Sesión de laboratorio!Rochas, minerais e fósiles
Fabiola González Viqueira
Na clase de Naturais sacamos fotos…!
• Fomos ao laboratorio a observar minerais, rochas e fósiles. Pintamos nun
anaco de cerámica a raia dalgúns minerais.
XOFRE E GRAFITO• Estas fotos son de minerais:
• De cor amarelo o Xofre, tamén no frasco haino en po.
• o Grafito, do cal con este mineral podemos facer lubricante para engraxar ou minas de lápis.
PIRITA E GALENA• A da esquerda é a Pirita, da cal podemos observar que ten unha cor prateada brillante, tamén é
bastante dura porque non é moi fácil de raiar. e na súa composición ten ferro.
• A da dereita é a Galena, na súa composición ten chumbo por iso é bastante pesada.
MAGNETITA E HALITA• A da esquerda é a Magnetita, o único mineral que é un imán natural, os demáis son
feitos polo home.• A da esquerda é a Halita, a súa peculiaridade é que é moi salgada e húmida, porque
ten moita concentración de sales.
CALCITA E SEIXOA da esquerda é a Calcita, é moi branda e por iso forma estalactitas e estalagmitas nas
covas onde hai acuíferos.
A da dereita é o Seixo, moi abundante en Galicia, é moi duro e forma parte da rocha do granito. Hainos de varios cores: branco leitoso, rosa Porriño, lila (amatista)…
CAOLINITA E XESO• A da esquerda é a Caolinita, é moi branda, se a tocas pinta moito. Este mineral é moi
fráxil., con él fáise cerámica. En Galicia é famosa a cerámica de Sargadelos.• A da esquerda é o Xeso, é o que se usa cando rompes unha man, pé….
MICA E TALCOO da esquerda é a Mica, o cal forma parte como o seixo da rocha do granito. En
Galicia abunda bastante. Brila moito e rompe formando láminas, (exfoliación)
O mineral da dereita é o Talco, que se usa en po para os bebés cando están irritados. nalgunha zona da pel.
Tamén vimos algúns Fósiles….
ROCHAS MAGMÁTICAS
Estas son as rochas magmáticas: Son as que se forman polo magma (masas moi quentes de minerais fundidos que proceden do interior da Terra) que ascenden a superficie por unha fenda, arrefríanse e solidifícanse.
• Poden ser Volcánicas como Basalto e a Lava.Son as que se forman cando o magma sae pola boca dos volcáns, e arrefría e solidifica moi rápido no exterior da codia.
• E tamén poden ser Plutónicas como o Granito, que sef orman cando o magma se arrefría e se solidifica lentamente no interior da codia.
ROCHAS METAMÓRFICASMetamórficas as cales se orixinan a partir doutras rochas, que se foron fundindo pola
presión e sometidas a altas temperaturas no interior da codia.
Poden ser foliadas: as cales pola presión e elevadas temperaturas van formando láminas paralelas con aspecto follado : (pizarra)
Tamén poden ser non foliadas: Son as que rompen con formas diferentes e poden estar formadas por franxas de distintas cores (Mármore, gneis)
ROCHAS SEDIMENTARIAS• E por último están as rochas Sedimentarias, fórmanse pola compactación e transformación de
capas de grava, area ou lodo que se acumularon lentamente nos fondos de mares ou lagos.
• As rochas detríticas, están formadas por anacos doutras rochas que foron trasladados polos ríos ata os mares ou lagos.
• As rochas non detríticas están formadas por minerais que estaban soltos pola auga, por diversas causas deixaron de estalo e se depositaron.
• Exemplos: arxila, pudinga
Logo vimos tamén o chapapote e o petróleo.
• O da dereita é o chapapote, o cal ole moi mal.
• O petróleo é un líquido espeso, aceitoso de cor negra ou marrón escura.Procede da transformación de restos de seres mariños.
E as 11:55 saimos ao recreo….
Top Related