACHARELATO: “Lingua e literatura galega”. Ed. Xerais. Edición 2009. ISBN-
978-84-9782-971-7
Ademais disto, en temas puntuais recomendarase ao alumnado a posibilidade de
consultar obras sinaladas polo profesor en cada caso, ou facilitaranse fotocopias de
materiais e textos elaborados ou escollidos polo profesorado.
Usarase tamén o apoio de dicionarios e libros de consulta cando sexa necesario.
LIBROS DE LECTURA OBRIGADA PARA O PRESENTE CURSO
lº ESO.-
-“Matilda”. Roald Dahl. Ed. Alfaguara.
-“Charlie e a fábrica de chocolate”. Roald Dahl. Ed.. Xerais.
-“Manoliño Catrollos”. Elvira Lindo. Ed. Alfaguara.
Alternativas:
-“Rapazas”. Agustín Fernández Paz. Ed.. Xerais.
-Trece anos de Branca”. A. F. Paz. Ed. Xerais.
-“A casa da luz”. Xabier Docampo. Ed.. Xerais.
2º ESO.-
-“Bala perdida”. Manuel Rivas. Ed.Alfaguara.
-“Cos pés no aire”. Agustín Fernández Paz. Ed. Xerais.
-“A malvada María Xosé”. M. Vázquez Freire. Ed. Xerais.
Alternativas:
-Trece anos de Branca”. A. F. Paz. Ed. Xerais.
-“A casa da luz”. Xabier Docampo. Ed.. Xerais.
3º ESO.-
-"Vento ferido”, Carlos Casares. Ed. Galaxia.
-"Non hai misericordia". Xelís de Toro. Ed. Positivas.
-"Os vellos non deben de namorarse”. A. R. Castelao. Ed. Galaxia.
Alternativas para os repetidores:
-“Pel de lobo“. Xosé Miranda. Ed. Xerais.
-“Cousas”. A. R. Castelao. Ed. Galaxia.
DIVERSIFICACIÓN 3º ESO:
-"Non hai misericordia". Xelís de Toro. Ed. Positivas.
-“Os outros feirantes”. Álvaro Cunqueiro. Ed.. Galaxia
4º ESO:
-"Criminal”. Xurxo Borrazás. Ed. Sotelo Blanco.
- “Morning Star”. Xosé Miranda. Ed. Xerais.
-“¿Que me queres, amor?” Manuel Rivas. Ed. Xerais.
-“Todo o que queda é amor”. Agustín Fernández Paz. Ed.. Xerais.
Alternativas para os alumnos repetidores:
-“Pel de lobo“. Xosé Miranda. Ed. Xerais.
-“Non hai misericordia”. Xelís de Toro. Ed. Positivas
-“Os dous de sempre”. A. R. Castelao. Ed. Galaxia.
1º BACHARELATO:
-"O lapis do carpinteiro" ou “Un millón de vacas”, Manuel Rivas. Ed. Xerais.
-“Erros e Tánatos”. Gonzalo Navaza. Ed. Xerais
-“Mércores de cinza”. M.A. Murado. Ed. Galaxia
Alternativas para os alumnos repetidores:
-“Ruído”, Miguel Anxo Murado. Ed. Galaxia
-“Xente de aquí e acolá”. Álvaro Cunqueiro. Ed. Galaxia
-“Cousas”. A. R. Castelao. Ed. Galaxia
2º BACHARELATO (LINGUA):
-"Antoloxía da Literatura Fantástica en galego", Antón Risco, Editorial Galaxia.
Alternativas:
-"A sombra cazadora". Suso de Toro. Ed. Xerais.
-“A esmorga”. E. Blanco-Amor. Ed. Galaxia
-“Xente de aquí e acolá”. A. Cunqueiro. Ed. Galaxia
-“O crepúsculo e as formigas”. X. L. Méndez Ferrín. Ed. Xerais
PROFESORES QUE COMPOÑEN ESTE SEMINARIO
Antonio Capelán Rey (dedicación completa)
Luz Cernadas Casal (dedicación completa)
Mª Xosé Sánchez López (dedicación completa)
F. Xavier Seoane Rivas (dedicación completa)
Top Related